Imaxe gráfica da II Republica

Page 1

Carme Alvariño Alejandro Heladio Anxo Fernández Manso (COORDINADOR) Xosé Antón García González Ramón López Facal José Ignacio Mato Rodríguez Francisco Antonio Pérez Otero Susana Trigo Arcos

A

AF

GR

XE

´

I CA

M

I

S

EG UN D

A

R

EPÚ B LI C

Fundación 10 de Marzo

A

A C I T C Á D I D E UNIDAD


A

C

A- Navarrete, Barcelona,1909. B- Madrid, 1936. C- Fergui, Madrid, 1936. D- Barcelona, 1938

D

B


A

AF ´

GR

XE

I CA

M

I

SE

G UN

D

A

R

EPÚ B LI C

A

UNIDADE DIDÁCTICA Carme Alvariño Alejandro Heladio Anxo Fernández Manso (COORDINADOR) Xosé Antón García González Ramón López Facal José Ignacio Mato Rodríguez Francisco Antonio Pérez Otero Susana Trigo Arcos

2003 Fundación 10 de Marzo


© Carme Alvariño Alejandro, Heladio Anxo Fernández Manso (coordinador), Xosé Antón García González, Ramón López Facal, José Ignacio Mato Rodríguez, Francisco Antonio Pérez Otero, Susana Trigo Arcos, 2003. Deseño xeral Alejandro Vidal e Pilar Barciela Corrección lingüística Begoña Méndez Vázquez (Gabinete de Normalización Lingüística do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia)

Edita Fundación 10 de Marzo República do Salvador 15, 5º 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981591816 / Fax: 981597081 f10m.sn@galicia.ccoo.es


Índice 5

01. A situación internacional

7

02. O contexto socioeconómico

9

TEMPUS FUGIT

03. Antecedentes políticos: restauración e dictadura

11

04. A proclamación da República

13

05. Nova organización do territorio

15

06. As mulleres

17

07. A cuestión relixiosa

19

08. O exército

23

10. A problemática social

27

09. Educación e cultura republicanas

25

11. O Bienio das dereitas

29

12. A Revolución de outubro de 1934

31

13. O Frente Popular

33

14. O estatuto de Autonomía de Galicia

35

15. A Guerra Civil

37

16. A República na guerra: evolución política

41

17. A República na guerra: a revolución social

43

18. O exilio

47

19. O réxime franquista

49

20. Actividades finais

51

imaxe gráfica da segunda república

fundación 10 de marzo

Presentación

5


Presentación TEMPUS FUGIT

A realización práctica desa preocupación cubre, polo menos, dúas das nosas liñas de traballo: a producción de exposicións e a publicación de unidades didácticas dirixidas ó mundo escolar. Son xa varias as mostras que, con carácter itinerante, están percorrendo os centros galegos e españois: Prensa clandestina no franquismo, España século XX: Escenas do traballo, Seoane: Trece estampas de la traición e O ensino na II República. A preocupación didáctica da Fundación 10 de Marzo tamén se consolidou a través dunha segunda liña de traballo: a edición de unidades didácticas. A Empresa Nacional Bazán, 1942-1972. Condicións de traballo e conflictividade laboral, 10 de Marzo: unidade de Historia Social e Quessada. Arte e compromiso. Unha guía didáctica sobre a pintura política de Quessada, son exemplos deste quefacer.

ción están reproducidos, xa que logo, nesta unidade didáctica, que tamén achega novos documentos gráficos e escritos. Imaxe gráfica da II República. Unidade didáctica permite, ademais, traballar tódolos materiais dende un punto de vista unitario porque os exercicios permiten “viaxar” a través dos paneis para relacionar unhas realidades con outras. O mesmo obxectivo pretende a proposta de actividades finais. A Fundación 10 de Marzo agradece a desinteresada colaboración das persoas que redactaron estes traballos para que o proxecto se fixera realidade: Carme Alvariño Alejandro, Heladio Anxo Fernández Manso, Xosé Antón García González, Ramón López Facal, José Ignacio Mato Rodríguez, Francisco Antonio Pérez Otero e Susana Trigo Arcos. Do mesmo xeito, desexamos expresa-lo noso agradecemento a Ediciós do Castro e mais á Fundación Luís Seoane, que nos permitiron reproducir algunhas das imaxes. Finalmente, agradecémo-lo apoio do Concello da Coruña, sempre interesado na recuperación destas páxinas da nosa Historia. A súa colaboración foi imprescindible para a publicación deste traballo.

Recentemente, a Fundación 10 de Marzo produciu unha nova exposición, Imaxe gráfica da II República, que pretende mostrar a través de imaxes (fotografías, carteis e humor gráfico) o que foi aquela breve pero intensa época cargada de esperanzas. Este traballo vai acompañado da obra que aquí se presenta, a unidade didáctica do mesmo título. Imaxe gráfica da II República. Unidade didáctica é un traballo que lle permitirá o alumnado afondar no coñecemento que a exposición ofrece. Trátase dunha amplísima colección de actividades de moi variada tipoloxía que aspiran a que o alumnado reflexione sobre o que está a mirar: as fotografías, os carteis e as viñetas de humor gráfico, todos eles materiais coetáneos ós feitos que describen. Por esta razón, moitas das actividades están deseñadas para que a imaxe sexa analizada posto que, pola mesma concepción da mostra, é unha fonte de información. Tódolos materiais da exposi-

Santiago de Compostela, xaneiro de 2003

fundación 10 de marzo

D

ende a súa creación en 1992, a Fundación 10 de Marzo mostrou unha preocupación constante por dar a coñecer ó público non especializado nos estudios históricos, os fondos custodiados no Arquivo Histórico de CC.OO. así como os traballos que emanan da propia Fundación.

FUNDACIÓN 10 DE MARZO imaxe gráfica da segunda república

7


Crise económica mundial

1929 19 31

01. A situación Internacional

1937 19 38

1935 19 36

19 19 33 34

TEMPUS FUGIT

A economía capitalista sufriu en outubro de 1929 a maior crise que nunca coñecera. En España, o impacto da crise dificultaría a consolidación da República que naceu o 14 de abril de 1931, limitando o alcance da política reformista dos primeiros anos do novo réxime. En Europa produciuse un ascenso dos fascismos. Mussolini acadara o poder en 1922 e Hitler en 1933. Os partidos de extrema dereita inzaron tódolos países europeos, e deron o seu apoio ós españois contrarios á República. Fronte a esta tamén se colocou o Vaticano pola perda dos privilexios eclesiásticos que potenciou o novo réxime español.

O ascenso dos fascismos europeos provocou un cambio na política internacional comunista dirixida pola Unión Soviética. A revolución proletaria debíase aprazar para promover alianzas coa burguesía de esquerdas en frontes antifascistas. Era a consigna frontepopulista, plasmada primeiro en Francia e, despois, en España, co triunfo da Fronte Popular en 1936. O mundo avanzaba cara á II Guerra Mundial, debido sobre todo á política nazi. A Guerra Civil española sería así o antecendente da conflagración mundial.

01.1 Chiste publicado en La libertad. 01.2 Cartel antinazi co slogan “¿O Terceiro Reich? ¡Non!” 01.3 Cartel “¡Para a fronte única! ¡Votade comunista!”, Gotz Von Berlichini, 1918, Alemaña. 01.4 Caricatura sobre a crise económica mundial (o crack) de 1929. 01.2

1.1. Elabora as seguintes liñas cronolóxicas buscando as datas na exposición ou no libro de texto. 1.1.1. Liña 1: Dictadura de Primo de Rivera, II República (Bienio de esquerdas; Bienio de dereitas; Frente Popular), Guerra Civil. 1.1.2. Liña 2: subida ó poder de Mussolini, Stalin, Hitler e Franco. Crise do 29. Inicio da II Guerra Mundial.

01.3

1.2. Índices de producción total (1929 = 0)

01.4

1.2.1. Aínda que España se viu afectada en menor medida que outros países pola crise mundial de 1929, ¿que sector a sufriu máis?, ¿en que ano tivo maior repercusión? Observa a liña cronolóxica da actividade anterior e a gráfica das actividades sobre o panel 10: ¿que ocorreu ese ano?, ¿de que maneira cres que puido influír a crise no desenvolvemento da II República?

FONTE: La Renta Nacional de España, Consejo de Economía Nacional, Madrid, 1945.

imaxe gráfica da segunda república

fundación 10 de marzo

01.1

9


fundación 10 de marzo

1.2.2. Redacta un escrito breve relacionando os datos da gráfica, a imaxe 1.4 do panel e a fotografía.

10

imaxe gráfica da segunda república

1.3. Redacta unha breve biografía de Stalin, Mussolini, Hitler e Franco. Despois compara as súas vidas, sinalando as semellanzas e as diferencias. Relaciona os tres primeiros personaxes coas imaxes: Imaxe 1.1: ¿que era a Sociedade de Nacións?, ¿a que institución actual precedeu?, ¿por que Mussolini non lle fixo caso? Imaxe 1.2: describe o cartel. ¿A quen pretende unir e con-

tra quen? Imaxe 1.3: ¿quen é a morte?, ¿cres que tiña razón o autor do cartel?, ¿por que? 1.4. Redacta unha pequena definición de «democracia», «comunismo» e «fascismo»


Crise económica mundial

1929 19 31

02. O contexto socioeconómico

1937 19 38

1935 19 36

19 19 33 34

TEMPUS FUGIT

Ó inicio da década de 1930, España contaba con 23 millóns de habitantes. Máis de 10 millóns non sabían ler nin escribir. As porcentaxes máis elevadas de analfabetismo rexistrábanse en Andalucía e Galicia. O corenta e sete por cento da poboación activa, catro millóns de persoas, traballaba na agricultura; delas, 1.900.000 eran xornaleiros sen terras que se concentraban no sur: Andalucía, Estremadura e A Mancha. A súa situación era miserenta, con soldos insuficientes para alimentaren as súas familias. A nobreza terratenente posuía a meirande parte dos latifundios andaluces, namentres os campesiños galegos sobrevi-vían en reducidos minifundios. Ós labregos galegos,

para saíren da penuria, non lles quedaba ás veces máis recurso que emigrar, sobre todo a Latinoamérica. O vinte cinco por cento da poboación activa traballaba nas fábricas, na minería e na construcción. O pulo industrial dos anos vinte favoreceu o desenvolvemento de Cataluña e o País Vasco que eran, xunto a Andalucía, as principais áreas onde se organizaron os sindicatos: o anarquista CNT e o socialista UGT. A crise económica de 1929, a máis forte da economía capitalista, afectou en España, sobre todo, ás clases populares. A caída das exportacións, o regreso dos emigrantes, o descenso da actividade industrial e o aumento do desemprego condicionarán as relacións socioeconómicas durante a II República.

02.1 “Opresión dos señores”, por Castelao. 02.2 “Minifundio”, La zarpa, 1926. 02.3 “Analfabetismo”, El Pueblo Gallego, 30 de outubro de 1930. 02.4 ”Exportamos emigrantes“, Faro de Vigo, 28 de outubro de 1926.

02.2

2.1. De entre os conceptos que se che propoñen a continuación, elixe un que poida explicar cada unha das viñetas que corresponden ó panel 2. Trata de xustifica-la túa elección (ha ser un concepto por cada viñeta): explotación do campesiñado, igualdade social, inmigración, guerra civil, sociedade culta, predominio do latifundismo, emigración, inestabilidade política, minifundismo, caciquismo e elevado analfabetismo. 2.2. Le atentamente o seguinte texto: As notas máis relevantes da agricultura poderí-

02.3

an concretarse no predominio do latifundio — en especial na parte do centro e sur—, xunta a existencia dun minifundio nalgunhas provincias do norte e en Galicia, poucos investimentos na agricultura para conseguir explotacións modernas —mecanización, fertilizantes, sementes selectas, etc.—, man de obra abundantísima, o que condicionaba as baixas remuneracións que se pagaban por longas xeiras de traballo, e baixos rendementos da terra […] O desenvolvemento da industria e o crecemento dos postos de traballo nas cidades non abon-

02.4

daba para dar ocupación ós milleiros de persoas que se desprazaban dos seus lugares de orixe, e por iso, ó non veren posibilidades no mercado interior, acudían á emigración. […] A inmensa maioría do agro español continuaba a vivir igual ca nos séculos anteriores, só que o crecemento da poboación, a progresiva toma de conciencia da desigual distribución da propiedade e os baixos salarios pagados, incrementaban fortemente as tensións sociais. F. SIMÓN SEGURA: Historia económica, Madrid, Centro de Estudios Ramón Areces, S. A., 1997, páxs. 380-381.

imaxe gráfica da segunda república

fundación 10 de marzo

02.1

11


2.2.1. ¿Cales eran as principais características da agricultura española a comezos da década dos trinta? ¿Segue a ter moita importancia a agricultura na actualidade? 2.2.2. ¿Por que predominaban os xornaleiros no sur de España?, ¿por que se pagaban xornais tan baixos no campo?, ¿como influíron eses baixos xornais na situación social? 2.2.3. ¿Era España un país cunha industria forte?, ¿por que? ¿Cara a onde marchaba a xente que non atopaba unha vida digna no mundo rural? ¿Como se tratou de atallar estes problemas na II República (olla o panel 10)? 2.3. Observa a seguinte táboa e comenta cál era o poder adquisitivo da clase obreira española en comparación con outros grupos sociais europeos de Europa a comezos da década de 1930. CANTIDADES (EN QUILOS OU LITROS) DE PRODUCTO QUE PODÍA MERCAR UN OBREIRO —SEGUNDO O SALARIO MEDIO— EN 1930

Pan

Patacas

Carne

Leite

Azucre

España

1,79

3,93

0,27

1,79

0,73

Italia

1,48

3,73

0,25

2,19

0,43

Francia

2,34

6,04

0,29

2,53

1,07

Alemaña

3,10

11,82

0,50

4,48

2,10

Gran Bretaña 3,40

8,68

0,71

2,85

2,71

Estonia

6,60

0,36

2,20

0,94

fundación 10 de marzo

1,94

12

imaxe gráfica da segunda república

2.4. ¿Por que eran o País Vasco, Cataluña e Andalucía as rexións con máis afiliados sindicais? ¿Cales eran as semellanzas e diferencias entre a CNT e a UGT? ¿Cales son os principais sindicatos galegos e españois na actualidade? 2.5. Imaxina que os labregos da viñeta 2.5 son andaluces e cambia o texto. ¿Segue sendo Galicia un país rural?, ¿cales son os problemas da agricultura galega na actualidade?, ¿son os mesmos cós dos anos trinta? 2.6. ¿Atopas algunha relación entre as viñetas 2.2 e 2.4? Explícaa. ¿A que se debeu a masiva emigración da poboación galega? ¿Segue emigrando hoxe moita xente en Galicia?

2.7. Observa a imaxe 2.3 ¿Para quen debería ser unha vergonza que o neno non saiba ler? EVOLUCIÓN DAS TAXAS DE ANALFABETISMO EN ESPAÑA

1900

1910

1920

1930

TOTAL

56%

50,6%

43%

32,4%

HOMES

46%

41,4%

35,4%

25%

MULLERES

66%

59%

50,6%

39,4%


Crise económica mundial

1929 19 31

03. Antecedentes políticos: restauración e dictadura TEMPUS FUGIT

1937 19 38

1935 19 36

19 19 33 34

Restauración entrou nunha longa crise durante o reinado de Alfonso XIII (19021931). Era un sistema político ancorado no pasado, asentado no turnismo político dos partidos representantes dos intereses da nobreza terratenente e a burguesía industrial e financeira. Conservadores e liberais valéronse do caciquismo e da fraude electoral para mantérense no poder. As reivindicacións democráticas fóronse abrindo paso de vagar da man dos partidos de oposición: o PSOE e os republicanos. Á par, a afiliación sindical medraba significativamente. Coa crise de 1917 iniciouse a descomposición do réxime, que acudiu a gobernos de concentración apoiados polos militares. O descrédito do sistema parlamen-

tario, as protestas sindicais e o desastre de Annual na guerra de Marrocos provocaron, co apoio da oligarquía, o golpe de Estado do xeneral Primo de Rivera nunha época de ascenso dos fascismos en Europa. O dictador, lexitimado polo rei tras invitalo a formar goberno, suspendeu a Constitución de 1876 e as liberdades públicas. A opinión pública identificou a monarquía coa dictadura e, a pesar da dimisión de Primo en xaneiro de 1930, Alfonso XIII non recuperou popularidade. As voces dos intelectuais e das forzas de oposición republicanas, rexionalistas e anarquistas alzáronse contra a figura do rei e organizáronse para derrocalo.

03.1 Ilustración sobre o sistema electoral, por Castelao. 03.2 Fábula electoral, publicado en La Voz. 03.3 Ilustración referida á guerra de Marrocos, por Castelao. 03.4 Caricatura de Primo de Rivera.

03.3

03.2

3.1. Como actividade introductoria, e sen previo aviso, o profesor exercerá de cacique e constituirá unha mesa electoral cun presidente e un vocal. Elixirase un representante de entre os membros da clase para levar unha proposta (de tipo educativo, inventada polo profesor) á dirección do centro. Convén que o profesor seleccione de antemán o candidato ou candidata idóneo, e despois llo comunique a todo o mundo —no seu papel de cacique— . A continuación repártese a cada alumno unha ficha coa súa condición socioeconómica, segundo os modelos propostos a seguir:

CAMPESIÑO SEN TERRAS Vota a persoa que lle indica o profesor

OBREIRO INDUSTRIAL Vota o representante que queira (pódelle facer caso ou non ó profesor)

MULLER

03.4

Constitúese unha mesa electoral cun presidente e un vocal. Todo o mundo vai votar coa ficha que indica a súa condición socioeconómica. O vocal revisa se pode votar ou non segundo a seguinte táboa:

A proporción de fichas que debe haber na aula é a seguinte: — A distribución por sexos farase segundo a que haxa na propia aula: a cada alumno corres-

fundación 10 de marzo

03.1

imaxe gráfica da segunda república

13

Home: pode votar Muller: non pode votar


póndelle un papel masculino; a cada alumna correspóndelle un papel feminino. — Os homes estarán distribuídos así: as 2/3 partes serán xornaleiros; 1/3 serán obreiros. Téñase en conta que se exclúen da mostra a clase burguesa e mailas clases terratenentes. Despois de votar, debateranse os resultados. Tratarase de conseguir nese debate respostas para os seguintes aspectos: ¿quen exercía de cacique?, ¿que papel desempeña o cacique?, ¿por que non é xusto o sistema electoral que se acaba de representar?, ¿que «vicios» ten?, ¿pódense asemella-las calidades de cada un dos protagonistas que participaron no xogo ás que se propoñen nas viñetas 3.1 e 3.2?, ¿por que?

fundación 10 de marzo

3.2. Observa atentamente a seguinte viñeta. ¿A que problema electoral citado no panel 3 alude esta imaxe? Fíxate na data de publicación da viñeta: ¿estaría vixente a práctica electoral citada?, ¿por que? ¿Cres que ten algún sentido que a expresión «antiguamente» estea entre comiñas? Xustifícao.

14

imaxe gráfica da segunda república

3.3. Nun mapa mudo de África colorea as colonias españolas en 1930. Indica a data da súa conquista e a da súa independencia. Explica o significado da viñeta 3.3 ¿Eran partidarios tódolos españois da explotación colonial?, ¿por que? 3.4. Localiza a rexión do Rif. ¿A que país pertence hoxe? 3.4.1. ¿Quen era Abdelkrim? 3.4.2. Fai unha valoración das palabras de Alfonso XIII ¿Que tiña que ver Francia co conflicto tratado no texto? 3.4.3. Busca información nos xornais sobre guerras actuais nas que se teñan usado armas químicas ¿Por que estaban, e están, prohibidas?

ESPAÑA EMPREGOU NOS ANOS VINTE ARMAS QUÍMICAS CONTRA OS HOMES DE ABDELKRIM

Entre 1921 e 1927, o exército español empregou sistematicamente no Rif distintos gases, sobre todo iperita, un producto máis coñecido co nome de gas mostaza. En 1925, o rei Alfonso XIII afirmaba ó agregado francés en Madrid: «hai que deixar de lado as vas consideracións humanitarias, porque coa axuda do máis daniño dos gases salvaríanse moitas vidas españolas e francesas. O importante é exterminar, como se fai coas malas bestas, as tribos máis próximas a Abdelkrim». A estratexia militar española consistía en escolle-las áreas máis poboadas e os momentos de maior aglomeración para lanza-las bombas químicas, ata o punto de que os rifeños abriron os zocos pola noite. Houbo tamén un número alto de víctimas españolas

pola defectuosa manipulación das armas químicas ou pola conquista precipitada de territorios recentemente bombardeados. A guerra colonial acabou en 1927 coa rendición dos rifeños, pero o uso de armas químicas quedou no esquecemento durante sesenta e tres anos. El País, 10-2-2002

3.5. ¿Cales eran as principais diferencias entre o sistema político da Restauración e o da Dictadura de Primo de Rivera? ¿Por que apoiou o rei ó dictador? ¿Que pensas que ocorrería hoxe se o rei apoiase un golpe militar?


1929 19 31

Crise económica mundial

04. A proclamación da República

Proclamación da IIª República española

1937 19 38

1935 19 36

19 19 33 34

TEMPUS FUGIT

En agosto de 1930, a maioría dos partidos e grupos republicanos acordaron no Pacto de San Sebastián unha acción conxunta para derroca-la Monarquía. En decembro fracasou a sublevación militar de Jaca. A convocatoria de eleccións municipais en 1931 foi un intento de volver ó sistema político tradicional, pero o pobo considerounas como unha consulta para decidir entre monarquía e república. Nas capitais de provincia, a victoria das candidaturas republicano-socialistas foi incuestionable. A consecuencia destes resultados, o 14 de abril de 1931 proclamouse a República no medio dun enorme entusiasmo popular. Alfonso XIII abandonou o Pazo Real camiño do exilio.

Un goberno provisional fíxose cargo do poder. Era un goberno de profesionais e intelectuais comprometidos coa democratización do país, pero sen experiencia política. Convocáronse eleccións a Cortes constituíntes e aprobouse unha Lei de Defensa da República co obxectivo de atallar tódalas revoltas antirrepublicanas. As forzas políticas deste momento expresaban unha gran diversidade ideolóxica. Entre os que apoiaron a República cabe citar algúns partidos de dereitas, como o Partido Radical. Na esquerda, os partidos máis importantes eran Acción Republicana, de Azaña, e o PSOE. Os partidos nacionalistas máis salientables eran Ezquerra Republicana de Catalunya e o Partido Nacionalista Vasco (PNV).

04.1 Viñeta referida ás eleccións municipais de 1931. 04.2 La traca, caricatura referida á abdicación e exilio de Alfonso XIII. 04.3 Alegoría da República, Zunzurren, 1935. 04.4 Goberno provisional da República, Opisso, Barcelona, 1931. 04.5 La traca, Valencia, 7 de novembro de 1931. 04.2

4.1. ¿Que simboliza a imaxe 4.1? Xustifica a túa resposta tendo en consideración o mapa dos resultados electorais que se ofrece a continuación.

04.3

04.4

4.2. Observa atentamente a portada de La Traca (imaxe 4.2): ¿que acto exemplifica? Fíxate nos papeis que ateigan a escena. Anota como mínimo tres enunciados que aparezan neles e trata de explicar a qué fan referencia. ¿Que significado teñen as expresións da necrolóxica dedicadas a Alfonso de Borbón, «Rey de Jauja» e «Emperador de Annual»? 4.3. ¿Que grupos políticos formaron parte do Goberno provisional da República? ¿Que diferenciaba os membros deste Goberno dos anteriores —os da Restauración e da Dictadura—?

04.5

4.4. Observa atentamente a seguinte portada de La Traca (imaxe 4.5): ¿que finalidade pretendía a Lei de defensa da República? ¿Por que non querían a República eses persoeiros? 4.5. No texto do panel diferénciase entre partidos políticos de esquerdas, de dereitas e nacionalistas que apoiaban a República ¿Cales son as principais diferencias entre eles?, ¿cal era a ideoloxía dos «pisados» pola Lei de defensa da República (imaxe 4.5)? 4.6. ¿Que opinas das alegorías da República das imaxes 4.3 e 4.4? imaxe gráfica da segunda república

fundación 10 de marzo

04.1

15


1929 19 31

Crise económica mundial

05. Nova organización do territorio

Proclamación da IIª República española

1937 19 38

1935 19 36

19 19 33 34

TEMPUS FUGIT

As reivindicacións nacionalistas en áreas onde se falaban linguas diferentes do castelán, levaron os republicanos a tratar de soluciona-lo problema da organización territorial do Estado superando o centralismo herdado da Restauración. Ninguén propuxo, en cambio, modifica-la ocupación do norte de Marrocos, que permaneceu co mesmo tipo de administración colonial. A Constitución de 1931, a medio camiño entre centralismo e federalismo, definía España como un «Estado integral» pero aceptaba que algunhas rexións puidesen acceder á autonomía. Os partidos estatais desconfiaban dos nacionalistas, así que impuxeron unhas condicións moi restrictivas para impedir que se acadase a autonomía rexional salvo nos casos nos que a maioría das forzas políticas estivesen de acordo: os

Estatutos debían ser solicitados pola maioría dos concellos, aprobados polas dúas terceiras partes do censo electoral (incluíndo os que se abstivesen) e ratificados polas Cortes, que podían modifica-lo seu contido. O Estatuto catalán, sobre o que existía acordo previo, aprobouse en 1932 (aínda que quedou suspendido polo goberno de dereitas entre 1934 e 1936). O vasco e o galego non se aprobaron ata o inicio da Guerra Civil. O modelo autonómico da II República, moito máis limitado có actual, serviu de referencia para a Constitución española de 1978. A denominación de «nacionalidades históricas» que se aplica a Galicia, Cataluña e o País Vasco remóntase a este precedente autonómico republicano.

05.1 Cartel pro Estatuto de Autonomía vasco, por Arcelus, 1933. 05.2 Revista satírica, 1932. 05.3 Cartel pro Estatuto de Galicia, Luís Seoane, A Coruña, 1936.

05.2

5.1. ¿Que territorios tiñan unha lingua distinta do castelán?, ¿en cales se aprobou un Estatuto de Autonomía durante a II República?, ¿que territorios teñen un na actualidade? 5.2. Indica as principais diferencias entre un Estado federal e un Estado centralista ¿Con que tipo de Estado se identifica máis a España actual? 5.3. A II República, ó facer posible unha nova organización do Estado, espertou un enorme entusiasmo na poboación dalgúns territorios. A aprobación dun Estatuto converteuse nunha arela que se identificaba co progreso e con todo tipo de melloras. Observa o cartel de propa-

05.3

ganda a favor do Estatuto Vasco (imaxe 5.1): ¿que promesa aparece nel?, ¿cres que a aprobación do Estatuto facilitaría esa reivindicación?, ¿por que? 5.4. As forzas políticas de dereitas e amplos sectores da esquerda estaban en contra de calquera descentralización ou autonomía, que identificaban coa «ruptura da unidade da patria». Un dos líderes da dereita, José Calvo Sotelo, chegou a afirmar: «prefiro unha España roxa que rota». A imaxe 5.2 recolle esa preocupación. ¿Cres que a Constitución de 1931 poñía realmente en perigo a unidade de España? ¿Que representa a

caricatura? O texto do cartel é un xogo de palabras, ¿sabes a que se refire? 5.5. Explica as diferencias entre ámbalas Constitucións respecto á organización do Estado. Na España actual, ¿cres que mudou a actitude das principais forzas políticas sobre as autonomías?, ¿que forzas políticas importantes son contrarias a esta forma de organización do Estado?, ¿por que?

imaxe gráfica da segunda república

fundación 10 de marzo

05.1

17


fundación 10 de marzo

CONSTITUCIÓN DE 1931 ART. 1. […] A República constitúe un Estado integral, compatible coa autonomía dos municipios e das rexións. ART. 4. O castelán é o idioma oficial da República. Todo español ten a obriga de sabelo e usalo, sen prexuízo dos dereitos que as leis do Estado lles recoñezan ás linguas das provincias ou rexións. Salvo o que se dispoña en leis especiais, a ninguén se lle poderá esixi-lo coñecemento nin o uso de ningunha lingua rexional.

18

TÍTULO 1. Organización Nacional ART. 11. Se unha ou varias provincias limítrofes, con características históricas, culturais e económicas comúns, acordaran organizarse en rexión autónoma para formar un núcleo político-administrativo, dentro do Estado español, presentarán o seu Estatuto de acordo co establecido no artigo 12. ART. 12. Para a aprobación do Estatuto da rexión autónoma, requírense as seguintes condicións: a. Que o propoñan a maioría dos seus Concellos ou, cando menos, aqueles Municipios que comprendan as dúas terceiras partes do Censo electoral da rexión. b. Que o acepten polo menos as dúas terceiras partes dos electores inscritos no Censo da rexión. c. Que o aproben as Cortes. ART. 13. En ningún caso se admite a Federación das rexións autónomas.

imaxe gráfica da segunda república

CONSTITUCIÓN DE 1978 ART. 1.2. A soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os ppoderes do Estado. ART. 1.3. A forma política do Estado español é a Monarquía parlamentaria. ART. 2. A Constitución fundaméntase na indisoluble unidade da Nación española, patria común e indivisible de tódolos españois, e recoñece e garantiza o dereito á autonomía das nacionalidade e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas. ART. 3.1. O castelán é a lingua española oficial do Estado. Tódolos españois teñen o deber de a coñecer e o dereito de a usar. ART. 3.2. As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos. TÍTULO VIII. DA ORGANIZACIÓN TERRITORIAL DO ESTADO ART. 143.1. [...] as provincias limítrofes con características históricas, culturais e económicas comúns, os territorios insulares e as provincias con entidade rexional histórica poderán acceder ó seu autogoberno e constituírse en Comunidades Autónomas [...]. ART. 143.2. A iniciativa do proceso autonómico correspóndelles a tódalas Deputacións interesadas ou ó órgano interinsular correspondente e ás dúas terceiras partes dos municipios se a súa poboación representa, cando menos, a maioría do censo electoral de cada provincia ou illa. Estes requisitos terán que ser cumpridos no prazo de seis meses dende o primeiro acordo adoptado neste sentido por algunha das Corporacións interesadas.

ART. 145.1. Non se admitirá en ningún caso a federación de Comunidades Autónomas. ART. 148.2. Transcorridos cinco anos, e mediante a reforma dos seus Estatutos, as Comunidades Autónomas poderán ampliar sucesivamente as súa competencias. ART. 151.1. Non será necesario deixar transcorre-lo prazo de cinco anos á que se refire o apartado 2 do artigo 148 cando a iniciativa do proceso autonómico sexa acordada dentro de prazo do artigo 143.2, ademais de polas Deputacións ou os órganos interinsulares correspondentes, polas tres cuartas partes dos municipios de cada unha das provincias afectadas que representan, cando menos, a maioría do censo electoral de cada unha delas e a citada iniciativa sexa ratificada mediante referendo polo voto afirmativo da maioría absoluta dos electores de cada provincia [...].

5.6. ¿Cales eran os principais partidos nacionalistas de Galicia, Cataluña e o País Vasco na II República?, ¿e hoxe? 5.7. ¿Que simbolizan o polbo e a persoa da imaxe 5.3? 5.8. ¿Por que cres que non se cuestionou a ocupación das colonias africanas?


1929 19 31

Crise económica mundial

06. As mulleres

Proclamación da IIª República española

1937 19 38

1935 19 36

19 19 33 34

TEMPUS FUGIT

Nos anos da República, as mulleres viviron un avance sen precedentes na conquista da igualdade. Foilles recoñecido o dereito a ‘existir’ en condicións de igualdade cos homes, segundo declaraba a Constitución de 1931: “Todos los españoles son iguales ante la ley”. Como consecuencia, a lexislación deu soporte, por primeira vez, ás demandas das mulleres e ós novos valores que xa introduciran nas súas vidas. Na conquista do sufraxio universal foi esencial o labor da deputada Clara Campoamor. Defendeu en solitario o dereito ó voto feminino, fronte á indiferencia ou rexeitamento de moitos parlamentarios que pensaban que as mulleres carecían de criterio político. Coa obtención da igualdade xurídica cos homes, as mulleres deixaron de necesitar un marido ou un tutor que as representase legalmente. Reguláronse o matrimonio civil e mailo divorcio, e a muller casada asumiu as mesmas responsabilidades e

dereitos có seu cónxuxe. Deixouse de considerar delicto a convivencia en parella ou o adulterio e aboliuse a prostitución. A legalización do aborto tivo que agardar á presencia da primeira muller nun goberno: Federica Montseny, que foi ministra de Sanidade, xa comezada a Guerra Civil. A educación das nenas equiparouse á dos nenos: obrigatoria, gratuíta e laica. O dereito a traballar e á independencia económica, recoñecido a tódalas persoas, tentou rachar coa tradicional función feminina de ama de casa e nai. Por vez primeira, as mulleres puideron desempeñar empregos e cargos públicos. A nova lexislación foi esencial para integra-la muller na sociedade, pero non sempre se conseguiu supera-la barreira psicolóxica establecida polos valores tradicionais e os privilexios do home. O triunfo franquista na Guerra Civil obrigou a recuar en case tódolos logros acadados.

06.1 Arenga, por Castelao. 06.2 Vidales Tomé, El Pueblo Gallego, 1924. 06.3 Castelao, Faro de Vigo, 24 de abril de 1932. 06.4 Maside, El Pueblo Gallego, 7 de maio de 1932.

06.2

6.1. Percorre a exposición con ollada selectiva: busca tódalas imaxes nas que apareza algunha muller e fai unha listaxe das actividades ou valores que representa. Calcula tamén a porcentaxe destas imaxes sobre o total da exposición ¿Que relación atopas entre o resultado da túa observación e o que se indica no panel: «foilles recoñecido o dereito a “existir”»? 6.2. Tendo en conta a información do panel, sinala os avances legais que conquistan as mulleres durante os anos da República. Logo ordénaos

06.3

por importancia segundo a túa opinión e compara o teu resultado cos dos teus compañeiros. 6.2.1. ¿Cal é o «dereito» máis valorado? ¿Poderíase prescindir dalgún deles? 6.2.2. ¿Hai algunha diferencia salientable entre a opinión das mozas e a dos mozos do teu grupo? 6.2.3. ¿Que dereitos conquistados na República e logo perdidos durante a Dictadura franquista teñen na actualidade as cidadás do Estado español? 6.3. Tamén se di no panel que as mulleres xa «introduciran novos valores nas súas vidas»:

06.4

6.3.1. ¿Que imaxe reflicte mellor ese cambio silencioso pero firme, que «rachaba coa función feminina tradicional de “ama de casa e nai”»? 6.3.2. ¿Que imaxes cres que amosan aspectos da vida cotiá superados hoxe en día e cales non? ¿Por qué? 6.3.3. Agora tócache a ti: debuxa unha viñeta na que se exprese de xeito caricaturesco unha demanda actual da muller. Expona na clase coas dos teus compañeiros e comentade en grupo as ideas expresadas. imaxe gráfica da segunda república

fundación 10 de marzo

06.1

19


fundación 10 de marzo

6.4. No panel dise que Clara Campoamor defendeu en solitario o dereito ó voto feminino. Custa crelo, tendo en conta que había máis (ben poucas máis) mulleres deputadas, pero así foi. O caso é que logrou convencer unha maioría simple do que era unha mera cuestión de igualdade social e dignidade. Velaquí dous textos: un é unha opinión vertida nun xornal radical de ¡¡esquerdas!! (El Diluvio, 2-10-1931); o outro expresa a opinión de Clara Campoamor. Identifícaos e logo salienta os argumentos que se barallaron a favor e en contra da obtención deste dereito, no polémico debate que tivo lugar no Parlamento en 1931.

20

A.- Eses 160 deputados que lles concederon o voto ás mulleres serán uns doutrinarios puritanos, pero son uns aparvados republicanos. Nós non lle negamos o voto á muller no nome do seu dereito á liberdade, senón no nome da defensa da República. As mulleres poden ser dentro da República avogadas, catedráticas, deputadas, e mesmo ministras, pero electoras, non. Só uns cantos pobos lles concederon o voto ás mulleres e a República española non é cousa de que por quixotismo idealista se apoie ou se confíe no voto feminino que, durante uns cantos anos, será canalizado por cregos, frades e monxas.

imaxe gráfica da segunda república

B.- Láiome vivamente de ter que me erguer nestes momentos a pronunciar unhas brevísimas palabras. Anda a facerse unha Constitución de tipo democrático, por un pobo que ten escrito como lema principal o respecto fondo ós principios democráticos […] Resolvede o que queirades, pero afrontando a responsabilidade de lle dar entrada a esa metade do xénero humano na política, para que a política sexa cousa de dous, porque só hai unha cousa que fai un sexo só: parir. As outras, facémolas todos en común, e non podedes vir vós aquí a lexislar, a votar impostos, a dicir deberes, a lexislar sobre a raza humana, sobre a muller e sobre o fillo, illados, fóra de nós.

6.5. Había dous planos nese debate: o voto como dereito que lle corresponde a todo ser humano e o voto como oportunidade política. Agora consulta o texto 7.5 e relaciónao coas seguintes cuestións: 6.5.1. O voto da muller, ¿sería conservador maioritariamente? (Nos paneis 11 e 13 tes datos que che poden axudar). 6.5.2. Tendo en conta tódolos datos que tes sobre o contexto social e político na República, ¿cal sería a túa posición neste debate?

6.6. ¡Vale máis unha imaxe ca mil palabras! Pero… ¿que palabras escribirías ti na arenga da miliciana que con tanta forza debuxou Castelao (imaxe 6.1)? Unha axuda: volve le-lo derradeiro parágrafo do panel 6. Outra axuda: ¿que posición ideolóxica defendería unha miliciana na Guerra Civil? (ver panel 17). 6.7. No panel 4 hai unha Alegoría da República —e incluso outra referencia a ela que hoxe en día ¡¡non se atrevería a facer ningún goberno!!—. ¿Identificas tódolos símbolos que se representan? ¿Que opinión che merece que a imaxe da República sexa unha muller?


1929 19 31

Crise económica mundial

07. A cuestión relixiosa

Proclamación da IIª República española

1937 19 38

1935 19 36

19 19 33 34

TEMPUS FUGIT

A Igrexa constituía un poder histórico e a súa presencia era constante na vida española. Durante a Restauración consolidara a súa posición como aliada do Estado, o que lle permitira arrequece-lo seu patrimonio económico e a súa influencia social e educativa. A secularización da sociedade, coa separación da Igrexa e do Estado, non se produciu ata a proclamación da República. Os dirixentes republicanos consideraban que era necesario para a modernización do país pero non foron conscientes da grande influencia que a Igrexa e a moral católica exercían na vida civil. A Constitución establecía a secularización do Estado e cumpría que este asumise aquelas funcións que a Igrexa se arrogara tradicionalmente. Aprobáronse unha serie de leis como a disolución da Compañía de Xesús, a secularización dos cemi-

terios, a Lei de divorcio ou a de confesións e congregacións relixiosas que, entre outras cousas, prohibía exerce-lo ensino ás ordes relixiosas. O anticlericalismo, que formaba parte da cultura do liberalismo progresista e de republicanos, anarquistas e socialistas, estaba moi estendido entre as clases populares, nomeadamente nas cidades, e explica sucesos como a queima de conventos do 10 e o 13 de maio de 1931. Isto contribuíu asemade á deterioración dunhas relacións xa de seu difíciles entre o goberno republicano e a Igrexa. A cuestión relixiosa foi utilizada pola dereita nas eleccións de 1933 acentuando no seu discurso a sensación de persecución e o carácter de cruzada.

07.1 La traca, Valencia, 11 de xullo de 1931. 07.2 La traca, Valencia, 9 de xaneiro de 1932. 07.3 Paz y Justicia, 30 de xaneiro de 1932. 07.4 Cartel electoral da CEDA, 1933.

07.2

7.1. Para unha mellor comprensión da cuestión relixiosa sería conveniente que tiveras claros algúns conceptos: secularización, laico, confesional (aconfesional), relixioso, civil, anticlericalismo. Busca o significado e elabora cinco frases coherentes — correctas desde o punto de vista histórico e gramatical—, incluíndo en cada un delas un concepto de cada columna. Estado Ensino Cemiterio Matrimonio Partidos políticos

Secularización Civil Confesional Laico Anticlerical

07.3

7.2. As diferencias entre a Constitución de 1876 e a de 1931 no tratamento da cuestión relixiosa son evidentes. Despois de ler e subliña-los textos, explica os principais cambios que aparecen na Constitución republicana. Para facilita-lo teu traballo podes partir do cadro:

CONSTITUCIÓN DE 1876 ART. 11. A relixión católica, apostólica e romana, é a do Estado. A Nación obrígase a mante-lo culto e os seus ministros. Ninguén

07.4

poderá ser molestado no territorio español polas súas opinións relixiosas nin polo exercicio do seu respectivo culto, salvo o respecto debido á moral cristiá. Non se permitirán, sen embargo, outras cerimonias nin manifestacións públicas que as da relixión do Estado.

CONSTITUCIÓN DE 1931 42. ART. 3. O Estado español non ten relixión oficial.

fundación 10 de marzo

07.1

imaxe gráfica da segunda república

21


fundación 10 de marzo

22

ART. 26. Tódalas confesións relixiosas serán consideradas como Asociación sometidas a unha lei especial. O Estado, as rexións, as provincias e os municipios, non manterán, favorecerán, nin auxiliarán economicamente as Igrexas, Asociacións e Institucións relixiosas. Unha lei especial regulará a total extinción, nun prazo máximo de dous anos, do orzamento do Clero. Quedan disoltas aquelas Ordes relixiosas que estatutariamente impoñan, ademais dos tres votos canónicos, outro especial de obediencia á autoridade distinta da lexítima do Estado. […] ART. 27. A liberdade de conciencia e o dereito de profesar e practicar libremente calquera relixión quedan garantidos no territorio español, salvo o respecto debido ás esixencias da moral pública. Os cemiterios estarán sometidos exclusivamente á xurisdicción civil. Non poderá haber neles separación de recintos por motivos relixiosos. Tódalas confesións poderán exerce-los seus cultos privadamente. As manifestacións públicas do culto haberán de ser, en cada caso, autorizadas polo goberno. Ninguén poderá ser compelido a declarar oficialmente as súas crenzas relixiosas.

Constitución de 1876

Constitución de 1931

¿Hai relixión oficial? ¿Ten algunha obriga o Estado con algunha confesión relixiosa? ¿Están limitadas as prácticas relixiosas?, ¿todas? ¿Podemos falar de liberdade relixiosa?

imaxe gráfica da segunda república

7.3. O Decreto do 23 de xaneiro de 1932 disolveu a Compañía de Xesús, xustificándoo o presidente do Goberno, Azaña, deste xeito: […] disolución daquelas ordes nas que, ademais dos tres votos canónicos, prestasen outro especial de obediencia a outra autoridade lexítima distinta da do Estado. Estes son os xesuítas (obediencia ó Papa). […] ¿Permitiriades que se propagase na cátedra da Universidade española a medicina do s. XVI? Non o permitiriades; a pesar do dereito de ensinanza do catedrático e da súa liberdade de conciencia, non se permitiría. Pois eu dígovos que a obriga das ordes relixiosas católicas, en virtude do seu dogma, é ensinar todo o contrario ós principios en que se funda o Estado moderno. 7.3.1. Tendo en conta que os xesuítas controlaban unha importante parte do sector educativo, explica o que quere dicir Azaña no último parágrafo do texto. Investiga o papel actual da relixión na escola e compárao co da II República. 7.3.2. No panel aparece a portada da revista La Traca relativa ó tema, ¿poderías interpretala? (é importante que teñas en conta qué representa no debuxo a chegada do tren). 7.4. Explica o significado do debuxo «Secularización» (imaxe 7.3). Debes ter en conta quén está enterrado en cada tumba. ¿Cal pensas que é a postura do autor (e da revista) da viñeta respecto ó tema: favorable ou contraria á secularización?, ¿por que o dis? 7.5. O 4 de decembro de 1931 o ministro de Xustiza presentou un proxecto de lei de divorcio, aprobado, despois dun intenso debate, o 26 de febreiro de 1932. Para Margarita Nelken (membro daquela do Partido Socialista) só o divorcio lle ofrecía á muller unha garantía de dignidade persoal, posto

que por moi emancipada que estivese por Lei, aínda estaba exposta á posibilidade da inxustiza do matrimonio e o sacerdote Don Luis López Dóriga, Deán da Catedral de Granada e deputado radical-socialista, votou a favor da lei declarando que se ben os católicos debían actuar segundo a súa fe, non debían tratar de impoñer ós demais a súa propia fe. Os anarquistas, pola súa parte, recibiron a medida con indiferencia por consideraren que era unha intervención do Estado na vida dos cidadáns. 7.5.1. Coa información recollida no texto, completa o seguinte cadro: Persoa

Opción política

Favorable ou contraria ó divorcio

Argumentos

Margarita Nelken Radical-socialista Indiferencia

7.5.2. ¿En que panel hai referencias ó divorcio?, ¿por que era un tema que preocupaba máis ás mulleres? 7.6. ¿Cal é a mensaxe que intentan transmitir as Juventudes Socialistas de Madrid no pasquín que reproducimos?, ¿pensas que reflicte un sentimento anticlerical?, ¿por que?

Se as Cortes Constituíntes non expulsan as ordes relixiosas, a «República burguesa» non terá valido nin para iso e terá fracasado por completo. Mentres haxa Deus, haberá sacerdotes. Traballadores: Arrincade da vosa conciencia a idea de Deus para extirpa-lo clericalismo. Compañeiros: A idolatría é o maior dos crimes.


7.7. Nas eleccións de 1933, os partidos de dereitas buscaron o voto das mulleres. Este texto é un pasquín repartido na rúa nun proceso electoral: ACCIÓN POPULAR, MULLER: ¡Vota a candidatura de dereitas e contra o marxismo!, SE NON O FAS: virá o COMUNISMO, que che arrincará os fillos dos brazos; a igrexa do teu pobo, símbolo da NOSA SANTA RELIXIÓN, será derruída e arrasada; o esposo que amas FUXIRÁ DO TEU LADO, autorizado pola LEI DO DIVORCIO; virá a ANARQUÍA ÓS CAMPOS e ó voso fogar a FAME E A MISERIA. MULLER: ¡vota a candidatura de dereitas e contra o marxismo! SEÑORA: co teu voto axuda a salvar España. NOTA: vota a candidatura COMPLETA. Se borras algún nome dás forzas ós contrarios.

7.7.1. ¿A que eleccións fai referencia? 7.7.2. ¿Por que pensas que vai dirixido ás mulleres? (lembra as imaxes do panel 6) 7.7.3. ¿Que argumentos utiliza para pedi-lo voto? 7.7.4. Fai un comentario sobre o contido e o estilo deste tipo de propaganda. 7.7.5. No panel hai un cartel de propaganda para o mesmo proceso electoral, ¿a que sucesos alude para pedi-lo voto?

Arquivo Municipal de Santiago, 8-11-1933

fundación 10 de marzo

Fai que as imaxes teñan xoias valiosas, coma as cortesás, mentres os traballadores morren de fame. ¡Alerta cos deputados impunistas, que son cómplices deste crime!

imaxe gráfica da segunda república

23


1929 19 31

Crise económica mundial

08. O exército

Proclamación da IIª República española

1937 19 38

1935 19 36

19 19 33 34

TEMPUS FUGIT

A reforma militar ideada por Azaña tentou reduci-lo número excesivo de oficiais (había un por cada dez soldados) e subordina-lo poder militar ó poder civil. O seu obxectivo era democratizar unhas Forzas Armadas obsoletas e dotalas dun material axeitado. As primeiras medidas foron obriga-los militares a xurar fidelidade á República e permitírlle-lo retiro voluntario con soldo íntegro. O servicio militar era unha das obrigas máis onerosas para a poboación. Coas novas medidas de recrutamento, as quintas tiñan que permanecer no servicio militar

un ano. Mantívose o sistema de redención do servicio: escusábase o seu cumprimento tralo pagamento previo, pero logo de seis meses en filas. As reformas militares foron moi combatidas pola dereita e por un importante sector da oficialidade. Así, para o xeneral Mola tratábase dunha trituración do exército. O golpe militar fracasado do xeneral Sanjurjo, en agosto de 1932, foi un expoñente do malestar de parte do exército aproveitado por sectores monárquicos autoritarios.

08.1 Maside, El Pueblo Gallego, 3 de outubro de 1931. 08.2 Gracia y Justicia, 5 de marzo de 1932. 08.3 Padín, Vida Gallega, 25 de outubro de 1921. 08.4 Maside, El Pueblo Gallego, agosto de 1932.

08.2

8.1. No prólogo ó Decreto de reforma do exército, Azaña xustificaba a necesidade de levala a cabo. A revolución de abril, que por vontade do pobo instaurou a República en España, extingue o xuramento de obediencia e fidelidade que as Forzas Armadas da Nación prestaran ás institucións hoxe desaparecidas. Non se entende, de ningún xeito, que as forzas de mar e terra do país estaban vinculas a unha dinastía ou a unha persoa. A misión do Exército, do artigo 2 da Lei constitutiva, é soste-la independencia da Patria.

08.3

[…] O Exército é nacional, así como a Nación non é patrimonio dunha familia. A República é a Nación que se goberna a si mesma […]. Respectuosa a República coa conciencia individual, non esixe a promesa de adhesión. Os que opten por servila, outorgarán a promesa; os que refusen prestala, será que prefiren abandona-lo servicio. A República é para tódolos españois, pero só poden servila en postos de confianza os que sen reservas e fervorosamente adopten o seu réxime. Retirar do servicio activo os que refusen a promesa de fidelidade non ten carácter de sanción, senón de ruptura do seu compromiso co Estado. Gaceta de la República, 23-4-1931

08.4

8.1.1. Segundo Azaña, ¿cal é o papel do exército? 8.1.2. ¿Que quere dicir: «O Exército é nacional, así como a Nación non é patrimonio dunha familia»? ¿A quen tiñan favorecido as intervencións do exército na vida política durante a Restauración e a Dictadura de Primo de Rivera? 8.1.3. ¿Cal era a finalidade de Azaña?, ¿que argumentos utiliza para defendela? 8.2. Estes gráficos comparan o exército de 1931 e o de 1932 (número de militares por graduación) ¿Cres que Azaña conseguiu os seus obxectivos? Xustifica a túa resposta. imaxe gráfica da segunda república

fundación 10 de marzo

08.1

25


fundación 10 de marzo

8.3. Para poder comprende-lo debuxo «Un militar retirado», debes coñece-lo significado de «comer de vixilia» e buscar información sobre a Lei para a defensa da República (cándo se aprobou, en qué consistía); revisa o panel 4. ¿Cal pensas que é a actitude do autor da viñeta tocante ás reformas que se estaban facendo?, ¿e respecto á Lei para a defensa da República? 8.4. A xornalista Josefina Carabias entrevista a nai do capitán Galán condenado a morte por participar na sublevación de Jaca, despois da tentativa de golpe do xeneral Sanjurjo.

26

A PRIMEIRA PERSOA QUE SE ACERCOU Ó XEFE DO ESTADO PARA PEDI-LO INDULTO DE SANJURJO FOI A NAI DO CAPITÁN GALÁN Non quero que fagan con ninguén, sexa quen sexa, o que fixeron co meu fillo. Estou pasando uns días moi malos —dime, momentos despois de saudarme—; claro que para min son malos tódolos días, pero estes son peores. Vostede compréndeo… Por iso, imaxe gráfica da segunda república

en canto tiven coñecemento da condena a morte do xeneral Sanjurjo, apresureime a entrevistarme con S. E. o Presidente da república para que o indulten. Xa sei que a miña petición non significa nada; pero a miña conciencia quedou tranquila. Por moito que eu sufrín e o que teño que sufrir aínda, non quero que ninguén se vexa na mesma situación. Quizais haxa persoas ás que lles pareza mal… Ahora, 26-7-1932

8.4.1. O capitán Galán e o xeneral Sanjurjo son dous exemplos da intervención dos militares para modificar unha situación política. Despois de buscar información sobre o alzamento de Jaca (no que participou o primeiro) e o intento de golpe de Estado de Sanjurjo, establece unha comparación entre ambos baseándote nos seguintes criterios:

1. Situación política cando se produce a súa actuación (quén está no Goberno, cómo foi elixido...) e finalidade desta. 2. Resultado da súa actuación. 3. ¿Como actuaron os poderes políticos nun e noutro caso? ¿A que conclusións chegas? 4. ¿Lembras outros casos nos que os militares tentaran modifica-la vida política do país? (Revisa a resposta despois de ve-lo resto da exposición). 8.4.2. Valora a actuación da nai de Galán. 8.5. Tendo en conta a representación clásica que se fai da República (volve ó panel 4), ¿que pensas que nos quere dicir Maside coa súa visión en A República que prometía Sanjurjo? 8.6. Observa a imaxe 8.3: ¿quen lle escribe á muller?, ¿que fai o remitente en Melilla? Ponte no seu lugar e contesta á carta. A imaxe é de 1921, ¿por que cres que se inclúe no panel a pesar de non corresponder ó período deste?, ¿que relación ten co título do panel?


1929 19 31

Crise económica mundial

09. Educación e cultura republicanas

Proclamación da IIª República española

1937 19 38

1935 19 36

19 19 33 34

TEMPUS FUGIT

A educación foi unha das prioridades dos partidos progresistas desde o primeiro momento. Os principais líderes republicanos estaban convencidos de que só era posible consolida-la democracia se erradicaban o analfabetismo, elevaban o nivel cultural da poboación e substituían a influencia do clero no ensino por unha formación laica e aberta á ciencia moderna. O problema máis grave que querían resolver era o elevado índice de analfabetismo, superior ó trinta por cento da poboación, e máis dun millón de nenos sen escolarizar. Os gobernos progresistas do primeiro Bienio (1931-1933) propuxéronse duplica-las 32.680 escolas que existían en España, construíndo 5.000 novas escolas cada ano, e incrementa-lo número de mestres nunha proporción similar. Malia as dificultades

económicas, lograron crear 13.000 aulas en dous anos. Nunca, en ningún país, se realizara un esforzo semellante. Ó mesmo tempo emprendeuse a modernización da Universidade e a ampliación dos institutos de bacharelato. A preocupación pola cultura foi máis alá do ensino regrado: creáronse bibliotecas ambulantes, «Misións Pedagóxicas» que se ocuparon da educación de adultos e experiencias de difusión cultural como o grupo de teatro ambulante La Barraca promovido por Federico García Lorca e integrado por estudiantes voluntarios que percorrían vilas e aldeas. Os sectores integristas da Igrexa e das forzas políticas antirrepublicanas rexeitaron estas reformas que pretendían limita-la influencia clerical na sociedade.

09.1 Obiols, Concello de Barcelona, 1931. 09.2 Cartel para as Misiones Pedagógicas, Maside, 1934. 09.3 Semanario Gedeón, 4 de novembro de 1901. 09.4 Torres, El Pueblo Gallego, 7 de febreiro de 1932.

09.2

9.1. En 1931 as taxas de analfabetismo en España eran as máis elevadas de Europa, ¿a que cres que se debía esa situación?, ¿de quen era a responsabilidade?, ¿en que imaxe se reflicte a escasa importancia que tiña a educación para as clases dirixentes? 9.2. A II República destacou polo enorme esforzo realizado nos campos da educación e da cultura. ¿Por que estaban tan preocupados os dirixentes republicanos por eleva-lo nivel cultural

09.3

do país? O analfabetismo non só limita as capacidades das persoas que o sofren, senón que repercute no benestar e no progreso de todo un país, ¿saberías explica-las razóns? 9.3. ¿Por que se pretendía elimina-la influencia do clero na educación? (volve ó panel 7) 9.4. ¿Que representa o cartel da imaxe 9.2? ¿Que actividades desenvolvían as Misións Pedagóxicas?, ¿séguense facendo na actualidade?, ¿por que? 9.5. ¿Que motivos cres que tiveron as forzas anti-

09.4

rrepublicanas para opoñerse á política de alfabetización, construcción de escolas e difusión cultural da II República? 9.6. Busca información sobre La Barraca. ¿Como finou o seu fundador? 9.7. Le con atención este artigo da Constitución republicana. Compara o modelo educativo que pretendía implantar a República co existente ata ese ano e co actual. Define os conceptos en negra. imaxe gráfica da segunda república

fundación 10 de marzo

09.1

27


fundación 10 de marzo

CONSTITUCIÓN DE 1931 ART. 48.- O servicio da cultura é atribución esencial do Estado, e prestarao mediante institucións educativas enlazadas polo sistema da escola unificada. O ensino primario será gratuíto e obrigatorio. Os mestres, profesores e catedráticos do ensino oficial son funcionarios públicos. A liberdade de cátedra queda recoñecida e garantida.

28

imaxe gráfica da segunda república

A República lexislará no sentido de facilitar ós españois economicamente necesitados o acceso a tódolos graos do ensino, a fin de que non se atope condicionado máis que pola aptitude e a vocación. O ensino será laico, fará do traballo o eixe da súa actividade metodolóxica e inspirarase en ideais de solidariedade humana.

Recoñécese ás Igrexas o dereito, suxeito a inspección do Estado, de ensina-las súas respectivas doutrinas nos seus propios establecementos.


1929 19 31

Crise económica mundial

10. A problemática social

Proclamación da IIª República española

1937 19 38

1935 19 36

19 19 33 34

TEMPUS FUGIT

Durante o primeiro Bienio aprobáronse unha serie de medidas encamiñadas a mellora-la situación da clase traballadora: salarios, xornada, maternidade e desemprego, accidentes la-borais, descansos... Os go-bernos republicanos buscaron a participación sindical, práctica que aceptou a UGT e que rexeitou a CNT, partidaria da revolución social inmediata. As medidas aprobadas polo goberno provisional non abondaron: eran necesarios tamén cambios na estructura da propiedade, unha reforma agraria. Esta non se aprobou ata setembro de 1932 e consistiu na redistribución das terras, unha vez expropiadas, e no asentamento nelas do campesiñado sen terras. Non era unha reforma radical xa que non recollía a socialización das terras pero os propietarios percibí-

rona como algo revolucionario. Estes cambios lexislativos non impediron que durante este período a conflictividade social fora en aumento. As cifras do paro eran moi elevadas e o Estado contaba con poucos recursos para poñer en práctica a súa política reformista. Os cativos resultados da Reforma Agraria (que contou con moi pouco tempo para ser aplicada e se realizou dun xeito moi lento e con poucos recursos) propiciaron conflictos xeneralizados en 1933 que afectaron especialmente a Cataluña, Levante e Andalucía, onde se produciu a matanza de Casas Viejas. A represión das revoltas provocou a ruptura da conxunción republicano-socialista e a convocatoria de eleccións.

10.1 La traca, Valencia. 10.2 Torres, El Pueblo Gallego, 11 de agosto de 1931. 10.3 Maside, El Pueblo Gallego, 28 de setembro de 1933. 10.4 Maside, 1933. 10.5 Gracia y Justicia, 25 de maio de 1933.

10.2

10.1. Os seguintes carteis reflicten dúas mensaxes dirixidas ós traballadores e traballadoras. Interpreta o contido de cada un deles, ¿que diferencias atopas?

10.3

10.4

10.5

10.2. Despois de analiza-la gráfica, ¿a que conclusións chegas?, ¿atopas algunha relación entre a gráfica e algún dos debuxos do panel? Explícaa.

Os datos de 1935 só corresponden ó primeiro trimestre

imaxe gráfica da segunda república

fundación 10 de marzo

10.1

29


10.3. O seguinte texto explica algunha das causas do aumento da conflictividade: Durante o primeiro bienio, sen embargo, a conflictividade laboral foi en continuo aumento. Das 402 folgas de 1930 pasouse a 1.127 en 1933, mentres a cifra de folguistas se cuadriplicaba e se superaban os doce millóns de xornadas perdidas por ano. As causas deste proceso son múltiples: a incidencia da recesión económica; a negativa da CNT a utilizalos mecanismos oficiais de conciliación e a súa manifesta tendencia a convocar folgas políticas; a resistencia dunha clase empresarial acostumada a impoñe-la súa lei, a acepta-las decisións dos Xurados Mixtos cando beneficiaban os traballadores; o crecente descontento das bases da UXT diante da lentitude e moderación das reformas, e o seu paulatino abandono da liña legalista que lles marcaba o aparato sindical socialista, etc.

fundación 10 de marzo

J. GIL PECHARROMÁN: A Segunda República, 1996

30

10.3.1. ¿Cales son as causas que, segundo o autor, explican o aumento da conflictividade? Ordénaas por importancia segundo o teu criterio. 10.3.2. Explica o significado dos conceptos resaltados en negra. 10.4. Nos gráficos aparecen tipificadas tres situacións diferentes nas que se achaba o campesiñado: ¿en que se diferencian?, ¿cal consideras que é a máis precaria?, ¿por que?, ¿onde predominaba?; ¿que se entende por «latifundio»?, ¿quen os traballaba?, ¿en que zonas de España predominaban?

imaxe gráfica da segunda república

asociacións agrícolas e dos Concellos do termo municipal onde radiquen as leiras. As que debendo ser regadas por existir un estanque de rega non o fixeron aínda cando todas estas circunstancias se acrediten co informe técnico previo […].

10.5. Le o texto da Lei de bases da Reforma Agraria (setembro de 1932): […] Serán susceptibles de expropiación as terras incluídas nos seguintes apartados: 5º As que polas circunstancias da súa adquisición, por non seren explotadas directamente polos adquirentes e polas condicións persoais destes, deba presumirse que foron compradas con fins de especulación ou co único obxecto de percibi-la súa renda. 7º As incultas ou manifestamente mal cultivadas, en toda aquela porción que, pola súa fertilidade e favorable situación, permita un cultivo permanente, cun rendemento económico superior ó actual, cando se acrediten tales circunstancias por dictame técnico regulamentario, tralo informe previo das

10.5.1. Coa Reforma Agraria pretendíase expropiar latifundios para asentar neles o campesiñado. ¿Que teñen en común os bens afectados que se relacionan no texto?; ¿que fins sociais e económicos cres que tiña esta reforma? 10.5.2 ¿Que valoración se fai da Reforma Agraria na viñeta 10.5? 10.6. Busca información sobre o que pasou en Casas Viejas e explica o debuxo de Maside «Si houbera moitos Casas Viejas…» 10.7. A labrega da imaxe 10.3 quéixase de que «… e seguimos pagando os foros». ¿Podes explicar que son os foros?, ¿que aspectos da Reforma Agraria afectaban os labregos e as labregas galegos?


1929 19 31

Crise económica mundial

11. O bienio das dereitas

Proclamación da IIª República española

1937 19 38

1935 19 36

19 19 33 34

Bienio de dereitas

TEMPUS FUGIT

As eleccións de novembro de 1933 deron a victoria ás dereitas. A CEDA, coalición electoral de partidos católicos, foi a máis votada, seguida do Partido Radical, republicano de dereitas. A esquerda presentouse ás eleccións dividida, o que, xunto ó descontento pola falta de solucións ós problemas económico e sociais no primeiro Bienio, foi unha das causas da súa derrota. A pesar de se-la canditadura máis votada, a CEDA non entrou no goberno xa que a súa fidelidade á legalidade republicana era cuestionada. O Partido Radical encargouse de formar goberno, apoiado polos deputados da dereita no Parlamento. A súa política centrouse en desface-la obra lexislativa do primeiro Bienio. Aprobouse unha Lei de contrarreforma agraria en beneficio dos latifundistas; paralizouse o proceso de aprobación dos Estatutos do País Vasco e Galicia; suspendeuse o Estatuto catalán; mantívose a subvención estatal á Igrexa; freouse o impulso do ensino público; amnis-

tiouse os participantes no intento de golpe de Estado de 1932 e nomeouse a militares antidemócratas, como Franco, para altos cargos. Os sindicatos e partidos obreiros radicalizaron as súas posturas, nunha estratexia revolucionaria que rachaba coa legalidade republicana. Os conflictos sociais foron en aumento, acadando o seu punto culminante na Revolución de Outubro de 1934. Continuou a conspiración contra a República. Os militares da Unión Militar Española e os partidos de extrema dereita: Renovación Española —despois Bloque Nacional— e a Falange, mantiñan contactos cos fascistas italianos e os nazis alemáns na procura de apoios para dar un golpe de Estado. A caída do goberno por varios casos de corrupción en decembro de 1935, o estraperlo, provocou a convocatoria de eleccións.

11.1 Maside, El Pueblo Gallego, 7 de febreiro de 1933. 11.2 Maside, Política, 4 de xullo de 1935. 11.3 Maside, Política, 27 de xuño de 1935. 11.4 La Semana, 22 de xuño de 1934.

11.2

11.1. Na viñeta 11.1 reflíctese o clásico final feliz das películas románticas para simboliza-la fin do idilio político entre o Partido Socialista e os partidos republicanos no primeiro Bienio. ¿A que se debeu esa ruptura? (volve ó panel anterior), ¿que consecuencias tivo? 11.2. Fíxate ben na viñeta 11.2. Lerroux e Gil Robles protagonizaron o baile político durante o Bienio das Dereitas, ¿de que partidos eran líderes?, ¿cal foi o partido máis votado?, ¿cal formou gober-

11.3

no?, ¿por que? O arlequín Lerroux viuse obrigado a deixa-lo Goberno: ¿por que?, ¿que consecuencias tivo a súa marcha? 11.3. Despois de ler con atención a información que acompaña as imaxes, fíxate na viñeta 11.3 e intenta explica-lo seu significado. 11.4. ¿Quen é o pretendente na imaxe 11.4?, ¿e a cortexada?, ¿por que desconfía das intencións do galán? 11.5. Elabora a portada dun xornal de dereitas do

11.4

día 20 de novembro de 1933 (un día despois das eleccións). 11.6. Indica cál era postura das dereitas nos seguintes aspectos: a propiedade agraria, o modelo de Estado, a Igrexa e o ensino (repasa os paneis anteriores). 11.7. Redacta unha frase con cadanseu trío de conceptos que explique a relación histórica entre eles: CEDA (Confederación Españala de Derechas Autónomas), República, Partido imaxe gráfica da segunda república

fundación 10 de marzo

11.1

31


Radical, República, Falange, nazismo. 11.8. En febreiro de 1934, os fascistas españois uníronse na FE de las JONS (Falange Española de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalistas), partido minoritario que acadaría un protagonismo fundamental pouco despois, co franquismo. Estas son algunhas das súas «ideas», valóraas.

a) Ó que incorre ós 16, ós 18, ós 20 anos na doce obsesión de amar e casar, non lle faledes xa de Patria nin dos semellantes. É un anacoreta da feminidade, un retirado precoz da loita humana. Vive, coma un xoguete ou coma un animaliño, para distraer e agradar a unha señorita: e só para iso.

fundación 10 de marzo

b) España é a portadora da unidade de destino, e non ningún dos pobos que a integran. España é unha unidade de destino no universal. Toda conspiración contra esa unidade é repulsiva. Todo separatismo é un crime que non perdoaremos.

32

c) Unha España grande será imperialista, porque a súa influencia cultural, económica e militar, deixaríase sentir en todo o mundo. Se hai algún español que se opoña á grandeza e ó poderío de España, á súa consideración e prestixio no mundo, debe ser fusilado por traidor.

imaxe gráfica da segunda república

d) O pobre e o rico dunha nación só se poñen de acordo cando ambos deciden atacar outros pobos e terras onde poidan existir riquezas e poderíos para os atacantes. O sentimento de igualdade social no ataque a outros países que son desiguais a nosoutros. Esa expansión de pobres e ricos dun país, contra outras terras, é o que constitúe a motivación íntima do Imperio.

e) O imperio hispánico constituirase así, afianzan do as súas raíces en África. América non. Porque son pobos semicultos, que é a peor clase de incultura, e non soportarán a grandeza hispánica.

f) O camiño da expansión española é África. O norte de África, desde Marrocos a Tunicia, é unha inmensa zona irredenta, ligada desde séculos ó sangue e a ilusión española. ¡Vista cara a Marrocos!

g) […] a revolución nacional abriu a Alemaña o camiño da súa liberación. A liberación de España virá tamén pola revolución nacional. Así como a Alemaña de Hitler recuperou o Sarre e tarde ou cedo conquistará a vontade de Austria, a España nacional-sindicalista restaurará o imperio unido de tódalas nacións que falan español […] España retomará o seu afán histórico de redimi-los pobos bárbaros, e a alianza hispano-xermana colocaranos á cabeza do mundo.


1929 19 31

Crise económica mundial

12. A Revolución de outubro de 1935

Proclamación da IIª República española

1937 19 38

1935 19 36

19 19 33 34

Bienio de dereitas

TEMPUS FUGIT

Revolución de outubro

As limitacións da política social no primeiro Bienio provocaron a radicalización dos partidos e sindicatos obreiros. O PSOE e a UGT abandonaron a estratexia reformista e decidíronse pola vía revolucionaria. A política da dereita, a CEDA, identificábase co fascismo emerxente en Europa, endureceu os conflictos sociais e a maioría dos partidos crearon as súas propias milicias armadas. No verán de 1934 a esquerda obreira, agás a CNT, uniuse nas Alianzas Obreras. O seu obxectivo era frea-lo fascismo mediante un movemento revolucionario na marxe da legalidade. A revolución estalou en outubro cando entraron no goberno membros da CEDA. Nas concas mineiras de Asturias e León a revolución contou co apoio dos anarquistas, e os obreiros conseguiron controla-lo territorio durante dúas semanas;

finalmente, foron vencidos polo exército chegado da colonia de Marrocos. O xeneral Franco planificou a operación, a represión foi durísima. En Cataluña, a Generalitat de Esquerra Republicana lanzou o seu propio movemento en defensa da democracia e contra o fascismo, sen contar cos grupos obreiros. O día 6 de outubro, proclamou o Estat Catalá, na República Federal de España. O exército controlou axiña a situación sen a penas resistencia. Como consecuencia, o Estatuto de Autonomía foi suspendido e o Goberno catalán encarcerado. Despois dos acontecementos de outubro constituíuse un amplo movemento de solidariedade cos presos e as súas familias. A consecución da amnistía e o antifascismo pasaron a se-lo obxectivo central da esquerda e adiouse a revolución social.

12.1 Alegoría da Revolución de Outubro segundo a CNT. 12.2 “Proceso da Revolución Española”, editado polo Comisariado de Propaganda da Generalitat de Catalunya 12.3 Anónimo, 1934. 12.4. 1 Anónimo, 1936. 2 Anónimo, 1934.

12.1

12.2

12.1. ¿Cales foron as causas da revolución de Asturias?, ¿que partidos e sindicatos a protagonizaron?, ¿por que triunfou só en Asturias?, ¿como rematou? 12.2. Describe o cartel 12.1. ¿Que significan as siglas CNT?, ¿que era a CNT?, ¿cando se fundou?, ¿cales eran os seus obxectivos?, ¿cal foi a súa postura durante o primeiro Bienio republicano? (volve ó panel 10), ¿que papel tivo na revolución de Asturias?

3 Anónimo, 1934.

12.3

12.3. Le o texto do cartel 12.2. ¿Que lle reprochan a Alcalá Zamora? ¿Que ideoloxía cres que defendían os autores do cartel: dereitas, esquerda republicana ou esquerda revolucionaria? 12.4. ¿Que é a Generalitat (imaxe 12.3)? ¿Desde cando existe? ¿Por que están presos os seus conselleiros? 12.5. Tendo en conta o contido dos carteis 12.4.1, 12.4.2 e 12.4.3, di qué partidos formaban o Frente Popular, para quén pedían a amnistía e

12.4.1

12.4.2

12.4.3

qué obxectivo tiñan ademais da amnistía. 12.6. Busca nos paneis anteriores as referencias ó Partido Comunista: ¿cítase moitas veces?, ¿era un partido importante ou minoritario? 12.7. Explica a postura que tomarías fronte á Revolución de Outubro se foses: empresario; labrego galego; militante anarquista; frade ou monxa; oficial do exército; falanxista; estudiante de secundaria; militante do partido de Azaña; obreiro da CEDA; militante do PNV; soldado; imaxe gráfica da segunda república

fundación 10 de marzo

Alcalá Zamora, primer president de la República, traín a les esquerres que el portaren a la presidencia. Dóna el poder a les dretes. El poble s´aixera en armes i els miners asturians escriuren una de les pàgines heróiques de la lluta per la revolució espanyola.

33


fundación 10 de marzo

ama de casa católica; soldado marroquí do exército español. 12.8. Resume o contido do texto coas túas palabras. A situación que se describe no texto correspóndese coa realidade, ¿por que? ¿Cales eran os obxectivos dos revolucionarios? O Comité di que se derrotou «o exército da República do 14 de abril», ¿a que se refiren?, ¿que pretendían cambiar da República?; ¿que entendes por «revolución social»?; ¿como rematou o movemento revolucionario?

34

REPÚBLICA DE OBREIROS E CAMPESIÑOS DE ASTURIAS TRABALLADORES: O avance progresivo do noso glorioso movemento vaise estendendo por toda España; son moitísimas as poboacións españolas onde o movemento se está consolidando co triunfo dos traballadores, campesiños, obreiros e soldados. Restablecidas e aseguradas as nosas comunicacións interiores, terásevos ó corrente de canto aconteza na nosa República e no resto de España. Instaladas as nosas emisoras de radio, as cales en onda corrente e en onda extra curta, poranvos ó corrente de todo. É preciso o último esforzo para a consolidación do triunfo da Revolución. O inimigo fascista vaise rendendo así como se van entregando os compoñentes mercenarios co seu aparato represivo, fusís, metralladoras, cartuchería, proxectís varios (que non podemos sinalar para que non se coñeza do material de combate do que dispomos, caeron nas nosas mans). imaxe gráfica da segunda república

As forzas do exército da derrotada República do 14 de Abril bátense en retirada e en tódalas nosas ‘avanzas’ vanse sumando os soldados para enrolarse no noso glorioso movemento. ¡ADIANTE TRABALLADORES, MULLERES, CAMPESIÑOS, SOLDADOS E MILICIANOS REVOLUCIONARIOS! ¡VIVA A REVOLUCIÓN SOCIAL! O Comité Revolucionario

12.9. ¿Cres que na España actual sería posible un movemento revolucionario semellante ó de 1934?, ¿por que? Investiga as causas e obxectivos da última folga xeral celebrada en España e compáraa coa de 1934.


1929 19 31

Crise económica mundial

1937 19 38

1935 19 36

Fronte Popular

13. O Frente Popular

Proclamación da IIª República española

19 19 33 34

Bienio de dereitas

TEMPUS FUGIT

Revolución de outubro

En xaneiro de 1936, constituíuse o Frente Popular, seguindo o acontecido noutros países. Nela xuntáronse as forzas políticas republicanas de esquerda co obxectivo básico de frea-lo avance do fascismo acadando a derrota electoral da coalición de centro–dereita. Nas eleccións de febreiro de 1936 o Frente Popular saíu vencedor por unha pequena diferencia de votos. O programa do Frente Popular foi o mesmo có do primeiro Bienio, só que as medidas reformistas se aplicaron de xeito máis rápido. No campo, por exemplo, multiplicáronse as ocupacións de terras e o goberno limitouse a legalizalas. O goberno decretou tamén a amnistía dos represaliados en outubro de 1934, liberou o goberno catalán e impulsou os estatutos de autonomía.

Tanto as dereitas coma as esquerdas radicalizaron as súas posturas, do que foi bo exemplo a destitución do Presidente da República, Alcalá Zamora, quen mediaba entre ámbalas forzas e que foi substituído por Manuel Azaña. A tensión e a violencia política foron en aumento: a CNT continuou coa súa táctica insurreccional e algúns xenerais trazaron en marzo o plan definitivo para levar adiante un pronunciamento militar. O goberno coñecíao pero actuou inxenuamente e só decretou o traslado de xenerais sospeitosos. Ante a imposibilidade de paralizar de forma legal unhas reformas que consideraban lesivas para os seus intereses, os conspiradores decidiron inicia-lo golpe de Estado.

13.1 Maside, 6 de xuño de 1935. 13.2 Renau, 1936. 13.3 Maside, El Pueblo Gallego, 21 de maio de 1936. 13.4 Bagaria, 1936.

13.2

13.1.Recorda que seguindo modelos europeos se constituíu en xaneiro de 1936 o Frente Popular, que estaba integrado por forzas republicanas de esquerdas e que tiña dous obxectivos básicos: 1º Frea-lo avance dos fascismos. 2º Derrota-la coalición de centro-dereita. Busca no seguinte encrucillado (arriba-abaixo, dereita-esquerda ou en diagonal) as forzas políticas que tomaron parte no Frente Popular: Frontdesquerra, PSOE, Partido Sindicalista, PCE, UGT, Izquierda Republicana, Unión Republicana, POUM, ORGA, Juventudes Socialistas.

01.3

01.4

13.2. Intenta agora atopa-las forzas de dereita que se enfrontaron ó Frente Popular (CEDAm Partido Agrario, Lliga, Renovación Española, Falange Española, JONS, PNV, Partido Radical).

imaxe gráfica da segunda república

fundación 10 de marzo

13.1

35


fundación 10 de marzo

13.3. Le este texto: No campo de Mestalla [imaxe 13.1], en Valencia, perante oitenta mil persoas, Azaña dixo o 20 de maio de 1935: «Hai que elaborar, non problemas esenciais e urxentes do Estado, un programa de acción política que poidan apoiar tódolos partidos de esquerda […] A condición fundamental, hoxe por hoxe, é a unión electoral das esquerdas.» 13.3.1. ¿Cumpriuse o desexo de Azaña?, ¿por que? 13.3.2. ¿Houbo algunha outra ocasión durante a República en que a esquerda estivese unida?, ¿cando? 13.3.3. ¿Por que se rompeu aquela unión das esquerdas? 13.4. ¿Que simboliza o anagrama comunista da imaxe 13.2?, ¿en que país se comezou a usar? ¿A que acontecementos aluden as datas da bandeira? ¿Fainos pensar o cartel nunha situación política tranquila ou conflictiva?, ¿por que? 13.5. ¿Por que o cacique da imaxe 13.3 tivo que merca-lo porco agora e non o mercaba antes? 13.6. Mira a imaxe 13.4: ¿cales eran as tres desgracias de España para a esquerda?, ¿por que as consideraban así? 13.7. O militar Valentín Galarza escribe a Sanjurjo (desterrado en Lisboa por encabeza-lo golpe fracasado de 1932): ¿que visión dá da situación de España?, ¿que pretende xustificar con esa situación? Explica a frase: «non se fixo nada o 6 de outubro […]: nada se fixo cando a crise de decembro e agora cando as eleccións» ¿Que pretendía que se fixera o autor da carta?, ¿que aconteceu nesas datas? (revisa os paneis anteriores). Tendo presente o contido da carta, ¿cres que o Golpe de 1936 foi espontáneo ou xa se estaba preparando con antelación? Critícase no terceiro parágrafo a táctica de Gil

36

imaxe gráfica da segunda república

Robles (¿en que consistía?) e o papel de Franco (¿en que sentido?, ¿que tiña feito este ata a data da carta?, ¿cal vai se-lo seu papel no futuro?); ¿cales eran os feitos máis graves que poderían xustifica-la intervención militar?; ¿a que se refire o autor coa frase «África ben e preparada»?

[…] As circunstancias actuais non poden ser máis críticas: o desemboque natural dela é a guerra civil e o triunfo definitivo dun comunismo tipo español que como tal sería esencialmente anárquico. […] Non se fixo nada o 6 de outubro, ocasión inmellorable como ningunha: nada se fixo en datas posteriores e moi sinaladamente cando a crise de Decembro e agora cando as eleccións. Sempre faltou a decisión pois medios eu garántolle a vostede que os había, pois o labor que uns cantos desgraciados temos feito no Exército en pouco máis dun ano non puido chegar a máis. É moi posible que algúns chamados a recollelo instrumento e a actuar con el creran na táctica de Gil Robles e rexeitasen a acción directa. É criticable a falta de vista pero máis nada, pero outro tan curto de estatura coma aquel pero moito máis solto de palabras alentaba a todo, ofrecíase a todo, en todo se metía querendo se-lo Xefe e comendo os nenos crus e cando chegou o momento en dúas ou tres ocasións volveuse atrás en forma indecorosa: tirouse ó chan e nada fixo como non fora luxa-los demais achacándolle-la mesma carencia de facultades das que el adoece e evidenciou unha vez máis. […] Non se lle oculta a ninguén que a súa estancia aí impide que a súa acción poida se-lo

directa e eficaz que fora preciso, pero como se estima que é absolutamente necesario que non cambie de lugar, pensouse que vostede delegue nun e este mande en nome de Vostede. […] É difícil operar: ten que ser en quente; pretextos: a superación do Goberno polas masas ou a secesión de Cataluña. Nestes casos actuaríase no acto. Calquera outra situación especial se aproveitará. Nas dúas hipóteses anteriores contaríase con masas civís. África ben e preparada. […] Un forte abrazo. Arquivo Fal Conde, sen asinar e sen data. Probablemente sexa da segunda metade de febreiro de 1936

13.8. ¿Cales foron as causas que provocaron a situación reflectida na táboa?, ¿ten algo que ver co contido da carta anterior?, ¿como cres que se podía ter evitado esta violencia?

MORTOS POR CAUSAS POLÍTICAS, 3–2–36/17–7–36 NÚCLEOS URBANOS

150

NÚCLEOS RURAIS

119

TOTAL

269


1929 19 31

Crise económica mundial

14. O estatuto de Autonomía de Galicia

Proclamación da IIª República española

1937 19 38

1935 19 36

19 19 33 34

Bienio de dereitas

TEMPUS FUGIT

Revolución de outubro

Fronte Popular

A Constitución de 1931 non respondeu ás expectativas dos nacionalismos de crear unha república federal, aínda que permitía, por primeira vez, desenvolver Estatutos de Autonomía, que axiña reclamaron para si Euskadi e Cataluña. En Galicia, o sistema caciquil, o atraso económico e o analfabetismo impediran que medrara unha conciencia nacional. Só unha minoría intelectual e urbana se definía galeguista pero non existía un partido que articulase a súa loita política. Con todo, en 1931, catro galeguistas –Otero Pedrayo, Castelao, Suárez Picallo e Villar Ponte— obtiveron, por primeira vez, escano nas Cortes de Madrid. Nese mesmo ano, fundouse o Partido Galeguista co obxectivo de acada-la autonomía, a pesar das limitacións constitucionais, e combate-los atrancos históricos que mantiñan a Galicia no subdesenvolvemento. As bases do autogoberno para Galicia foron redactadas por unha comisión, na que

tivo un destacado papel Alexandre Bóveda. O texto foi aprobado pola Asemblea de Concellos en decembro de 1932, gracias ó pulo do alcalde de Santiago, Anxo Casal. Semanas despois, a chegada da dereita ó poder paralizou a tramitación do Estatuto e os nacionalistas foron represaliados. En 1936, o Partido Galeguista integrouse no Frente Popular. Castelao, Suárez Picallo e Villar Ponte foron elixidos deputados e reabriron a campaña autonomista. O 28 de xuño de 1936 o pobo galego votou masivamente a favor do Estatuto. O proxecto presentouse nas Cortes tres días antes da sublevación militar. Axiña quedou en suspenso, mentres se desataba unha feroz represión contra o nacionalismo: Alexandre Bóveda e Anxo Casal foron fusilados, Suárez Picallo e Castelao nunca puideron regresar a Galicia. O Estatuto foi aprobado de xeito testemuñal polo goberno do exilio en México, o ano 1945.

14.1 Primeira plana de El Pueblo Gallego, 28 de xuño de 1936 cunha viñeta de Maside. 14.2 Castelao, A Nosa Terra, 20 de novembro de 1917. 14.3 Maside, El Pueblo Gallego, 8 de xullo de 1936. 14.4 Camilo Díaz Valiño, cartel pro Estatuto de Galicia, Vigo, 1936. 14.2

14.1. Se repása-la información escrita do panel, atoparás conceptos como: república federal, nacionalismo, sistema caciquil, conciencia nacional, autogoberno, campaña autonomista. 14.1.1. ¿Cal desas expresións cres que se axusta máis ó pé de imaxe do xornal que di «Non abonda que a túa terra sexa fermosa; é preciso tamén que sexa libre»? (Non hai unha soa resposta válida e seguro que precisas axuda. Volve ó panel 5).

14.3

14.1.2. Agora intenta facer unha secuencia lóxica cos seis conceptos: ¿cal é o elemento desencadeante na loita polo Estatuto de Galicia?, ¿en que confluiría todo o proceso? Se o dás feito, pódese dicir que «controlas» o significado dos termos. ¿Ten sentido falar de campaña autonomista antes de autogoberno ou despois?, por exemplo. 14.2. Fíxate nos nomes de persoas que se citan no panel. Afírmase que pertencían a unha minoría

14.4

intelectual e urbana. Investiga os datos máis salientables das súas biografías (ónde vivían, en qué traballaban, etc.) e sitúaos no tempo. 14.2.1. ¿Viviron no tempo dos teus pais, dos teus avós, dos bisavós? ¿Cres que os teus antepasados saberían quén eran e por qué loitaban estas persoas? Investiga na casa e razoa a túa resposta. Compáraa coas dos teus compañeiros e compañeiras. 14.2.2. ¿Que relación existe entre as vosas respostas imaxe gráfica da segunda república

fundación 10 de marzo

14.1

37


fundación 10 de marzo

e a frase que di que «o sistema caciquil, o atraso económico e o subdesenvolvemento impediran que medrase unha conciencia nacional»? 14.2.3. Despois de consulta-lo panel 6, seguro que che chama a atención algo que aparece nel. ¿Cítase algún nome de muller relacionado co nacionalismo galego? Sen embargo, si que había mulleres que opinaban de política e tiñan as súas ideas sobre o que acontecía en Galicia. ¿Que viñeta amosa este feito? 14.3. Le o seguinte texto:

38

Votar pol-o Estatuto É votar por Galicia; pol-a redención, pol-a libertade, pol-os dereitos da nosa Terra, tanto tempo feridos; É votar pol-o ben de cada un de nos; É pedir xusticia e trato de igoaldade nos mais; É resolver os nosos problemas , curar as nosas doores, decote en inútile espera de que se mire por eles; É abrir as portas ao sol para que alume tamén a nosa Terra. N-outras eleucións dispútanse nomes e siñificados moitas vegadas valeiros, que non comprendemos nin nos importan; Agora, imos a erguer e a por a andar o corpo doido da nosa nai! Galegos: votade pol-o Estatuto! M. Portela Valladares, El Pueblo Gallego, 28-6-1936

14.3.1. ¿Cales eran os «dereitos feridos da nosa Terra, os problemas»? Encontrarás máis información —¡pero non toda!— nas láminas dos paneis 2, 3, 5 e 10. 14.3.2. Intenta explicar qué relación ten a penúltima frase: «Agora, imos a erguer e a por a andar o imaxe gráfica da segunda república

corpo doido da nosa nai!» coa viñeta dos antirrexionalistas e coa expresión «sistema caciquil». 14.3.3. ¿Cal cres que pode se-lo significado da frase «abrir as portas ao sol para que alume tamén a nosa Terra»? 14.4. O Estatuto de Autonomía de Galicia tívoo máis difícil que os de Cataluña e Euscadi. 14.4.1. O feito de que nestas dúas comunidades se dera un maior desenvolvemento económico e menor índice de analfabetismo en 1931, ¿tivo algunha relación co feito de solicitar antes un Estatuto de Autonomía? 14.4.2. Ademais do nivel económico e educativo, ¿que relación tiña o concepto de «conciencia nacional» con esta demanda de autogoberno por parte de determinados territorios dentro do Estado español? 14.4.3. O Bienio das dereitas paralizou o logro desta demanda. ¿Podes deducir por que? Volve ós paneis 5 e 11. 14.5. É 26 de xuño de 1936, antevéspera da votación do Estatuto de Autonomía de Galicia. Agora xa tes información abonda para decidires qué vas votar de aquí a dous días. Qué votarías se foses: (decide tamén se poderías votar) — o home e a muller que cangan coma bestas no panel 2 — os dous homes que falan da emigración no mesmo panel — o bispo do panel 4 — as persoas que aparecen na viñeta de La Traca no panel 10 — a muller que paga foros no mesmo panel — o cacique que ten que mercar porco no panel 13 — o home que está na cadea no panel 18 — os militares do panel 19

14.6. E finalmente, ¿que votarías ti?, ¿por que? Exprésao nun panfleto de 6 a 10 liñas que se vai publicar no xornal de hoxe, xa sabes, dous días antes das eleccións. Cando o teñas rematado e publicado, dá un chimpo no tempo ata o 18 de xullo e pensa o que che pode suceder axiña. Sexa cal sexa a túa postura, ¿que che parece o que lles está a suceder ós que pensan o contrario ca ti? Máis información nos paneis 18 e 19.


v

15. A Guerra Civil

Proclamación da IIª República española

19 19 33 34

Bienio de dereitas

TEMPUS FUGIT

Revolución de outubro

Fronte Popular

O golpe de Estado que levará a España a unha longa e cruenta guerra civil iniciouse cunha sublevación militar o 17 de xullo de 1936 en Melilla e Ceuta. A pesar do Acordo de Non Intervención tomado polas potencias europeas, os estados fascistas —Alemaña, Italia e Portugal— incumprírono prestando un determinante apoio militar, económico e político ó bando rebelde. A República foi abandonada polas democracias occidentais e recibiu só a axuda da URSS e dos voluntarios de moitos países que combateron nas Brigadas Internacionais. A principios de agosto, as tropas de África, as mellor preparadas, chegaron á Península ó mando de Franco e dirixíronse cara a Madrid. O mesmo fixo o exército

de Mola desde o Norte. Pero a capital resistiu ó berro de ‘No pasarán’. Franco decidiu leva-la guerra ó norte, que caeu no verán, tras un dos episodios máis tráxicos da contenda: o bombardeo da aviación alemana sobre a poboación da vila vasca de Guernica. Despois das batallas de Teruel e do Ebro caeu Aragón, feito que abriu as portas de Cataluña ós insurrectos. En xaneiro de 1939 Franco e os ‘nacionais’ conquistaron Tarragona e Barcelona. Franco rexeitou as conversas de paz: quería unha rendición incondicional. As tropas franquistas tomaron Madrid en marzo de 1939. O primeiro de abril finalizou a guerra e Franco converteuse en Caudillo de tódolos españois só responsable ante Deus e a Historia.

15.1 Mapas da evolución do conflicto. 15.2 Parrilla, Madrid, 1937. 15.3 Tipo-foto, Zaragoza, 1939. 15.4 Castelao, “Galicia mártir”.

15.1

15.2

15.3

Eleccións de 1936: Frente Popular Porcentaxe de votos: 1) sen resultados 2) do 0 ó 20 por cento 3) do 20 ó 30 por cento 4) do 30 ó 35 por cento 5) do 35 ó 40 por cento 6) do 40 ó 45 por cento 7) do máis do 45 ó 100 por cento

Fonte: J. Bécarud, La Segunda República española

15.4

15.1. Coa axuda dun atlas e guiándote polo primeiro mapa, enumera: 1. Os territorios onde triunfou o golpe de Estado do 18 de xullo. 2. Os territorios que permaneceron fieis á República. 15.2. Compara ámbolos mapas e di se observas algunha correspondencia territorial entre o triunfo ou derrota do Frente Popular e o triunfo ou derrota do Alzamento Nacional. 15.3. Por encargo do Goberno da República, Pablo Picasso o Guernica pintouno no ano 1937 para imaxe gráfica da segunda república

fundación 10 de marzo

rra C ue i

1937 19 38

1935 19 36

G

1929 19 31

Crise económica mundial

il

39

A


fundación 10 de marzo

envialo á Exposición Universal de París. O tema escollido polo pintor malagueño foi o brutal bombardeo da vila de Guernica perpetrado polos pilotos alemáns da lexión Cóndor. 15.3.1. Localiza no cadro a única imaxe que fai referencia ó bombardeo de Guernica. O cadro debe observarse desde un dobre punto de vista: por unha banda, reflicte a crueldade, a dor, o sufrimento que produce a guerra; por outra, a esperanza de acada-la paz e a liberdade. 15.3.2. Busca na obra as seguintes figuras: muller co neno morto, candil, pomba, cabalo pisando corpos, brazo con espada, flor, muller co xeonllo no chan que se ergue, figura berrando cos brazos erguidos, lámpada, cabeza cortada. Logo fai dúas columnas con estas imaxes: unha coas que a ti che suxiran paz, liberdade, e outra na que aparezan aquelas que representan a guerra. 15.3.3. O autor só emprega tres cores: branco, negro e gris. ¿Por que cres ti que usa unha paleta tan restrinxida? 15.4. ¿Que opinas da postura da Igrexa durante a Guerra Civil? ¿Quen eran os «mártires da cruzada»? ¿Por que lle chamaron ‘cruzada’ ó levantamento militar? Mira se na túa comarca aínda se conservan inscricións coma a da foto. ¿Cres que se deben conservar?, ¿por que?

40

OS ‘MÁRTIRES DA CRUZADA’ AÍNDA SE RECORDAN NAS FACHADAS DAS IGREXAS Á Igrexa española gústalle lembra-lo moito que perdeu e sufriu durante a guerra civil. E motivos non lle faltan. Queimar unha igrexa ou matar un eclesiástico é o primeiro que se fixo en moitas vilas e cidades onde a derrota da sublevación militar desencadeou unha imaxe gráfica da segunda república

explosión revolucionaria. Case 7.000 eclesiásticos, do clero secular e regular, foron asasinados. […] Toda esta violencia anticlerical que se desatou desde o primeiro momento onde a sublevación fracasou correu paralela ó fervor e entusiasmo, tamén asasino, que mostraron os clérigos alá onde triunfou. A maioría do clero, cos bispos á cabeza, non só silenciou a onda de terror franquista, senón que a aprobou e mesmo colaborou «en corpo e alma» nas tarefas de limpeza. […] Un decreto da Xefatura de Estado do 16 de novembro de 1938 proclamaba «día de loito» nacional o 20 de novembro de cada ano en memoria do fusilamento de José Antonio Primo de Rivera esa data de 1936, e establecía «previo acordo coas autoridades eclesiásticas», que «nos muros de cada parroquia figurará unha inscrición que conteña os nomes dos seus caídos, xa na presente cruzada, xa víctimas da revolución marxista». Todas esas inscricións acabaron encabezadas polo nome de José Antonio, «mártires da cruzada» todos eles. Os outros mortos, os milleiros e milleiros de roxos e infieis asasina-

dos, non existían, porque non os rexistraban ou se falseaba a causa da súa morte, asunto no que bispos e curas tiveron unha responsabilidade destacadísima. JULIÁN CASANOVA: La iglesia de Franco, Temas de Hoy, 2001

15.5. Le con atención os seguintes textos: son os testemuños dun veciño da vila pontevedresa de Cuntis e doutro do Saviñao en Lugo. a) Os días críticos en Cuntis foron do 19 ao 21 de xullo. Coñecida a noticia do Levantamento Militar en África, chegaron a Cuntis campesiños de todas as parroquias do concello. Seguramente acudían para defender á República e procurarse armas, pero, como tamén ocorreu na Estrada, a Guardia Civil negoullelas. […] Igual que noutras localidades e capitais do concello, constituíuse en Cuntis un Comité Revolucionario que tomou algunhas medidas de protección a favor do cura párroco, significado antirrepublicano, e do convento de monxas bieitas. […] Superando a dispersión que os caracterizara antes do 19 de xullo, a «xente de orde» de Cuntis comezou a organizarse: fixeron a súa aparición os falanxistas. […] Os falanxistas fixeron unha relación de persoas de indesexable presencia en Cuntis, determinando a súa proscripción e desterro (que encubría o posterior paseo ou fusilamento). Entre o 21 e o 31 de agosto foron detidas outras persoas, máis ou menos relacionadas cos partidos republicanos ou significadas pola súa pertenza


embargo das terras —compradas con tanto esforzo antes da guerra— para pagar os gastos das responsabilidades políticas, que no seu caso foron taxados en 250.000 ptas. Buscou a mediación dunha poderosa señora, da Acción Católica da Estrada. Condenárono finalmente a pagar 1.000 ptas. No verán de 1941 concedédeuselle prisión atenuada na súa casa de Piñeiro. Cumpridos os 12 anos de condena, quedou en liberdade plena.

«Represión e morte en Cuntis durante a Guerra Civil e a posguerra: o caso do fuxido Sabino Sueiro». A Taboada, 5, xullo 2002

b) Ramón Pérez Vispo, membro do PSOE e da UGT, do Saviñao (Lugo) estivo agochado uns mil días, entre 1936 e 1940, nun pequeno burato da súa casa para evitar a represión franquista. Ser familiar dun roxo era motivo suficiente para sufrir calquera tipo de represalia. As mulleres da familia de Ramón libráronse dun dos castigos máis habituais, raparlles o pelo, pero non puideron evitar acabar no cárcere. O 4 de marzo de 1940 a Garda Civil leva a prisión á familia de Ramón para obrigarse a entregarse. Primeiro leváronas a Monforte e despois a Lugo. ‘O cárcere estaba cheo de xente e en cada cela había unhas vinte mulleres. Non nos pegaron pero aquilo era moi duro’. Ramón entregouse o 8 de marzo, pero a elas non as liberaron ata o 28 do mesmo mes. El Progreso, 18-4-1999

15.5.1. ¿Por que tiveron que fuxir ou agacharse? 15.5.2. ¿Foi xusto o que lles aconteceu a eles e ás súas familias? 15.5.3. ¿Que pretendían os falanxistas asasinando e encarcerando os republicanos?

15.5.4. ¿Por que defendeu o Comité Revolucionario de Cuntis o cura e as monxas? 15.5.5. ¿Con que imaxe do panel relacióna-los textos?, ¿por que? 15.5.6. ¿Quen é o Deus dos fascistas para Castelao (imaxe 15.4)? A Igrexa española apoiou o golpe pero, ¿tódolos católicos seguiron as súas consignas? (revisa a biografía de Castelao). 15.5.7. Elabora unha frase que inclúa os conceptos en negra que aparecen nos textos anteriores. 15.6. Imaxina que hoxe é 18 de xullo de 1936, que teu pai é un mestre pro-republicano que dá clases na Coruña e ti es un estudiante universitario falanxista en Madrid. Explícanos qué farías se te sorprendese alí o golpe de Estado namentres preparába-los exames de setembro: ¿marcharías onda túa familia en Galicia?, ¿quedarías en Madrid?, ¿alistaríaste nas milicias republicanas, apoiaría-los sublevados ou pasarías de todo? Explica sempre as razóns da túa conducta. ¿Que cres que faría teu pai?, ¿por que? 15.7. ¿A quen identificaba a bandeira co «Viva España» e a foto de Franco da imaxe 15.3?, ¿a quen identifica hoxe?; ¿que ideoloxía política unía as catro bandeiras no ano en que se fixo o cartel? 15.8. ¿Cres que a postura internacional ante a Guerra Civil tivo que ver co resultado desta?, ¿por que? 15.9. ¿Que farías ti se na actualidade se dera un golpe de Estado en España?, ¿por que? Busca información do último intento de golpe de Estado en España e compárao co de 1936 (motivos, desenvolvemento, remate). 15.10. ¿Irías voluntariamente a loitar contra o fascismo se, por exemplo, dera triunfado en Portugal?, ¿por que? ¿Cres que os voluntarios das Brigadas Internacionais merecen o noso recoñecemento?, ¿por que? 15.11. ¿É xustificable o uso da violencia, da guerra?, ¿cando?, ¿por que? imaxe gráfica da segunda república

fundación 10 de marzo

á Fronte Popular. Conducidos primeiro ó calabozo de Caldas de Reis, foron e viñeron unha e outra vez do cárcere de Pontevedra á colonia penintenciaria da Illa de San Simón; do vello Instituto de Pontevedra, á Deputación. Algúns deles coñeceron logo outros cárceres fóra de Galicia. […] Alguén lle comentou a Sabino: «Te van a deportar para luego pasearte. No te presentes». Cando Sabino estaba a punto de botar ó monte, viu preto da casa a un grupo de homes fumando e con escopetas. Eran os falanxistas. Colleu 150 pesetas e saíu pola porta de atrás. Trinta e tres meses (xullo de 1936 a abril de 1939) estivo Sabino fuxido polos montes de Arcos. Moitas persoas vírono vagar durante aqueles meses. Non houbo denuncias e si, en cambio, comprensión e axuda […] Finalmente a guerra rematou en abril. A súa muller deu a luz. Sabino regresou á casa definitivamente e non quixo andar por máis tempo fuxido. A súa muller, Dolores, enfermou como consecuencia do sucedido: «unha fenda no corazón, producida polos desgustos», diagnosticoulle un médico de Santiago. A convicción da súa inocencia ó remate da guerra induciuno a pensar na regularización da súa situación. Pero non era este o remate das súas penalidades. Certos individuos de Cuntis comezaron de novo a remexer no asunto. Metérono no cárcere, foi maltratado. Acusárono de recibir diñeiro por comunista e masón: «Vd. es un rojo empedernido: tiene que morir», dixéronlle. Foi condenado a morte no Consello de Guerra, para logo serlle conmutada por cadea perpetua, cumprindo finalmente 26 meses. Iniciouse o expediente de

41


v

16. A República na guerra. Evolución política

Proclamación da IIª República española

19 19 33 34

Bienio de dereitas

TEMPUS FUGIT

Revolución de outubro

Fronte Popular

A

O puño pechado simbolizaba a unidade antifascista pero o comezo da guerra desintegrou o Frente Popular, non só pola diversidade ideolóxica das esquerdas, senón tamén porque o pobo, tomando a iniciativa dende o comezo, desbordou a autoridade do goberno republicano e iniciou unha revolución que dividiu o bando republicano en dúas posturas: • A do goberno, PCE, PSOE, partidos republicanos etc., empeñada en adia-las medidas revolucionarias impoñendo unha disciplina militar para así gaña-la guerra: primeiro a guerra, logo a revolución. • A da fronte revolucionaria: CNT-FAI, POUM e as asembleas locais, que entendía que a guerra só se gañaría conseguindo o apoio decidido do pobo, incluso da zona nacional, mediante unha revolución que o favorecese: a guerra é a revolución.

Os gobernos republicanos tentaron a unidade de acción integrando nos seus gabinetes os republicanos, socialistas, comunistas, e incluso durante algún tempo anarquistas da CNT, como Federica Montseny, que será a primeira ministra da historia de España. Pero a inestabilidade política foi moi grande e as posturas distanciáronse cada vez máis. Como a chegada de armas dependía da URSS, o PCE, dirixido dende Moscova, acadou unha influencia crecente sobre o goberno impoñendo un mando centralizado e reprimindo duramente toda oposición, ás veces mediante asasinatos políticos, como no caso do POUM. Paralelamente, decenas de milleiros de persoas foron asasinadas en zona republicana. Polo xeral, foron execucións espontáneas de eclesiásticos e terratenentes que o goberno non foi quen de erradicar.

16.1 Anónimo, UGT-FAI, 1936. 16.2 Espert, Madrid, 1937. 16.3 Renau, Valencia, 1936. 16.4 Castelao.

16.1

16.2

16.1. Como sabes, en moitos aspectos da vida a unidade fai a forza pero sen embargo, como se explica no panel, os grupos que formaban o Frente Popular e tamén o bando republicano acabaron dividíndose por culpa dun tema, ¿cal era ese tema? Cando o saibas, agrupa as seguintes forzas políticas en dúas columnas segundo a súa postura con respecto a ese tema; aclara qué significan as súas siglas e toma unha postura ti tamén nese debate: PCE,

16.3

Izquierda Republicana, CNT-FAI, PSOE, POUM. 16.2. Busca a imaxe titulada A loitar pol-o fillo e tenta poñerlles palabras ós pensamentos e actitudes dos tres personaxes nese momento tan emotivo e triste. 16.3. Nun discurso, a dirixente comunista Dolores Ibárruri berrou «¡Non pasarán!», e dende aquela ese berro converteuse na consigna máis repetida polo pobo da zona republicana, especialmente en Madrid, para referirse ós durísi-

16.4

mos e constantes ataques sufridos pola capital. ¿A quen cres que se referían cando se berraba ¡non pasarán!? 16.4. Fíxate no cartel no que sae un labrego empuñando unha fouce e unha escopeta; na culata aparece a palabra decreto, e arredor envólvese unha serpe coa inscrición propietario faccioso. O decreto ó que se alude é o do 7 de outubro de 1936. Le algúns dos seus artigos e logo responde ás preguntas: imaxe gráfica da segunda república

fundación 10 de marzo

rra C ue i

1937 19 38

1935 19 36

G

1929 19 31

Crise económica mundial

il

43


ART. 1º. Acórdase a expropiación sen indemnización e a favor do Estado das leiras rústicas calquera que sexa a súa extensión e aproveitamento pertencentes no 18 de xullo de 1936 ás persoas naturais ou ós seus cónxuxes e ás xurídicas que interviñeran de maneira directa ou indirecta no movemento insurreccional contra a República. Art 4. O uso e gozo das leiras rústicas expropiadas segundo o art. 1º daráselles ós braceiros e labregos do concello da súa localización ou dos lindeiros, segundo os casos, con suxeición ás seguintes normas. O ministro de Agricultura: Vicente Uribe Galdeano. Decreto do 7 de outubro de 1936.

No ano 1936 chegou como cónsul a Barcelona un home de Stalin coa consigna de para-lo POUM, e a Nin en particular. Antonov, cando regresou a Moscova, foi executado coma case tódolos militares e políticos soviéticos que actuaran en España. En maio de 1937, os poumistas e os comunistas enfrontáronse durante varios días nas rúas de Barcelona. Impuxéronse estes últimos. A policía barcelonesa, controlada polos comunistas, detivo a Nin o 16 de xuño. O dirixente revolucionario acabou os seus días nun chalé nas proximidades de Alcalá. Foi torturado, pero non recoñeceu a acusación de ser un espía fascista.

fundación 10 de marzo

El País, 16-1-2000

44

16.4.1. ¿A quen beneficiaba e a quen prexudicaba este decreto? 16.4.2. Busca no diccionario o significado de «faccioso» ¿Quen serán os propietarios facciosos e por que cres que se elixiu unha serpe como símbolo para representalos? 16.4.3.¿Por que cres que os grandes propietarios apoiaron o golpe de Estado dos militares?, ¿que fixera o Goberno republicano para prexudicalos? (Para responder a isto último tes información nos paneis anteriores, especialmente no número 10). 16.5. A persecución stalinista levada a cabo polo PCE contra o POUM foi un dos feitos máis vergoñentos da República durante a guerra. Busca información sobre as purgas levadas a cabo na URSS por Stalin e relaciónaas co que lles aconteceu a Antonov e Nin, este último dirixente do POUM. ¿Por que o PCE seguiu as consignas de Stalin?, ¿influíron estes acontecementos no resultado da guerra?, ¿por que? imaxe gráfica da segunda república


v

Proclamación da IIª República española

19 19 33 34

17. A República na guerra: a revolución social

Bienio de dereitas

TEMPUS FUGIT

Revolución de outubro

Fronte Popular

A

O 19 de xullo desencadeouse na zona republicana un espontáneo movemento popular que non só se enfrontou ó golpe militar organizando a resistencia, senón que tamén atacou as propias bases do sistema capitalista, o latifundismo e a propiedade privada. Esta revolución foi un feito excepcional na historia universal. Os traballadores e traballadoras asumiron o protagonismo e, reunidos en asembleas soberanas, crearon comités locais que desprazaron na práctica política as institucións do goberno. Ademais, os propios sindicatos CNT e UGT e as milicias antifascistas, coordinadas polo Comité Central de Milicias Antifascistas, promoveron formas revolucionarias de organización do traballo nas zonas que controlaban. En máis de dez mil empresas industriais de Barcelona e Valencia, de diferentes sectores como o do metal, a construcción, petróleo, transportes etc., trala fuxida dos

patróns, os sindicatos crearon comités de fábrica encargados das diferentes tarefas, e federacións e consellos rexionais para organiza-lo proceso de autoxestión obreira. No campo, en moitas vilas de Andalucía, da Mancha, do Levante, Cataluña e sobre todo de Aragón, asembleas labregas decidiron comezar a cultivar colectivamente as terras abolindo ás veces o diñeiro, creando cooperativas, escolas e mesmo teatros. As colectividades agrícolas tamén se federaron entre si creando consellos, como por exemplo o Consello de Aragón. Moitas destas experiencias colectivistas populares serán disoltas violentamente polo goberno, pero algunhas conseguirán resistir ata a fin da guerra. Moitas mulleres loitaron na fronte como milicianas e outras participaron decisivamente no traballo nas oficinas, fábricas e terras da retagarda.

17.1 Anverso e reverso dun billete emitido polo Consello Municipal de Reus en 1937. 17.2 Colectivización do transporte urbano, Obiols, 1936. 17.3 Anónimo, CNT-AIT, 1937. 17.4 Anónimo, CNT-AIT, Barcelona, 1936.

17.1

17.2

17.1. Agora imos imaxinar que somos habitantes de Alcoriza, unha localidade aragonesa, e que é agosto de 1936. Imos facer unha obra de teatro en tres capítulos e con guión aberto. Antes de empezarmos, é necesario establece-lo elenco entre os membros da clase. Precísanse os seguintes personaxes: ▲ D. Calixto: o cacique, un rico terratenente, co puro nos beizos e o bandullo cheo, dono de corenta hectáreas das cen que eran terras cultivables. ▲ D. Gregorio: o cura da parroquia.

17.3

▲ D. Tomás: descendente de familia nobre pero hoxe vida a menos. Con todo, é dono de vinte hectáreas. ▲ Dous ou tres milicianos/as da CNT, ou sexa, sindicalistas anarquistas que viñeran de Barcelona para loitaren na fronte contra as tropas fascistas. (Estes personaxes serán tamén soldados do exército republicano no capítulo III). ▲ Seis labregos/as da vila con cadansúas pequenas propiedades de tres hectáreas. ▲ Catro traballadores/as sen terras (algúns tra-

17.4

ballaban na facenda de don Calixto, outros na construcción, como vendedores etc.). ▲ Dous donos/as de propiedades medias (dez e doce hectáreas). [É interesante que cadaquén ocupe na clase un lugar proporcional ó tamaño das súas propiedades e acorde coa súa relevancia social: centro, esquinas… Ademais, tamén sería crear certo ambiente empregando chapeos ou gorras, panos e outros obxectos caracterizadores]. O profesor deberá indicarlles previamente a

fundación 10 de marzo

rra C ue i

1937 19 38

1935 19 36

G

1929 19 31

Crise económica mundial

il

imaxe gráfica da segunda república

45


fundación 10 de marzo

certos personaxes a parte do guión que lles corresponde para facelo máis entretido. CAPÍTULO I. O estoupido da guerra Aínda que preto da liña de fronte, como Alcoriza quedou en territorio controlado pola República, don Calixto —que era bastante desprezado na vila—, don Gregorio e algunhas monxas, co medo de seren paseados, fuxiron cara ó oeste, á zona nacional. Ós poucos días chegaron os milicianos e as milicianas e comentaron na vila que era chegado o tempo da revolución, que en Barcelona os obreiros tomaran as fábricas e que en moitos lugares veciños os labregos estaban organizando colectividades, ou sexa, formas de organización colectiva do traballo distintas do capitalismo. Dixeron tamén que, agora que o cacique marchara, os veciños deberían facer unha asemblea para decidiren a forma de organiza-lo traballo que máis lles conviñera e que, como estabamos en guerra, cumpría facelo canto máis antes porque cando fora a colleita, parte da producción debería servir, de momento, para abastece-las tropas que loitaban na defensa desa revolución. Segundo os milicianos, a asemblea debía se-lo órgano soberano dentro da organización colectiva do traballo.

46

CAPÍTULO II. A asemblea É preciso, despois de debatelo con calma entre todos, decidi-los seguintes aspectos para, posteriormente, elaborar unha acta con tódolos datos: ▲ 1. Partes da terra que se van colectivizar (ou sexa, traballar en común), aclarando se son cedidas voluntariamente ou expropiadas. ▲ 2. Especies que se van cultivar. ▲ 3. Sistema de organización do traballo e de intercambio económico: a) Prestacións laborais: obriga de traballar, horaimaxe gráfica da segunda república

rio… ¿igual para todos ou esixíndolle a cadaquén segundo a súa capacidade? b) Sistema de remuneración: sen control, dándolle a cada conforme a súa necesidade, con ou sen diñeiro, con diñeiro local, con vales da colectividade, cunha cartilla de consumidor… ▲ 4. Órgano directivo ou de representación da colectividade e pautas básicas de convivencia. ▲ 5. Instalacións colectivas e obras de mellora: almacéns, tendas da colectividade, granxas, pequenos hospitais, escolas, teatros, cines, bibliotecas… Hai que elaborar unha acta na que se clarifiquen estes puntos despois de chegar a acordos e tendo presentes as limitacións de recursos por mor da guerra (por exemplo: no último punto non se pode ter todo, habería que escoller tres ou catro cousas). CAPÍTULO III. O desenlace Cando remate o debate e estea redactada a acta na que se recollen as decisións acordadas, chegarán tres soldados do exército republicano avisando de que o Consello de Aragón, órgano de coordinación das colectividades, fora disolto por un decreto do Goberno do 11 de agosto de 1937 e que, polo tanto, as colectividades, no caso de seguiren existindo, pasan a depender do Ministerio de Agricultura e do Instituto de Reforma Agraria. De haber algunha oposición a esa medida, deberá redactarse unha carta dirixida ó Goberno na que se adopte a postura que a asemblea entenda máis oportuna. Pero logo os tres soldados republicanos transfórmanse novamente, desta volta en soldados franquistas que poñen fin a todo o conto. 17.2. A autoxestión obreira implicaba que os propios traballadores controlaban tanto as fábricas como

as explotacións agrarias por medio de comités e asembleas. Pero ó mesmo tempo que se desenvolvía a revolución, había que gañar unha guerra e a zona republicana pasou grandísimos apuros económicos durante todo o conflicto. De feito, tanto o propio Goberno como as organizacións revolucionarias chamaban constantemente a aforrar e utilizar ben os recursos dispoñibles. Por todo isto non resultaba doado saber se a autoxestión funcionaba mellor có vello sistema e se lles permitiría ós traballadores liberarse da explotación capitalista. A situación obrigaba a traballar arreo e moitos obreiros podían desencantarse coa revolución. Fíxate neste cartel propagandístico da CNT presente no panel: C.N.T.-A.I.T. SINDICATO ÚNICO DA METALURXIA ———————¡CAMARADA TEN EN CONTA! De quen marmure. De quen comente as moitas horas de traballo. De quen desvalorice solapadamente o labor da organización confederal. DESCONFÍA E VIXÍLAO É UN POSÍBEL CONTRARREVOLUCIONARIO ———————— Que intensificar a túa producción en material de guerra, é axudar ao teu irmao en armas. ———————— Que na fronte o noso irmao ofrece o máis preciado: a súa vida. Na retagarda, obreiro metalúrxico, non mires o reloxo nen o salario; tés que ofrecer os teus brazos e o teu cerebro. ———————— Que labourar en pro dunha boa producción nas necesidades de guerra, é axudar a consolidar a Revolución e abatir o Fascismo. ———————— Axuda á victoria. Valoriza as determinacións do Sindicato, que son as túas propias. Colaboura na xesta do pobo que loita por redimirse. ————————

Obreiro: non esquezas que a Fábrica e o Sindicato son dous órganos que se complementan nun só.


CNT Autoxestión obreira Propiedade privada PCE Colectividades agrícolas.

Capitalismo Traballo cooperativo Sindicato anarquista Comités de fábrica Partido Comunista de España

17.4. ¿Por que se reproduce o billete neste panel?, ¿que ten de particular? 17.5. ¿Gustaríache vivir nunha cidade coas características de Barcelona ou Madrid durante a guerra?, ¿por que? Barcelona non só ofrecía o aspecto dunha cidade poboada exclusivamente de obreiros, senón dunha cidade na que os obreiros tiñan o poder: víanse por tódalas partes, nas rúas, diante dos edificios, camiñando polas Ramblas, co fusil en bandoleira, a pistola ó cinto e roupas de traballo. […] En Barcelona desapareceron das rúas os chapeos de feltro, símbolo do «status» da burguesía. Os restaurantes de luxo e os hoteis foron ou ben colectivizados ou incautados polos empregados. Os clientes ceaban en mangas de camisa e a dirección obreira aboliu as propinas. Tódolos obreiros levaban armas, máis importantes como símbolo de emancipación que como tales armas. […]

En Madrid as rúas estaban cheas de milicianos vestidos con monos azuis, prenda que se convertería nunha especie de uniforme dos Exércitos republicanos na fronte de Madrid. A clase media prescindiu de chapeos, gravatas e colos, nun esforzo por semellar proletaria nunha cidade onde, outrora, tería sido unha ofensa pasear sen gravata ou chaqueta. P. BROUE E E. TEMINE: La Revolución y la guerra en España, Madrid, 1977

17.6. Nos primeiros días da Guerra Civil, as mulleres republicanas participaron activamente, mesmo alistándose para iren á fronte, onde loitaron xunta as milicianas anarquistas, socialistas e comunistas. En xullo do 37 as milicianas foron retiradas da fronte, aínda que algunhas quedaron nas súas unidades. As mulleres republicanas foron as grandes derrotadas, tanto na Guerra Civil coma no exilio. O seu labor non foi recoñecido nin sequera polos homes xunto ós que loitaron. Pasado o perigo, debían volver ó fogar. Sobre isto, Federica Montseny (primeira ministra da historia de España) opinaba nunha entrevista:

Arredor do noso papel gardaron silencio os comunistas e os propios anarquistas. Condenóusenos ó ostracismo. Nin sequera citan as mulleres que loitaron ó seu carón, nin as que, sen combater, libraron combates anónimos, pero non por iso menos valiosos. Porque hai que ter en conta o que representou en España a vida de milleiros de mulleres perseguidas, acosadas, encarceradas. Eu podería nomear innumerables casos de compañeiras que, só polo feito de se-la muller dun militante fusilado ou exiliado, foron encarceradas e pasaron 10, 12, 15 anos en prisión, e diso non se fala, e isto é unha enorme inxustiza. ¿Por que cres que non se valorou o papel das mulleres? ¿En que aspectos seguen sen ser recoñecidas na actualidade?

fundación 10 de marzo

17.2.1. Aclara o significado dos termos subliñados. 17.2.2. ¿Que cres que pretendía o sindicato con este cartel? 17.2.3. ¿Por que era tan importante manter e mellora-lo ánimo dos traballadores? 17.3. Relaciona mediante frechas os seguintes conceptos:

imaxe gráfica da segunda república

47


v

18. O exilio

Proclamación da IIª República española

19 19 33 34

Bienio de dereitas

TEMPUS FUGIT

Revolución de outubro

Fronte Popular

A

A falla de unidade política e militar e de apoios estranxeiros determinaron a derrota das esquerdas. Dende 1938 a vida fíxose moi difícil no territorio republicano. Faltaban alimentos e o cansanzo medraba. Pero Negrín confiaba en que o inminente comezo da guerra mundial lle brindara o apoio estranxeiro, de aí o seu famoso lema: resistir é vencer. A medida que as tropas nacionais avanzaban, moita xente, atemorizada polas posibles represalias ou polos bombardeos, fuxía cara a zonas máis seguras. Dende o norte, illado do resto da zona republicana, como o desprazamento interno era pouco aconsellable, optouse por embarcar, primeiro os nenos, para diversos países europeos e a URSS. A comezos de 1939 familias enteiras, orfos de guerra, nenos acollidos en fogares infantís, soldados en retirada..., en suma case medio millón de refuxiados españois entraron en Francia, incluído o propio goberno republicano. Aínda que moitos logo tornarían,

18.1

18.2

18.1. Debuxa en viñetas a biografía do protagonista do texto. Podes inspirarte no cómic do panel que describe o que foron atopando ó marcharen do país. 18.2. ¿Pensas que os escravos nazis merecen unha reparación?, ¿por que? OS ESCRAVOS ESPAÑOIS DE HITLER «Nunca lle hei perdoar a Franco e ós seus satélites que nos foderan a xuventude», di Alfredo, de 84 anos, que entre 1941 e 1944 estivo internado no campo de Gera, ó sur de Alemaña,

outros ficaron alí para sempre e algúns, trala súa reclusión en campos de refuxiados, loitaron contra os nazis e sufriron o terror dos seus campos de concentración. Outros antifascistas optaron por resistir en España ata o final, botándose ó monte como guerrilleiros ou maquis. Algúns fixérano xa durante a guerra, ante o perigo de ser paseados, pero o maquis, duramente reprimido polo Franquismo, será moito máis activo entre 1943 e 1950, en boa medida organizado polo Partido Comunista dende Francia. Moitos políticos e intelectuais marcharon tamén para América e a URSS. De feito, un goberno republicano no exilio constituirase máis adiante en México. O total de exiliados cífrase actualmente ó redor de catrocentas mil persoas. Con elas partiu tamén a esperanza da democracia e a xustiza social.

18.1 Margarita García, 10 anos, Residencia infantil nº 23, Biar, Alacante. 18.2 Rafael Cerrillo Dobal, 13 anos, Colonia Escolar Germán Araudo, Alcañiz, Teruel. 18.3 Os campos na praia, un exilio español. 18.4 O apoio internacional ó réxime franquistaa

18.3

traballando xornadas de ata 14 horas diarias. «Ningún goberno español nos recoñeceu nin pensión nin nada ós refuxiados, deportados, traballadores e prisioneiros dos campos», afirma Antonio de 81 anos, supervivente de Mauthausen. Derrota, exilio e escravitude foron as tres etapas do destino de milleiros de españois que perderon a guerra civil, fuxiron a Francia e acabaron en campos de concentración nazis como traballadores forzados na industria de

18.4

guerra alemana. […] Agora, 55 anos despois da fin da II Guerra Mundial e 10 despois da unificación alemana, esta débeda histórica pode comezar a pagarse. Baixo unha intensa presión internacional, a industria alemana e o Goberno de Berlín acordaron crear un fondo de 10.000 millóns de marcos (850.000 millóns de pesetas) para indemniza-los escravos do nazismo. Arredor de 10 millóns de persoas foron empregadas polos nazis como escravos, dos que se calcula

fundación 10 de marzo

rra C ue i

1937 19 38

1935 19 36

G

1929 19 31

Crise económica mundial

il

imaxe gráfica da segunda república

49


que 1,5 millóns seguen vivas. Entre elas decenas de vellos republicanos españois. «Aínda agora, cando recordo aqueles días, éntranme calafríos», di Alberto. Ferido na fronte de Belchite e outra volta na batalla de Teruel, acabou a guerra civil como tenente do Exército da República. Agochado na Barcelona que acababan de ocupar as tropas franquistas, non consegue pasar a Francia ata xaneiro de 1940, onde axiña é detido e confinado, coma tantos outros, no campo de Argèles-seu-mer. «Non tiñamos nin auga, nin comida, nin diñeiro, nin papeis e ós dous días fuximos». Conseguen chegar a París, que pouco despois é ocupado polos alemáns. De alí é trasladado ó campo de Gera. El País, 26-3-2000

fundación 10 de marzo

18.3. Si nala nun planisferio político mediante frechas os principais destinos dos refuxiados e refuxiadas españois trala Guerra Civil. Reflicte a porcentaxe de exiliados/as no grosor das frechas que debuxes. As cifraas do exilio:

50

Destino

Número

Francia México Chile Cuba Arxentina Venezuela Colombia URSS

430.000 20.000 2.300

2.000

6.000

imaxe gráfica da segunda república

18.4. A principios do século XX, nove de cada dez mortos nas guerras eran militares, pero nas guerras actuais, o número de víctimas civís supera as baixas militares nunha proporción de nove a un; así, hoxe en día, calquera civil prudente que queira sobrevivir a unha guerra faría ben alistándose nas forzas armadas. Cando os bombardeos, moitos nenos e anciáns tiveron que emprender un exilio forzado xa no curso da guerra, marchando para fogares infantís ou asilos en zonas máis seguras. Fíxate nas imaxes do panel cómo representaron un neno de trece e unha nena de dez anos, Rafael Cerrillo e Margarita García, a experiencia dos bombardeos e a evacuación (a el levárono a unha colonia escolar en Teruel e ela a unha residencia infantil de Alacante). Observa primeiro o tamaño dos obxectos e as persoas dos seus debuxos e sinala despois qué aspectos deberon ter máis impacto na súa conciencia. Elabora un comentario crítico sobre estes feitos. 18.5. Procura nos medios de comunicación (prensa, revistas, internet, televisión…) información sobre casos de refuxiados e/ou desprazados internos no mundo actual. Despois, elabora coa información un pequeno informe que aclare: a) a localización xeográfica (do país de orixe) e datación do proceso; b) as razóns do conflicto que motivou o éxodo; c) o destino dos refuxiados ou desprazados, os problemas que atoparon, o tratamento que recibiron ou reciben e as posturas da ONU e da «comunidade internacional»; d) compara a súa situación coa dos exiliados republicanos.

18.6. Le o testemuño do ex guerrilleiro comunista Camilo de Dios: ¿que pretendía a guerrilla?, ¿conseguiuno?, ¿tivo algo que ver o expresado na imaxe 18.4? Explícao. ¿Que partido político organizou a guerrilla? A resistencia comeza ó finalizar a guerra. Homes comprometidos coa República chegaron, por Asturias, a Galicia; uns pertencían á guerrilla que se organizou durante a guerra; outros, que quedaran na retagarda, non puideron marchar e viñeron cara ás zonas que coñecían e fóronse organizando. Como non podían sobrevivir comezaron a roubar. O Partido (comunista) viu que era necesario organizalos mellor e eleva-lo seu nivel cultural e político, o que se fixo nos anos 45, 46. Eu só coñecín a dous que non eran do partido, un anarquista e un socialista Camilo de Dios Fernández, ex guerrilleiro republicano galego


v

19. O réxime franquista

Proclamación da IIª República española

19 19 33 34

Bienio de dereitas

TEMPUS FUGIT

Revolución de outubro

Fronte Popular

A

Na zona controlada polos rebeldes durante a Guerra Civil impúxose unha férrea unidade política. O xeneral Franco concentrou tódolos poderes e converteuse en Xefe do Estado, xeneralísimo dos exércitos e presidente do partido único, o Movimiento. Exército, Igrexa e poderes económicos foron os alicerces do novo poder dictatorial. Os privilexios da Igrexa foron restaurados. Igrexa e Estado voltaron fundirse, sendo Franco Caudillo pola gracia de Deus e a guerra unha cruzada. O ensino católico fíxose obrigatorio, derrogáronse as leis de matrimonio civil e divorcio, e o Estado asumiu a retribución dos sacerdotes. Derrogouse toda a lexislación da República: suprimíronse dereitos e liberdades, abolíronse as iniciativas de reforma agraria e anulouse o proceso autonómico establecéndose un Estado centralista. Reorganizouse a vida cotiá: unha nova bandeira,

o 18 de xullo declarouse día de festa nacional, impúxose a relixión católica... Os dereitos acadados pola muller e os progresos cara a súa emancipación anuláronse: o lugar da muller na España franquista estaba na casa. Práctica sistemática na zona rebelde foi a aplicación do terror. Os xuízos sumarísimos, as execucións (paseos) e as depuracións foron promovidas polo propio réxime e estiveron á orde do día, mesmo despois da Guerra. España estivo sometida durante 36 anos a unha Dictadura de carácter persoal. Franco gobernou con man dura e nunca buscou a reconciliación cos derrotados. Calquera intento de restaura-lo réxime democrático ó que o Alzamento puxera fin, sempre foi duramente reprimido.

19.1 O dictador Francisco Franco, debuxo de Enrique Ortega. 19.2 Atribuído a Juan Antonio Morales, Ministerio de Propaganda, 1937. 19.3 Falange e a muller. Anónimo, 1939. 19.4 A España de Falange.

19.1

19.2

19.1. Observa a seguinte imaxe.

¿Quen é o personaxe que porta unha pistola?, ¿que significa para ti que se protexa coa cruz?

19.3

19.2. A II República, como se explicou no panel 6, supuxera grandes avances na emancipación da muller; sen embargo, o franquismo tiña unha visión moi distinta acerca do papel que ela debía ter na sociedade. Na exposición aparecen bos exemplos deste contraste. Tenta indagar no papel que desempeñaron as mulleres en cada un dos bandos baseándote na lectura dos textos e nas imaxes dos paneis 6, 17 e 19 e os da unidade didáctica.

19.4

AS MARGARIDAS DE TAFALLA Prometen ó Sagrado Corazón de Xesús […] catro cousas: 1. A modestia no vestir como uniforme: manga longa, escote pechado, saia ata o calcañar, traxe folgado no peito e saia cumprida. 2. Non ler novelas, xornais, revistas sen a licencia eclesiástica. 3. Non acudir ó cine e ó teatro sen contar coa censura de Acción Católica e non bailar nin en

fundación 10 de marzo

rra C ue i

1937 19 38

1935 19 36

G

1929 19 31

Crise económica mundial

il

imaxe gráfica da segunda república

51


público nin en privado os bailes saídos deste século e estudiar e aprende-los rexionais antigos non só de Navarra senón de España enteira. 4. Mentres dure a guerra non usar pinturas nin cosmético ningún.

fundación 10 de marzo

!Viva Cristo Rei! !Viva España!

52

DISCURSO DE PILAR PRIMO DE RIVERA (XEFA DA SECCIÓN FEMININA) PERANTE FRANCO EN MAIO DO 39 Estamos aquí só para festexa-la vosa victoria e honra-los vosos soldados. Porque a única misión que teñen asignada as mulleres na tarefa da patria é o fogar. Por iso agora, coa paz, ampliarémo-lo labor iniciado nas nosas escolas de formación, para lles facer ós homes tan agradable a vida de familia que dentro da casa encontren todo aquilo que antes lles faltaba, e así non terán que ir buscar na taberna ou no casino os momentos de expansión. Ensinarémoslles ás mulleres o coidado do fogar, porque é unha pena que morran tantos nenos que son servos de Deus e futuros soldados de España. Aprenderémoslles tamén o arranxo da casa e a coñece-los labores artesáns e a música. Ensinarémoslles ese modo de ser que quería José Antonio para tódolos españois, para que así elas, cando teñan fillos, formen os pequenos no amor de Deus e nesta maneira da Falange. 19.2.1. ¿Que diferencias percibes entre as actividades, a situación social e as reaccións dunhas e outras? 19.2.2. As autoridades franquistas impuxeron o modelo de muller que se describe nos textos. imaxe gráfica da segunda república

Pregúntalles ás mulleres da túa familia cómo era a súa vida durante o franquismo, cómo era o seu traballo, cómo pasaban o tempo de lecer, como vestían, etc. Poñede en común as respostas recollidas polos compañeiros e compañeiras da clase. ¿Que cousas foron mudando ata hoxe? 19.2.3. Na imaxe 19.3, ¿que relación existe entre o texto e as imaxes? 19.3. ¿Que sensación che transmite a imaxe 19.1? Relaciónaa co texto Co obxecto de evitar incidentes, consciente ou inconscientemente provocados, pero que en todo caso poden perturba-la boa harmonía da retagarda, ponse en coñecemento de tódolos afiliados á Falange Española Tradicionalista e das J.O.N.S, que os únicos berros que deben darse en concentracións, manifestacións e desfiles, etc., son estes: «FRANCO, FRANCO, FRANCO»; «ARRIBA ESPAÑA»; «VIVA ESPAÑA» e «ESPAÑA UNHA, GRANDE E LIBRE». Calquera outro —en relación co Movimiento— será considerado como lanzado con propósito de perturbación e axeitadamente sancionado polas autoridades do Partido e do Estado. Serán responsables do incumprimento da anterior os xefes respectivos. Boletín del Movimiento, 7, 1 novembro 1937, II Ano Triunfal

19.4. Describe o cartel da imaxe 19.2. ¿De que bando era o seu autor?, ¿por que? 19.5. ¿Como se chegou á España unha, grande, libre que proclama a imaxe 4?, ¿é un cartel franquista ou republicano?, ¿por que? 19.6. ¿Que opinión che merece o labor da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica?, ¿positiva ou negativa?, ¿por que?

DA GABIA Ó CEMITERIO TRAS 66 ANOS Tres mulleres da poboación de Candeleda, no sur da provincia de Ávila, estiveron soterradas nunha gabia durante os últimos 66 anos. Alí, tal e como as deixaron os falanxistas que lles deron morte, estaban os seus restos cando os seus familiares, apoiados pola Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica, abriron a foxa. Era a noite do 29 de decembro de 1936. Mentres durmían, 10 ou 12 falanxistas agarraron cinco mulleres e metéronas nun camión. A maior era Virtudes de la Puente: 53 anos. O seu delicto, segundo os veciños, ser protestante. A Pilar Espinosa, de 43, matárona por ler El Socialista. A súa filla, Obdulia Camacho, de 14, levaba a súa sobriña de dous anos nos brazos. No medio da tolemia, os asasinos sentiron compaixón, e botaron do camión as dúas nenas, que salvaron así a vida. A última asasinada, Valeriana Granada, de 26 anos, estaba embarazada de varios meses, é a que maior sorpresa levou aquela noite: seu home loitaba na fronte nacional, non tiña nada que temer. Pero, segundo contan os vellos da vila, unha dirixente falanxista estaba namorada do marido de Valeriana, denunciouna e acabou á vez coa nai e o fillo que levaba dentro. O desenterro, coma tódolos que fixo e fará a Asociación, tivo momentos de máxima tensión. Cando a máquina desenterrou os primeiros restos o silencio foi arrepiante. Nese momento ondeou a bandeira republicana e depositáronse flores. El País, 20-10-02


19.7. Elabora unha lista de persoas que coñezas que, se triunfase hoxe un réxime similar ó franquismo, sufrirían a represión; indica tamén os motivos. Pensa nas túas actividades cotiás: ¿cales se verían afectadas por vivir baixo un réxime dictatorial? 19.8. Explica a túa postura ante a petición de IU.

IU pide que se dignifique a memoria dos escravos do franquismo Izquierda Unida solicita ó Goberno a retirada de tódolos símbolos, placas e nomes de rúas que aludan ó réxime franquista, por «agredi-lo Estado de Dereito» xurdido da Constitución de 1978, e a colocar en tódolos monumentos e localidades construídos por presos republicanos «que dignifiquen a súa memoria e lembren os valores de liberdade e democracia». Recordan que houbo 194 campos de concentración e 217 batallóns de traballo.

fundación 10 de marzo

La Voz de Galicia, 20-10-02

imaxe gráfica da segunda república

53


20. Actividades finais TEMPUS FUGIT

Horizontais:

1. Propiedade moi pequena, característica de Galicia 2. Iniciais do partido de Azaña 3. Desta forma accedeu ó poder o xeneral en 1923 4. Primeiro presidente do Goberno da II República 5. Nesta cidade tivo lugar unha sublevación militar a prol da República en 1930 6. Nos gobernos da Restauración, conservadores e liberais… Verticais: 1. Solución para os labregos galegos de comezos de século para saíren da penuria económica 2. En Andalucía e Galicia dábanse as maiores porcentaxes deles a comezos da década dos trinta 3. ... de Rivera, dictador (ó revés) 4. Aquí tivo lugar un desastre na guerra de Marrocos 5. Sindicato anarquista 6. Alfonso XIII optou por el trala proclamación da II República (ó revés)

20.2. Despois de analiza-los paneis 1, 2, 3 e 4: ¿Por que caeu a monarquía de Alfonso XIII e se proclamou a II República? ¿Cres que a situación á que se enfrontou o novo réxime era fácil ou difícil?, ¿por que?

¿Cales eran os principais problemas que deberían intentar resolver os gobernos republicanos?

paneis da exposición e explica o seu significado político.

20.3. ¿Por que fracasou a II República? Clasificar por orde de importancia os seguintes factores, segundo a túa opinión, explicando as razóns: o contexto internacional // a oposición de gran parte do exército // a importancia dos anarquistas // a división dos partidos políticos republicanos // o analfabetismo // o papel dos nacionalismos // a actitude dos socialistas // a Constitución do 31 // o fracaso da Reforma Agraria // a crise económica mundial // a oposición da Igrexa // a oposición dos empresarios e terratenentes // a actitude dos comunistas // a pobreza de gran parte da poboación.

20.7. Fai dúas columnas: unha da República e outra do franquismo, e sitúa os nomes das rúas na que lle corresponda mártires de Jaca; Calvo Sotelo; Primo de Rivera; Primero de Mayo; avenida de la Marina; avenida 14 de Abril; avenida Francisco Ferrer; avenida del General Sanjurjo; Fraternidad; Igualdad; San Andrés; Capitán García Hernández; Eduardo Pondal; Pi i Margall; Generalísimo; Ejército; Alférez Provisional

20.4. Compara a democracia actual coa II República nos seguintes elementos: papel das mulleres // sistema electoral // organización política do Estado // partidos políticos // papel da Igrexa // papel do exército // sistema educativo // agricultura // sindicatos // contexto internacional // nacionalismos 20.5. Organizade un debate na clase sobre o papel dos militares (do exército) na organización do Estado. ¿Pódese xustificar nalgúns casos a súa intervención á marxe do poder civil?

20.8. Completa a táboa II REPÚBLICA FRANQUISMO ESPAÑA HOXE ACCESO Ó PODER

Eleccións cada catro anos

RÉXIME POLÍTICO LÍDER E TÍTULO

Democracia Franco Caudillo

SITUACIÓN DAS MULLERES

Igualdade Legal

PARTIDOS POLÍTICOS

Multipartidismo

SINDICATOS

Un só

DEREITOS FUNDAMENTAIS

Suprimidos

20.6. Na exposición recóllese moita da abundantísima simboloxía política da época; cada signo, cada aceno, cada imaxe tiñan un significado político que todo o mundo coñecía. Busca polo menos cinco símbolos nos diferentes imaxe gráfica da segunda república

fundación 10 de marzo

20.1. Encrucillado para os paneis 2, 3 e 4

55


FRASE 1. «Que quede ben entendido que non estamos loitando pola república democrática. Estamos loitando polo triunfo da revolución proletaria. A revolución e a guerra son inseparables» 2. «Os candidatos antimarxistas defenderán a necesidade dunha inmediata derrogación dos preceptos tanto constitucionais como legais, inspirados en designios laicos e socializantes...» 3. «As terras invadidas por campesiños e xornaleiros con posterioridade ó 16 de febreiro de 1936 reintégranse á plena disposición dos seus donos» 4. «Foron desaparecendo moitos compañeiros: uns como Bóveda foron fusilados, outros como Galán Calvete, paseados; algúns estaban presos agardando o consello de guerra; outros fuxidos no monte» 5. «Eu son moreno da Guinea que por España vou loitar contra os roxos que a lixan e que tratan de esnaquizala» 6. «Só os sistemas políticos que lles outorguen o voto ás mulleres poden considerarse verdadeiramente democráticos» 7. «¿Convenlle a Galiza a súa autonomía? ¿Convenlle á República a autonomía de Galiza? […] Votade o estatuto para que a terra sexa nosa» 8. «As eleccións celebradas o domingo revélanme claramente que non teño hoxe o amor do meu pobo. […] suspendo o exercicio do poder real e apártome de España»

fundación 10 de marzo

9. «As forzas monarquizantes e fascistas que dun tempo a esta parte pretenden traizoa-la república, lograron o seu obxectivo e asaltaron o poder. […] Proclamo o Estado Catalán da República Federal Española»

56

10. «O paro ensombrece os nosos fogares. Os inimigos da nosa organización —que tamén o son polo xeral da República— puxeron cerco de fame ás poboacións rurais […]. Do que foi a nosa lexislación social-agraria a penas restan unhas promesas incumpridas e unhas Bases de traballo no papel, sen efectividade ningunha para nós» 11. «A Constitución e as leis laicas foron un ataque violento e continuado á conciencia nacional […]. A guerra é pois un plebiscito armado, cunha tendencia espiritual, do lado dos sublevados, que saíu en defensa da orde, da paz social, da patria e da relixión.»

imaxe gráfica da segunda república

FONTE

PANEL


20.10. ¿Cal é a túa postura ante a petición dos netos dos exiliados españois?, ¿por que?

OS NETOS DOS EXILIADOS REPUBLICANOS PIDEN AXUDA Ó REI PARA VOLVER SER ESPAÑOIS Ata o de agora, son 3.500 os netos do exilio que queren a nacionalidade dos seus avós. Están agrupados no colectivo «Morados» porque «é a cor que desapareceu da bandeira española despois da guerra e quixemos facer unha homenaxe ós que, despois da Guerra, desapareceron de España», di o seu portavoz, Alvar Acevedo. Piden que os netos daqueles españois que non naceron na súa patria, poidan optar á cidadanía dos seus avós coa reforma da nacionalidade no Código Civil que o Parlamento quere aprobar este verán. Tódolos grupos políticos, agás o PP, están a favor de que se lles conceda a nacionalidade. O número de españois que se exiliaron despois da Guerra Civil calcúlase nuns 440.000, dos que a metade eran soldados do bando republicano e a outra metade civís, ademais de 170.000 mulleres e nenos.

20.11. Organizar un debate político na clase. Dividirvos en grupos de 4 ou 5; cada grupo pertencerá a un partido político ou sindicato (Esquerda Republicana, PSOE, CNT, CEDA, Falange, PCE, Partido Galeguista…). Cada grupo elaborará un breve programa electoral para 1936 atendendo ás seguintes cuestións: educación; situación da muller, economía (propiedade das terras e empresas), exército, modelo de Estado (centralismo, autonomías), política colonial, relixión… Despois da exposición do programa abrirase o debate en que cada participante defenderá o programa do seu grupo político. Como remate, farase unha votación na que cadaquén votará segundo as súas preferencias.

20.12. Debuxa unha ou varias viñetas ou un cartel (1 cara A4) que reflictan a túa idea do que foi a II República. 20.13. ¿En que etapa che gustaría vivir?: na II República, no franquismo ou na democracia actual. ¿Por que? 20.14. Relaciona as imaxes que aparecen reproducidas nos interiores da capa e da contracapa con algún dos paneis. Razoa a túa resposta.

fundación 10 de marzo

20.9. Pon a carón de cada frase a fonte á que pertence e o título do panel ou paneis ós que poden aludir: Lluis Companyis (6-10-34); Programa da CEDA (31-10-33); Carta dos bispos (1-7-37); Clara Campoamor (1931); Ramón Piñeiro (galeguista); Carta ó Presidente da República da FETT-UGT (14-4-34); Boletín da CNT-FAI (xaneiro 1937); Xunta de Defensa Nacional (259-36); Himno dos falanxistas morenos (1936); Mitin de Castelao (1936); Alfonso XIII (13-4-31)

La Voz de Galicia, 14-4-2002

imaxe gráfica da segunda república

57


E H

F

G

E- Amster, Barcelona,1937. F- Postal. G- An贸nimo, 1939. H- Madrid, 1936.


Concello de A Coru帽a

Fundaci贸n 10 de Marzo


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.