PROXECTO

Page 1

Do 12 ao 21 de maio de 2008 PROXECTO PEDAGÓXICO DA VIAXE A BÉLXICA

http://visiting-belgium.blogspot.com/

C.E.I.P VISTA ALEGRE Burela – Lugo 6º Curso de Educación Primaria


1.­ Xustificación: 2008: Ano Internacional das Linguas: A Organización das Nacións Unidas proclamou o 2008 Ano Internacional das Linguas, entendendo o multilingüismo coma un valor da coexistencia pacífica e a comprensión mutua. Todos sabemos que os programas de educación plurilingüe teñen consecuencias positivas para o conxunto da sociedade. Unha sociedade que dea potenciado a súa diversidade lingüística contribuirá de xeito significativo ao seu propio enriquecemento, entre outras cousas porque as linguas constitúen un patrimonio cultural e colectivo extraordinario Temos que contribuir dende a escola a potenciar unha sociedade plurilingüe formada por unha gran maioría de individuos competentes na lingua propia e natural do país e en dúas ou máis linguas foráneas, necesarias para a comunicación internacional. É un feito que Europa se constrúe dende as identidades dos pobos que a conforman, esta riqueza cultural non está exenta de elementos de encontro como tampouco de discrepancias. Aprendemos a convivir coa diversidade, coa diferencia, estamos a facernos máis solidarios e tolerantes, estamos en definitiva camiñando, pasiño a pasiño, cara a unha nova realidade, moito máis complexa e moito máis rica do que, posiblemente, calquera de nós piidera imaxinar antes de empezar a traballar en proxectos europeos. Coa finalidade de potenciar, motivar e facilitar a aprendizaxe de linguas estranxeiras dun xeito funcional e activo, o CEIP VISTA ALEGRE de Burela integrou na súa Programación Xeral Anual para o presente curso escolar un proxecto dirixido ao alumnado de 6º de Educación Primaria. O noso centro empezou a traballar nun Proxecto Europeo Comenius no curso 2001­02 titulado: “The child in the 21st Century” cando este mesmo alumnado estaba en Educación Infantil. Este ano rematamos o noso 2º Proxecto titulado: “Water: The source of our Comenius Friendship”. Queremos rematar este ano o proxecto levando ao noso alumnado a pasar uns días cos seus compañeiros do GBS de Bosmier en Balen (Bélxica) cos que levan varios cursos en contacto por medio de traballos, correspondencia, correos electrónicos,…. A directora do centro belga: Greet Snoeck foi coordinadora dos dous proxectos que se levaron a cabo. Na actualidade somos nove os centros implicados. http://kalmetu.vil.ee/comenius/schools.php Portfolio Europeo das Linguas: O noso centro empezou a participar fai varios cursos na experiementación desa nova ferramenta na aprendizaxe de idiomas. Na actualidade segue utilizando o PEL no primeiro e terceiro ciclos de primaria co obxectivo de incluilo xa como un Proxecto de Centro. Polo tanto os 25 alumnos matriculados en 6º de Educación Primaria están familiarizados co uso do PEL e poderán aproveitar ao máximo esta viaxe e estadía en Bélxica para completar un pouco máis o seu PEL. A experiencia está recollido nunha presentación no enderezo seguinte:


http://centros.edu.xunta.es/ceipvistaalegre/descargas/indexPORTFOLIO.htm

Neste contexto real de estar a traballar no desenvolvemento da dimensión europea proporciona aos estudiantes a posibilidade de adquirir experiencias persoais e coñecementos doutros países cunha maior motivación. Fomenta no noso alumnado e profesorado a necesidade de comunicarse en inglés ou francés, así como a elaboración de novos materiais didácticos e a recopilación de materiais “auténticos”. Tamén é unha gran oportunidade para todo o noso alumnado de 6º curso, xa que favorece a integración de todos os alumnos inmigrantes cos seus propios compañeiros e outros alumnos de diferente nacionalidade como son os nenos e nenas belgas. Observamos que teñen problemas socio­económicos que lles impiden participar neste tipo de actividades que resultan ser moi interesantes para o seu desenvolvemento individual. Nove dos vintecatro alumnos participantes son inmigrantes de recente incorporación ao centro procedentes de Cabo Verde e Perú principalmente polo que aínda teñen dificultades a nivel de idioma e relacións cos demáis. DATOS DO COLEXIO CO QUE SE FAI ESTE INTERCAMBIO LINGÚÍSTICO:

G.B.S DE BOSMIER Streekweg 11 2490 BALEN BÉLXICA http:/ /www.debosmier.be/ ­ ­ ­ ­

A boa relación que se estableceu dende o primeiro contacto no 1º Proxecto Europeo aló polo ano 2001 e logo nas mutuas visitas que se levaron a cabo por parte do profesorado. A gran colaboración e amistade que existe entre as dúas directoras dos centros e que favorece unha boa organización da estadía do noso alumnado en Bélxica. O proxecto europeo no que seguimos inmersos neste curso e do que é coordinadora do mesmo a directora do GBS de Bosmier. A nivel lingüístico: a necesidade de ter que relacionarse ámbolos dous na lingua estranxeira que están a estudiar polo que o alumnado terá que darse conta da importancia de aprender outra lingua como o inglés ou francés para poder comunicarse con calquera persoa dun país como Bélxica. Dita


comunicación sería máis limitada e máis difícil se os emisores tiveran diferentes competencias comunicativas e falaran rexistros lingüísticos distintos como podería se­lo caso de ir a un país no que o idioma nativo fora a lingua que estivera estudiando o noso alumnado.

2.­ OBXECTIVOS XERAIS DO INTERCAMBIO: ­

­ ­ ­ ­ ­ ­

­

Mellorar a aprendizaxe da lingua inglesa por parte do alumnado, mediante a práctica dos coñecementos adquiridos na aula por medio da inmersión nun contexto real (Centro educativo, monitores e familias belgas). Motivar ao noso alumnado para seguir estudiando esta lingua e tomar un primeiro contacto coa 2ª lingua de estudio do vindeiro curso en 1º de ESO (francés) Desenvolver experiencias co alumnado nas que se integren e desenvolvan as TIC como elementos determinantes na aprendizaxe de linguas estranxeiras. Familiarizarse con hábitos, modos de vida e costumes propios dun país foráneo contrastándoos cos do seu entorno habitual e valorando a súa singularidade dentro do marco común da identidade europea. Coñecer e valorar outras culturas. Desenvolver un espíritu de convivencia e solidaridade. Aprender a viaxar, utilizando diversos medios de transporte (avión, autobús, barco, bicicleta…) e relacionándose con outras persoas de idioma diferente. Formar, en definitiva, cidadáns europeos.

3.­ OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DO PROXECTO: Dende a nosa Comunidade Educativa pretendemos: ­

­ ­

­ ­ ­ ­

O coñecemento do colexio belga, do seu persoal e do entorno e cultural no que se encontra inmerso con vistas a fomentar novas iniciativas no ámbito do noso Proxecto Educativo Europeo, da cultura e da información para reforzar a dimensión europea e estimula­la cooperación favorecendo a promoción das súas lenguas e culturas. Formación continua do persoal docente, que contactará con outras formas de traballo no ámbito do ensino. Intercambio de información e transferencia de experiencias. Recopilación de información que se engadirá á exposición permanente que hai no noso centro para que toda a Comunidade Educativa participe unha vez máis dos beneficios do proxecto. Intercambio de materiais entre os distintos centros. Recabar ideas para empezar a traballar nun novo proxecto: “A healthy mind in a healthy body”. Discusión sobre a viabilidad de mellorar a comunicación entre o alumnado a través de Internet e o programa E­Twinning.


­

Estudiar a posibilidade dunha visita do alumnado belga ao noso centro o vindeiro curso escolar.

4.­ ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE: ► ACTIVIDADES PREVIAS: •

PROFESORADO:

Dentro do noso Proxecto Comenius, tivemos o primeiro encontro de profesores en Estonia no colexio “ Kalmetu Basic School” de Viljandi entre o 11 e o 17 de outubro de 2007. Alí estudiamos a posibilidade de elaborar un proxecto para traballar conxuntamente ao longo do curso escolar e culminar cunha viaxe dos alumnos galegos ao centro belga do 12 ao 21 de maio 2008. Á volta empezamos a traballar conxuntamente coa directora: Greet. Snoeck e o profesorado de 3º ciclo do centro belga: GBS de Bosmier. Intentamos poñernos en contacto e falar a miudo por medio do programa SKYPE de Internet, e vía teléfono, correo electrónico, fax……. Por estes medios coordináronse as actividades a desenvolver no centro de acollida durante a estancia do noso alumnado, consensuáronse aspectos vencellados ao aloxamento, manutención, saídas culturais, reservas e planning diario de actividades.

FAMILIAS:

A directora do centro belga contactou coas familias interesadas na acollida do noso alumnado. Logo xa empezamos co intercambio de cartas, E­Mails, fotos e postais. O obxectivo era empezar a coñecerse para empezar a nosa amistade antes de coñecernos de verdade. Mantivemos varias reunións coas familias de 6º curso do noso centro para explicar a importancia da dimensión europea na educación, fixemos xuntanzas de traballo e organización da viaxe: Necesidade de ter pasaporte ou DNI, tarxeta de asistencia sanitaria europea, horarios, comidas,…As nosas familias colaboraron en todo momento e de feito van a participar todos excepto unha alumna que non pode ir por motivos de saúde. A presidenta da ANPA do colexio acómpañaranos nesta viaxe ao centro belga para coñecer de cerca o funcionamento da ANPA nese colexio. • ­ ­ ­ ­ ­

ALUMNADO PARTICIPANTE:

Elaboración de material e xogos para intercambiar na visita. Elaboración de fichas e traballos relacionados coa visita. Diccionario: “Water Comenius” . Uso das TIC na búsqueda de información sobre Bélxica: Linguas oficiais, clima, población, capital, ….. Elaboración para cada alumno dun Dossier: DESTINATION BELGIUM para traballar antes, durante e despois da estancia en Bélxica.


­

Participación do alumnado de 6º curso na elaboración do BLOG que inauguramos para incluir todo o que se está facendo con vínculos interesantes para a búsqueda de información e estudio de elementos culturais do país que van visitar.

http://visiting­belgium.blogspot.com ­ ­ ­ ­

Intercambio de cartas, E­mails, fotos, postais cos seus compañeiros belgas. Practicar expresións lingüísticas imprescindibles para esta viaxe “English Survival Kit” (no aeroporto, no campamento, nas familias…) Formulación de preguntas dirixidas ás familias de acollida: What time do you have dinner?.... Ensaio coa colaboración do profesor de música do colexio para participar no Festival do centro belga o día 18 de maio.

► ACTIVIDADES CONXUNTAS DURANTE A VISITA: ♦ O vindeiro martes 13 de maio iremos todos en bicicleta ao colexio GBS de Bosmier, situado a catro kilómetros do bungalow donde nos instaleremos. Será interesante coñecer este medio de transporte tan popular entre a poboación de Flandes. Alí coñeceremos aos nosos compañeiros e visitaremos o seu colexio. Logo faremos varios xogos de presentación no patio (Os nosos alumnos saben contar ata 10 en holandés para practicar varios xogos cooperativos que reforcen as relacións. Ao rematar ás clases cada alumno e alumna irá coa súa familia de acollida para pasar a tarde e cear xunto co seu compañeiro belga. Recollerémolos ás 9 h. da noite para voltar ao noso campamento de Zilvermeer. ♦ O xoves 15 de maio pasarán o día xuntos con monitores da área recreativa de Zilvermeer. “SPORTS DAY” Día adicado aos deportes e recorrido multiaventura. ♦ O venres 16 de maio, iremos de excursión co alumnado de 6º curso belga a YPRES (LEPER en holandés), chamada agora “Cidade da Paz” pero que foi unha das cidades mártires durante a 1ª guerra mundial (1914­18). Visitaremos a cidade, o museo e os cementerios donde reposan os mártires da guerra. Logo seguiremos ata a costa oeste para ver de preto o Mar do Norte. ♦ O sábado 17 de maio decidimos invitar aos nosos compañeiros a pasalo ben e iremos a un parque de atraccións situado a 22 km de Zilvermeer. Chámase “BOBBENJAANLAND”. Á volta organizaremos unha “Barbacoa” típica de carne, salchichas, ensaladas xunto co profesorado, familias e alumnado belga para que o noso alumnado deguste a gastronomía típica do país. ♦ O domingo 18 de maio será un día moi especial xa que terá lugar o FESTIVAL ANUAL nese centro polo que teremos a ocasión de ser uns invitados excepcionais dentro da Comunidade Educativa do GBS de Bosmier. O noso


alumnado tamén participará nas actuacións programadas e agradeceremos a axuda recibida na organización impecable desta viaxe que será difícil de esquencer. Prepararemos e levaremos comida típica de Galicia para compartir na merenda da tarde: Tortillas, xamón, tarta de Santiago,… ♦ O martes 20 de maio: Iremos ao “Museo do Pobo Belga” en BOKRIJK que está situado a 42 km do noso campamento. Nesa ocasión pasaremos o día co profesorado e alumnado de 2º ciclo de Primaria. Participaremos en varios obradoiros: cerámica, cordas,…….Ao regreso, o noso alumnado volverá a pasar a tarde coas familias de acollida para despedirse. Como se pode observar intéresanos que os nosos alumnos estén en contacto cos compañeiros belgas o máximo de tempo posible durante a nosa estadía en Bélxica. As únicas visitas nas que non nos acompañaran os nosos amigos serán: ­ O mércores 14 de maio (Bruselas, Parlamento Europeo e Fundación Galicia Europa…) aínda que Greet, a directora sí nos acompañará. ­ O luns 19 de maio, pasaremos o día en Holanda no parque temático “EFTELING” que se atopa a 60 km do noso bungalow. A directora recomendounos esa visita xa que é un dos parques máis visitados en Europa e adicado aos CONTOS DE SEMPRE: “Hensel e Gretel”, “A Cenicienta”,….. ► MÁIS ACTIVIDADES DURANTE A NOSA ESTANCIA: Todos os días despois de cear: ­

Asamblea e traballo en grupos para o informe diario. O alumnado contestará as preguntas do día no seu “Travel Journal” ou diario de viaxe entregado antes de saír para Bélxica, pegará fotos, folletos, anotará observacións feitas, cousas aprendidas e avaliará a actividade realizada para completar o seu Portfolio. Tamén deberán encargarse diariamente e por turnos de enviar un E­Mail ao colexio Vista Alegre e a outro correo especial para as familias do noso alumnado participante. (belxica@gmail.com / contraseña: belxica2008) Así todos as familias recibirán noticias e fotos do día dunha maneira máis rápida e oblígándonos a todos a facer uso das novas tecnologías.

­

Calendario de actuacións : Por grupos deberán encargarse de poñer a mesa para o almorzo, recoller e limpar as zonas comúns do noso bungalow: cociña, comedor, baños…..Será unha maneira de fomentar a súa autonomía lonxe da familia.

► ACTIVIDADES POSTERIORES Á VIAXE: ■ DO PROFESORADO PARTICIPANTE NA ESTADÍA:


­ Elaboración dunha Memoria do traballo realizado durante a estadía en Bélxica. ­ Avaliación das actividades realizadas no intercambio con descrición das actividades desenvolvidas e métodos utilizados. ­ Descrición e achega do traballo elaborado. ­ Valorar a incidencia deste proxecto na mellora das capacidades lingüísticas do alumnado en inglés. ­ Completar o noso Blog: http://visiting­belgium.blogspot.com ­ Publicar os resultados desta visita na páxina WEB do noso colexio : http://centros.edu.xunta.es/ceipvistaalegre/ e no Blog adicado ao noso Proxecto Comenius: http://ceipvistaalegre­burelacomeniusproject.blogspot.com/ ­ Preparar unha exposición sobre a nosa estadía na entrada do Colexio para que toda a comunidade educativa poda coñecer a experiencia vivida. ­ Preparar co alumnado unha presentación Powerpoint e grabar un vídeo cos momentos importantes desta experiencia. Despois invitaremos ás familias, profesorado e alumnado para presentarlles a experiencia vivida en Bélxica.

■ DO ALUMNADO PARTICIPANTE: ­

Enviar mensaxes de correo electrónico aos seus compañeiros.

­

Darlle continuidade ao envio de cartas, postais,….

­

Escribir un artigo sobre esta experiencia para a revista escolar do centro: “Vistalegrín 2008”

­

Preparar unha presentación para a páxina WEB do centro e o BLOG sobre Bélxica: http://visiting­belgium.blogspot.com

­

Ensaiar para ser os presentadores da experiencia ante as familias, profesorado e compañeiros do colexio.


■ DAS FAMILIAS: ­

Participación na avaliación do Proxecto.

­

Participación na exposición que se fará a finais de maio para coñecer a experiencia por medio dunha presentación e dun vídeo elaborados polo alumnado participante coa axuda do profesorado.

­

Animar a toda a nosa comunidade educativa dende a ANPA do colexio a seguir colaborando activamente nestes Proxectos con dimensión europea.

A Directora e Coordinadora do Proxecto

Asdo: Gema Cillero García


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.