O BERRO 2010-2011 VOLUME 2

Page 1

O BERRO 2010-11 CPI Terras de Maside VOLUME 2


PISCIFACTORÍA E CENTRO COMARCAL

3º Primaria Os alumnos de 3º e 4º de Primaria fomos de visita ao Centro Comarcal e á Piscifactoría do Carballiño. No primeiro vimos nun vídeo e nuns paneis moita información sobre a comarca.

Na piscifactoría aprendemos moitas cousas sobre as troitas e a pescar sen cana (nunha tina, claro).

Faláronnos de : -As augas mineromedicinais que hai, para que se empregan e como se forman. -Os oficios nos que traballaba a xente antigamente e, tamén, na actualidade: arrieiros, canteiros, albaneis, carpinteiros, … -A importancia da madeira e da pedra que se obteñen na zona e a súa utilización (construción, exportación, fábrica de ataúdes, …). -Os factores dos que dependía a economía da zona. -A emigración dos paisanos. -A importancia das festas gastronómicas (pan de Cea, polbo, cabalo, cacheira, …). -A riqueza cultural (Castro de San Cibrán de Lás, Mosteiro de Oseira, Reloxo de Maside, Ponte de San Fiz, Puzo de Lago, Parque da Rañoa, Pazos de Arenteiro, …). Por último, puidemos disfrutar dun paseo pola beira do río ata o Muíño das Lousas e subir á Pedra dos Namorados.

DÍA DA PAZ 2º Primaria Para a celebración do Día da Paz os nenos e nenas de primaria fixeron xogos cooperativos,un mural xigante e nunha silueta dunha pomba debuxada no patio do colexio colocaron cada un e cada unha uns bandeiríns feitos por eles, e como remate final da celebración, cantaron unha canción en inglés.


Visita turística a Ourense Arlet e Carlos 5º de primaria O día 13 de xaneiro, o terceiro ciclo de primaria, fomos a Ourense. Pasamos polas Burgas, a Praza Maior, a Praza do Trigo, a Praza da Magdalena, a Catedral, a Igrexa de Santa Eufemia, e rematamos na Alameda na estatua de Eduardo Blanco Amor.

As Burgas son a orixe da cidade. Teñen auga quente e medicinal. Na cima das Burgas hai un escudo dun león que representa o reino de Castela-León. Por detrá.s das fontes fixeron unhas piscinas con auga das Burgas onde a xente da cidade se baña para mellorar a saúde da pel Na Praza Maior vivía o bispo que era o que mandaba naquela época. Na súa casa hai un escudo enorme e o curral ocupa parte do Concello. A carón da casa do bispo está a Igrexa de Santa María a Maior. Ten unhas columnas de mármore que aínda se conservan. Tamén na Casa do Concello hai moitos escudos. Na Praza do Trigo, que antigamente era un mercado de cerais, hai unha bonita fonte que veu do mosteiro de Oseira. A Praza da Madalena era un antigo cemiterio onde se conservaron algunhas lápidas. O chan é de pedra que se colleu do río Miño. Tamén hai un cruceiro que foi trasladado ata alí desde a Ponte Romana. Na cara sur da Catedral hai dúas torres, unha redonda e outra cadrada porque foi reconstruída despois, e tamén hai un reloxo de sol. A cara norte está moi adornada. A ambos os lados da porta aparecen dúas estatuas: un apóstolo e un profeta. Hai dúas ventás de estilo gótico. A Igrexa de Santa Eufemia empezaron a construíla os romanos e hoxe aínda está sen rematar. Na Alameda fomos ver a estatua de Eduardo Blanco Amor, escritor ourensán que escribiu A Esmorga.

E, por último, fomos patinar sobre xeo ao Centro Comercial “Ponte Vella”.

Foi xenial!


Festival de Nadal Mauro Álvarez, 4º ESO

O día 21 de decembro os rapaces e rapazas de Maside celebramos, na escola do Outeiro, o festival de Nadal. Realizáronse moitas interpretacións teatrais, outros bailaron ou cantaron panxoliñas. O festival rematou coa aparición de varios “apalpadores” que repartiron agasallos a todos os presentes.

Ao rematar o festival os pais e nais presentes e todos os rapaces degustamos no comedor unha fantástica comida e, máis tarde, voltamos ás nosas casas para disfrutar das vacacións de Nadal.

Cantigas de Nadal, VVAA, Fol Aínda que xa se editou no ano 1998, esta recompilación continúa a ser moi recomendable.

Antón e o Apalpador, Manuel Castro Lima, Mª Mar Ameixeiras Sánchez, Barafunda.

Hai no centro...

Miguel Vázquez Freire, Contos de Reis e de Nadal Ilustracións de Xosé Tomás Edicións Xerais. Vigo, 2007 Colección de catro contos ambientados na época de Reis e tres relatos no tempo de Nadal


A nova vida dun xoguete esquecido Consumo responsable Carlos, 5º Primaria

Á volta do Nadal, os nenos e nenas do terceiro ciclo de primaria participamos nunha campaña para darlle unha nova vida a un xoguete esquecido. Tod@s trouxemos xoguetes que xa non utilizabamos na casa e saímos contentos do troco. Había moitos tipos de xoguetes: xogos de mesa, monecas, dragóns, etc…

Con esta campaña quixemos poñer o noso gran de area para o aforro de materiais e enerxía.

Sabías que... Ana Díaz

No concello de Manzaneda atópase o castaño de Pumbariños que ten un perímetro de 12.5 m e uns 1000 anos de vida. Pertence ao Souto de Rozavales declarado monumento natural. ALGÚNS DATOS SOBRE O CASTIÑEIRO Etimoloxía: o xenérico do grego “kastana”; o específico,do latín “Sativa”. Orixe:suponse que provén do Mediterráneo Oriental. Descrición: árbore caducifolia, de bo tamaño e longa vida. Na primavera saen as follas grandes, no verán as flores e no outono o froito.Os froitos son as castañas, agrupadas de dúas a tres no interior dunha cúpula globosa e dura (ourizo), de cor verde, e cuberta de espiñas punxentes. No outono abren en dúas/catro partes, ceibando as castañas. Os bosques nos que hai estas árbores (mesturadas moitas veces con carballos),chámanse SOUTOS. Uso: A súa madeira é dura e aprovéitase para carpintaría: mobles, bocois,sollados...As castañas empréganse coma alimento humano e dos animais. Hai moitos xeitos de preparalas:fervidas, asadas, etc, e hoxe úsanse en confeitaría para facer o “marrón glacé. Utilizábase hai anos en cosmética para escurecer os cabelos louros.


CLUBS DE LECTURA 3º Primaria

Aos alumnos de 3º de Primaria gústanos ler. Durante o curso lemos, entre todos na aula, varios libros: -Agua va. -Don Caracol detective. Ed. Bruño. -A escola dos piratas. Ed. Edebé. -Olvídate de subir a los árboles. -Furacazolos e Botaborrallas. -A galiña da paz. -O estanque dos parrulos pobres.

Primeiro, decidimos formar uns clubs de lectura: “XÚPITER” e “POMBAS IMAXINATIVAS”. Logo, elaboramos para cada un de nós uns adhesivos e uns libriños para ir anotando diferentes cousas sobre a lectura (comentarios sobre personaxes, frases rechamantes, refráns, breves resumos, debuxos, itinerarios, pescudas sobre algún tema que xurda coa lectura, etc.) Os membros do club xuntámonos una vez á semana. Na reunión comentamos as nosas anotacións, falamos sobre o libro, lemos e acordamos o que temos que ler para comentar na seguinte xuntanza. Nestes clubs vemos a lectura como un divertimento. Agustín Fernández Paz, A escola dos piratas Ilustracións de Luis Filella Ed. Rodeira -Grupo Edebé. A Coruña, 2005 Levaba chovendo sen parar desde principios de curso. Aquel día, no colexio da parte alta da cidade, Marta e os seus compañeiros de cuarto curso tampouco puideron saír ao recreo pola chuvia. Estaban na aula cando de repente todo se empezou a mover: o floreiro, os cadernos...

Gloria Sánchez, A Galiña da Paz Ilustraciones de Manuel Uhía Edebé-Rodeira. Barcelona, 2002 Cando unha galiña pechada nunha gaiola no alto da torre máis alta da catedral de San Domingos da Calzada, descendente da galiña do milagre que falou despois de asada, coñece unha pomba da paz, quere tamén voar e converterse nunha Galiña da Paz. Pero, aínda que ten ás, non pode voar. Polo que decide acudir en peregrinación onda o milagroso Apóstolo Santiago para que lle conceda o seu desexo.

Fina Casalderrey, O estanque dos parrulos pobres Ilustracións de Teo Puebla Edebé-Rodeira. Barcelona, 1996 Co seu avó, Noema aprendeu moitas cousas, xa que o avó é sabio. E tamén é un campión e un pirata. Con el xoga a morrer, que é moi doado. Un só ten que botarse na cama, pechar os ollos e poñer unha man enriba da outra

.


ENTRE PANO e PANO....................... María Álvarez, 1º ESO

- “Señores e señoras ata aquí chegamos, este é o final da historia. Graciñas a todos vostedes e recorden, pasen pola tenda de recordos”. Outra vez, outra obra, outras dúas horas falando sen parar de falar,……………Ah!, Ola (que maleducado). Preséntome: son Jaime Carrasco, máis coñecido por Tintín o pallaso saltarín e dende fai tempo (dende que o noso presentador se escapara) son o presentador do circo. Moitos pensarán que o meu traballo é o máis chulo e divertido do mundo pero se son franco a min non me gusta: como mal, durmo mal, e vivo MAL O que estou a punto de contar é o meu intento de fuga e que ao final me leva a………bueno, xa o veredes. Comezo: Eu era un bebé feliz (non, por aí non ... Eu estaba tan tranquilo coma sempre despois de cada espectáculo. Estábame desmaquillando e de repente, cando xa chegaba á zona dos ollos; vin a Jobi (o noso presentador ata aquel momento) fóra da zona permitida do circo. Primeiro pensei que o líquido dos ollos me afectara, despois que era pola escuridade, pero inda así, decidín seguilo e vino; si, era Jobi. Pero cando ía saír para ir tras el chegou a muller barbuda e preguntoume: -Onde cres que vas? E non me estrañei pola pregunta, pois tíñamos prohibido saír do recinto do circo. Estiven a punto de chivarme pero nese intre deime conta de que Jobi facía ben e decidín salvalo. Ademais, naquel intre acordeime do que dúas semanas atrás me dixera: ”teño gañas de pirarme deste sitio”. Pero nunca pensara que ía en serio, así que dixen: -Anda tomar o aire. -Pois non te afastes que te vixío. -Vale, vale. Cando se afastou quedei fitando para o último punto onde vira a Jobi, xa non se vía nada. O tío pirárase, de modo que desolado voltei ó meu cuarto pero aquilo non remataba alí, pois fíxome cavilar bastante. E claro tamén veu o interrogatorio. A vida ía pasando e tocoume a min substituír a Jobi. Ata que me desesperei e despois de tanto pensar deie conta de que me tiña que fugar. E o meu plan levouse a cabo. Dous meses despois eu xa o tiña todo pensado; ao rematar a última función do día todos se retiraban aos seus “aposentos” para cambiarse e ademais era o único momento do día no que ninguén vixiaba as saídas e por suposto era o momento perfecto. Para largarme tiña que ter todo preparado polo que pasei toda a noite maquinando e maquinando e maquinando, O CIRCO DA LÚA (o meu circo) erau bo sitio para vivir pero eu tiña que largarme de alí e ver mundo. Ao día sequinte sucedeu todo. Ás 9:00 o “finiquitou” o último espectáculo e a miña aventura comezaba. Mentres todos se desmaquillaban eu, que xa o fixera, saín disparado cara á 1ª saída que vin. Cheguei sen ningún problema. Unha vez fóra pareceume oír un ruído polo que botei a correr tanto coma puiden. POR FIN ERA LIBRE!!!!!! …………………………………………………………… Dende aquela, a miña vida transcorreu vagabundeando polo mundo adiante pero feliz. Pero a vida ás veces pódeche dar algunhas sorpresas e a min deume unha que me deixou nunha situación moi pouco agradable. Eu andaba vagabundeando por Londres cando un grupo de ladróns que viña correndo me lanzou un colar moi bonito (que resulta que era roubado) no meu sombreiro. Eu agarreino e de repente un grupo de policías veu tras miña e como pensei que era por min botei a correr coma un foguete. E, grazas ós enormes zapatos, caín e axiña me pillaron. E a que non sabedes onde acabei? Pois no CÁRCERE por roubo nun MUSEO moi prestixioso (podédelo crer?) ………………… E aquí estou agora no cárcere por algo que non fixen….E inda por riba, coma son pallaso pago a condena facendo espectáculos para os detidos. De feito acabo de acabar unha, pero hai que pensar en positivo só me quedan 60 anos de condena, case nada………………….


ENTROIDO NO OUTEIRO No Entroido, ao acabar de comer fixemos un concurso de disfraces por categorías diante do pavillón. Alí reunímonos todos os alumnos e alumnas do colexio, tanto os da ESO, como os de Primaria e Infantil. Na categoría individual presentouse o xeque árabe (Mauro) que gañou contra o Alejandro vestido de vello.

José Santiago 4º ESO

Por parellas gañaron Álex e Nacho de 3º da ESO vestidos de Tío da Vara. En grupo gañaron As Xuventudes de Hoxe en Día (de 2º da ESO), que compartiron premio cos Bombeiros (1º e 2º). Tamén se presentaron José, Hermida e Cutillas e os Abella (3º ESO). Pouco antes do remate, aos alumnos de Infantil e Primaria repartíronlles premios. Ao final de todo, algúns profesores se puxeron a bailar.

recomendámosche Marica Campo Domínguez, NOUTRA DIMENSIÓN Editada por Galaxia. Novela que narra a aventura fantástica de Cidre, un adolescente que, farto de presenciar as discusións dos pais, decide fuxir. Conseguirao mercé ao Libro das apócemas mamas do doutor Reichenbach. Convertido en vento, emprenderá unha viaxe iniciática arredor do mundo na que descubrirá os verdadeiros problemas da existencia, ben diferentes do que o preocupaba a el. Cada episodio confirmaralle o desexo de regresar, mais debe descubrir como facelo. As ilustracións son de Noemí López. A partir de doce anos


O día 4 de marzo fixemos unha festa no colexio de Maside todos os rapaces e as rapazas de Primaria e Infantil . Á primeira hora da mañá os alumnos de 5º e 6º disfrazáronse, baixaron ó colexio de abaixo e todos xuntos fixemos un desfile por Maside.

Os nenos e nenas de Infantil difrazáronse de cartas de póker. Os de 1º e 2º disfrazáronse de carapucha vermella. Os de 3º e 4º ían de cento un dálmatas e os de 5º e 6º da Idade Media.

Ao acabar o desfile fomos comer ao colexio de arriba onde había pinchos. Cando rematamos, o alumnado da ESO fixo un desfile. Déronse moitos premios: uns deles foron os de 5º e 6º. Ese día foi moi especial para todas as persoas do colexio.

recomendamos Roberto Malo e Javier Mateos, A NAI DO HEROE A historia dun rei en dificultades non é nova, tampouco que o monarca decida recorrer a un habilidoso espadachín para acabar cos seus problemas. Ao longo do álbum, hai sitio tamén para ogros, trasnos e maxia. Con todo, esta historia pouco ten de conto tradicional: nin o é no ton, nin na linguaxe do narrador e dos personaxes nin tampouco no desenvolvemento da trama. A partir de oito anos

UN DÍA DE ENTROIDO

Nayara e Elena, 5º de Primaria


Séchu Sénde no Outeiro

Roberto, 4º ESO

O 21 de febreiro visitounos no Outeiro o escritor S échu Sende, autor de libros tan co ñecidos e galardoados como Orixe (premio Blanco Amor), Made in Galiza (premio Ánxel Casal) ou a s úa última publicación Animais ( na que combina uns fermosos debuxos con textos sobre as consecuencias do “progreso” para a nosa natureza). Na súa intervención contounos anécdotas da súa vida e da súa relación co galego, xa que el, igual que moitos galegos e galegas da súa xeración, foi educado en castelán por uns pais que falaban galego. Foi aos 17 anos que decidiu “dar o paso” e desde entón fala sempre na nosa lingua. Seica foi despois dunha sesión de Ouija na que falou con Castelao!

Tamén nos leu textos moi divertidos, como un que falaba da relación da lingua co sexo, e nos sorprendeu con trucos de telepatía e hipnose, adiviñando as palabras dos alumnos que se atrevían a desafialo.

Aínda tivo tempo para contarnos do seu circo de pulgas, de facernos un debuxo dun ourizo cacho que regalou aos rapaces e rapazas de Maside e de asinar os exemplares de Made in Galiza e Animais que hai na biblioteca. Foi un pracer que estivese con nós.

Animais, Através Editora, 2010.

Made in Galiza, editorial Galaxia, 2007


A Lorena e a Jessica falaron coa nai dunha alumna, Bárbara, que é holandesa e fala un precioso galego. Falou de moitas cousas. Tamén da ligazón cos galegos á terra. Bárbara:-“Vai chegar unha crise moi grande e aquí en Galicia vaise sobrevivir, porque a xente da miña idade aínda sabe traballar a terra. No meu país, a xente ten que comprar todo. Estas cousas son moi importantes e os galegos debían estar moi orgullosos e teñen que compartir ese coñecemento. -Lorena: pero a xente nova, moita non sabe. -Bárbara: pero a túa nai sabe, a miña avoa xa non sabe.” Alianna chegou este ano dos Estados Unidos para ensinar inglés no centro e deixounos as súas opinións sobre o galego -“Nos Estados Unidos Unidos non se sabe de Galicia. Os meus pais agora coñecen por min que aquí hai outro idioma e están moi interesados en saber se estou aprendendo. Para min os idiomas son moi importantes e encántame aprendelos. Está ben que esteades orgullosos do voso idioma”. -Que che parece que teñan reducido o uso do galego no ensino? -”Non ten sentido. Debería ser obrigatorio, porque é importante manter o idioma. Non ten sentido que o quiten, porque nunca ten efectos negativos, só é positivo.”

Carlos forma parte do Equipo de Normalización e fala galego con todos os seus compañeiros, sempre. Kelly pregúntalle por que fala galego. Carlos contesta: “Porque é a nosa lingua, por que deixala de falar?”

Vanesa (profe de Educación Física) fala habitualmente castelán e comprometeuse co Equipo a facer o posible por dar o salto (e a que a gravásemos despois). Tentaremos axudala. “Eu pregunteille á miña avoa e díxome que, cando foi vivir a Santiago notou que a trataban coma se fose menos que o resto que falaba castelán, por iso tratou de “maleducar” aos fillos falando castelán. Por iso os meus pais falan castelán e a min me custa tanto falar galego e gustaríame moito falalo porque (a lingua) é unha forma de identificarnos e de diferenciarnos do resto”.


tamaño pequeno

Infantil 3 e 4 anos

Infantil 5 anos

1º Primaria

2º Primaria


tamaño mediano 3º Primaria

4º Primaria

5º primaria


tamaño grandiño 6º Primaria

1º ESO

2º ESO


tamaño grande

3º ESO A

3º ESO B

4º ESO


Chiapas, México Alianna Hutchinson

Eu co bebé Felipito na tea tradicional de carga

Empecei as miñas aventuras por lugares tan turísticos, que aínda non entendo como acabou por engaiolarme o estado máis pobre do país de México, Chiapas. Desde Porta Vallarta, Jalisco na costa oeste, ata Cancún na costa este, México ofrece unh chea de opcións para o viaxeiro de mochila ou os turistas que queren un lugar de vacacións. Eu prefiro o primeiro. Entón, marchei das cidades grandes para os lugares escondidos, empezando por Yelapa, unha aldea peninsular ao sur de Porta Vallarta

A terra de calor, praias, cocos, cabanas, comida rica e picante para turistas, e, ironicamente, o contrario a través dos medios de comunicación. Un país de marabillas e perigos, iso é o meu segundo fogar. Moito antes de ir a México por primeira vez, xa sentía algo dentro que atraía cara a el. Algo que aínda non podo explicar, pero que entendo un pouco máis cada vez que regreso, e que sinto cada vez que non estou. O encanto de Yelapa é que, aínda que está nunha península, non hai rúas nin coches. Para chegar hai que viaxar en lancha durante 45 minutos polo Océano Pacífico. A xente vive da pesca e de vender comida caseira ou xoias feitas a man coas cunchas que salferen a praia. Os estranxeiros gozan das fervenzas e da raicilla, un licor caseiro feito de agave e que podes pedir en calquera sitio alí. Non é difícil atopar xente amable aquí, en cada lugar hai familias dispostas a compartir a súa cultura contigo. Esta rexión está chea de ruínas Maias incluíndo Chichen Itzá, unha capital Maia con pirámides inmensas esculpidas con escenas da vida diaria dun Maia

Imos pola costa oeste, aos estados de Quintana Roo e Iucatán. Atoparás que Cancún é famoso, pero as praias máis bonitas e tranquilas están máis ao sur, en Tulum. A auga é da cor do ceo nun día perfecto do verán. A area parece e séntese coma se fose azucre que veña directo das canas de Cuba, e a xente vive relaxada.

Eu nas ruínas de Chichen Itzá

A Historia di que os Maias recibiron a súa auga fresca dos cenotes, covas naturais cheas de auga azul e peixes. Os cenotes salferen toda a rexión, cada un conectado a outro formando un sistema de túneles baixo a terra. Algúns foron explorados por submarinistas e descubriron que eses túneles alcanzaban máis de 100 km. Aproveitamos para nadar en todos os cenotes polos que pasamos mentres visitabamos as ruínas maias. Un cenote do Yucatán


Con todas as boas experiencias que xa tivera, Por que non regresar? Entón solicitei un programa de intercambio de idiomas en Chiapas, México. O estado máis meridional de México e onde a maioría da poboación é indíxena. Despois do Castelán, Chiapas ten máis de trece idiomas indíxenas. Famoso especialmente polos guerrilleiros, Os Zapatistas, moi coñecidos nos anos 90, e que aínda loitan polo dereito indíxena en Chiapas.

Dona Anita e Sara coas súas camisas Ch'oles

Cheguei a Ignacio Allende, un ejido (reserva de terra do goberno para a poboación indíxena), no medio do bosque entre Palenque e San Cristóbal das Casas. A xente fala Ch´ol, e as mulleres levan blusas feitas a man co deseño Ch´ol bordado no colar. Cada idioma ten o seu deseño e pódese distinguir que fala unha persoa sen dicir nin unha palabra. As casas son de madeira ou pedra co chan de cemento, moitas abertas ao aire libre. Por todos os lados hai bananeiros, flores tropicais e, por suposto, xungla! Aínda que o ambiente é marabilloso, a xente é pobre e vive da terra, onde crecen millo e café. Os Ch'oles son humildes e xenerosos e cada día te saúdan cun sorriso.

A miña familia Chiapaneca está formada por Don Alfredo, Dona Anita e tres dos seus catro fillos, Esequías, Felipe e Gamaliel; a muller de Esequias, Sara, e os seus 2 fillos Felipito e Kinmi Orquídea. Kinmi Orquidia naceu dous días despois da nosa chegada o ano pasado. Sara, como a maioría das mulleres, leva unha tea atada polo ombreiro para cargar os bebés e traballar á vez. Vivimos todos xuntos durante o verán nunha casiña de ladrillo e madeira, con espazo para os polos e os cans ao lado no xardín.

Cuns nenos da aldea que nos guiaban nun camiño polo bosque.

A min encántame a comida Méxicana, e que comida tivemos en Ignacio Allende! Comemos frijoles negros, tamales cheos de polo, empanadas fritas e cada comida acompañada con chile e tortillas Méxicanas frescas, feitas cada mañá pola dona da casa, Anita. Na casa temos o luxo de ter unha árbore de aguacates e unha de carambolas. Ensinamos todos os días na pequena escola, e polas tardes aprendemos sobre a cultura Ch'ol, desde o idioma ata as receitas deliciosas, o bordado e arte. Durmimos unha sesta nas hamacas, que non faltan en ningunha casa, e damos paseos pola aldea para saudar a xente. Cociñamos cada día con lume e lavamos a roupa con auga fría e a man. Tamén nos duchamos con auga fría, pero é necesario con tanto calor e humidade. A vida, para nós os estranxeiros, é tranquila. As miñas alumnas bonitas Cerca do ejido hai dúas fervenzas incribles, Auga Azul e Bolom Ajau. Auga Azul está feita de non sei cantas fervenzas, onde van diariamente turistas que soben o camiño vendo seguido fervenzas durante hora e media. O seu nome vén da cor da auga tan clara. Bolom Ajau é un tesouro local para os Chiapanecos, que cren que cada fervenza ten un espírito, por iso chámase Bolom Ajau que significa 9 espíritos, polas 9 nove pequenas fervenzas que a fan. Para entrar, hai que camiñar unha hora e media dentro do bosque con machado para cortar as plantas no camiño. Paga a pena camiñar tanto na calor, porque ao chegar a vista é inesquecible. En Chiapas O grupo de profes de inglés e a familia non faltan tampouco ruínas Maias. De feito, hai máis de cinco no enfronte das fervenzas de Auga Azul estado, e as máis coñecidas son Palenque e Yaxilán. Como dixen antes, con tantas experiencias chulas, por que non regresar? Pois, a verdade é que me namorei da cultura, a vida, e os nenos do colexio, non podo abandonar a idea de que sempre van estar alí, e que necesitan axuda. Non podo deixar de volver a velos e axudar. Aínda que non creo que teña moito, teño algo para compartir, e sempre algo para aprender. Non podo vivir sen a miña familia, e agora teño unha máis, a miña familia Chiapaneca.

**Para máis información sobre a poboación indíxena en Chiapas, e o programa de intercambio vai a www.helpchiapas.org


O Ch'ol é unha lingua maia falada principalmente no estado mexicano de Chiapas. Hoxe en día hai 185.300 falantes nativos (wikipedia.org). O número de falantes monolingües baixa cada ano pola influencia do castelán nas escolas públicas e a poboación mexicana que non é indíxena. A xente máis nova continúa perdendo interese polo Ch'ol, xa que pensan que falar castelán lles axudará a mesturarse na sociedade mexicana fóra dos pobos indíxenas. Sen esa xente nova, este idioma pode desaparecer.

Como se di....en Ch’ol? Cóidate: Cüntiañ a Büj. Ola e como estás?: Bajche´j Yujbil?. Estou ben: Weñüch añon, (ou tamén): weñ añon. E ti?: Jatiet? Como te chamas? Chukij a Ka´baj? Chámome: Jinüch jka´baj. Adeus: Samonish (significa literal: ya me voy) Contestación: Cucu (significa literal: Vaite) si: YOMÜCH NON: Maj´ñic

México é un dos países con maior diversidade lingüística do mundo. Á parte

C

do castelán, fálanse case 70 linguas indíxenas. onstitucionalmente, non existe unha declaración oficial que faga do castelán a lingua oficial do país, pero de facto ocupa este papel. Oficialmente o goberno recoñece 65 linguas indíxenas, que de acordo coa Lei dos Dereitos Lingüísticos de 2001, son "linguas nacionais" en igualdade de condicions con respecto áo castelán. Interésache? Infórmate na páxina do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (INALI): http://www.inali.gob.mx/

Alianna levou canda ela Breogan's lightouse, unha antoloxía de literatura galega en edición bilingüe (galego-inglés), publicada este ano e que tamén temos na biblioteca do centro.

Recomendámoslle tamén que lea a Historia da lingua galega, de Pepe Carreiro. Unha maneira sinxela de entender a situación actual da lingua. Hai dúas versións (unha para os maduros e outra para os máis novos)

Sen mirar atrás, Dani Montero, Demo Editorial, 2010. Premio Castelao de Banda Deseñada 2009 Unha ruptura leva a Jaime a rachar coas súas ataduras e comezar dende cero, iniciando unha viaxe acompañado polo seu can e unha mochila. Porca terra, tradución de Xoán Abeleira, John Berger Ed. Rinoceronte Editora, A tradución do 1º volume da imprescindible triloxía Do seu labor, no que se narra como foi a Dicionario de Arte vida labrega ao longo dos séculos. Emilio Gregorio Fernández (Autor/a), Armando Sendín Domínguez (Autor/a), Xerais setembro 2010 Podes atopar todos os libros na O Dicionario de Arte é unha obra de consulta coa intención de proporcionar biblio. en galego unha explicación clara e breve, (A banda deseñada na Aula de contextualizada e global dos termos claves da arte e da súa historia. Plástica).


DATOS METEOROLÓXICOS.

1º ESO

Resumo anual 2010

Maside é unha vila que se sitúa na provincia de Ourense, no interior de Galicia, polo que lle corresponde un clima oceánico de interior, aínda que pola súa proximidade ao val do Miño, presente tamén matices de clima oceánico mediterráneo. Os veráns en Maside son bastante cálidos, e nos invernos as temperaturas son baixas e non son raros os días de xeada. As precipitacións anuais están arredor dos 1000 mm, pero os veráns adoitan ser bastante secos. Segundo os datos recollidos na nosa estación meteorolóxica, o ano 2010 sáese un pouco da media, con temperaturas máis altas e maiores precipitacións, aínda que cun verán máis seco do que é habitual. A temperatura media anual foi de 13º C, sendo agosto o mes máis cálido e decembro o máis frío, con 21,8º C e 6º C de media, respectivamente; polo que a oscilación térmica foi de 15,8º C. As precipitacións anuais acadaron os 1272,1 mm, sendo, como podemos observar no climograma, outubro o mes máis chuvioso e agosto aquel no que menos cantidade de auga se rexistrou.

Nas gráficas que se expoñen a continuación podemos ver con máis detalle os datos de distintas variables meteorolóxicas correspondentes ao ano 2010: TEMPERATURAS MAXÍMAS E MÍNIMAS ABSOLUTAS

O 28 de xullo foi o día máis caloroso, cunha temperatura máxima de 37,3º C, mentres que os días 3 e 19 de decembro foron os máis fríos do ano con -3,3º C. ●

40 35 30 25 20 15 10 5 0 -5 -10

X

F

M

A

M

X

X

A

S

O

N

D

OSCILACIÓN TÉRMICA POR MESES 30 Graos C

Observando o gráfico anterior podemos decatarnos de que a oscilación térmica é maior nos meses de primavera e de verán, tanto nos seus valores medios como nos absolutos. (A temperatura media é a liña inferior e a absoluta é a superior) ●

25 20 Media

15

Absoluta

10 5 0 X

F

M

A

M

X

X

A

S

O

N

D

300 250

Polo que corresponde ás precipitacións, se analizamos os datos que se reflecten no seguinte gráfico, podemos observar que ao longo do ano houbo un total de 142 días de chuvia, dos cales 22 corresponderon a decembro e tan só 4 a agosto, meses que rexistraron o maior e o menor número de xornadas con precipitacións. Por outra banda, o mes máis chuvioso foi o de outubro, no que se recolleron 260 mm de precipitación, dos cales 102 mm corresponderon ao día 3, que foi o máis chuvioso do ano. ●

200 150 100 50 0

X

F M

A

M

X

X

A

S

O N

D

Precip.(mm) 166 216 90 60 70 65 11 4,8 19 260 135 174 Días de chuv. 18 16 12 13 11

6

5

4

7 15 13 22

Outro dato que nos parece interesante fai referencia ao vento: o mes máis ventoso foi o de xaneiro, aínda que foi nos días 24 e 27 de febreiro cando os ventos acadaron maior intensidade, chegando aos 64,4 Km/h. ●


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.