deseño e artes plasticas

Page 1

Ensinanzas profesionais de artes plĂĄsticas e deseĂąo


Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño Estas ensinanzas estrutúranse en familias profesionais (semellantes ás de formación profesional) e abordan a aprendizaxe das técnicas artísticas, así como os oficios artísticos tradicionais. Consisten nunha formación teórico-práctica, na escola onde se imparten, e unha formación práctica en empresas, estudios ou talleres. A súa duración é de dous anos académicos. Para que serven estas ensinanzas? 

A titulación de técnico en artes plásticas e deseño permite acceder ao mundo laboral, desempeñando os labores da súa competencia, e tamén a inserción no bacharelato ou nos ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica ou de artes plásticas e deseño. A titulación de técnico superior en artes plásticas e deseño permite acceder directamente a estudos universitarios relacionados coa profesión estudada, así como a inserción no mundo laboral.

Que ciclos se poden estudar e onde? 

EASD Antonio Faílde: CGS de ilustración, CGS fotografía artística, DGM de ebanistaría artística. EASD Mestre Mateo: CGS de xoiaría artística, CGS de arquitectura efémera, CGS de fotografía artística, CGM de procedementos de xoiaría artística. EASD Pablo Picasso: CGS de artes aplicadas da escultura, CGS de fotografía artística, CGS de ilustración, CGM de dourado e policromía, EM de cerámica artística. EASD Ramón Falcón: CGS de gravado e técnicas de estampación, CGS de cerámica artística, CGS de fotografía artística, CGM de serigrafía artística.

Que se precisa para acceder a estas ensinanzas? Ciclos de grao medio  Con requisitos académicos. – Cómpre superar a proba específica con título de graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO) ou superada a aproba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou superada a proba de madureza para o acceso aos ciclos formativos de formación profesional específica ou ensinanzas deportivas de grao medio.

– Tense acceso directo co título de técnico ou técnico superior de artes plásticas da mesma familia profesional artística, sen o requisito de idade, ou superados os cursos de comúns das ensinanzas de AOA ou de AP, co título de bacharelato na modalidade de artes, ou bacharelato experimental, co título superior de deseño, de artes plásticas ou de conservación e restauración de bens culturais, coa licenciatura en belas artes, arquitectura ou enxeñaría técnica en deseño industrial, ou con experiencia laboral de polo menos un ano, relacionada directamente co ciclo formativo. Sen requisitos académicos. Cómpre superar a proba de madureza e a proba específica, con 17 anos cumpridos, superando unha proba de madureza e outra de carácter específico.

Ciclos de grao superior  Con requisitos académicos. – Acceso directo co título de bacharelato pola especialidade de artes, ou co título de técnico en AAPPD da mesma familia profesional. – Cómpre superar a proba específica co título de bacharelato por calquera outra especialidade que non sexa a de artes.  Sen requisitos académicos. Cómpre superar a proba de madureza e mais a proba específica, con 19 anos cumpridos no ano de realización da proba.

Máis información 

Escolas de arte e superiores de deseño (EASD) públicas: – EASD Mestre Mateo. Rúa Virxe da Cerca, 32. 15703 - Santiago de Compostela. Tel.: 981 587 757 www.centros.edu.xunta.es/eartmestremateo – EASD Pablo Picasso. Rúa Os Pelamios, 2. 15001 - A Coruña Tel.: 981 225 396 www.eapicasso.com

– EASD Ramón Falcón. Paseo dos Estudantes, s/n. Montirón. 27002 - Lugo Tel.: 982 220 790 www.escarteramonfalcon.com – EASD Antonio Faílde. Av. da Universidade, 18. A Cuña. 32005 – Ourense Tel.: 988 238 365 www.escolarte.com Centros privados autorizados de artes plásticas e deseño: – Aula D. Rúa Ourense, 2-4, patio central baixo. 36211 - Vigo. Tel.: 986 214 076. www.info@aulad.com – Atlántico. Avda. da Ponte, 9. Edificio Cabral. 36215 - Vigo. Tel.: 986 266 058. www.escuelaatlantico.com – Felicidad Duce. Fundación Ramón González Ferreiro. Rúa Paciños, 2. 32667 - Allariz. Tel.: 988 455 380. www.fdmoda.com Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial. Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial. Edificio Administrativo San Caetano. Tel.: 981 546 555 / 981 546 556 Fax: 981 546 551 15781 - Santiago de Compostela www.edu.xunta.es


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.