Boletin_Eurocidade_06_GL

Page 1

EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES

Nº 6 Xullo 2011

a eurocidade da auga

CONCELLO DE VERÍN

1

Alumnos lusos e galegos participan na segunda edición do intercambio cultural 'Maios na Fronteira'

Un total de 108 alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, EB1 de Vila Verde da Raia e JI de Vila Verde da Raia participaron na segunda edición do intercambio cultural 'Maios na Fronteira'. Esta actividade, realizada na localidade de Feces de Abaixo (Verín), foi organizada pola Eurocidade Chaves-Verín co obxectivo de que os/as nenos/as lusos/as coñecesen a historia da festa dos Maios. Ao longo da mesma, os/as nenos/as elaboraron as tradicionais esculturas de musgo, xestas, e flores, cadros para recordar esta iniciativa e coroas de xestas. Con posterioridade recorreron a localidade de Feces de Abaixo cantando coplas realizadas polos/as alumnos/as, efectuaron un almorzo conxunto e xogos populares.

Conferencia 'Proxecto Eurocidade ChavesVerín: un laboratorio de construción europea' O día 6 de maio, a facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid acolleu a conferencia 'Proxecto Eurocidade Chaves-Verín: un laboratorio de construción europea', destinada aos/ás alumnos/as do grado de Relacións Internacionais, estudantes da licenciatura de Ciencias Políticas e alumnos/as do doutorado en Cooperación Internacional. Esta conferencia, que foi impartida polo secretario técnico Pablo Rivera, xurdiu tras a presentación do póster científico da Eurocidade Chaves-Verín no congreso 'Fronteiras Ibéricas' realizado nesta facultade, que reuniu a expertos internacionais, integrado por antropólogos, xeógrafos e politólogos en torno ao proxecto “O discurso xeopolítico sobre as fronteiras na construción das identidades nacionais: o caso da fronteira hispano-portuguesa nos séculos XIX e XX”, financiado pola convocatoria I + D do Ministerio de Educación. A conferencia 'Proxecto Eurocidade Chaves-Verín: un laboratorio de construción europea' realizouse como parte dos contidos prácticos das materias da área de Xeografía Política, no marco dun Proxecto de Innovación e Mellora de Calidade Docente, coordinado por Heriberto Cairo, decano da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía, e María Lois, profesora do departamento de Ciencia Política. O obxectivo é dar visibilidade ao proxecto de cooperación transfronteiriza Chaves-Verín, como un territorio innovador a nivel ibérico, no que en menos de tres anos de funcionamento xa se afianzou como un laboratorio de eurocidadanía. PÁGINA 8

A Eurocidade Chaves-Verín presente no I Encontro Español de Asinantes da Carta Europea de Seguridade Viaria O pasado 28 de abril, a Eurocidade Chaves-Verín participou no I Encontro Español de Asinantes da Carta Europea de Seguridade Viaria, unha plataforma participativa europea integrada por empresas, asociacións, centros de investigación e autoridade públicas que se comprometeron a desenvolver accións concretas e compartir a súas boas prácticas para desenvolver os problemas de seguridade viaria no seus contornos cotidianos. Nesta iniciativa, que tivo lugar en Ribadesella (Asturias), asistiron os secretarios técnicos Agostinho Pizarro e Pablo Rivera, que amosaron o traballo realizado desde a Eurocidade Chaves-Verín destinado a concienciar aos menores e adultos da importancia de adquirir boas prácticas e previr os accidentes na estrada. Entre as accións concretas que se desenvolven, no ámbito da educación e seguridade viaria, dentro do Proxecto de Educación e Seguridade Viaria da Eurocidade Chaves-Verín están: realización de charlas-coloquios dirixidas a grupos de risco -alumnos/as de centros educativos, embarazadas, 3ª Idade e persoas con discapacidade ou mobilidade reducida-, reforzo do traballo das forzas e corpos de seguridade na regulación e ordenación do tráfico, desenvolvemento de campañas de seguridade viaria destinadas a reducir os accidentes de tráfico, promoción de cursos de educación viaria anuais co obxectivo de indicar cal debe ser o comportamento como peón, pasaxeiro e condutor; eliminación de barreiras arquitectónicas, mantemento e reposición de sinais de tráfico, e sobre todo, repetir en anos posteriores, a 'Semana da Seguridade e Educación Viaria' na Eurocidade Chaves-Verín.

Vale de Anta vence o 3º Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves-Verín A parroquia de Vale de Anta (en Chaves) proclamouse vencedora da terceira edición do Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves-Verín, que se desenvolveu desde o mes de marzo. O pasado día 29 de maio tivo lugar a final do torneo, rexistrándose o seguinte resultado: Vale de Anta 2 Soutelinho da Raia 0. Antes deste partido disputouse un encontro amistoso de Fútbol Sala Xuvenil Feminino entre os equipos de Chaves e Verín. Para finalizar, entregáronse os seguintes premios segundo a respectiva clasificación: 1º Clasificado: Vale de Anta 2º Clasificado: Soutelinho da Raia 3º Clasificado: Santa Cruz Trinidade Ademais, dos trofeos de Mellor Defensa (Vale de Anta), Mellor Ataque (Soutelinho da Raia) e Premio Fair-Play (Vilas Boas e Madalena, por incluír futbolistas femininas nos seus partidos).


EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES

Nº 6 Xullo 2011

a eurocidade da auga

CONCELLO DE VERÍN

2

I Fórum de Educación das Escolas do Alto Tâmega e Eurocidade Foi grande o trafego que o Centro Cultural de Chaves viviu, os días 4 e 5 de maio, co I Fórum de Educación das Escolas do Alto Tâmega e Eurocidade, titulado 'Os mozos, a saúde e a cidadanía' , destinado aos alumnos do 8º e 9º ano de escolarización. O evento foi organizado pola Ministerio da Educaçâo, Delegaçâo Regional de Educaçâo do Norte, Eurocidade, Município de Chaves, Chaves Viva, Governo Civil de Vila Real, Escola Superior de Enfermagem, Instituto Português da Juventude, Polícia de Segurança Pública, GNR, Xefatura Provincial da DGT e Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Na apertura oficial estiveron presentes a directora rexional adxunta de Educación do Norte, Ema Gonçalves, que explicou que é na escola o lugar onde todo comeza e todo se desenvolve. Porque ademais de promover o coñecemento académico, os centros de ensino deben tamén impulsar a adopción de estilos de vida saudables e hábitos de cidadanía, co obxecto de alcanzar unha sociedade máis igualitaria. O alcalde flaviense mencionou que actualmente a educación é a base máis suxeita. João Batista indicó aínda que o proxecto Eurocidade non é un fin, si é un medio, o inicio dun camiño para o desenvolvemento e cidadanía, cuestión fundamental para unir o proxecto transfronteirizo. Tamén o gobernador civil, Alexandre Chaves, salientou que este fórum permitiría aos mozos a capacidade de recrear un ambiente para compartir experiencias e de pedagoxías fortalecendo os lazos de cidadanía entre eles. Este encontro tivo como obxectivo abordar temas relacionados coas principais ameazas da mocidade actual e permitiu aos mozos estudantes das Escolas Secundarias Dr. António Granjo; Dr. Júlio Martins; Dr. Fernão de Magalhães; Agrupación de Escolas Nadir Afonso; Agrupación de Escolas Montalegre e aos alumnos do Colexio Castro Baronceli (Verín)realizar un amplo abano de actividades durante dous días, desde presentacións musicais, teatrais, de danza e exposición de proxectos, así como, accións de sensibilización, coloquios e un espazo de exposicións.

3ª Andaina da Eurocidade Chaves-Verín pola 'Ruta da Fronteira' O día 29 de maio, a Eurocidade Chaves-Verín organizou a terceira edición da súa andaina popular. Nesta ocasión o percorrido escollido é a 'Ruta da Fronteira' -zona fronteiriza de Chaves e Verín-, destinado a incentivar a importancia desta zona na historia de ambos municipios e estreitar lazos de unión entre españois e portugueses. Esta ruta tivo comezo na parte española, en Feces de Cima, e percorreu as localidades de Lamadarcos, Feces de Abaixo e Vila Frade. A mesma tivo unha distancia de 12 quilómetros, de dificultade media e realizouse a pé. Ás 12.30 horas realizáronse actividades de relaxamento para os/as participantes na zona do santuario de Santa Marta (Vila Frade), e finalizouse ca entrega de un refrixerio entre os/as asistentes. Nesta actividade, organizada pola Eurocidade, tamén participan Concello de Verín, Municipio de Chaves, Cruz Vermelha Chaves, Cruz Vermella Verín, Bombeiros Chaves, Bombeiros Verín, Protecção Civil, Protección Civil Verín.

Alumnos/as de Chaves e Verín conmemoran o Día Mundial da Infancia durante tres días no Estadio Municipal de Chaves

.................................

Intercambio entre alumnos no ámbito da Eurocidade O pasado 30 de maio, realizouse un intercambio educativo entre os alumnos do IES García Barbón (Verín) e a Escola de Secundaria Dr. Júlio Martins (Chaves). Ás 9.50 horas, tivo lugar a benvida por parte da dirección no salón de actos do IES García Barbón. Posteriormente presentouse o novo currículum de Xestión Administrativa en Galicia, programas europeos, un slide-show sobre a visita previa a Chaves e intervención dun representante da Eurocidade en Verín. Tras un coffee-break no centro, tivo lugar unha visita guiada ás instalacións de Cabreiroá e xantar no contorno deste manancial. Despois retorno a Verín, visita ao Centro de Interpretación Museística de Verín e Casa do Escudo. Esta actividade foi organizada polos dous centros educativos de Verín e Chaves, e conta coa colaboración da Eurocidade Chaves-Verín.

A Eurocidade Chaves-Verín estivo desenvolvendo diversas iniciativas educativas e lúdicas para conmemorar o Día Mundial da Infancia, conxuntamente cos/as nenos/as dos municipios de Chaves e Verín, como en anos anteriores. Os días 31 de maio, 1 e 2 de xuño tivo lugar no Estadio Municipal de Chaves, obradoiros de danza e vida saudable, pinturas faciais e globoflexia, xogos lúdicos e deportivos, e un gran parque de inchables no interior deste recinto. Nesta edición participaron máis de 3.500 nenos/as procedentes dos dous lados da fronteira e contaron coa presenza de 'Chavín', a mascota da Eurocidade. Devandita actividade, celebrada xa nos dous anos anteriores, está integrada no proxecto da Eurocidade Chaves-Verín e busca promover o intercambio educativo e social entre as poboacións das dúas localidades, espertar o interese pola cultura, e promover unha ocupación saudable do tempo de lecer entre os 'eurocidadáns'.


EUROCIDADE CHAVES - VERÍN a eurocidade da auga

MUNICÍPIO DE CHAVES

Nº 6 Xullo 2011

CONCELLO DE VERÍN

3

7ª Edición do Programa de Termalismo Social Eurocidade Chaves - Verín

'Maratón de Fútbol-Sala Feminino' Eurocidade Chaves-Verín Durante os días 9 e 10, a Eurocidade Chaves - Verín organiza a primeira edición do 'Maratón de Fútbol Sala Feminino' , que se celebrará no Pavillón Municipal de Deportes de Verín. Os premios aos que optarán os equipos participantes son os seguintes:

-

A Eurocidade Chaves-Verín puxo en funcionamento a sétima edición do Programa de Termalismo Social, nos días 28 de xuño e 7 de xullo, que permite ás persoas da comarca de Verín acudir ás Temas de Chaves Spa do Imperador, beneficiándose dun desconto especial. Unha iniciativa creada para dar continuidade ao programa de turismo de benestar e saúde sen saír da casa, e que foi posible grazas á firma dun protocolo entre Chaves e Verín polo que os/as veciños/as de Verín xa contan cos mesmos prezos que os de Chaves para o uso das Termas. Uns beneficios, xunto con outros, englobados na Tarxeta do Eurocidadán, que se presentará en breve, e que permitirá que os habitantes de ambos municipios teñan acceso a servizos nas mesmas condicións que na súa localidade, impulsando un incremento na calidade de vida. No paquete inclúese: transporte en autobús ata as Termas de Chaves e regreso a Verín, consulta de médico e acompañamento de enfermería, material necesario para acceder aos tratamentos termais (chanclas, gorro e bolsa), así como albornoz e toallas durante os tratamentos.

A Eurocidade participa no I Encontro de Escritores e Xornalistas O pasado sábado 18 de xuño, a localidade lusa de Valpaços acolleu o I Encontro de Escritores e Xornalistas do Alto Tamega, Tras-Os-Montes e Galicia, organizado polo Fórum Galaico-Transmontano e no que participou a Eurocidade Chaves-Verín. Esta iniciativa tivo por obxecto divulgar e promocionar o patrimonio cultural desta zona transfronteiriza do Alto Tamega, Tras-Os-Montes e Galicia, e na mesma participaron historiadores, escritores, xornalistas e profesores de ambos lados da fronteira. Tras a recepción por parte do vicepresidente da Câmara Municipal de Valpaços, realizáronse dous paneis relatórios nos que participaron os escritores Bento da Cruz e Xerardo Dasairas,o xornalista Barroso da Fonte e o historiador Federico Méndez, entre outros ponentes. Ao concluír, o coordinador técnico da Eurocidade Chaves-Verín, Pablo M. Rivera, efectuou a presentación do proxecto de cooperación transfronteriza que levan a cabo os municipios de Chaves e Verín, titulada 'A Eurocidade: un instrumento de desenvolvemento social, cultural e económico'; na que resaltou a importância deste proxecto, que pretende converter a fronteira nunha oportunidade que garanta o desenvolvemento deste territorio. Tras un almorzo, os cincuenta participantes neste encontro realizaron un recorrido polas localidades lusas de Forno de Pinhal, Santa Valha, Barreiros e Sonim, para visitar museos, adegas e casas señoriais. PÁGINA 8

- 1º clasificado (300 € máis trofeo), - 2º clasificado (200 € máis trofeo), - 3º clasificado (100 € máis trofeo). Trofeo á mellor porteira. Troféo á máxima xogadora.

Ata o día 7 de xullo, ás 14 horas, permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar nesta actividade. Devandita inscrición debe realizarse na sucursal Caja Rural de Zamora (Verín), abonando unha cota de 50 euros por equipo (no nº de conta 3085 0082 58 2139271213) e indicando o nome do equipo e teléfono de contacto. Para máis información 699 823 318 e 636 373 058.

Máis de 400 nenos verinenses e flavienses participan no programa 'Convive coas Linguas 2011' A Eurocidade Chaves Verín promove, por cuarto ano consecutivo, o programa 'Convive coas Linguas'. Unha iniciativa entre os dous municipios transfronteirizos mediante a que, a través da realización de actividades lúdicas e educativas, se fomenta o aprendizaxe do castelán, galego e portugués; así como a convivencia entre máis de 400 nenos/as de Verín e Chaves, con idades comprendidas entre os 7 e 14 anos. Tenis, Fútbol-Sala, Fútbol-7, Pádel, Baloncesto, visitas a parques botánicos, golf, cine, piscina, música ou xogos de praia son algunhas das actividades previstas para os/as nenos/as no programa 'Convive coas Linguas'. Estas actividades terán lugar desde o 4 de xullo ao 31 de agosto, en horario de 10 a 13.30 (hora local) os luns e xoves -xornadas nas que os/as nenos/as de Chaves acoden a Verín- e de 9 a 13 (hora local) os martes e venres -os/as nenos/as de Verín desprázanse a Chaves-. Os días 25 de xullo e 15 de agosto (festivos en Verín) e o 8 de xullo (non laboral en Chaves) no se realizará ningunha das actividades previstas neste programa.


EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES

Nº 6 Xullo 2011

a eurocidade da auga

CONCELLO DE VERÍN

4

A Eurocidade Chaves - Verín presentou o seu 'Manual de Boas Prácticas para o Pequeno Comercio' A Câmara Municipal de Chaves acolleu o día 27 de xullo a presentación 'Manual de Boas Prácticas para o Pequeno Comercio da Eurocidade Chaves-Verín', creado co fin de dar resposta á busca e necesidades competitivas dos mercados actuais e transmitir os principios de boas prácticas na xestión comercial do pequenos comerciantes desta zona. Este manual describe e explica os requisitos necesarios que debe reunir un pequeno establecemento comercial para prestar un servizo de calidade e conseguir a excelencia. O obxectivo é facilitar o cambio e adaptación do comercio ás novas necesidades dos consumidores e permitir mellorar o seu posicionamento e competitividade no mercado. “Esta iniciativa busca dar a coñecer un conxunto de regras común ao comercio neste territorio único para que sexan compartidas polos comerciantes, independentemente onde exerzan a súa práctica”, subliñou o presidente flaviense, João Gonçalves Martins Batista, “e permitirá compartir preocupacións, suxestións e solucións de modo que os cidadáns teñan máis calidade nos seus servizos”. O contido do 'Manual de Boas Prácticas para o Pequeno Comercio da Eurocidade Chaves-Verín' está articulado en torno aos seguintes puntos: competencias en materia de comercio, lexislación, principios básicos do comercio, normas de calidade, boas prácticas, estratexias competitivas para o pequeno comercio, xestión do medio ambiente, prevención de riscos laborais no comercio, sistema integrado de xestión no comercio, boas prácticas de xestión no comercio e trámites para a posta em marcha dun comercio. “Harmoniza as regras no espazo da Eurocidade e propicia a visibilidade cara o exterior de un territorio común con actuacións e unha oferta determinada nese ámbito,”, indicou o presidente flaviense. Este manual será repartido entre os comercios asociados de AEVER (Asociación de Empresarios de Verín) e ACISAT (Associação Empresarial do Alto Tâmega); así como en ProCentro (Associação para a Promoção do Centro Urbano de Chaves) e a Antena Local de Verín da Cámara de Comercio de Ourense. Este proxecto forma parte da iniciativa Fronteira Comercial Aberta na Eurocidade, na que tamén está incluído o Directorio Comercial en funcionamento desde decembro do ano 2010, e que conforma unha base de datos con información completa em diferentes idiomas, das empresas de comercio e servizos existentes na zona, o que permitirá o seu acceso polo tipo de servizo na páxina web da Eurocidade. “Estes dous produtos teñen como obxectivo lograr a fidelización de clientes, incentivando o atractivo das zonas comerciais da Eurocidade, así como a creación de espazos para ir de compras e de lecer”, subliñou o rexedor verinense, Juan Manuel Jiménez Morán. As actuacións, organizadas polos dous municipios en colaboración con AEVER, ACISAT ProCentro e a Antena Local de Verín da Cámara de Comercio de Ourense, están encamiñadas a prestar unha especial atención ao pequeno comercio nos respectivos centros históricos, avanzando progresivamente na creación de centros urbanos abertos en Chaves e Verín.

Un centenar de alumnos galegos e lusos participaron no intercambio 'Santos Populares' Na xornada do venres 17 de xuño, a localidade lusa de Vila Verde da Raia acolleu a realización da actividade 'Santos Populares' (en honra a San Antonio, San Pedro e San Xoán), organizada pola Eurocidade Chaves-Verín Na mesma, que tivo lugar entre ás 10.30 e 14 horas, participaron un centenar de nenos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, Escola de 1º Ciclo e Jardim de Infância de Vila Verde da Raia. Unha actuación de intercambio escolar, similar a desenvolvida o pasado 3 de maio en Feces de Abaixo (Verín) coa iniciativa 'Maios na Fronteira', destinada a coñecer esta tradición lusa. Nesta actividade foron elaborados os tradicionais arcos de San Antonio e efectuouse un desfile popular por las rúas da localidade con todos/as os/as participantes. Tras regresar á escola, mentres se preparaba o almorzo, os alumnos de 4º ano da EB1 de Vila Verde realizaron un teatro de monicreques, Rapunzel, seguido dun pequeno film dos 'Maios'. Para finalizar almorzo conxunto na escola.

Bibliopiscina na Eurocidade A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín en colaboración coa Eurocidade Chaves-Verín, pon de novo en funcionamento o servizo de Bibliopiscina, nas Piscinas Municipais e que permanecerá aberto durante todo o verán. Este servizo estará atendido por voluntarios/as da nosa Biblioteca Municipal do Concello de Verín, rapaces e rapazas de idades entre os 11 e 16 anos e outros/as Voluntarios/as maiores de idade que os/as acompañarán neste servizo. Con esta iniciativa preténdese estender os servizos bibliotecarios aos usuarios das piscinas, potenciar a lectura e, tamén, captar novos lectores co fin de que se animen a visitar con frecuencia a biblioteca municipal da vila. Este servizo oferta un fondo de máis de 200 volumes en tres idiomas: galego, castelán e portugués -conformado por libros, cómics e revistas, co obxecto de dar servivo a todos/as os/as lectores/as da Eurocidade Chaves-Verín. Esta iniciativa estará atendida por 19 voluntarios/as, once deles mozos/as con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, que durante o ano realizan actividades de Fomento da Lectura na instalación municipal -destinadas a nenos/as de 3 a 10 anos, e que xa foron recoñecidas, durante tres anos consecutivos, na Campaña de Animación á Lectura María Moliner. No ano 2010 este servizo abriouse ao público máis de 170 horas e o número de préstamos realizados ascendeu a 2.200, un relevante incremento con respecto ao ano anterior, sen esquecer os obradoiros de debuxo e xogos realizados para os nenos/as. Con todo, as instalacións da Biblioteca Pública Municipal tamén continuarán abertas ao público durante os meses de verán, de luns a venres, de 10 a 13.30 e de 17 a 20 horas.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.