TIG@ número 09

Page 1

NOITE DA ENXEÑARÍA EN INFORMÁTICA REVISTA DA DE GALICIA, por ENXEÑARÍA EN unha sociedade da información INFORMÁTICA centrada na persoa Número 9. Novembro 2015


Índice 3 o cpeig opina. fernando suárez lorenzo presidente do cpeig

4 1 mes, 1 profesión dixital 5 entrevista abraham otero, experto en bitcoin e criptomoedas 6-10 noite da enxeñaría en informática de galicia 11 rapaciñ@s 12-13 o cpeig nos medios 14 os nosos patrocinadores ouro. clúster tic colexiais 15 beneficios o cpeig defende os teus intereses

CONSELLO EDITORIAL Fernando Suárez, presidente do CPEIG Juan Otero, vicepresidente do CPEIG Juan José González, secretario do CPEIG Francisco Javier Rodríguez Martínez, vogal do CPEIG Contidos e asesoramento: Guindeira C&E Maquetación: ográficodeseño Suxestións e comentarios: revista@cpeig.gal Datos de contacto do CPEIG Rúa Fernando III O Santo 13-1ºA 15701 Santiago de Compostela Tel: 981 592 773 - Fax: 981 553 997 www.cpeig.gal ISSN 2255-3169


i

o cpeig opina. fernando suárez lorenzo, presidente do cpeig 3

Accións do CPEIG para evitar a ciberviolencia de xénero Cada 25 de novembro conmemórase o “Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller”. Como recoñece a ONU, a violencia contra a muller constitúe unha violación dos dereitos humanos e das desigualdades aínda existentes por razón de xénero. Cada ano, o CPEIG incrementa as súas actividades para reflexionar sobre este problema desde o punto de vista da tecnoloxía. A violencia que nas súas distintas formas se exerce contra as mulleres supón un dos máis graves atentados contra a dignidade e a integridade física, psíquica e moral destas e, en consecuencia, unha intolerable violación dos dereitos humanos. A súa prevención e erradicación compételles aos poderes públicos, que teñen a obriga de articular medidas de sensibilización, asesoramento, atención e protección ás mulleres que a sofren, procurando os medios efectivos e axeitados a cada caso e as alternativas para o exercicio dos seus dereitos como cidadás nun estado democrático. O uso das tecnoloxías da información ten amosado a súa bondade na promoción da igualdade e na prevención e loita en contra da violencia de xénero e na creación de ferramentas que axuden ás súas vítimas. Nesa liña, a Secretaría Xeral da Igualdade e o CPEIG veñen de intensificar a súa tradicional colaboración, con programas diversos tales como o programa Rede Emprende en Igualdade ou a App contra a violencia machista “Escapp”. Desde o colexio somos conscientes de que o fomento do coñecemento e o uso avanzado das TICs é un instrumento clave na vida cotiá e de participación na sociedade actual e de futuro, e por iso continuaremos a traballar no desenvolvemento de medidas centradas en diminuír a fenda dixital de xénero e promover o uso máis amplo e diverso das tecnoloxías dixitais ao considerar as necesidades especiais dos grupos de mulleres que presentan un maior descoñecemento ou dependencia das mesmas. Vimos de asinar un convenio de colaboración coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, para favorecer un tipo de innovación tecnolóxica que

contemple a perspectiva de xénero e axude a superar esa desigualdade tecnolóxica e incluso social das mulleres, e por outra banda, para contribuír a sensibilizar e a favorecer a loita contra a violencia de xénero, a través de accións formativas, de información e divulgación, facendo fincapé especial na xente moza e o seu uso das tecnoloxías. Co foco nesta mocidade, vimos de colaborar tamén co Valedor do Pobo e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da organización da xornada “Adolescentes e Internet. Novos espazos de ciberviolencia de xénero”. Esta iniciativa pretende afondar na sensibilización e prevención, contribuíndo á transmisión a través das TIC de valores igualitarios e á ruptura de estereotipos de xénero, fundamentalmente entre a mocidade.

O uso das tecnoloxías da información ten amosado a súa bondade na promoción da igualdade e na prevención e loita en contra da violencia de xénero e na creación de ferramentas que axuden ás súas vítimas. O CPEIG reitera así non só o seu compromiso na difusión e sensibilización social no rexeitamento conxunto da violencia de xénero e a utilización dunha linguaxe inclusiva e non sexista en calquera medio de difusión que utilice, senón que tamén se compromete a impulsar este comportamento entre todos os seus colexiados, empresas colaboradoras e administracións coas que se relaciona. Fernando Suárez Lorenzo Presidente do CPEIG


4

i 1 mes, 1 profesión dixital

Remata a primeira edición da campaña “1 mes, 1 profesión dixital” A campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital “1 mes,1 profesión dixital” (http:/www.profesionsdixitais.org/) liderada polo CPEIG co apoio da Amtega impulsou, desde o mes de abril ata novembro, a concienciación da necesidade que ten a cidadanía de mellorar o seu dominio da tecnoloxía da información e a comunicación cara a consecución dun posto de traballo ou a mellora no emprego. As charlas, que contaron coa intervención de expertos e profesionais, deron a coñecer novos perfís profesionais dixitais como o de deseñador e programador dixitais, professional blogger, desenvolvedor de apps, especialista en contidos ou análise de datos, técnicos de e-commerce ou experto en marketing online, entre outros.

Obxectivos A campaña “1 mes 1 profesión dixital” nace cos obxectivos de potenciar o uso das Tecnoloxías da Información (TI) e estimular as vocacións tecnolóxicas na mocidade galega, así como de axudar ás persoas demandantes de emprego a incorporarse ao mercado laboral a través da formación en TI. A actuación enmárcase na campaña europea e-Skills for Jobs 2015, coa que se busca rachar a fenda existente entre as demandas para unha transformación dixital, por unha banda, e as competencias e coñecementos técnicos e as capacidades da poboación activa, por outra. Trátase así de aproveitar o potencial das novas tecnoloxías e non perder o ritmo da concorrencia mundial. O marketing, a comunicación, a educación, a arquitectura, a sanidade, a empresa… Todos os eidos profesionais e servizos á cidadanía avanzan pola senda da dixitalización e cómpre ter unha poboación preparada para asumir estes avances. A campaña “1 mes 1 profesión dixital” facilita o achegamento a este novo escenario laboral e facilita a decisión de cara onde enfocar o futuro profesional.

A iniciativa buscou mellorar as competencias dixitais para a empregabilidade e divulgar as novas profesións a través dun ciclo de charlas. Programación A programación das xornadas foi consonte ao seguinte calendario: 29 de abril en Santiago: “Faite profesional dixital do marketing dixital” 25 de maio en Santiago : “Faite profesional dixital dos contidos dixitais” 23 de xuño en Ourense: “Faite profesional dixital da banca do futuro” 28 de xullo en Santiago: “Faite profesional dixital do ámbito sociosanitario” 15 de outubro na Coruña. “Faite profesional de tecnoloxías informáticas na arquitectura”. 3 de novembro en Santiago: “Faite profesional dixital do xornalismo” Segundo sinala o Estudo nacional sobre a situación laboral

dos profesionais do sector das tecnoloxías da información,

promovido polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría Informática (CCII, nas súas siglas en castelán), os profesionais TIC españois están en niveis de pleno emprego, cunha inserción laboral do 94% dos titulados e profesionais enquisados.

Estes datos poñen de manifesto o “claro xacemento de emprego que supoñen as profesións TIC en todos os seus niveis de cualificación” na liña das previsións da Comisión Europea, e “a grande oportunidade de emprego que supón para a mocidade.


i

entrevista a abraham otero, experto en bitcoin e criptomoedas 5

“Bitcoin ten o potencial de abaratar entre un 3% e un 7% todas as compras online” Abraham Otero, doutor en Informática, relator no ciclo de xornadas “1 mes, 1 profesión dixital” Abraham Otero (Ourense, 1978) é licenciado en Ciencias Físicas e Doutor en Informática. Cofundou o Laboratorio de Bioenxeñaría na Universidade San Pablo CEU. Profesor titular de Ciencias da Computación, é coordinador da titulación do Grao en Enxeñaría Biomédica da Universidade San Pablo CEU. Que fai un experto en bitcoin e criptomoedas? No meu caso, profesionalmente dedícome a algo completamente diferente. Son coordinador dun Grao en Enxeñaría Biomédica na Universidade CEU San Pablo. Bitcoin é para min un hobby, ademais de, por suposto, unha moeda que usei para comprar cousas. O meu papel dentro da comunidade de Bitcoin podería definirse como “evanxelista”. Eu coñecín o proxecto bastante cedo, cando case ninguén oíra falar del. Pareceume interesante, e comecei a dar charlas e obradoiros sobre el. Como, especialmente dentro do mundo hispano, eu era dos primeiros falando do tema, isto levou a que se me convidase a dar moitas charlas sobre esta moda tan novidosa tanto en España como en Lationoamérica. Como chegaches a esta especialización? A min sempre me interesou a economía desde o punto de vista de ciencia que estuda o comportamento das persoas. Esta vertente da economía estuda os incentivos e desincentivos que levan os seres humanos a tomar decisións. Lin libros e teño algúns coñecementos básicos deste campo. Por outra banda, a miña formación académica está relacionada coa informátca, o que me deu os coñecementos de criptografía nos que se basea a moeda. Cando a comezos do ano 2000 me atopei con Bitcoin, algo que combinaba as dúas paixóns da miña vida (a economía e a informática), namoreime do proxecto inmediatamente. Comecei a ler, tanto documentos técnicos explicando o funcionamento criptográfico como documentos máis filosóficos explicando o porqué das decisións de deseño. Resumindo: fundamentalmente fun autodidacta, aínda que é certo que no momento de aparecer a moeda, grazas a que tiña coñecementos tanto de informática como de economía, eu me encontraba nunha posición bastante boa para comprendela en profundidade.

Que oportunidades de futuro representa? Bitcoin ten o potencial de abaratar entre un 3% e un 7% todas as compras online. Ao poder pagarlle directamente ao destinatario sen intermediarios (bancos, tarxetas de crédito …) afórranse as comisións destes intermediarios. Tamén é a plataforma ideal para poder implantar microtransaccións, isto é, pagos pequenos pola Internet. A microtransacción podería ser clave para o xornalismo online. A estes medios nin a publicidade nin o cobrar por subscrición lle soen funcionar demasiado ben. A publicidade dá poucos ingresos, e o pagar unha subscrición mensual é algo que fan poucos usuarios. Pero con Bitcoin é posible implantar unha solución que cun só clic lle envíe ao xornal da Internet, por exemplo, dous céntimos a cambio de ler un artigo. Todo isto sen necesidade de rexistrarme de ningún xeito, sen que sexa un pago recorrente e sen ningún compromiso. Isto a día de hoxe non se pode facer cunha tarxeta de crédito. A tarxeta sempre require rexistro por parte do usuario (algo tedioso) e coa tarxeta non é posible cobrar dous céntimos, porque as comisións de Visa ou MasterCard por realizar calquera transacción son superiores a ese importe. Que recomendacións darías a quen queira orientar o seu futuro laboral cara a banca do futuro? Sen dúbida, é un campo moi interesante. Os pagos dixitais (transferencias bancarias e pagos con tarxetas de crédito) son un campo que non variou de xeito significativo nas últimas décadas. Iso a pesar de que agora hai tecnoloxías que permiten simplificar os procedementos de pago, eliminar intermediarios abaratando o custo das transaccións e todo isto sen diminuír a seguridade. Falo de cousas como o teléfono móbil, a tecnoloxía NFC e as criptomoedas. Ao longo da seguinte década, o mundo dos pagos electrónicos vai sufrir unha ruptura dunha magnitude similar á que o mundo da música sufriu a principios da década pasada. Calquera persoa que queira orientar o seu futuro laboral cara a banca pode estar seguro de estar entrando nun campo onde vai haber moitas oportunidades de negocio.


6

i gran noite da enxeñaría en informática de galicia

A gala do CPEIG convocou o sector tic baixo o compromiso de crear unha sociedade da información inclusiva A Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia reuniu empresariado, representantes públicos e colexiados no Hotel San Francisco o pasado 23 de xuño O CPEIG celebrou o pasado 26 de xuño a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, un acto no que fixo entrega dos premios anuais. A gala, evento no que en cada edición se reforza o espírito de pertenza a un colectivo con demandas e intereses comúns, reuniu unhas 250 persoas no Hotel-Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela. Como convidados de honra asistiron a daquela conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez. Participaron tamén autoridades académicas, unha representación do empresariado TIC e, por suposto, unha ampla representación das colexiadas e colexiados.


i

gran noite da enxeñaría en informática de galicia 7


8

i gran noite da enxeñaría en informática de galicia As entidades, persoas e empresas distinguidas polas enxeñeiras e enxeñeiros informáticos galegos na edición de 2015 foron os seguintes: PREMIO PROXECTO FIN DE CARREIRA: Jesús Peón López, polo proxecto “Plataforma de Identificación Biométrica en Emerxencias Sanitarias”. Permite identificar os pacientes que requiren de atención sanitaria empregando sistemas biométricos, como a pegada dixital e o patrón intravenoso dixital.

PREMIO INICIATIVA EMPRENDEDORA:

PREMIO E-INCLUSIÓN: Grupo Promedia,

Teimas Desenvolvemento, empresa de

pola súa aposta pola integración, a través

desenvolvemento software orientada a

das novas tecnoloxías, das persoas con

produto, que leva adiante a súa actividade

diferentes problemas da linguaxe.

no sector ambiental.


i

gran noite da enxeñaría en informática de galicia 9

PREMIO ADA BYRON: Eva Dafonte, enxeñeira superior informática que traballa na actualidade na Organización Europea de Investigación Nuclear (CERN) en Xenebra. Recolleu o premio no nome da galardoada María José Lado, subdirectora da Escola Superior de Enxeñaría Informática.

PREMIO TRAXECTORIA PROFESIONAL: Benigno Rosón, subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

PREMIO APOIO Á INICIATIVA EMPRENDEDORA: Telefónica Galicia Open Future, proxecto tractor que, mediante a convocatoria de emprendedores, impulsa a innovación tecnolóxica en sectores estratéxicos para Galicia.

PREMIO INICIATIVA DA ADMINISTRACIÓN: Colaboración da Amtega e a Consellería de Educación na realización do “Estudo sobre os Factores Influentes na Elección de Estudos Científicos, Tecnolóxicos e Matemáticos”.


10

i gran noite da enxeñaría en informática de galicia Nas palabras que lles dirixiu aos presentes na gala da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, subliñou o compromiso da profesión, “claro e irrenunciable”, de construír “unha sociedade da información centrada na persoa, inclusiva, e onde todos poidan crear, acceder, utilizar e compartir a información e o coñecemento para permitir a persoas, comunidades e pobos acadar o seu pleno potencial”. Asemade, o máximo representante do CPEIG tivo palabras máis reivindicativas. Deste xeito, Suárez Lorenzo apuntou que “é chegado o momento de poñer en valor as capacidades dos profesionais da Enxeñaría en Informática no nivel corporativo axeitado” e destacou que a estratexia informática das organizacións é unha parte crítica da estratexia global corporativa. Suárez Lorenzo afondou nesta idea e manifestou que “as universidades españolas estiveron formando excelentes enxeñeiros en Informática infrautilizados polas organizacións, entre outras causas polo caos regulatorio e a falla de profesionalidade”.

PREMIO INICIATIVA EMPRESARIAL: Centro Tecnolóxico de Inditex. O epicentro tecnolóxico de Inditex conta cunha superficie construída de 4.000 metros cadrados e está dotado coa última tecnoloxía que garante a máxima seguridade en termos de fiabilidade da infraestrutura e a maior eficiencia enerxética posible.

Máis patrocinios Este ano o CPEIG contou cun maior número de patrocinadores, un feito que dá conta do interese crecente que suscita o colectivo entre o empresariado e as institucións.

Como patrocinadores ouro: Altia, Bahía Software, Cluster TIC Galicia, Emetel, Epson, Everis, HP-Intel, Indra, Oracle, Plexus, R, Telefónica, Vodafone e Xunta de Galicia. Como patrocinadores prata: Acuntia, Agasol, Atos, Avaya, Balidea, Cisco, Concello de Santiago, Deputación de Pontevedra, IBM, Idom, Ilux, Inforhouse, Inycom, Kaspersky, Microsoft-Solidq, Tecnocom e Telvent. Como mantedor da Noite da Enxeñaría en Informática actuou Dani Delacámara, quen tamén se encargou de amenizar a velada cun monólogo. Durante o cóctel de benvida, un grupo de ilusionistas sorprenderon os convidados no claustro do hotel, ao tempo que os asistentes ao evento puideron acceder a simuladores de voo, de Fórmula 1, de moto e de motocross. Un sorteo final repartiu diversos premios entre as colexiadas e colexiados.

COLEXIADO DE HONRA: Miguel Anxo Ríos Fernández, presidente da Real Academia Galega das Ciencias, pioneiro en Galicia no uso da Informática na investigación.


i

rapaciñ@s 11

O CPEIG e a Amtega puxeron en marcha as xornadas tecnolóxicas Rapaciñ@s este outono Distintas sesións celebradas en vilas e cidades deron continuidade ao gran evento celebrado o 3 de outubro no que Enrique Dans e Rocío Ramos-Paúl ofreceron orientación sobre riscos e vantaxes da Rede A era dixital abre un mundo de posibilidades que require un bo uso das novas ferramentas por parte das nenas e nenos. O programa Rapaciñ@s “A tecnoloxía ben segura” vai de normas e límites para un uso seguro da Internet e tamén de valores e oportunidades na esfera dixital. Na enquisa feita aos asistentes das xornadas ”Navega con Rumbo polo Ciberespazo”, impulsadas polo CPEIG en máis de 170 centros, en relación á pregunta “Que outros aspectos do campo das novas tecnoloxías cre que serían necesarios abordar en charlas no seu centro?” resultaron destacadas dúas temáticas: as redes sociais e menores, elixida polo 75,58% dos participantes, e técnicas de control parental, elixida polo 58,72% dos participantes. Destas preocupacións naceu a iniciativa Rapaciñ@s, que se celebrou ao longo deste pasado outono. O Auditorio da Cidade da Cultura de Galicia e os espazos lindeiros serviron de escenario ao pistoletazo de saída das xornadas Rapaciñ@s “A tecnoloxía ben segura”, impulsadas polo CPEIG e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) o pasado 3 de outubro. Esta xornada de arrinque foi inaugurada pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez. No evento participou o profesor de Sistemas de Información en I.E Business School, Enrique Dans, quen abordou os riscos na rede coa charla “Nenos, Rede e futuro: o perigo está en non estar”. A continuación, a psicóloga Rocío Ramos-Paúl, autora do “Manual de Supernanny”, expuxo as cuestións relativas a “Educar na era dixital”. En paralelo, as empresas Bq, Imaxin Software, Tech Academy e Vodafone-Pantallas Amigas celebraron obradoiros para nenos de entre 8 e 14 anos sobre navegación segura, realidade aumentada e protección de datos. As actividades combinaron aspectos lúdicos e didácticos. Despois da xornada celebrada en Santiago, colexiados e colexiadas continuaron coa campaña e trasladáronse a Ames, Ferrol, Monforte, Ourense, Ribadeo e Vigo para informar ás familias e profesorado sobre os riscos e vantaxes da Internet, mentres os rapaces asistían a obradoiros organizados pola empresa Imaxin Software para desenvolver a súa creatividade tecnolóxica e adquirir hábitos seguros.


12

i o cpeig nos medios de comunicacións Faro de Vigo I

La Región I 24 de Xuño de 2015

4 de Xullo de 2015

FARO DE VIGO

ESPECIAL ■ 13

SÁBADO, 4 DE JULIO DE 2015

TECNOLOGÍAS DE LA INFORMACIÓN REDACCIÓN [VIGO]

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebrou o pasado 26 de xuño a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, un acto no que fixo entrega dos premios anuais e no que se reforza o espírito de pertenza a un colectivo con demandas e intereses comúns. Unhas 250 persoas participaron na gala, á que asistiron a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; autoridades académicas; unha representación do empresariado TIC e colexiadas e colexiados. Na súa alocución aos presentes, o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, subliñou “o compromiso da profesión, claro e irrenunciable, de construír unha sociedade da información centrada na persoa, inclusiva e onde todos poidan crear, acceder, utilizar e compartir a información e o coñecemento para permitir a persoas, comunidades e pobos acadar o seu pleno potencial” O máximo representante do CPEIG tamén tivo palabras máis reivindicativas. Deste xeito, Suárez Lorenzo apuntou que “é chegado o momento de poñer en valor as capacidades dos profesionais da Enxeñaría en Informática no nivel corporativo axeitado” e destacou que a estratexia informática das organizacións é unha parte crítica da estratexia global corporativa. Suárez Lorenzo afondou nesta idea e manifestou que “as universidades españolas estiveron formando excelentes enxeñeiros en Informática infrautilizados polas organizacións, entre outras causas polo caos regulatorio e a falla de profesionalidade”.

Código Cero I 16 de Setembro de 2015

Os premiados En relación aos galardoados da presente edición da Noite, que se celebrou no Hotel-Monu-

Crear unha sociedade da información inclusiva, compromiso do sector TIC » O CPEIG celebrou o 26 de xuño a Noite da Enxeñaría

en Informática de Galicia, onde entregou os seus premios anuais

Foto de familia dos premiados na Noite da Enxeñaría en Informática. mento San Francisco, en Santiago de Compostela, estas son as entidades, persoas e empresas distinguidas polas enxeñeiras e enxeñeiros informáticos galegos na edición de 2015: –Premio Proxecto Fin de Carreira: Jesús Peón López, polo proxecto Plataforma de Identificación Biométrica en Emerxencias Santiarias, que permite identificar os pacientes que re-

quieren de atención sanitaria empregando sistemas biométricos, como a pegada dixital e patrón intravenoso dixital. –Premio Iniciativa Emprendedora: Teimas Desenvolvemento, empresa de desenvolvemento software orientada a produto, que leva adiante a súa actividade no sector ambiental. –Premio e-Inclusión: Grupo Promedia, pola súa aposta pola

integración, a través das novas tecnoloxías, das persoas con diferentes problemas da linguaxe. –Premio Ada Byron: Eva Dafonte, enxeñeira superior informática que traballa na actualidade na Organización Europea de Investigación Nuclear (CERN) en Xenebra. –Premio Apoio á Iniciativa Emprendedora: Telefónica Galicia Open Future, proxecto trac-

[] AXENDA TIC

PRINCIPAL

RECURSOS DE BUSCA

NOVAS

CODIGO.GAL

GADGETS/TREBELLOS

VIDEOXOGOS

EDICIÓN IMPRESA

TOP 100 (WEBS GALEGAS)

COMPOSTELA E OURENSE ANALIZARÁN O USO DOS DRONS NUNHA XORNADA mércores, 16 de setembro do 2015

Redacción

TOP 50 (WEBS EN GALEGO)

PUBLICIDADE

Os vindeiros días 17 e 18 de setembro Compostela e Ourense

La Voz de Galicia I 28 de Setembro de 2015

acollerán unha xornada titulada: Lexislación e oportunidades do uso dos drons, unha cita que servirá para achegarse ao marco xurídico e outros aspectos que rodean a estes vehículos aéreos non tripulados. Que é un dron? Pois como acabamos de dicir, trátase dun vehículo aéreo non tripulado (VANT), UAV (Unmanned Aircraft Vehicle), isto é, unha aeronave que voa sen tripulación, ou dito doutro xeito, un vehículo sen tripulación reutilizábel, capaz de manter un nivel de voo controlado e sostido, sendo propulsado por un motor de explosión ou de reacción. Volvendo á xornada, cómpre dicir que en Santiago se celebrará o día 17 de setembro con horario de 16.00h a 20.00h no salón de actos do Colexio de Avogados. No caso de Ourense, a xuntanza levarase a cabo o día 18 de setembro no salón de actos da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo (no campus ourensán) de 9.45h a 14.00h. Detrás da organización deste evento atópanse: o CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia), a Universidade de Vigo e os Colexios de Avogados de Ourense e Vigo co apoio da empresa RKDrones e a colaboración da Axencia Estatal de Seguridade Aérea. Engadir que a inscrición á xornada é de balde. Aquelas persoas interesadas poden consultar as seguintes páxinas para se inscribiren: dronesOurense.eventbrite.es e dronesSantiago.eventbrite.es.

PROGRAMA COMPOSTELA 16.00: Presentación da xornada a cargo do decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela e o presidente do CPEIG. 16.15: Drons de Seguridade Aérea. Marco Regulador. Laura López Sanz, da Axencia Estatal de Seguridade Aérea.

Revista en PDF:

17.15: Pausa­café. 17.45: Responsabilidade civil dos operadores de RPA’’s e o seu aseguramento obrigatorio. María Jesús Guerrero Lebrón, da Universidade Pablo Olavide. 18.45: Drons para todos. Ámbitos de Aplicación. Representante da empresa RKDrone. 19.15: Mesa redonda. 20.00: Peche da xornada.

PROGRAMA OURENSE 09.45: Presentación da xornada a cargo do decano do Colexio de Avogados de Ourense e o presidente do CPEIG. 10.00: Drons de Seguridade Aérea. Marco Regulador. Laura López Sanz, da Axencia Estatal de Seguridade Aérea. 11.00: Pausa­café. 11.30: Responsabilidade civil dos operadores de RPA’’s e o seu aseguramento obrigatorio. María Jesús Guerrero Lebrón, da Universidade Pablo Olavide. 12.30: Drons para todos. Ámbitos de Aplicación. Representante da empresa RKDrone. 13.15: Mesa redonda. 14.00: Peche da xornada.

Descárgaa xa

tor que, mediante a convocatoria de emprendedores, impulsa a innovación tecnolóxica en sectores estratéxicos para Galicia. –Premio Traxectoria Profesional: Benigno Rosón, subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información do Servizo Galego de Saúde (Sergas). –Premio Iniciativa da Administración: Colaboración da Amtega e a Consellería de Educación na realización do “Estudo sobre os Factores Influentes na Elección de Estudos Científicos, Tecnolóxicos e Matemáticos”. –Premio Iniciativa Empresarial: Centro Tecnolóxico de Inditex. O epicentro tecnolóxico de Inditex conta cunha superficie construída de 4.000 metros cadrados e está dotado coa última tecnoloxía que garante a máxima seguridade en termos de fiabilidade da infraestrutura e a maior eficiencia enerxética posible. –Colexiado de Honra: Miguel Anxo Ríos Fernández, presidente da Real Academia Galega das Ciencias, pioneiro en Galicia no uso da Informática na investigación. Este ano o CPEIG contou cun maior número de patrocinadores, un feito que dá conta do interese crecente que suscita o colectivo entre o empresariado e as institucións. Como patrocinadores ouro: Altia, Bahía Software, Cluster TIC Galicia, Emetel, Epson, Everis, HP-Intel, Indra, Oracle, Plexus, Telefónica, Vodafone e Xunta de Galicia. Como patrocinadores prata: Acuntia, Agasol, Atos, Avaya, Balidea, Cisco, Concello de Santiago, Deputación de Pontevedra, IBM, Idom, Ilux, Inforhouse, Inycom, Kaspersky, Microsoft-Solidq, Tecnocom e Telvent.

Sobre o CPEIG O CPEIG é un dos colexios profesionais máis activos na defensa dos intereses dos seus colexiados. Con sede en Santiago de Compostela, na actualidade conta con máis de 350 persoas colexiadas.


arán onxo

Cornes tido

car a las 10.30 tará también y C2 del bus. quedarán sin aza da Mercé.

o cpeig nos medios de comunicacións El Correo Gallego I 2 de Octubre de 2015

La Voz de Galicia I 3 de Octubre de 2015 L2 | SANTIAGO |

TRANSPORTES Estación de Autobuses

981 542 416

Transporte urbano

901 120 054

Renfe

902 240 202

Aeropuerto

981 547 500

AENA

902 404 704

PARADAS DE TAXI Radiotaxi

981 569 292

Praza Roxa (24 horas)

981 595 964

Montero Ríos (24 horas)

981 561 028

Galeras

915 580 173

Polígono de Fontiñas

981 575 959

Avenida de Figueroa

981 585 973

Estación de Autobuses

981 582 450

Estación Ferrocarril

981 598 488

Castiñeiriño

981 521 300

Aeropuerto de Lavacolla

981 591 575

AUTOBUSES DE LÍNEA Castromil

902 292 900

Arriva

902 277 482

Alsa-Enatcar

902 422 242

Freire

981 563 238

La Estradense

986 570 018

Autobuses de Calo

981 548 581

Mosquera

981 587 124

URGENCIAS Emerxencias-SOS Galicia

112

SEGURIDAD COMARCAS Policía Local de Ames

619 767 575

Policía Local de Arzúa

618 881 487

Policía Local de Brión

981 893 474

Policía Local de Melide

610 673 767

Policía Local de Ordes Policía Local de Oroso Policía Local de Santiago

676 975 533 981 691 680 981 542 323

Policía Local de Teo

606 984 838

Guardia Civil de Arzúa

981 500 002

Guardia Civil de Boimorto

981 516 212

Guardia Civil de Brión

981 887 011

Guardia Civil de Melide

981 505 007

Guardia Civil de Milladoiro

981 536 405

Guardia Civil de Negreira

981 885 001

Guardia Civil de Ordes

981 680 030

Guardia Civil de Padrón

981 810 091

Guardia Civil de Sta. Comba

981 880 023

Guardia Civil de Sigüeiro

981 691 381

FARMACIAS DE GUARDIA SANTIAGO

4 de Octubre de 2015

URGENCIAS (9.30 a 22.00 horas) San Pedro de Mezonzo, 34 Rúa do Toural, 11 Rúa de Madrid, 12

La Voz de Galicia

|

Domingo, 4 de octubre del 2015

981 593 391 981 585 940 981 583 156

Frei. Rosendo Salvado, 18

981 599 702

Santa Marta de Arriba, 4-6

981 521 064

Castiñeiriño, 12

981 590 397

Porta Faxeira, 1

981 585 802

Restollal, 47

981 599 225

Cantón do Toural, 1

981 585 895

República Arxentina, 43

981 592 172

| SANTIAGO | L5

SERVICIO NOCTURNO (22 a 9.30 horas) Toural, 11

981 585 940

Rúa de Madrid, 12

981 583 156

República Arxentina, 43

981 592 172

COMARCAS

TECNOLOGÍAS

Ames Avda. da Mahía, 24. Bertamiráns Arzúa Padre Pardo, 34 Dodro Lestrove, s/n

Rapaciñ@s forma en el Gaiás en el uso seguro de Internet Melide Progreso, 3

Negreira Carreira de San Mauro, 26 Ordes Alfonso Senra, 139

Santa Comba Lugar da Pereira, s/n Teo Travesía de Cacheiras, 70

Sábado, 3 de octubre del 2015

|

La Voz de Galicia

ROCÍO RAMOS-PAÚL PSICÓLOGA Y EDUCADORA

SERVICIOS

La Voz de Galicia I

i 13

«Para el uso de móviles y pantallas hay que poner normas y límites» Participa esta tarde en el Gaiás en una jornada para familias y menores J. GÓMEZ SANTIAGO / LA VOZ

raciones es cómo hacer para no prohibir y que su hijo no abuse.

La psicóloga y educadora Rocío Ramos-Paúl, también conocida como Supernanny por un programa de televisión, participa hoy en el Gaiás en Rapaciñ@s, una jornada orientada para familias y menores sobre el uso de móviles y otras tecnologías. Hablará para padres y madres a las 18.30, después de Enrique Dans, otro reconocido experto, que lo hace a las 16.45. Al mismo tiempo se organizan talleres para que menores entre 8 y 14 años (no hace falta inscripción previa) aprendan a usar Internet de forma segura y creativa. Rocío es autora de Manual de Supernanny, Aprendiendo a enseñar, Mi hijo no come o Niños desobedientes, padres desesperados, libros con directrices educativas para ayudar a resolver preocupaciones y conflictos y lograr una mejor convivencia.

—¿Hay alguna receta para conseguirlo? —Recetas mágicas no hay. Hay que pensar que se tiene que educar en todos los ámbitos y áreas de la vida de un hijo, y esta es una de ellas. Para el uso de móviles y pantallas hay que poner normas y límites, con sus consecuencias. Y si hay un mal uso se puede incluso retirar el móvil, ¿por qué no? Aunque la aplicación de eso en la práctica sea más complicada de lo que parece.

—¿Qué dificultad tiene educar en el hogar en el uso de nuevas tecnologías? —Hay que saber cómo hacerlo y en qué momento, sin miedo. Muchos padres lo que hacen es prohibir, porque no saben de qué van y les da miedo. La prohibición aumenta el atractivo para el niño, hace que insista más. Así se generan conflictos en la dinámica familiar. Y esa tecnología es muy frecuente, porque está en el ocio digital, o en los estudios. Por eso a los padres les preocupa el control de esas tecnologías nuevas y su buen uso. —¿Generan muchas consultas? —Sí, y son diferentes según las edades. Con los más pequeños preocupa cuándo darles el móvil o que dediquen demasiado

Rocío es muy conocida por el programa «Supernanny». PACO RODRÍGUEZ

tiempo a videojuegos. Con adolescentes, si tienen móvil propio, el abuso del smartphone o de las pantallas en general, pues a veces están todo el día con el teléfono, hasta cuando comen, no hablan ni se comunican de otro modo. La parte más clínica tiene relación con el abuso de las tecnologías; o el acoso, tanto quien acosa como quien es acosado. —¿Preocupa el gasto? —También, porque son tecnologías caras. Pero sobre todo el control de contenidos y el tiempo que deben utilizarlas.

«La prohibición aumenta el atractivo para el niño, hace que insista más» —¿Están preparadas las familias para afrontar estas situaciones? —Sí, la brecha digital cada vez es más pequeña. Los padres de ahora ya usaban videojuegos, en su ocio hubo una parte digital. El problema que tienen estas gene-

EDUCACIÓN FORMACIÓN TALLERES LIBROS EN EL MERCADO Estar en Internet de forma segu-un La USC promueve El laboratorio itinerante Paraguas contra la La biblioteca Ánxel para alumnos tecnológico de Circolab violencia infantil en el Casal se da a conocer ra y aprovechar su programa potencial eduSan Francisco Javier emprendedores se instala en el Gaiás en la Plaza de Abastos La Voz de Galicia 4 de Novembro de 2015 cativo es el objetivo deyla campaLa USC la Fundación Innovación El laboratorio itinerante Circolab, Con motivo del Día Internacional de La biblioteca pública de Santiago Bankinter promueven la sépti- que promueve el aprendizaje y de- la No Violencia, los alumnos del co- estará presente un año más en la ña «Rapaciñ@s. A de tecnoloxía benProject, sarrollo de la imaginación y crea- legio compostelano San Francisco Plaza de Abastos con un puesto de ma edición de Akademia un curso gratuíto que busca esti- tividad a través de las nuevas tec- Javier realizaron una jornada edu- atención al público que permanesegura». Ayer celebró su primera mular el espíritu emprendedor en- nologías, se instalará hoy en la Ci- cativa en la que elaboraron para- cerá abierto todos los sábados del tre los alumnos de los últimos cur- dade da Cultura. Allí impartirá tres guas simbólicos para protegerse de mes, de 8.30 a 13.45 horas. En él la sesión, en el Gaiás, con Enrique sos de cualquier titulación univer- talleres entre las 16 y las 20 horas, la violencia infantil. Con este ges- Ánxel Casal dará a conocer la coDans y Rocío Ramos-Paúl (Supersitaria. El Salón de Graos de Far- de una hora de duración cada uno, to el centro representaba la volun- lección que alberga, con una pemacia acogerá este martes a las y con un aforo máximo de veinte tad de guarecer a los menores de queña representación de sus fonnanny), que hablaron para padrespara los personas por sesión. Será su últi- «esa lluvia tan constante de vio- dos, constituida por libros, revistas 12 horas una presentación estudiantes interesados en parti- ma escala en Santiago, después lencia contra los más jóvenes de y audiovisuales. En el propio puesy madres; y actividades para adocipar. Las inscripciones deberán de pasar ayer por el Museo Gra- la casa». En el acto se leyó un ma- to se facilitarán los trámites para PATIO DE VECINOS formalizarse antes del domingo 11. nell, para partir hacia A Coruña. nifiesto elaborado por los alumnos. hacerse socios del centro. lescentes. Organizan la Axencia para a Modernización y el Colexio Profesional de Enxeñaría InÚ. XAVIER MACIEIRA formática. FOTO ÁLVARO BALLESTEROS redac.santiago@lavoz.es

I

La Voz de Santiago

—¿Cómo ha cambiado la demanda en su consulta? —La demanda está en función de lo social y es muy parecida. De los más pequeños preocupan los hábitos del sueño y de la alimentación; también las consecuencias de un divorcio; o ahora se ven más casos de acoso escolar. El comportamiento del niño dice que le pasa algo a lo que hay que responder. Al ser más mayores surgen problemas de normas y límites; del estudio en adolescentes; y la comunicación, la negociación, establecer un tipo de relación distinta y ser un padre diferente a cuando el niño era pequeño de manera natural. —¿Cómo ha influido «Supernanny» en su profesión? —Me ha dado una serie de oportunidades a las que de otro modo sería muy difícil acceder. Es una experiencia interesante por el cariño que siente la gente, que te paren y te digan que duermen gracias a ver un programa es muy satisfactorio. A nivel profesional los medios de comunicación dan un empuje que de otra manera es complicado conseguir.

MOVILIDAD

Corte de tráfico por las obras en la avenida de Quiroga Palacios

El Concello de Santiago ha informado que este lunes se llevará a cabo un corte de tráfico a causa de la tercera fase de la ejecución de las obras para la renovación de viales y aceras en la avenida QuiroMIÉRCOLES 4 DE NOVIEM ga Palacios. El tramo afectado seDelegado: Ignacio Carballo rá el comprendido entre la rúa Batalla de Clavijo y la rúa PuenteJefe de comercial: Ramón Nóvo la Reina, con una duración estimada de un mes y medio. Al mismo tiempo, la rúa de Belvís se volverá A PIE DE CAL a abrir de nuevo al tráfico.

Un recuerdo para las víctimas de Kunduz

1

1

Médicos sin Fronteras no olvida a las treinta personas, entre colegas de la organización y pacientes, fallecidas en octubre en el bombardeo del hospital de Kunduz (Afganistán). Y ayer, al cumplirse un mes del «espeluznante ataque do exército estadounidense», en el que hubo además 37 personas heridas, dedicaron un recuerdo a las víctimas con un acto, por la tarde, en la plaza de Pratarías. «Non se pode e non se debe bombardear hospitais. Necesitamos saber se as regras da guerra mudaron», señala María Díaz, delegada de la oenegé para Galicia.

María José Fer

MARÍA JOSÉ

Delegada de Man

Médicos sin Fronteras recordó en Pratarías a las víctimas del hospital de Kunduz. JUAN GRONDONA

2

Periodismo digital

2

La campaña 1 mes 1 profesión dixital, promovida por el Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia y la Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, mostró en la Facultade de Ciencias da Comunicación las posibilidades del periodismo digital. El decano del centro, Xosé Ramón Pousa; el vicedecano, Carlos Toural; y Manuel Gago, profesor experto en la materia, auspiciaron un encuentro en el que conocidos expertos disertaron sobre cómo vestir el ego digital y las posibilidades profesionales de este ámbito.

La campaña sobre periodismo digital finalizó en Ciencias da Comunicación. JUAN GRONDONA

3

La labor de Cáritas

3

La exposición 50 años de servicio de Cáritas Diocesana muestra en el Instituto Teológico Compostelano la labor de esta entidad y sus diferentes campañas institucionales. Puede visitarse toda la semana, y ver como hace frente a la pobreza.

La exposición sobre Cáritas permanece toda la semana en el Instituto Teológico Compostelano. ALEXIS REY

«Esta ex sobre de humano no ensin

J. G. SANTIAGO /

Manos Unida posición Arte de Siro López ra mañá ás 12.0 lexio de Fons manece até o co mecenado Barrié, e a co USC e do Co tiago. María J delegada de M Compostela, a ta exposición humanos inte e xa hai dez ce firmaron que berá visitas g luntariado da traballo didác para informar cia sobre un te tualidade. A m vertente educ da para alumn ria, secundari aínda que calq derá encontrar interesantes» liza nesta exp tes técnicas, d a grafito, aeró outras, e mes das súas pintu ción e a ensam riais moi dive


14

i os nosos patrocinadores ouro. clúster tic

O Clúster TIC movendo TIC Neste 2015 fíxose máis visible o labor que vén desenvolvendo o Clúster TIC Galicia para consolidar un sector galego especializado e competitivo. Queremos ser un polo de coñecemento de referencia a nivel internacional e cada acción executada achéganos un pouco máis a este obxectivo. Conseguimos asinar un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia que nos permitirá axudar a tres sectores dentro da estratexia da industria 4.0 e que nos traerá liñas específicas de financiamento para executar a súa transformación dixital. Realizamos o primeiro ‘Mini-MBA|Clúster TIC’, formación específica e adaptada ás necesidades das nosas empresas para que teñan ferramentas de mellora. No eixo estratéxico da internacionalización continuamos executando o programa ‘Marco-Polo’ un intercambio de información a través da experiencia das empresas socias xa internacionalizadas que lle axuda a valorar e acometer a expansión a outras. Entregamos os I Premios Clúster TIC Galicia, un achegamento e respaldo da entidade a proxectos incipientes e innovadores que están nacendo na comunidade. Creamos o Club de Investidores do Clúster, que ademais de ter o compromiso de investimento privado en proxectos e empresas de base tecnolóxica, tamén realiza labores de asesoramento e seguimento para que acaden niveis óptimos de maduración que lles permitan a súa comercialización. E pechando o ano comezamos un novo percorrido coa creación do Grupo de Traballo de Internet das Cousas, unha liña que comeza coa investigación para chegar ao desenvolvemento e que abrirá novas portas de especialización e negocio para as TIC galegas. Esta pequena mostra do traballo feito e tamén do que aquí non se reflicte, foi realizado grazas a implicación e participación de cada entidade adherida ao Clúster. Agardamos seguir no bo camiño e que a ilusión coa que facemos este labor salpique e atraia a todas e cada unha das empresas, persoas e entidades que conformamos o ecosistema galego das tecnoloxías da información e da comunicación. De xeito anticipado dámosvos a benvida ao proxecto Clúster TIC Galicia!

EXCEED YOUR VISION


i

beneficios colexiais 15 _ ING _ Asociación para el Progreso de la Dirección (APD) _ Banco Sabadell _ Novagalicia Banco

O CPEIG DEFENDE OS TEUS INTERESES O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) é un dos colexios profesionais máis activos na defensa dos intereses dos seus colexiados e colexiadas e o medio a través do cal os profesionais do sector poden participar no ordenamento e na regulación do ámbito da enxeñaría en informática. O CPEIG agrupa a todas as persoas que, tendo o título oficial de Enxeñaría en Informática ou Licenciatura en Informática, desenvolven actividades propias da profesión en Galicia. Cunha estrutura interna democrática e independente das Administracións públicas, o CPEIG constituíuse no mes de decembro de 2007 como corporación de dereito público e de carácter profesional, con personalidade xurídica propia que se rexe pola normativa vixente na materia e polos seus estatutos. Con sede en Santiago de Compostela, na actualidade conta con 350 persoas colexiadas.

O CPEIG OFRÉCECHE SERVIZOS: _ Bolsa de emprego

_ Díaz de Santos _ Escola de Negocios Novacaixagalicia _ Hotel Louxo A Toxa _ Hoteis Eurostars _ Hoteis High Tech _ Hp _ La Caixa _ León y Pérez Abogados _ Abogados Pintos y Salgado _ pQliar _ Viaxes Viloria _ Hotel Monumento San Francisco _ CuVit _ Instituto Madrileño de Formación _ Pigoo Soluciones Web _ Previsión Sanitaria Nacional _ OELS Oficcial English Language School _ Escolas Infantís PSN Bicos nas cidades da Coruña e Pontevedra

_ Cursos de formación _ Xornadas

CÓMO COLEXIARSE

_ Docencia

Documentación: _ Fotocopia do DNI ou pasaporte

_ Servizo de responsabilidade civil gratuíto

O CPEIG OFRÉCECHE INCORPORARTE A:

_ Fotocopia compulsada do título de Licenciado/a ou Enxeñeiro/a en Informática.

_Programa Navega con Rumbo polo Ciberespazo. Charlas remuneradas nos centros escolares a prol dunha navegación en Internet segura e responsable.

_ Documento da entidade bancaria onde consten o/a solicitante da colexiación como titular da conta e todos os díxitos da mesma,

_Programación nas Escolas. Charlas remuneradas nos centros escolares a prol da introdución da programación en primaria.

_ Formulario de colexiación cumprimentado e asinado.

_Corpo Oficial de Peritos (COP). _Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia.

BENEFICIOS COLEXIAIS

Cota: 60 euros semestrais

Os colexiados e as colexiadas poden beneficiarse de condicións vantaxosas nos seguintes organismos e empresas: _ Aula Tegnix

A documentación para colexiarse ou pre-colexiarse debe entregarse ou remitirse por correo ordinario á sede do CPEIG, situada na Rúa Fernando III O Santo, 13-1ºA, 15701 Santiago de Compostela.

_ ASISA _ Universidade Europea de Madrid _ Escuela Europea de Negocios _ ADESLAS _ Hotel Puerta del Camino (Santiago de Compostela) _ Hoteis NH Obradoiro (Santiago de Compostela)

Podes ampliar esta información na web www.cpeig.gal ou a través do enderezo electrónico informacion@cpeig.gal Teléfono: 981 592 773 Fax: 981 553 997



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.