Perfil Fcaebook Biblioteca Ánxel Casal

Page 237

En Santiago, onde se instala definitivamente en 1931, edita revistas vangardistas como “Claridad” o “Ser”, promove a Asociación de Escritores de Galicia e afíliase ó Partido Galeguista. Participa como vicepresidente do Comité executivo para o estatuto de Galiza, e chega ser elexido alcalde de Santiago en febreiro de 1936. Foi detido e fusilado ós poucos días do inicio da guerra, xunto a intelectuais como Camilo Díaz Valiño, gran colaborador seu. Ánxel Casal tivo unha proxección ética e de compromiso persoal con Galicia e, ó mesmo tempo co libro e a cultura do país, como poucos.

Un pouco de historia para coñecer a orixe da biblioteca: A Biblioteca Pública de Santiago de Compostela nace por Orde ministerial do 16 de xuño de 1955. Pola mesma o Ministerio aceptaba a concesión gratuita, por parte da "Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Santiago de Compostela" do uso da planta baixa da casa co número 4 e 5 da praza de Salvador Parga co fin de instalar na mesma unha biblioteca pública. Dedídese asignar tal carácter á que ata entón era a Sección Popular da Biblioteca Universitaria. Co paso dos anos e o crecemento da cidade, a biblioteca faise insuficiente, oq ue se vai solucionar coa sinatura dun convenio entre a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Ministerio de Cultura do Estado para a construcción dunha nova sede para a Biblioteca Pública, no 1995. O inicio da execución prevíase para 1997, pero non dá os seus primeiros pasos ata abril de

237


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.