RECEITAS DE ENTROIDO

Page 1

AS NOSAS RECEITAS


O ENTROIDO NA MESA... ...e nos nosos bandullos No segundo ciclo somos de bo dente. Por iso, non se nos ocurriu mellor cousa que facer unhas “xornadas gastronómicas” . E que mellor data que no Entroido? Preguntamos na casa, escribímo-las receitas, cociñamos na casa, trouxémo-la proba ao cole ( as profes dicían: “sen proba... hai suspenso”), quitámo-las fotos, COMEMOS !!!! Todo esto en días distintos para non enchernos demasiado... O único que non comemos foi o cocido porque como que as 10 da mañá non presta.


Como poderedes comprobar hai receitas de aquí e de acolá chegando a Marrocos. Ademais de enche-lo bandullo, enchémo-las nosas mentes lendo un libro de Paula Carballeira titulado “Correo urxente” e diredes vós: “Pero que comían? Cartas?”. Non; trata das cartas que se escriben o cociñeiro dun cole, a súa irmá e un amigo... Falan de cousas, de contos e... de receitas. Está na Biblio do cole. É moi divertido e riiiico.

BO PROVEITO!!


XABAQUIA Ingredentes –1 Kg de fariña. –1 ovo –1 vaso de azucre –1 vaso de aceite de xirasol –1 chisco de azafrán

Cómo se fai? Misturámo-la a masa moi ben. Despois cun rodillo estirámola e cortámola en cadradiños. Facemos lazos e poñémolos nunha bandexa. Ao rematar poñemos aceite a quentar. Botámo-los lazos a fretir. Poñemos mel nunha bandexa e mergullámo-los lazos nela. Cando estean rematados poñémolos nun sitio seguro onde non veñan as formigas. Deixámolas enfriar e... a comer!!



Doce de limón Ingredentes – 500 g de fariña – 500 g de azucre – 3 ovos – 4 culleradas soperas de tulipán – 1 sobre de Royal – 400 ml de leite – Zume dun ou dous limóns e un pouquiño de azucre para facer o xarope que utilizaremos na decoración.

Cómo se fai? Nun recipiente misturamos a fariña co Royal. Noutro o azucre co tulipán e cando estea ben misturado botámoslle a xema dos ovos e seguimos a darlle voltas. Cando todo estea ben mareado, engadímoslle un pouco de leite e un chisco de fariña e seguimos misturando ata que rematemos o leite e a fariña. Por último engadímoslle as claras a punto de neve. Ollo, hai que usar as mans (iso si, ben limpas). Botamos a masa nun molde untado de mantequilla e enfariñado. Metémolo no forno ata que estea douradiño e para saber se está feitiño por dentro hai que espichar un mondadentes. Se sae sequiño o biscoito está listo. Cando estea cocido cubrímolo co xarope que faremos misturando o azucre o zume de limón. Ten que quedar un pouquiño espeso pero non demasiado.





FILLOAS



En Marrocos ás “chulas” bótanlle cuscús e mel quedando así de ricas.


cocido Ingredentes – Chouriza – Chourizo de cebola – Carnes variadas (touciño, xamón, costela...) – Patacas – Berzas – Repolo – Legumes – Ademáis noutras versións poderíase botar arroz, cenoria, cabaza a gusto do que vai papalo.


Tortilla

Ingredentes – FUNDAMENTAL!!! patacas, ovos, cebola e sal. Metida no pan está de vicio. Nota dos autores: As fotos son reais como a vida mesma.


CONTINUARÁ...


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.