13 de maio de 2015 - Barrios

Page 1

VERÍN

Páx.2

XINZO

Páx.4

Concello e Xunta O PSOE denuncia impulsan o Plan trato de favor do especial do casco vello Concello a un bazar

ALLARIZ

Páx.8

CELANOVA

Páx.8

Allariz quere declarar O BNG pide o arranxo ARI o núcleo de de viais en Vilanova Santa Mariña dos Infantes

“Todas somos Isabel”

DEPORTES Páx. 20 A 18ª edición da Andaina de Allariz, o 23 de maio

Especial Eleccións Municipais 24M

[Páx. 3]

[Páx. 9-19]

Concentración en repulsa do asasinato de Isabel Fuentes fronte Especial con entrevistas aos candidatos de Verín, Xinzo, Allariz á casa consistorial de Verín. e Celanova e un repaso ás listas das nosas comarcas.

Número: 13 - Ano: X - Maio 2015 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Maio de 2015

VERÍN E COMARCA

EN BREVE 4 Arquivada a denuncia contra o alcalde de Vilardevós A sección número 2 da Audiencia Provincial vén de ratificar o arquivo dunha querela interposta contra o alcalde e o tenente de alcalde de Vilardevós por prevaricación por presuntamente discriminar a un traballador, que foi o que os denunciara. Segundo valora o alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso: “Queda probado que esto non foi máis que un intento de desprestixiarnos de cara ás eleccións municipais, xa que non había outra motivación para todo este asunto”.

4Advirten de irregularidades dun local social en Vilardevós O deputado socialista Pablo García levou ao Parlamento as presuntas irregularidades urbanísticas do local social de Moialde, que está a ser xestionado pola Asociación Monteval. García advertiu que as ilegalidades detectadas poden provocar a devolución da subvención de 40.000 euros concedida por Agader. O político socialista refírese a que “o local é ilegal urbanisticamente, incumpre o PXOM de Vilardevós e a Lei do Solo de Galicia, e polo tanto é inexplicable que fora obxecto dunha subvención”. Lembra que malia que o alcalde teña reiterado que o local fora cedido polos veciños, a día de hoxe a súa propiedade “non foi acreditada”.

4 Iniciación á apicultura A Asociación Galega de Apicultura organiza un curso de iniciación á apicultura no Centro de Desenvolvemento Cooperativo do polígono empresarial de Pazos, en Verín. A cita formativa é os 19, 20 e 21 de xuño e inclúe parte práctica.

[+ info en www.apiculturagalega.es]

Alumnado dos cursos de formación xunto á directora xeral de Emprego e Formación, o delegado da Xunta e os alcaldes de Verín, Oímbra e Vilardevós. /BORYS MARTÍNEZ. A conselleira, Ethel Vázquez, e o rexedor municipal, Jiménez Morán, durante a sinatura da colaboración.

Xunta e Concello colaboran no Plan especial do casco histórico de Verín 4 O goberno autonómico investirá máis de 100.000 euros. Redacción A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, asinaron o convenio de colaboración entre a Consellería e o Concello para o financiamento da redacción do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico e do barrio de San Lázaro. Unha colaboración, para a cal a Consellería destinará un 110.338 euros. Unhas das razóns que xustifican a necesidade de establecer este traballo coordinado é o feito de que o Concello de Verín ten unha situación privilexiada na estratexia de cooperación con Chaves. Entre ambas as cidades forman unha Eurocidade con personalidade xurídica propia que ten entre os seus obxectivos a harmonización de instrumentos de xestión do territorio, entre os que se atopan os plans de ordenación urbanística, normativas e

plans específicos, e o desenvolvemento do termalismo e do auguismo. Por outra banda, a Xunta ten atribuídas competencias específicas en materia de urbanismo, como, no eido dos plans especiais, o control da legalidade e tutela dos intereses supramunicipais.. Necesidade recoñecida Verín conta na actualidade cun PXOM aprobado en 2012, no que xa se recollía a necesidade deste plan especial, xa que o núcleo antigo sofre certa degradación motivada polo desprazamento da centralidade urbana e envellecemento da poboación. Así, con ese plan búscase que conservación e revitalización do patrimonio estean conectadas, cunha rehabilitación que comprenda non só os procedementos arquitectónicos, senón tamén a creación de servizos socias e culturais adecuados, para garantir un equilibrio entre a parte antiga e a moderna.

21 alumnos fórmanse nas ramas sociosanitaria e forestal en Verín 4 Dos municipios de Verín, Oímbra e Vilardevós. Redacción A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, e o delegado da Xunta, Rogelio Martínez, visitaron aos 21 participantes nos cursos de formación dual que financia a Consellería de Traballo e Benestar e que organizan os concellos de Verín, Oímbra e Vilardevós. Por unha banda, un

total de 10 alumnos están a formarse na rama sociosanitaria. Recibirán 850 horas de formación co obxectivo de capacitalos para atender a persoas dependentes no ámbito sociosanitario na institución ou no seu domicilio. Doutro lado, 11 mozos e mozas están a formarse na rama forestal. O curso inclúe 775 horas de formación en tres especialidades diferentes nas que os

participantes recibirán un certificado: en actividades auxiliares, en conservación ou mellora de montes, en aproveitamentos forestais, ou en medio ambiente na agricultura. Díaz López destacou que o Diario Oficial de Galicia xa publicou as axudas da Consellería deste ano para a formación dual coas que se prevé poder formalizar preto de 500 contratos para menores de 30 anos.

Participantes no proxecto “GaMES.Net”/CdV.

Cen alumnos do colexio María Inmaculada participan nunha demostración de xogos tradicionais A Eurocidade Chaves-Verín, coa colaboración do Clube Cultural e Recreativo de Vilela do Tâmega en Chaves, organizou o 23 de abril unha demostración de xogos tradicionais no Colexio Plurilingüe María Inmaculada de Verín, no que participaron 100 alumnos que descubriron xogos portugueses como o do sapo, pero tamén outros tan coñecidos como é o caso do xogo do saco, abuxaina e o xogo do pé atado. Esta iniciativa, enmarcada dentro do proxecto “GaMES.Net”, ten por obxecto concienciar aos máis novos da necesidade de preservar os xogos tradicionais como símbolo de identidade histórica e patrimonio cultural deste territorio transfronteirizo.


VERÍN E COMARCA

4 Posta en marcha do proxecto ‘Valtamega’

4 No contorno do Pozo do Demo, en Verín. O Concello de Verín ten un proxecto para recuperar o xacemento arqueolóxico do Bouzadeiro, ubicado no contorno do Pozo do Demo. Así o anunciaron desde o Goberno local, que quere poñer en valor tanto este xacemento no que xa realizara traballos nos anos 40 o arqueólogo Xesús Taboada Chivite, como o espazo natural e paisaxístico no que está situado. Nunha primeira fase o

Concello prevé limpar o xacemento, escavalo e sinalizalo. “Trátase dun reto apaixonante”, indicou o rexedor Juan Manuel Jiménez, “que vai ser realizado por unha empresa que ten experiencia neste eido” Características O Bouzadoiro é un xacemento arqueolóxico que presenta forma cadrada, uns 1.700 metros cadrados, e aparencia de pequena vila romana.

A corporación municipal e veciños de Verín concentráronse o 8 de maio ante o Concello como sinal de repulsa contra a violencia de xénero.

Isabel Fuentes, primeira vítima de violencia de xénero en Galicia en 2015 4 A muller, veciña de Verín de 65 anos, foi acoitelada presuntamente polo seu marido no hospital de Ourense. Redacción

Os exteriores da piscina climatizada sumarán unha pista de skate Redacción Os exteriores da piscina climatizada de Verín sumarán nas vindeiras semanas unha pista para a práctica do skate. É unha das actuacións pendentes dos traballos de rehabilitación dos exteriores desta instalación deportiva, unha das máis utilizadas na vila do Támega. Así, xa se remodelou o parque infantil da praza Carmen Estévez, e creouse un novo parque onde estaba a antiga pista de baloncesto. A estes par-

ques, uniuse o graffiti de temática infantil realizado polo artista ourensán Mon Devane, que cubriu as paredes deste área deportiva. A seguinte actuación que se efectuará será a adecuación da área traseira da piscina, coa mellora da pista polideportiva -reorganización das porterías de fútbol de 3x3 e traslado da canastra de baloncesto-, e a colocación de varios elementos para a práctica do skate, un deporte que ten gran éxito entre os menores da localidade. Todas estas iniciativas de rehabilitación teñen por obxecto mellorar a calidade de vida dos veciños, e promover a saúde a través da práctica de actividade física regular.

Novo grafitti na parede da piscina de Verín.

EN BREVE

O xacemento arqueolóxico do Bouzadoiro será recuperado

Redacción

BARRIOS Maio de 2015

A verinesa María Isabel Fuentes convértese na primeira vítima de violencia machista en Galicia no que vai de ano, tras ser acoitelada, presuntamente polo seu marido, no hospital de Ourense, o pasado venres 8 de maio. Isabel Fuentes, de 65 anos, estaba ingresada no complexo hospitalario ourensán dende o 3 de abril debido a unha agresión que sufrira na súa casa de Pazos, e pola que estivo en coma ata había apenas unha semana. Daquela o marido, Aniceto Rodríguez, de 76 anos, asegurara que as feridas foran causadas froito dun asalto. Dende entón, a Garda Civil mantiña todas as liñas de investigación abertas, e non descartaba que se tratase dun caso de violencia doméstica, aínda que non había denuncias previas nin se acordaran medidas de protección para a vítima. Decretado agora o secreto de sumario, a in-

As vítimas de violencia de xénero teñen á súa disposición o teléfono 016

vestigación para esclarecer o acontecido está en curso. O presunto agresor está detido e permanece ingresado, logo de autolesionarse co mesmo coitelo co que agrediu á súa dona. Investigación Con respecto a este crime, o Observatorio de violencia doméstica e de xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial anunciou que abrirá unha investigación para esclarecer as circunstancias da morte de Isabel Fuentes no CHUO. A Garda Civil, que investigaba a primeira agresión á muller, pedira medidas de protección para ela, tras cuestionar a versión do marido. As súas peticións non foron estimadas pola xuíza que levaba o caso do presunto roubo. Preguntas de políticos Varios partidos tamén valoraron a existencia dun posible fallo de seguridade e coordinación neste caso. Así, tanto a deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández, como o senador socialista Miguel Fidalgo, dirixiron senllas batería de preguntas ao Goberno para que explique as circunstancias do asasinato de María Isabel Fuentes. Fidalgo tamén quere que a Fiscalía e

4 Condena unánime Representantes públicos, partidos e colectivos amosaron a súa repulsa ante este novo caso de violencia machista. Houbo concentracións e minutos de silencio na corporación municipal ourensá, no propio CHUO, fronte á casa consistorial de Verín, diante dos edificios administrativos da Xunta, e ao carón da Subdelegación de Goberno en Ourense. Nesta última, convocada pola Marcha Mundial das Mulleres esixíronse “responsabilidades” aos poderes públicos “dunha morte que podería terse evitado”. En Verín todos os partidos acordaron suspender os actos de campaña programados ese día, ao igual que gran parte das formacións en Ourense. a Subdelegación que expliquen “en que fallaron os responsables xudiciais e forzas de seguridade”. De igual modo, a deputada socialista Carmen Acuña esixiu no Parlamento galego unha investigación sobre a morte de Isabel Fuentes.

Técnicos de Chaves e Verín mantiveron unha xuntanza na sede da Eurocidade para establecer a liña de accións a seguir no marco do proxecto “Valtamega”, co que se pretende valorizar o corredor ambiental do río Támega. Este proxecto, do que foron beneficiarios Chaves e Verín con 450.000 euros de fondos europeos, inclúe como accións a monitorización da calidade da auga do río Támega, a creación de rutas interpretativas no río e dun sistema de espazos verdes e culturais ao longo do corredor fluvial, a posta en marcha de campañas de sensibilización, a elaboración de plans de emerxencia transfronteiriza e o acondicionamento de áreas recreativas, entre outras..

Encarnación Rivas e Alfonso Villarino./X.C.

4 O PXOM de Oímbra, próximo á aprobación A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, reuniuse co alcalde de Oímbra, Alfonso Villarino, co fin de seguir avanzando no PXOM do municipio, cuxa aprobación definitiva porá fin ás normas subsidiarias vixentes dende 1991. O documento, tramitándose desde 2008, xa alcanzou a recta final da súa tramitación. De feito, o alcalde comunicou que ao dispoñer de todos os informes sectoriais o PXOM xa foi remitido á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental para a elaboración da Memoria Ambiental, co fin de proceder a aprobación provisional polo Pleno Municipal. Superado este trámite será remitido á Xunta para a súa aprobación definitiva.


BARRIOS Maio de 2015

XIBZO E COMARCA

Vilar de Santos destina cen mil euros á renovación de camiños 4 Coa colaboración de fondos europeos e da Consellería Medio Ambiente. Redacción O Concello de Vilar de Santos dalle continuidade neste 2015 ao seu programa de renovación, mellora viaria e conservación e protección do medio rural

e natural en todo o municipio. A Administración local reserva para este fin un investimento de 116.724 euros. Desta cantidade, algo máis de 83.000 euros van destinados ao proxecto

Traballos de mellora nunha pista rural de Vilar de Santos.

de mellora de camiños rurais, financiado con fondos FEADER. Este proxecto contempla a mellora de 17 quilómetros en 24 camiños agrícolas da concentración parcelaria e de acceso a prados e monte. As obras consistirán na nivelación e acondicionamento das pistas con zahorra e posterior limpeza de gabias. Na zona de Rede Natura do concello investiranse algo máis de 6.200 euros, grazas a unha axuda da Consellería de Medio Ambiente, na restauración dun quilómetro de camiños de acceso a fincas xunto ao río Limia. O Goberno local tamén dá inicio ás obras de rexeneración do pavimento asfáltico na rede viaria en varios pobos, por un importe de 20.000 euros. Vilar de Santos tamén ten previsto actuar na rede de sendeiros e na súa conexión co resto de camiños do concello.

Posicionamento veciñal sobre a planta asfáltica de Parada de Ribeira Redacción

Asfaltado na avenida de Ourense de Xinzo./PSOE.

PSOE denuncia trato de favor a un bazar Redacción O PSOE de Xinzo denuncia trato de favor e interese electoral do alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, co hiperbazar chino ubicado na vila, ao iniciar o Concello as obras de acondicionamento da zona de aparcamento que hai diante do híper, cando “fai máis de 8 anos que os veciños dos edificios onde está situado pagaran o saneamento, o abastacemento

e as beirarrúas mediante elevadas contribucións especiais”. Os socialistas salientan que a obra a paga o Concello pero favorece os intereses desta superficie comercial “que vai lesionar fortemente un pequeno comercio local gravemente ‘tocado’ pola crise”. “O resto dos comercios de Xinzo vén como as súas rúas e beirarrúas están en estado de abandono e suciedade durante o resto da lexislatura sen que dende o Concello se inmuten” engade a socialista Elvira Lama

A asociación Muíño da Lama alerta sobre as intencións do alcalde de Xinzo de autorizar a planta asfáltica de Parada de Ribeira, tras declarar nun mitin que a instalación, agora precintada, “non é tan mala e irá para adiante”. Desde a asociación aluden ao dano ambiental e para a saúde e ao prexuízo económico para a gandeiría e a agricultura para rexeitar esta instalación. Tamén recordan que o PXOM de Xinzo non permite esta actividade nun solo catalogado como rústico de protección ordinaria e que a normativa sobre este tipo de actividades establece unha distancia mínima ás zonas habitadas non inferior a 2.000 metros.


VERÍN E COMARCA / XINZO E COMARCA

O IES García Barbón organiza a segunda edición da Semana da Saúde Do día 18 ao 22 de maio deste ano o profesorado –Beatriz Mira Miñones e José Barja Barja- e alumnado do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE) organizará a 2ª edición da Semana da Saúde. A finalidade

principal desta semana é a de promocionar hábitos de vida sanos. En concreto, disporán de oito stands con información e actividades diversas (promoción dunha alimentación equilibrada, prevención do consumo de drogas, sexualidade

responsable e hixiene bucodental) e impartiránse varias charlas (sexualidade, prevención do consumo de drogas e trastornos alimentarios). Durante a Semana da Saúde, o alumnado de bacharelato, formación profesional, educación de

Charla co escritor Diego Ameixeiras no IES García Barbón.

BARRIOS Maio de 2015

adultos e PCPI participará facendo un percorrido polos diferentes stands e aprendendo en relación coa súa saúde e como mellorala. O día 20 de maio o instituto anima a doar sangue. Unha unidade móbil do centro de transfusión de sangue estará diante do centro verinés, na que poderán doar todos aqueles maiores de idade. Charla do escritor Diego Ameixeiras O día 7 de maio o escritor Diego Ameixeiras falou da súa obra ao alumnado de Bacharelato do IES García Barbón. Na súa intervención, fíxo especial fincapé na súa novela “Tres segundos de memoria” –obra que leran os mozos e mozas que escoitaban a súa charla- e explicou as fases do proceso de creación e redacción da mesma. Tamén reflexionou sobre as dificultades de ser escritor en lingua galega en Galicia. O alumnado mostrou moito interese e realizou unha manchea de preguntas a Diego Ameixeiras.

Talleres Julio en Xinzo, calidade de produto e de servizo Julio Rodríguez é o propietario de Talleres Julio en Xinzo, unha tenda especializada en maquinaria de xardinería e forestal tanto para uso particular como para profesionais. Distribúen os produtos da marca alemana Stihl, marca punteira neste tipo de maquinaria, “o número 1 en produto e en servizo”, indica Julio. Son, de feito, distribuidores oficiais Premium, unha categoría que só teñen en España 80 dos 900 distribuidores de Stihl, unha distinción conseguida tras cumprir unhas premisas de calidade. Da gama de produtos á venda, o produto que ten máis saída na rama forestal son as motoserras e as desbrozadoras, pero o ca-

tálogo de produtos de que dispoñen é moito máis amplo, incluíndo sopladores, cortasetos, hidrolimpadoras… “Podemos equipar unha casa de campo con toda a maquinaria que necesita para o seu coidado, e todos os accesorios e consumibles que precisan”, explica Julio. Neste establecemento atoparás as denominadas máquinas hobby –para uso ocasional ou amateur- pero tamén máquinas profesionais. En todo caso, con garantía oficial de dous anos e un servizo post-venda prestado por persoal cualificado. Como novidade, Julio destaca a tecnoloxía MTronic “que aumenta o rendemento da máquina con menos consumo e menos emisións”.

Julio Rodríguez, na exposición de Talleres Julio. Aluguer de maquinaria Talleres Julio vai abrir unha nova liña de negocio na súa tenda de Xinzo, o aluguer de máquinas hobby e profesionais, e está preparando unha nova ex-

posición centrada en produtos de xardinería na súa tenda da rúa 2 de Maio. Talleres Julio abre de luns a venres de 9 a 14 e de 16 a 20 horas e os sábados pola mañá.


BARRIOS Maio de 2015

EN BREVE 4 Cobro de impostos en Allariz Ata o 7 de setembro están ao cobro os recibos do IBI de natureza urbana e rústica correspondentes ao exercicio 2015 no Concello de Allariz. Os interesados poden consultar as listas cobratorias na pranta baixa da casa consistorial, de luns a venres de 9 a 14 horas.

4 Apertura do Festival de Xardíns O domingo 17 de maio abre ao público a sexta edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, presentando dez xardíns efémeros a concurso, ademais do gañador do ano pasado e un elaborado polo alumando do colexio Padre Feijoo. Este ano, ademáis de ver, ulir e sentir estas verdadeiras obras de arte verde, os visitantes que pasen polo recinto nos seis meses que permanece aberto poderán tamén escoitalas, pois a “Música no Xardín” é o tema central.

Propoñen terreos para unha gardería en Paderne 4 A Xunta estudará a viabilidade da parcela proposta para ubicar nela a escola infantil.

polo pé foron na súa maioría carballos, e tamén hai bidueiros, e salgueiros... A asocaciación ecoloxista considera que este tipo de actuación podían evitarse e lembra que os Camiños de Santiago están protexidos por lei e o seu coidado e protección debe de ser prioridade. Amigos da Terra xa realizou as correspondentes denuncias diante dos organismos responsables: Consellería do Medio Rural e Dirección Xeral de Patrimonio.

Reunión da conselleira de Traballo cos alcaldes de Baños de Molgas, Paderne de Allariz e Esgos./ANA VARELA. Os técnicos da Consellería estudarán agora se o terreo conta coas características técnicas necesarias para albergar este

proxecto. O terreo conta con máis de 2.000 metros cadrados e emprázase na Torre, situada na estrada do centro médico. Árbores taladas en Xunqueira de Ambía./AdT.

4 Selección na Fundación Vicente Risco A Fundación Vicente Risco de Allariz está a seleccionar intérpretes noveis para o I Ciclo Notas Musicais 2016. A convocatoria está aberta a todas as formacións cun máximo de catro músicos, de entre 16 e 30 anos, e dos que alomenos un resida na Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal durante o ciclo. Pódense enviar propostas até o 30 de xuño.

Redacción Amigos da Terra vén de denunciar a corta de ducias de árbores ao carón do coñecido como Camiño Mozarabe-Vía da Prata, en Cima de Vila, no concello de Xunqueira de Ambía. As árbores taladas

Redacción A Xunta de Galicia estuda a viabilidade dunha parcela de Paderne de Allariz para ubicar nela unha escola infantil. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo unha xuntanza cos alcaldes de Baños de Molgas, Paderne de Allariz e Esgos na que os rexidores lle presentaron a proposta da Mancomunidade de destinar unha parcela de terreo ubicada en Paderne a unha escola infantil de 41 prazas de 0-3 anos dividida en tres unidades.

Denuncian a destrución de árbores no Camiño Mozárabe

Participantes do programa Erasmus + visitando O Rexo

Mozos europeos visitan Allariz O Centro de Educación Ambiental O Rexo recibiu aos mozos e mozas do programa Erasmus + “Mothern Shepherds”, organizado pola Fundación Ramón González Ferreiro en colaboración coa Asociación Cultural Sende. Os 43 participantes, procedentes de Rumania, Croacia, Italia, Grecia, Portugal e Galicia, compartiron durante unha semana de abril en Allariz diversas experiencias, culturas e valores baixo unha metodoloxía de educación non formal. Así, recibiron unha charla sobre fauna e flora, realizaron unha ruta de sendeirismo, visitaron o casco histórico e o contorno do río Arnoia de Allariz, e informáronse sobre as iniciativas ligadas ao medio rural xurdidas na vila alaricana.


PUBLCIDADE

BARRIOS Maio de 2015


BARRIOS Maio de 2015

EN BREVE 4Premio para Arraianos e as “galeguesas” O Premio de Publicidade Comercial en Galego do Consello Asesor de RTVE e CRTVG foi este ano, na súa categoría de Internet, para o traballo da produtora celanovesa Arraianos para Galeguesa Facenda O Agro. O spot, “Galeguesas, unha idea diferente” é unha exaltación das galeguesas, un alimento natural, de calidade e respectuoso co medio ambiente.

4Limpeza do río Arnoia ao seu paso por Vilar de Barrio A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil intensificou as actuacións de restauración e reparación dos danos causados polas intensas choivas do primeiro trimestre de ano. En concreto, no río Arnoia ao seu paso polo concello de Vilar de Barrio, comprobouse que o intenso caudal provocou importantes afeccións na canle e marxes, ademais de danos nunha infraestrutura de paso en Rebordechao. Para emendar estes problemas está a executarse un muro dique para estabilizar o viario na marxe dereita do río e unha empalizada de bioenxeñería e plantacións de especies autóctonas, na marxe esquerda. Na ponte de Hermida, situada en Rebordechao, realizaranse actuacións para mellorar a súa capacidade de desaugadoiro.

ALLARIZ E COMARCA / CELANOVA E COMARCA

Allariz quere declarar ARI o núcleo de Santa Mariña 4 A área proposta ten un total de 475 edificacións.

4 As rúas do Arrabaldo e do Recreo.

Redacción O Concello de Allariz vén de solicitar a declaración como Área de Rehabilitación Integral (ARI) para os casaríos tradicionais da parroquia de Santa Mariña de Augas Santas, que inclúe un total de 475 edificacións das que se destinan a vivenda 248. O obxectivo principal da solicitude de declaración de ARI é o de xerar un contexto onde os parámetros ambientais, laborais e de calidade de vida impulsen o establecemento dunha masa poboacional mínima para garantir relacións de vecindade, o acceso a equipamentos urbanos e a mellora dos servicios de comunicación e transporte público. Patrimonialmente no ámbito destacan a Basílica de Santa Mariña (declarada Ben de Interese Cultural), as aldeas de Santa Mariña, Laioso

Redacción

Casaríos tradicionais no núcleo de Santa Mariña de Augas Santas, Allariz./CdA. e Ducí (incluídas no catálogo do PXOM), as casas brasonadas de Outeiro de Laxe, capelas, cruceiros, fontes, lavadoiros e eiras con canastros. Propostas de actuación Na solicitude deste programa estatal de axudas, o Concello centrouse en desenvolver dúas propostas no ámbito do espacio social, a maiores das rehabilitacións de vivendas. A primeira delas é recuperar as sendas que conectan os

barrios entre si e a segunda é rehabilitar fontes, minas, tanques de rego, lavadoiros e abrevadoiros. Allariz estima un custo das actuacións programadas nunha primeira fase en 480.000 euros, solicitando ao Ministerio correspondente unha subvención de 105.500 euros.

O Concello propón recuperar sendas e rehabilitar fontes, minas e lavadoiros

Membros da candidatura do BNG-AA de Celanova reuníronse coa asociación veciñal “Virxe do Cristal” de Vilanova dos Infantes para escoitar as súas demandas. Foron varias as reclamacións recollidas pero a que o pobo considera máis urxente é, sinalan os nacionalistas, o estado no que se atopa a pavimentación das rúas do Recreo e do Arrabaldo. Dende o BNG comparten na súa totalidade a preocupación da veciñanza e lamentan que o alcalde e o seu grupo

Aspecto dunha rúa enVilanova dos Infantes./BNG.

4 Para mellorar a accesibilidade dos viandantes. O Concello de Allariz levou a cabo as obras de encintado na rúa Vilanova. Situada en pleno casco histórico, o vial conta cun singular enlousado en pedra e dá acceso á piscina climatizada así como

O delegado da Xunta e o xefe territorial de Benestar xunto á directiva e a usuarios da residencia de maiores“Ansuíña-Molgas”.

A Xunta avalía liñas de colaboración coa residencia de maiores de Baños de Molgas O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado polo xefe territorial de Benestar, José Selas, mantivo un encontro cos responsables da residencia de maiores de Baños de Molgas “Ansuiña-Molgas”, cos que abordou posibles liñas de traballo conxunto. O centro, que ten capacidade para 18 persoas, logrou a autorización para iniciar a súa actividade coa tipoloxía de mini-residencia hai pouco máis dun ano. O cadro de persoal, para unha plena ocupación, estaría composto de sete traballadores, incluíndo xericultor, fisioterapeuta, traballador social, animador sociocultural e persoal de limpeza.

de goberno “teñan unha vez máis, feito promesas de atender as necesidades que demanda a poboación e que queden en só iso: promesas incumpridas”.

Encintado da rúa Vilanova de Allariz

Redacción

4 Charla sobre alzhéimer en Allariz O Fogar dos Maiores de Allariz acolle o venres 15 de maio ás 18 horas unha charla sobre o alzhéimer e as demencias, impartida pola psicóloga de AFAOR, Carmen Pérez. A actividade está organizada pola Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias (FAGAL) e a Fundación Barrié, englobada dentro do Programa Red Paraguas.

O BNG pide o arranxo de viais en Vilanova dos Infantes

Rúa Vilanova en Allariz./CdA.

a unha das atraccións turísticas máis relevantes de Allariz como é a ponte románica. O obxectivo da actuación, orzamentada en cinco mil euros, é mellorar tanto a accesibilidade ao centro deportivo como a mobilidade dos traseúntes.


especial ELECCIÓNS 24M

BARRIOS Maio de 2015

entrevista a gerardo seoane:

entrevista a diego lourenzo

“Creo que temos o mellor proxecto”

“Moitos pensamos que isto ten que cambiar”

4 É o candidato do BNG-AA de Verín.

4 Encabeza a lista socialista en Verín.

M.R. / P.L.

P. Lodeiro

primeiros postos hai tres persoas independentes, persoas que non militan no BNG, pero coinciden co proxecto e co ideario. Apostamos por unha renovación moi grande xa desde o número 1, van moitas persoas novas. É unha candidatura moi ilusionante, con xente de diferentes sectores”.

O actual concelleiro nacionalista dá un paso adiante para liderar a candidatura do BNG-Asembleas Abertas que se presenta como a alternativa para o cambio en Verín. Como definiría a situación actual do concello de Verín? Diego Lourenzo: “Os datos falan por si sós. Verín é o segundo concello da provincia con maior taxa de desemprego. Xa non queda mocidade, que ten que irse para buscar oportunidades de traballo e de futuro. En Verín temos o groso dos servizos, como a auga ou a recollida de lixo, privatizados. Temos unha serie de impostos moi abusivos; a xente de Verín paga impostos pero despois non hai unha contrapartida”. Cal cre que é o principal problema de Verín e como faría o BNG para resolvelo? D.L.: “É a falta de oportunidades laborais, é un mal moi estendido. Para a creación de emprego é fundamental poñer a andar o polígono de Tamagos, con solo barato, e que sexa atractivo para as empresas asentarse. Fáltalle a Verín algunha infraestrutura? D.L.: “Fáltanlle moitas infraestruturas fundamentais. Criticábamos a construción do auditorio, este mausoleo, este Gaiás, non fai falta unha obra desas características, habendo outras necesidades moito maiores. En Verín os centros de día e residencias son de tipo privado, nós pedíamos a construción dun centro de día público e dunha gardería pública. Que proposta ten para a dinamización económica de Verín?

Cales son as súas expectativas? D.L.: “É moi complicado, pois irrumpe unha cuarta forta política. A nosa previsión é subir, cremos que podemos sacar un bo resultado”. Diego Lourenzo./P.L. D.L.: “Ademais do polígono de Tamagos, temos un plan de rehabilitación e mellora do casco vello, é fundamental para o comercio local. Apostamos no casco vello por que a oficina de rehabilitación sexa máis áxil na tramitación de expedientes, que haxa menos burocracia, e tamén por conseguir adquirir un edificio emblemático da zona para un edificio multiusos. E un dos plans máis ambiciosos para o casco vello é o de adquirir vivendas e rehabilitalas para promoción oficial. E non me podo esquecer da cuestión dos balnearios e das augas, algo que está sen explotar. Propomos facer un balneario piloto en Caldeliñas que servise para estender ese modelo aos outros balnearios”. Como definiría a candidatura que presenta o BNG? D.L.: “Espectacular!. É un equipo totalmente consensuado. Entendíamos que tiñamos que abrir as nosas candidaturas a xente independente para canalizar toda esa enerxía de cambio e por iso nos seis

Pactaría con algún outro partido para gobernar? D.L.: “É unha pregunta moi complicada, nós non estamos pechados a ninguén, o que temos claro é que o BNG non vai gobernar por que si, non imos gobernar nos sitios onde non poidamos executar o noso programa. Creo que Jiménez vai perder a maioría. E abriríase un abano moi interesante: deixar gobernar a Jiménez en minoría con acordos puntuais, facer un pacto co PSOE de antemán... non estamos pechados a falar con ninguén pero si estamos pechados a gobernar por gobernar”. Como convencería a un verinés para que votase BNG? D.L.: “Temos moi vistos a Jiménez Morán e a Gerardo Seoane; hai que apostar pola renovación, pola xuventude e polas ganas de facer as cousas doutro xeito. Creo que a xente precisa alternativas sólidas e creo que a alternativa vai pasar polo BNG, porque é un equipo de acreditada solvencia e porque creo que temos o mellor proxecto”.

Os socialistas presentan unha lista renovada en Verín, co arquitecto Gerardo Seoane á cabeza. Por que decidiu liderar a lista socialista? Gerardo Seoane: “Fai un ano e pico cando empezaron a rehabilitar o Castelo de Monterrei moita xente chegou á conclusión de que se chegara demasiado lonxe no que estaban facendo os nosos gobernantes. Tomamos conciencia de que había que facer algo, houbo diversas opcións e a máis interesante e a máis útil era unirse ao Partido Socialista porque tiña unha boa estrutura e unha boa traxectoria, con certa perspectiva de resultado”. Como definiría a situación actual do Concello de Verín? G.S.: “Estamos practicamente nunha ditadura, hai un señor que fai todo, os concelleiros levantan a man e mentres entrou diñeiro gastouse en cousas innecesarias. Cando se acabou, deu por subir os impostos, un 45%, a suba máis alta da provincia. Empezáronse a privatizar servizos como a auga, aparcamentos… vendidos pola metade do seu valor no mellor dos casos e cun servizo moito máis caro. E aínda así a débeda multiplicouse por tres desde que está Jiménez. Todas estas inversión faraónicas e tontas non milloraron o tecido produtivo nin nada. Que problema lle transmiten os veciños e como o solucionaría o Partido socialista? G.S.: “Moitos. Por exemplo os do casco vello están preocupados pola ordenanza de peonalización, queren unha

Gerardo Seoane é o candidato socialista en Verín./P.L. revisión. Nós propuxemos abranguer o problema na súa totalidade e constituir unha Fundación Casco Antigo, onde estudiaríamos toda a problemática: novas comunicacións polo norte; aparcamentos; a adquisición de edificios para rehabilitar; introducir neses edificios oficinas municipais que están desperdigadas, e un plan de formación e redeseño dos locais. Facer que fora atractivo para traballar. Nós temos un problema de crise demográfica, a poboación maior vaise multiplicar por dous ou tres. Todo o programa se basea niso. Queremos un Verín habitable e sostible; para iso hai que revisar o urbanismo para conseguir unha cidade termal, que é o que somos. Pretendemos facer ao lado dos balnearios que existen outros de carácter público, porque se o Concello non toma a iniciativa as empresas privadas non o van facer. Queremos unha cidade de paseo, máis tranquila, non chea de coches”. Que propostas de dinamización económica levan no seu programa? G.S.: “Promover a actividade económica non é so facer un polígono, a idea é que as persoas teñan unha maneira de vivir aquí. Un dos sectores importantes de xeración de emprego é a asistencia a maiores,

propomos facer unha rede de vivendas comunitarias nos pobos. Outro sector é a rehabilitación do casco vello e dos pobos; o terceiro sector promover a industria agroalimentaria, a través dun programa de posta en valor das fincas. Como cuarta fonte de emprego, o ocio, turismo e deporte; e como quinta, a creación dun arquivo histórico. A característica común de todo isto é que son recursos naturais nosos”. Como define a candidatura socialista? G.S.: “Son militantes do PSOE todos, teñen unha ilusión e unhas gañas tremendas, e representan a practicamente todos os sectores; é un reflexo da sociedade”. Estarían dispostos a pactos para gobernar? G.S.: “Eu son moi dialogante e conciliador, é o meu carácter, eu falo con todo o mundo”. Como convencería a un veciño de Verín para que o votase? G.S.: “Somos moitos os que pensamos que isto ten que cambiar. Temos a limitación do voto cautivo do PP, pero desta vez non lles vai ser así. Penso que podemos ter un resultado decente, pero o resultado non é o máis importante. Sexa cal sexa, a maneira de levar o Concello vai cambiar radicalmente”.


10

BARRIOS Maio de 2015

especial ELECCIÓNS 24M

viaria, estamos facendo un estudo para xuntar os dous servizos”.

O popular Jiménez Morán opta ao seu terceiro mandato consecutivo./M.REJO.

ENTREVISTA A JUAN MANUEL JIMÉNEZ MORÁN

“Esta foi quizais a mellor lexislatura que levo no Concello” 4 O candidato defende o traballo realizado polo PP nos últimos mandatos como o mellor aval para a reelección. Paula Lodeiro O candidato popular á alcaldía de Verín, o veterano político Juan Manuel Jiméez Morán, opta o 24 de maio ao seu terceiro mandato consecutivo. En que mellorou Verín desde que vostede é alcalde? Juan Manuel Jiménez Morán: “En todos os campos. Foron momentos complicados estes últimos catro anos pero fomos quen, polo bo labor que se fixo de xestión económica, de dedicar máis recursos para a xente que o estaba pasando mal. Subimos un 97% o orzamento social. En investimentos foi a lexislatura máis produtiva: o cambio da subestación de Fenosa desde o centro de Verín e a construcción dunha nova, foron 8 millóns de euros da Xunta e de Fenosa. Ou a construción do Centro das Artes, Verín era a única poboación do seu tamaño de Galicia

que non dispuña dun local para reurnise máis de 70 persoas. Ou o último proxecto que aprobou a Xunta de Galicia de depuración desde o polígono de Pazos ata a depuradora. E a aprobación do Plan Xeral, en decembro de 2012, que deu unha seguridade xurídica importante para a construcción. Agora rematámolo co convenio para redactar un novo Plan especial para o casco histórico que permite quedar con todos os sistemas de planeamento redactados e da unha importante seguridade a todas as persoas que queren construir ou rehabilitar. Foi quizais a mellor lexislatura que levo neste Concello”. E a situación das arcas municipais, como está? J.M.J.M: “A débeda estaba ao redor de seis millóns e a decembro do ano 14 é de 3,9 millóns euros. Este concello para facer investimentos sempre tivo

que pedir créditos, nestes dous últimos anos non pediu ningún crédito para facer o seu plan de obras e a maiores amortizou sobre 1,3 millós de euros. En 2005 había un remanente de tesourería negativo de 225.000 euros o cal en 2007 ao tomar posesión nós tivemos que facer un plan de saneamento e agora na liquidación do último orzamento tivemos un superávit de 1,7 millóns de euros. A diferenza é notable e iso foi grazas a unha excepcional xestión de todos os recursos, por exemplo a posta en marcha dun plan de aforro enerxético, só en alumeado aforramos un 25%”. Ques problemas lle transmiten os veciños e como pode solucionalo o PP no Concello? J.M.J.M: “O problema do paro como en todos os sitios, e é curioso a limpeza. Nós somos a única vila que temos unha empresa de lixo e outra de limpeza

Algunha proposta de dinamización económica que leve no seu programa? J.M.J.M: “Se sufrimos en Verín moito foi porque fiábamos todo a un sector produtivo que era a construción. Para que non pase isto máis decidimos dedicarnos ao turismo, ao termalismo e ao sector primario. En turismo conseguimos o último plan que se deu no estado para dinamización turística, o Portas de Galicia, que preparou o sector para ser competitivo. En termalismo puxemos as bases para facer un hotel balneario escola, temos feito o proxecto e os curriculums para a escola de hostalería. O balneario de Caldeliñas é noso. E nestes momentos estamos negociando cunha empresa hoteleira de éxito en Galicia para a súa explotación Queremos pór en marcha o ‘auguismo’; xa falamos cos distintos balnearios e queremos recuperalo. No sector primario temos a horta máis produtiva de Galicia. Imos facilitar á xente propietaria de terreos a forma de que mediante unha compensación llos deixen á xente que quere explotar esa terra. E queremos recuperar algo que sempre existiu que é o cultivo do olivo; xa falamos cunha empresa ourensá de aceites que está disposta a recoller todas as olivas que se produzan cun mínimo de calidade e baixo a supervisión deles”. Como definiría a candidatura popular? J.M.J.M: “Estou moi contento coa nosa lista. Porque para facer todo isto levo a xente que sabe: levo a Castor Gago para o sector primario, levo á persoa que fixo que o Consello Regulador sexa o que é hoxe, Antonio (Méndez),

para temas de emprego levo a un empresario novo de Verín, Dani... cada un no seu sector son persoas moi experimentadas”. Plantéxase pactar con outros partidos para gobernar? J.M.J.M: “Por desgraza o PP sempre se unen todos contra el. Entendo que se non sacamos maioría non gobernamos. Eu desde logo teño capacidade para negociar. Capacidade de pacto e de diálogo saben os grupos políticos que teño”. Hai aberta unha investigación sobre a contratación de obras e servizos no Concello de Verín, preocúpalle que lle reste votos ou que chegue a unha imputación? J.M.J.M: “Eu nunca tiven nada, ningunha denuncia de ningunha construtora, de ningunha mesa de contratación, ningún lío nin de persoal nin de nada, nunca tiven unha denuncia importante nin penso tela. O caso que hai aí é o dunha persoa particular, que non ten ningunha relevancia. A verdade é que en Verín nos coñecemos todos e sabemos de quen parte a denuncia que non é unha persoa moi querida. Teño a conciencia tranquila”. Como convencería a un verinés para votar polo PP? J.M.J.M: “A vantaxe que temos é que hoxe os veciños de Verín xa viron gobernar a todos os grupos que se presentan exceptuando os de Son, que entran novos. Todo o mundo sabe quen encabeza cada lista, sabemos a traxectoria persoal e profesional de cada un, e saben todo o que levamos feito nestes anos. Eu dígolle á xente que para gobernar e para facer cousas hai que ter estabilidade, se fracasou o tripartito era porque era distinta xente de distinta ideoloxía que se uniun por quitarlle a alcaldía ao PP”.

“Eu dígolle á xente que para gobernar e para facer cousas hai que ter estabilidade”


especial ELECCIÓNS 24M

“Queremos un Concello ao servizo exclusivo dos intereses dos veciños”

4 O candidato do BNG-AA Xinzo da Limia cre que a vila precisa un cambio no xeito de gobernar. O candidato do BNG-Asembleas Abertas á alcaldía de Xinzo de Limia e actual edil Ramiro Rodríguez, quere converter Xinzo en referente da comarca. Como definiría a situación actual do Concello de Xinzo? Ramiro Rodríguez: “Logo doutros catro anos de goberno ‘popular’ os vicios históricos continuaron e víronse agravados: subas de taxas e impostos, contratación de afíns, adxudicación de obras e servizos a empresas ‘amigas’, escurantismo na toma de decisións, descontrol na xestión económica e incremento brutal da débeda definen a situación actual que padecen os veciños”. Cal é o principal problema que teñen os veciños de Xinzo e como pensa vostede e o seu partido que poden solucionalo? R.R.: “A raíz de moitos dos males que afectan ao Concello de Xinzo está no déficit democrático que existe e no personalismo dos actuais dirixentes. Só así se entende o aproveitamento que se fai dos recursos de todos para beneficio duns poucos, en temas como a contratación de persoal, a adxudicación de obras e servizos, etc. Nós queremos un Concello ao servizo exclusivo dos intereses dos veciños e veciñas e aberto á súa participación na toma de decisións ao longo dos catro anos e conseguilo vainos levar exactamente cinco minutos, porque é unha

“O noso obxectivo non é o goberno a calquera prezo”

Ramiro Rodríguez./M.R. cuestión de vontade e de compromiso”. Que propostas de dinamización económica teñen para a localidade? R.R.: “O obxectivo é que Xinzo exerza de capital e referente de toda a comarca, por iso o primeiro é converter o núcleo urbano nun centro comercial aberto e xunto a isto impulsar o Parque Empresarial con políticas activas para atraer empresas relacionadas co sector agrogandeiro. Por outra banda todo o patrimonio histórico de Xinzo esmorece no esquecemento dos gobernos dos últimos trinta anos, a súa posta en valor cun dobre obxectivo cultural e económico serviría para crear unha nova fonte de riqueza”. Algunha infraestrutura que poría en marcha de chegar ao goberno? R.R.: “Unha auténtica circunvalación ao núcleo de Xinzo que eliminase o tráfico pesado do centro da vila e permitise avanzar cara a unha auténtica humanización para conseguir o obxectivo de facer de Xinzo un centro comercial aberto”. Como definiría a candidatura que presenta o BNG en Xinzo?

11

entrevista a elvira lama

entrevista a Ramiro Rodríguez Suárez

Redacción

BARRIOS Maio de 2015

R.R.: “É unha candidatura de veciños e veciñas de Xinzo comprometidos cun xeito totalmente distinto de gobernar o Concello do que levamos padecido ata o de agora. Hai representantes de diferentes ámbitos, xente nova, independentes e persoas con experiencia e con coñecemento para xestionar a institución municipal dende o minuto un”. Pactaría con algún outro partido dos que se presentan? R.R.: “O noso obxectivo non é o goberno a calquera prezo, mais a situación democrática de Xinzo está nun nivel tan baixo que estaríamos dispostos a falar con calquera que garantise un troco radical no xeito de gobernar, a partir de aí as prioridades son dúas: o saneamento das contas e o impulso da economía. O BNG é un forza nacionalista de esquerdas, esas son as nosas coordenadas, mais pensamos que habería terreo de encontro con outros partidos”. A un habitante de Xinzo, como o convencería de que o votase este 24 de maio? R.R.: “Convidándoo a que colla un recibo da contribución de hai catro anos e o compare co de 2015, os responsabeis da abismal diferenza entre un e outro teñen nome e apelidos e preséntanse ás eleccións. Votar por eles activamente ou quedar na casa e perder a oportunidade de contribuir a un cambio de goberno significa, entre outras cousas, avalar esta política de incremento indiscriminado da presión fiscal”.

“Eu e máis o meu equipo vimos a política a servir” 4Volve encabezar a lista socialista en Xinzo. Redacción Elvira Lama, candidata socialista á alcaldía de Xinzo, contesta ao noso cuestionario remarcando a necesidade de cambio que ten a localidade. Como definiría a situación actual do Concello de Xinzo? Elvira Lama: “De parálise total, e quebra técnica, un Concello cunha debeda galopante, con orzamentos prorrogados, un Concello empobrecido, que só ten o 5% do orzamento para investimento público”. Cal é o principal problema que teñen os veciños de Xinzo e como pensa vostede e o seu partido que poden solucionalo? E.L.: “A falta de emprego, e a desidia do grupo de goberno fan que moita xente teña que marchar, os sectores agrogandeiros e de servizos estean en caída libre, o peche de negocios fai que Xinzo estea morrendo. Hai unha suba espectacular dos impostos que non se corresponde cos servizos recibidos. Solucións que propoñemos: a conxelación e baixada de impostos, bonificacións fiscais para emprendedores e autóomos, que se intalen en Xinzo. Contratos homologados con prezo xusto para produtos agrogandeiros. Posta en marcha de regadíos pendentes na comunidades de regantes”. Que propostas de dinamización económica teñen para a localidade? E.L: “O Plan Emprega Xinzo para colectivos de especial vulnerabilidade, familias con cargas, parados de longa duración e mozas e mozas de primeiro emprego; facilidades para novos

Elvira Lama, candidata do PSOE en Xinzo.

Pactos? “Depende do resultado das votacións, e só con formacións que teñan proxectos moi parecidos” emprendedores; espazos co-working de traballo compartido; un viveiro de empresas; un Centro Comercial Aberto, e unha rede empresarial transfronteiriza con Portugal”. Algunha infraestrutura que poría en marcha de chegar ao goberno? E.L.: “Un xeriatrico de xestión pública, a ampliación das prazas da escola infantil con bases axustadas, para pais e nais traballadoras, o acondicionamento das avenidas de entrada a Xinzo, o acondicionamento de accesos nos pobos, rúas e beirarrúas, un control exhaustivo de residuos e dos seus vertidos, a mellora dos espazos de ocio, un Plan do Patrimonio histórico para uso e disfrute, Mosteiro de Trandeiras, entre outras”. Como definiría a candidatura que presenta o Partido Socialista en Xinzo? E.L.: “Unha candidatura nova, renovada, de xen-

te moi formada, valente e con ganas de traballar por e para os veciños de Xinzo”. Pactaría con algún outro partido dos que se presentan para gobernar? E.L.: “Depende do resultado das votacións, nós imos para gañar, pero se fora necesario estudaríase o caso, e só con formacións que teñan proxectos moi parecidos aos nosos”. A un veciño de Xinzo, como o convencería de que o votase este 24 de maio? E.L.: “Cunha frase moi sinxela, se durante istes catro anos lles ten ido mellor ou pensan que Xinzo e os pobos está mellor, que lle voten aos que xa gobernan. Se non é así pídolles que lle dean unha oportunidade ao cambio, e unha oportunidade a Xinzo. A que se merece. Eu e máis o meu equipo vimos a política a servir, non por interese nin por conveniencia”.


12

BARRIOS Maio de 2015

especial ELECCIÓNS 24M

tos anos. E engadiría outra: facer máis actuacións no río. Fixemos moitas pero hai que seguir nesa liña. Son os grandes retos”.

O político popular Antonio Pérez é o actual alcalde de Xinzo de Limia./P.L.

Entrevista a Antonio Pérez

“Nós só contemplamos o escenario de gañar as eleccións” 4 O candidato do PP á alcaldía de Xinzo alude aos investimentos logrados e ao mantemento de servizos deste último mandato como o seu mellor aval. Paula Lodeiro Con cinco anos de experiencia á fronte da alcaldía, o político popular non ve outro escenario que non sexa a maioría para o seu partido a partir do 24 de maio. En que mellorou o Concello de Xinzo desde que é alcalde? Antonio Pérez: “En moitas cousas, houbo un investimento importante nestes catro anos, da Xunta, da Deputación e do Goberno central, de máis de 10 millóns de euros. Foron moitas xestións que se fixeron e saíron ben: a estrada de Baltar, a ponte e a pasarela do río, a glorieta da estrada dos Blancos con Porqueira, a rúa Marcela Macías, a praza Santa Mariña, depuradoras e saneamentos en pobos, e o propio Museo do Entroido do que agora imos licitar a última fase. A parte dos investimentos, a nivel de emprego os datos están

aí. Melloramos moito desde o ano 11 ao ano 15; o parque empresarial tivo un pulo importantísimo: pasamos de 20 empresas en 2011 a 36 no ano 15. Hai unha empresa que mercou a finca de 72.000 metros cadrados para facer unha fábrica transformadora da pataca, entendemos que a parte de ser unha inversión moi importante, fálase de 10 millóns de euros, creará 80 postos de traballo directos…” Pero é un proxecto seguro ou unha desas promesas que aparecen en época electoral? A.P.: “Xa comprou a finca, xa a pagou, ingresou preto de 800.000 euros, supoño que fará o proxecto, quero entendelo. Son datos que están aí. Intentamos manter todos os servizos, e nalgún caso se ampliaron, no Conservatorio pasouse de 10 profesores a 14, a pesar de que é un servizo impropio do conce-

llo. Estes catro anos terribles, creo que a calificación é moi alta, coas súas deficiencias, loxicamente, e cos seus erros, como cometemos todos. Que se podían facer máis cousas? Obviamente sempre. Que estamos satisfeitos? Si. Contentos ao 100%? Non, porque houbo cousas que quedaron no tinteiro e que levaremos nesta lexislatura”. Que infraestruturas ten pendentes Xinzo? “Para min hai dúas fundamentais, que son a circunvalación a Xinzo, para sacar o tráfico pesado, que xa tiña eu medio acordado co anterior conselleiro de Medio Ambiente e xa iniciei contactos coa nova conselleira e vai estar aquí despois das eleccións para ter unha reunión sobre o tema. E despois a avenida de Ourense creo que é unha débeda que temos con Xinzo desde fai moi-

Cal é o principal problema que teñen os veciños de Xinzo e como pode o PP solucionalo se sigue gobernando? A.P.: “O problema do emprego é unha cousa reiterativa, e está aí. Repito que baixou o paro de forma considerable do ano 11 ao ano 15. Parte desa baixada foi froito desas 16 empresas novas no polígono. Outra das preocupacións que hai é o tema da limpeza, que seguimos tendo certas dificultades e tratamos de melloralo”. E a situación das arcas municipais? A.P.: “A día de hoxe é moito mellor que fai catro anos. Este era un Concello que cando eu entrei tiña un endebedamento moi grande e este ano mesmo cancelamos unha póliza que tiñamos de 200.000 euros con Caixa Rural e outra de 800.000 con Abanca e baixamos a débeda. Que pasa? Tampouco son os mellores momentos. Este Concello en 2006 ingresaba un millón de euros en taxas de ICIO e licenzas e agora ao redor de 30.000 euros. Todo vai en contra. Con catro anos de crise profunda isto non se chama máis que xestión”. Como definiría a candidatura do PP? A.P: “É unha candidatura en liñas xerais moi boa, aglutinamos todo tipo de profesionais. Tamén participa esta vez con nós Teresa Puga, que é unha persoa que sempre formou parte do PP e que entendíamos que tiña que volver. Fixemos a incorporación de xente que nunca estivo en política, e repite xente con ex-

periencia contrastada como Manolo Casas ou Manolo Cabas, ou Dolores Calvo. Hai unha conxugación de xente con experiencia e de xente nova que nunca estivo en política nin vinculada a ningún partido, e que quixo participar porque considera que o traballo feito foi bo, e que os catro anos seguintes poden ser de relance definitivo desta vila e de endereitar o barco”. Plantéxase pactar con algún outro partido para gobernar? A.P.: “Non, nós só contemplamos o escenario de gañar as eleccións. Nós non imos pactar con ninguén. Defendo que as eleccións ten que gobernar quen as gaña, non despois os pactos no despacho”. Como convencería a un veciño de Xinzo para que o votase? A.P.: “Eu o que valoraría como cidadán é se este grupo que estivo estes catro anos atendeu o concello, atendeu as necesidades da xente. Dentro das miñas posibilidades, o alcalde estivo todos os días no concello sen dedicación exclusiva, e sempre está a miña porta aberta para atender os cidadáns . E iso é o que teñen que ver, agora estes 15 días de campaña se eu prometo facer non sei que e digo que o outro non vale iso non vale para nada; os catro anos son a campaña. Non contemplo outro escenario máis que gañemos as eleccións por maioría e se non é así teño claro que eu non vou pactar con ninguén e presentaría ao día seguinte a miña decisión, téñoo clarísimo. Os catros anos foron dunha dedicación total, o traballo e os investimentos están aí, se a xente non o ve, e ve outras opcións, entón eu teño que presentar a miña dimisión”.

“Os catros anos foron dunha dedicación total, se a xente non o ve, e ve outras opcións, entón eu teño que presentar a miña dimisión”


PUBLICIDADE

BARRIOS Maio de 2015

13


14

BARRIOS Maio de 2015

especial ELECCIÓNS 24M

Entrevista a FRANCISCO GARCÍA

Entrevista a Manuel Pérez Campos

“Levamos un programa factible e realista”

“A recuperación do medio rural é prioritaria”

4 Encabeza a candidatura veciñal Xinzo Adiante.

4 Francisco García defende o traballo do BNG en Allariz nestes 25 anos de goberno.

P. L.

S. Nieto

Tras formar parte do BNG, pasarse a Anova, e rematar o actual mandato como edil non adscrito, Pérez Campos encabeza desta volta a candidatura veciñal Xinzo Adiante.

O candidato do BNGAA en Allariz e actual rexedor municipal, Francisco García, descóbrenos parte do seu programa, co que aspira a seguir na alcaldía.

Que é Xinzo Adiante? Manuel Pérez: “Xinzo Adiante é unha candidatura veciñal que fixemos un grupo de persoas para presentarnos a estas eleccións municipais e que é feita por xente que ata agora nunca tivo practicamente militancia política”.

En que mellorou Allariz desde que vostede é alcalde? F.G.: “É unha obra colectiva, pero nestes anos Allariz ten avanzado nunha transformación positiva da que todos nos sentimos orgullosos e con confianza no futuro do noso Concello”.

Por que motivos se dá ese paso? M.P: “Cremos que neste momento os partidos políticos non están representando á cidadanía como é debido e polo tanto consideramos necesario crear esta candidatura veciñal”. Pero vostede formaba parte de Anova? M.P.: “Anova deixeino xa na ultima asemblea e nestes momentos non teño afiliación política”. Como definiría a situación actual do Concello de Xinzo? M.P.: “É unha situación totalmente caótica. Hai unha débeda moi grande de case 8 millóns de euros e unha situación de ingobernabilidade total e absoluta, os concelleiros do grupo de goberno cada un anda por libre, practicamente non se falan entre eles, cremos que é necesario darlle un cambio de rumbo a este Concello pero xa”. Como solucionaría o problema da débeda do Concello? M.P.: “A única maneira de reducila é minimizando ao máximo posible os gastos. Hai que empezar eliminando os gastos superfluos e ir así amortizando

Manuel Pérez Campos, na praza Maior de Xinzo./P.L. a débeda”.

conceder”.

Que tema preocupa máis aos veciños e como podería o seu partido solucionalo? M.P.: “Un dos temas que máis preocupa é a suba de impostos, consecuencia deste endebedamento que ten o Concello, que se acolleu en 2012 ao plan de axuste. Había dúas alternativas: a redución de gasto ou a suba de impostos, aquí óptase pola máis fácil que é subir impostos. Consideramos que se somos capaces de reducir gastos podemos incluso evitar que se suban impostos”.

Que infraestruturas necesita Xinzo? M.P.: “Unha delas é a circunvalación, que no ano 2009 xa fora demandada polo noso grupo político, daquela o BNG, e non se fixo nada. Iso é moi necesario, e que todos os camiños e pistas parcelarias se adecenten porque están nun estado bastante calamitoso”.

Que propostas de dinamización económica ten Xinzo Adiante? M.P.: “Consideramos a situación económica actual algo moi preocupante, está levando á perda de postos de traballo en Xinzo. Propomos que a aquelas persoas que queiran emprender unha actividade desde o Concello se lle dean as máximas facilidades: no aspecto de licenzas de obras e de apertura, que teñen uns prezos bastantes abusivos; chegaríamos a bonificalas ata o 100% se son empresas creadas por parados, mozos e mozas e por persoas que contraten traballadores. Intentaremos fomentar que se creen novas empresas, incluso chegando a ser avalistas en canto a microcréditos que se lles poidan

Pactaría con algún outro partido para gobernar? M.P.: “Á verdade é que nós aspiramos á alcaldía. De non se dar ese caso, habería que negociar. Para nós a responsabilidade actual da situación do concello é do PP, polo que nunca negociaríamos co PP para gobernar o Concello”. A un veciño de Xinzo, como o convencería de que o votase? M.P.: “Levamos un programa factible e realista. Intentaría convencelo de que as persoas que van nesta candidatura, agás eu que teño un pouco de experiencia política, son persoas novas que non teñen experiencia política algunha e teñen unhas ganas tremendas de traballar por Xinzo; que non teñen intereses económicos creados nin sospeitosos e cada unha delas vive do seu traballo persoal”.

Como definiría a situación actual de Allariz? F.G.: “É un concello que avanza cun proxecto estratéxico claro centrado na dinamización económica e a calidade de vida”. Cal é o principal problema que ten Allariz e como o solucionará de continuar no goberno? F.G.: “A recuperación do mundo rural. Superar o abandono do medio rural non é sinxelo só con medidas do Ggoberno municipal, pero o Concello de Allariz ten un compromiso firme con todas as iniciativas que axuden á súa recuperación e dinamizacion”. Que propón o BNG para a dinamización económica de Allariz? F.G.: “A acción do Goberno municipal nacionalista nestes anos permitiu contar cun importante sector servizos, xerador de riqueza e emprego, con proxectos singulares como o centro de tendas outlets no casco histórico, o acondicionamento para actividades comerciais de antigas fábricas de curtidos e muíños, o Festival Internacional de Xardíns e a recuperación das ribeiras do Arnoia, a potenciación do conxunto

Francisco García, candidato do BNG-AA de Allariz./D.M. histórico. A oferta museística e unha política ambiciosa de eventos ao longo do ano reforzan a capacidade de atracción do noso Concello e contribúen á dinamización económica. Do mesmo xeito, vimos apostando por impulsar proxectos de desenvolvemento local, de valorización dos nosos produtos máis tradicionais (doces, licores, embutidos, mel, amendoados, empanadas), novos produtos (leite ecolóxico, carne de boi, castaña, queixo do Rexo, cervexa artesá, xabón con leite de burra, marmeladas, cogomelos, produtos da horta), artesáns (madeira, coiro, esmalte, cerámica, ourivaría, liño) e actividades plásticas (pintura, escultura, serigrafía). Tamén prestamos especial atención á dinamización do mercado semanal da Reserva da Biosfera, ás feiras e eventos de promoción, e ao apoio ás iniciativas privadas que se desenvolveron no sector primario para frear o abandono do medio rural. Ao mesmo tempo, apostamos por promover o solo industrial e comercial municipal para dar a coñecer as vantaxes comparativas en prezo e situación do parque empresarial de Chorente. E no ámbito do comercio e turismo, buscamos abrir

unha rede de espazos comerciais coa marca Allariz para a venda e promoción dos nosos produtos; elaborar selos de calidade tanto para a produción local, como para as concesións municipais e o comercio e hostalaría privada que desexe adherirse; incrementar o número de eventos ligados ao programa “Allariz Sabe”; e continuar coa revalorización de Santa Mariña de Augas Santas con novas escavacións en Armea e coa elaboración dun Plan Director dos recursos da parroquia”. Como definiría a lista do BNG en Allariz? F.G.: “É unha lista con experiencia e novas incorporacións, con toda a ilusión para traballar por Allariz e por Galiza con honestidade, co desexo de mellorar a realidade ao servizo do pobo”. Pactaría con algún outro partido para gobernar? F.G.: “Aspiramos a recibir o apoio suficiente para aplicar o noso programa de goberno”. A un veciño de Allariz, como o convencería de que o votase? F.G.: “Pondo en valor o traballo realizado no Concello de Allariz e ofrecendo un programa de goberno ilusionante para os vindeiros anos”.


PUBLICIDADE

BARRIOS Maio de 2015

15


16

BARRIOS Maio de 2015

especial ELECCIÓNS 24M

entrevista a LUZ DOPORTO

entrevista a zaida rodríguez

“As persoas e o emprego serán o eixo principal da nosa política” 4 A cabeza de lista do PP sinala a débeda e o paro como os principais problemas de Allariz.

4 Para o PSOE de Allariz a creación de emprego e as necesidades do rural serán chave no seu goberno.

Silvia Nieto Ten 43 anos, é licenciada en Psicoloxía e na actualidade é autónoma. Luz Doporto é a candidata do PP á alcaldía de Allariz. Como definiría a situación actual de Allariz? L.D.: “De retroceso. Nestes últimos catro anos, desde o goberno do BNG, en Allariz non se realizou nin un só proxecto de dinamización turística nin cultural, nin de desenvolvemento industrial. Investimento cero. Allariz, neste momento, en mans do BNG, sobrevive a duras penas para pagar a débeda acumulada. O único que recibimos os veciños de Allariz foi unha desmesurada suba de impostos e taxas municipais. Por exemplo, os impostos incrementáronse simultaneamente nun 40% o IBI, 20% os lixos, ou un acumulado dun 63% de auga, supondo todo iso uns 100 euros por familia”. Cal é o principal problema que ten Allariz e que solución propón o Partido Popular? L.D.: “O principal problema que ten Allariz neste momento é a débeda e o desemprego. Somos o terceiro concello da provincia con mais débeda. Para solucionalo nós levamos no programa unha serie de liñas de actuación imprescindibles para salvar este escollo e que Allariz volva brillar como brillaba hai uns anos. Reduciremos drasticamente as dedicacións exclusivas, somos o cuarto concello de Galicia con máis dedicacións exclusivas, e isto é insustentable. Eliminaremos todas as empresas municipais que dean perdas, o labor que se supón desenvolven pódese realizar desde o Concello directamente. Reduciremos ou eliminaremos as asignacións a grupos políti-

“Ofrézolle aos veciños seriedade, rigor, igualdade de oportunidades e transparencia”

“Propomos un Concello máis aberto, próximo, participativo e transparente”

S. Nieto Despois de catro anos sen presenza na corporación municipal de Allariz, o PSOE presenta unha candidatura renovada, coa empresaria Zaida Rodríguez como cabeza de lista. Como definiría a situación actual de Allariz? Z.R.: “Mellorable… aínda que o escaparate sexa perfecto o contido pódese mellorar”.

Luz Doporto, candidata do PP á alcaldía de Allariz.

cos, e eliminaremos gastos protocolarios innecesarios. Farase todo o que sexa necesario e que non afecte en absoluto á calidade de vida dos veciños nin aos seus petos”. Que propostas ten o PP para a dinamización económica de Allariz? L.D.: “Neste marco e coa situación económica actual, os nosos esforzos deben centrarse nas políticas de desenvolvemento encamiñadas a xerar emprego. As persoas e o traballo deben converterse no eixo principal da actividade política. Somos realistas, e desde a humildade e a serenidade, queremos trasladar con total convición e firmeza, que no Partido Popular de Allariz temos un proxecto realizable para facer avanzar Allariz. Temos un equipo solvente, comprometido e capaz para levalo a cabo. Somos conscientes da dificultade, pero é posible reconducir a situación de parálise económica na que Allariz se atopa. E imos facelo cun programa austero, cunha xestión eficaz, que nos permita baixar de forma progresiva os impostos. Baseándonos na responsabilidade e no esforzo de que con confianza,

autoestima e traballo duro pódese saír adiante”. Como definiría a lista que presenta o PP en Allariz? L.D.: “Como un equipo solvente, capaz e comprometido para levar a cabo o cambio necesario en Allariz”. Pactaría con algún outro partido para gobernar? L.D.: “Se fose bo para Allariz e o benestar de todos os veciños, e necesario para acabar coa hexemonía do BNG, sen tocar os nosos compromisos básicos cos que nos presentamos ante os veciños, si o faría”. A un veciño de Allariz, como o convencería de que a votase? L.D.: “Dicíndolle que en min vai atopar a unha alcaldesa centrada nas persoas, nos seus problemas. A miña profesión baséase fundamentalemente en escoitar cos cinco sentidos, pois iso é o que vai atopar en min. Vaise sentir escoitado e apoiado. Se un veciño ten un problema ese é o meu problema. Ofrézolle seriedade, rigor, igualdade de oportunidades para todos e transparencia”.

Cal é o principal problema que ten Allariz e como pensa vostede e o seu partido solucionalo? Z.R.: “A falta de emprego para os nosos mozos e o abandono do rural. Quero que a política municipal se encamiñe cara a actividades produtivas creadoras de emprego e quero que os pequenos núcleos de poboación rural ocupen na nosa politíca municipal un lugar máis destacado do que teñen hoxe en día; posibilitarlles o acceso e a utilización dos mesmos servizos públicos que teñen o resto de veciños do núcleo urbano”. Que propostas ten o PSOE para a dinamización económica de Allariz? Z.R.: “Os concellos deben estar ao servizo da recuperación económica e da creación de emprego. Debemos impulsar políticas que repercutan na creación de emprego de calidade e no principio fundamental de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes”.

O PSOE de Allariz presenta unha lista “formada por xente nova e non tan nova, con moitas gañas de traballar e ideas renovadas”

Zaida Rodríguez é a cabeza de lista do PSOE de Allariz. Como definiría a lista que presenta o Partido Socialista en Allariz? Z.R.: “É unha lista formada por xente nova e xente non tan nova, pero todos temos moitas gañas de traballar e con ideas renovadas”. Pactaría con algún outro partido para gobernar? Z.R.: “Si, sempre e cando non se cruce a liña que contrapón unhas ideoloxías e outras. É decir, pactaría con partidos ideoloxicamente afíns, porque penso que, aínda que agora está de moda non ser nin de dereitas nin de esquerdas, si que existen coma tal e hai un abismo entre unhas e as outras”. A un veciño de Allariz, como o convencería de que a votase? Z.R.: “Creo que non o ‘convencería’ no sentido literal da palabra … o que faría sería explicarlle que o noso obxectivo principal é o de achegar á política a todos os veciños e veciñas, o que queremos é que formen parte dela, que se integren nun Concello máis aberto, máis próximo, máis participativo e máis transparente”.


especial ELECCIÓNS 24M

BARRIOS Maio de 2015

17

entrevista a LEOPOLDO RODRÍGUEZ

entrevista a MARÍA JESÚS BOO

“O BNG-AA prioriza o progreso e a dinamización do noso concello”

“O Camiño da luz traerá riqueza económica e turística”

4 O candidato nacionalista en Celanova demanda para a vila un “cambio político urxente”. Silvia Nieto

S. Nieto

Logo de máis de dúas décadas de goberno popular en Celanova, dende o BNG-AA alertan da necesidade dun cambio. Leopoldo Rodríguez, candidato á alcaldía, achéganos as propostas dos nacionalistas para mellorar as perspectivas de futuro do concello.

María Jesús Boo, candidata do PSOE á alcaldía de Celanova, teno claro: o Concello cambiou de alcalde pero non de estilo de goberno. Como alternativa, os socialistas presentan propostas innovadoras en materia de turismo e comercio.

Como definiría a situación actual de Celanova? L.R.: “Como un concello ensumido no máis profundo inmobilismo e atraso que precisa un cambio político urxente”. Cal considera que é o principal problema que ten Celanova e que solución propón o BNG? L.R.: “As políticas levadas a cabo durante estes últimos 25 anos polo Partido Popular foron metendo a Celanova nun devalar que, de non poñerlle remedio urxente, acabará por converter á vila nunha gran aldea e chea de casas en ruínas, cando antes foi un municipio próspero e referente na provincia e mesmo en Galiza”. Que propostas ten para a dinamización económica de Celanova? L.R.: “Hai uns piares básicos: 1. Concello aberto: fronte ás políticas que poñen o Concello ao servizo dos seus intereses persoais e partidarios, o BNGAA poráo ao servizo de toda a cidadanía. Defensa da igualdade de oportunidades atendendo aos principios de igualdade, mérito e capacidade. 2. Potenciación do medio rural: a posta en valor do sector primario é esencial para asentar poboación e fomentar o asociacionismo e o comercio de proximidade. 3. Patrimonio cultural e natural: potenciación e posta en valor do noso patrimonio cultural e natural. Recuperación de edificios emblemáticos (reitoral de Castromao, prisión de Celso Emilio Ferreiro, Claustro Barroco...). Creación da senda verde do río Sampil e dotación dunha zona de baño, aproveitando a estación de autobuses para dedicala a esta actividade, encamiñadas á promoción turística de Celanova e a

4 A candidata do PSOE en Celanova detállanos parte do seu programa.

Leopoldo Rodríguez, candidato do BNG á alcaldía de Celanova./S.N. súa contorna. 4. Creación de emprego: fomento e impulso dende o Concello de todas as iniciativas emprendedoras coa creación dunha oficina de asesoramento. E promoción de feiras con produtos locais encamiñadas á creación dunha marca rexistrada. 5. Servizos de ocio: incremento dos servizos de ocio para toda a cidadanía, potenciando actividades deportivas para todas as idades. Creación de sendas peonís nas estradas OU 531 (dirección a Gandarela e Xinzo de Limia) e N-525 (de Celanova ao Cristal). Construción dunha piscina climatizada. Construción pista de patinaxe. Mellora das instalacións deportivas existentes (cancha de baloncesto e cancha de tenis). Recuperación da subida automobilística a Celanova. E homologación a nivel estatal da carreira nocturna. 6. Mocidade: creación dun espazo para a mocidade dedicado a reunións, orientación, exposicións e mesmo un local de ensaio e gravación de traballos audiovisuais Oferta de formación continua con cursos e xornadas. Facilidades e subvencións para a compra ou alugamento de vivendas para a mocidade. E implantación do modelo sustentable nas festas do Concello e fomento de vasos reciclables”. Como definiría ao resto de persoas que compeltan a lista

do BNG en Celanova? L.R.: “Xente honesta, ilusionada, comprometida co seu concello e que dá un paso adiante porque ve que Celanova precisa do seu esforzo e da súa valía para poder saír do atraso en que a meteron outros, durante tantos anos”. Pactaría con algún outro partido para gobernar? L.R.: “Non contemplamos outra opción que non sexa gobernar con maioría, porque temos todo o que se precisa: xente tremendamente válida, programa cuns obxectivos claros, ideas, ilusión, compromiso e honestidade. En todo caso, chegado o momento tomaremos a decisión máis beneficiosa para Celanova”. A un veciño de Celanova, como o convencería de que o votase? L.R.: “Presentámoslle a candidatura e o programa do BNG–Asembleas Abertas de Celanova para as eleccións do 24 maio. Un programa que prioriza o progreso e dinamización da vida do noso concello, coa finalidade de convertela nun referente provincial e nacional. Precisamos da colaboración de toda a cidadanía para que se poida converter en realidade este proxecto de futuro, porque ao fin e ao cabo os mesmo sempre farán o mesmo”.

Como definiría a situación actual de Celanova? M.J.B.: “Involucionista. Houbo un cambio na persoa do alcalde, pero as ideas, as políticas e a súa xente é a mesma que a de Mouriño. Están instalados na vella política, sen capacidade para negociar nin para gobernar. É un goberno que non está de acordo cos tempos e iso é un lastre para a sociedade celanovense”. Cal considera que é o principal problema que ten Celanova e que solución propón o PSOE? M.J.B.: “Celanova necesita unha transformación, un impulso modernizador que ten que facer a iniciativa pública, dende o Concello creando as condicións necesarias para que dunha vez por todas a iniciativa privada camiñe na senda do crecemento. Con crecemento hai poboación, emprego, ventas. Ademais, debemos recuperar os servizos sociais para que sexan xestionados directamente polo Concello, chegarán a máis beneficiarios e crearase máis emprego”. Que propostas ten para a dinamización económica de Celanova? M.J.B.: “Unha das propostas do PSOE de Celanova é o Proxecto de Transformación Urbana “Camiño da luz”, con financiamento a través de fondos europeoas, que vai supoñer o impulso modernizador e transformador que nos posicionará nas redes e nos touroperadores, e que impulsará a instalación dunha cadea hoteleira. Traeranos riqueza económica e turística. Imos priorizar o comercio, a hostalería e as empresas creando para eles unha concellería exclusiva, con orzamento propio e ventá única; tamén faremos unha busca activa de empresas

María Jesús Boo. e promocionaremos as existentes no polígono . Ademais, crearemos unha indicación xeográfica protexida para produtos lácteos e impulsar a fruticultura e horticultura ecolóxica. E sacaremos un novo PXOU adaptado ás necesidades actuais”. Como definiría ao resto de persoas que completan a lista do PSOE en Celanova? M.J.B.: “É unha lista para gobernar que combina experiencia e novidade. Incorporamos sete personas novas, libres, formadas e competentes que nos fixeron recuperar a ilusión. Somos xente perseverante, traballadora e progresista, capaces de eliminar o pensamento retrógrado que nos irradian dende o Concello” . Pactaría con algún outro partido para gobernar? M.J.B.: “Traballamos para levar a cabo o noso proxecto , pero si pactaríamos con outra forza de esquerda porque negociar multiplica as ilusións, as ideas e os resultados”. A un veciño de Celanova, como o convencería de que a votase? M.J.B.: “Neste pobo leva gobernando o PP máis de 24 anos, e os resultados están a vista. Pedímoslle que lle dea luz ao seu futuro e que confíe no noso proxecto. Por unha vez cámbianse as promesas por un proxecto claro e firme”.


18

BARRIOS Maio de 2015

especial ELECCIÓNS 24M

entrevista a josé luis ferro

“Celanova ten que ser referente turístico” 4 José Luis Ferro, candidato do PP á alcaldía de Celanova, achéganos as súas propostas. Silvia Nieto José Luis Ferro chegou á alcaldía de Celanova en outubro de 2012 para substituir a Antonio Mouriño, que pasou a ser diputado no Parlamento galego. Neste tempo continuou cos proxectos xa iniciados; agora pide unha oportunidade para escribir o futuro de Celanova da súa propia man. En que mellorou Celanova desde que vostede é alcalde? J.L.F.: “Loxicamente, en pouco máis de dous anos e coas circunstancias atípicas que me tocaron vivir non se deron as condicións idóneas para poder iniciar camiños novos. Iso non significa que non fixeramos cousas, algunhas xa previstas e outras propostas por min, en colaboración con outros concellos. O fundamental foi que neste tempo fomos capaces de sacar o día a día e agora chega o verdadeiro tempo de planificar o futuro de Celanova”. Como definiría a situación actual de Celanova? J.L.F.: “Se dixera que a situación actual é boa mentiría, porque a situación en xeral da sociedade de a pé non o é, nin en Celanova, nin en Ourense, nin en Galicia, nin en España. Pero penso que estamos ben po-

Como definiría a lista do PP en Celanova? J.L.F.: “Estou moi satisfeito coas persoas que integran a nosa candidatura, penso que logrei conxugar a experiencia de goberno que teñen algunhas persoas coa xuventude doutras, que sei que van achegar frescura e novas ideas que van ser fundamentais para levar a cabo o proxecto que temos para Celanova”. Pactaría con algún outro partido para gobernar? J.L.F.: “A experiencia de vida dime que nunca nos debemos pechar ao diálogo, pero dito isto, tamén espero que o apoio dos meus veciños faga innecesaria esta posibilidade”.

José Luis Ferro, actual alcalde de Celanova, no Claustro Barroco do Mosteiro de San Rosendo./S.N. sicionados para poder encarar o futuro con optimismo. Celanova ten personalidade propia e vai xogar un papel fundamental no conxunto do futuro da provincia de Ourense, como referente dun turismo cultural”. Cal considera que é o principal problema que ten Celanova? J.L.F.: “Temos non un, senón tres problemas que debemos visualizar como un conxunto. Un demográfico, outro de carencia de prazas hoteleiras e un terceiro de ausencia de actividade no sector primario. Os tres están enlazados. A solución pasa pola posta en valor dos nosos

produtos autóctonos, a promoción cultural e turística e a construción dun hotel, todo isto xerará emprego e aumentará poboación”. Que propostas ten para a dinamización económica do concello? J.L.F.: “Turisticamente temos que ser un referente cultural da provincia e para iso precisamos unha oferta hoteleira, que sexa capaz de transformar os visitantes actuais en turistas. Temos que recuperar a actividade agraria e forestal alternativa. E tamén desenvolver algún proxecto no que estamos traballando xa, relativo ás TIC (Tecnoloxías da Información

86 candida municipios

e Comunicación) para asentar poboación nova no concello”.

A un veciño de Celanova, como o convencería para que o votase? J.L.F.: “Dende que estou na alcaldía vivín situacións moi complicadas e delicadas, grazas a Deus e ao meu equipo fun capaz de finalizar este mandato e adquirín moita experiencia. Por todo iso, pídoche unha oportunidade para gobernar catro anos máis sen ataduras de ningún tipo e demostrareiche a miña capacidade de xestión. Ti coñécesme e sabes que cumprirei a miña palabra. Conto contigo o 24 de maio!”

“Na lista do PP conxuguei experiencia de goberno e xuventude”

Manuel Pousada.

Son de Verín:

“A xente é o primeiro” Redacción

Manuel Pousada é o candidato de Son de Verín. Procede do movemento asociativo e agora dá o paso á política. Que é Son de Verín? M.P.: “É un partido instrumental que crearon Esquerda Unida e Anova e que nós, xente próxima a Podemos, aproveitamos para poder presentarnos en Verín”. Que problemas ten Verín? M.P.: “Temos unha poboación envellecida, cada día pechan máis comercios e o casco vello está caíndo a anaquiños. Hai que aproveitar os nosos potenciais: a auga, un val precioso cun microclima que produce de todo... Hai que pegarlle un empurrón ás empresas que se monten, e profesionalizar os sectores”. Pactaría para gobernar? M.P.: “Non, só apoiaríamos en momentos puntuais, e consultaríamos á xente, pois o noso lema é ‘A xente é o primeiro’”. Como convencería de que o votasen? M.P.: “En Son de Verín estamos para axudar, e saquemos os votos que saquemos, imos estar na rúa vendo o que precisa a xente”.

4 Todos os actua seguir no posto. Redacción Ademais dos candidatos ás alcaldías das cabeceiras das comarcas de Monterrei, A Limia, Allariz e Terras de Celanova que detallamos nestas páxinas, no resto de municipios que conforman as catro comarcas das que informa Barrios preséntanse 86 candidaturas. Só o PP leva listas en todos eles. Terras de Celanova A Bola estrea candidata popular, a actual alcaldesa Teresa Barje, que terá de adversarios políticos ao socialista Alejandro Alfonsín e, polo seu anterior partido, o BNG, a Mª Carmen Álvarez. A popular Carmen Leyte aspira a seguir sendo a rexedora de Cartelle. Os seus adversarios son Juan Carlos Martínez polo PSOE e Luís Vázquez polo BNG. Pura Rodríguez, actual alcaldesa, tamén repite nas municipais de Gomesende polo PP; enfronte ten a Lupe Alves do PSdeG, a Santiago Pazos do Movemento Democrático de Gomesende, e a Eloy Vázquez do BNG. Na Merca o actual alcalde, do PP, Manuel Jorge Velo, repite como candidato. O PSOE presenta a David Outumuro e o BNG a Xurxo Novoa. En Padrenda, será o popular Manuel Pérez


especial ELECCIÓNS 24M

aturas nos 31 s das comarcas

ais alcaldes, agás dous, aspiran a o que defenda a alcaldía fronte ao socialista Juan Eladio González. En Pontedeva, outro alcalde popular que repite: Juan Carlos González. Enfronte, só a socialista María Cristina Vázquez. En Quintela de Leirado, repite de candidato o veterano rexedor José Antonio Pérez (PP) e présentase polo PSdeG Manuel Rivera. En Ramirás, outra veterana, Mª Pilar Otilia López (PP) quere seguir sendo alcaldesa. Aspiran ao posto Isabel Gil polo PSdeG e Marcos Meléndez polo BNG. En Verea, o alcalde popular Juan Antonio Martínez aspira a renovar man-

dato; enfronte terá a Félix Parada do PSOE e a José Antonio Pérez do BNG. Allariz-Maceda Eladio Mangana, alcalde popular, opta de novo ao cargo en Baños de Molgas, tendo que loitar con Xaime Óscar Iglesias do BNG e Segundo Augusto González do PSdeG. En Maceda loitarán pola alcaldía o actual alcalde, Xabier Oviedo, de Compromiso por Galicia, o popular Rubén Quintas e a socialista Ana María Rodríguez. En Paderne de Allariz, o alcalde popular José Manuel Fernández: repite candidatura. Aspiran ao posto Ane Rivas polo PS-

deG e Daniel Gómez polo Bloque. En Xunqueira de Ambía repite candidatura o actual mandatario, José Luis Gavilanes (PP), e preséntanse tres candidaturas máis: Jorge Salgado (PSdeG), Juan Conde (BNG) e Eladi Cid (Iniciativa por Xunqueira). En Xunqueira de Espadanedo o duelo será entre o alcalde, Carlos Gómez (PP) e José Carlos Rivera (PSOE). A Limia En Baltar, defende a alcaldía José Antonio Feijoo (PP) fronte a Aníbal Nocelo (PSdeG). Nos Blancos, José Manuel Castro, actual alcalde (antes en APGa, agora no PP) aspira a renovar a maioría; enfróntase á socialista Emilia López. En Calvos de Randín, o actual alcalde, Aquilino Valencia (do PSOE) enfrontarase ao actual voceiro do PP, José Manuel Andrade.

Susana Vázquez, do PP, busca repetir goberno en Porqueira; aspira ao cargo José González polo PSOE. En Rairiz de Veiga, veranse as caras Xaquín Rodríguez, actual alcalde do PP, Pablo Lorenzo, do PSdeG, e Esteban Campos, de CxG. A tamén veterana Concepción Méndez volve presentarse á alcaldía de Sandiás, nuns comicios nos que ten enfronte ao socialista Juan Manuel Quintas e a Felipe Traveso liderando a Agrupación de Electores de Sandiás. O popular Sindo Lamas repite candidatura en Sarreaus, onde é alcalde; loitará polo cargo coa socialista Sita Care. En Trasmiras votarán entre Emilio José Pazos (PP, actual alcalde) e Manuel Rodríguez (PSOE). En Vilar de Barrio haberá catro candidatos: o histórico popular Julio Pérez, (actual rexedor), a socialista Soraya Briz,

María Jesús Rodríguez de Xuntos por Vilar de Barrio e Samuel Fermoso do Bloque. En Vilar de Santos o popular Alberto Fernández e a socialista Susana Abadín aspiran a quitarlle a maioría a Xan Jardón, de Compromiso. Monterrei En Castrelo do Val, o socialista Vicente Gómez defende o posto fronte ao popular Manuel Pérez e ao nacionalista Xosé Barxa. Luciano Rivero, actual alcalde, repite como candidato popular en Cualedro, xunto a Mª del Pilar Martínez (PSdeG), Mª del Carmen Enríquez (BNG) e Eduardo Carnero (CxG). En Laza, preséntanse o actual rexedor, José Ramón Barreal, do PP, e Josefa Sobrino polo PSOE. En Monterrei o candidato do PP é o fillo do actual alcalde, José Luis Suárez Martínez. Loitará con Alberto Rodríguez (BNG), David Alfonso

BARRIOS Maio de 2015

19

(PSOE) e Carmen Sola (Veciños de Monterrei) En Oímbra a candidata popular é a filla do actual rexedor, Ana María Villarino. Xunto a ela preséntanse outras dúas mulleres, polo PSOE Marta Arias e polo BNG Perfecta Losada. En Riós dúas opcións: polo PP Francisco Armando Veiga (actual alcalde) e polo PSOE Silvestre Pérez. En Vilardevós, tres aspirantes: o actual alcalde popular Manuel Cardoso, xunto ao socialista José Luis Pérez e o nacionalista Marcos Rosas.

Só o PP presenta listas en todos os municipios En Gomesende, Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio, Cualedro e Monterrei hai catro candidaturas


20

BARRIOS Maio de 2015

EN BREVE 4 Pozo do Demo Castor Salgado e Cristina Rodríguez foron os vencedores da V MiniTrail ‘Pozo do Demo’. Damián Vega e María Luisa Vázquez foron os mellores atletas locais.

4 Ribadavia Os atletas da EDC Verín Gisela Dapía, María Vega, Andrés García, Nadia Gago e Noel Vázquez conseguiron a vitoria nas súas respectivas probas da carreira popular Feira do Viño de Ribadavia.

4 Orientación Tres deportistas do Limiactiva lograron meterse no podio no XXIII Campionato Ibérico de Orientación. Martín Morales foi primeiro en H35A na proba media e terceiro na longa. Pola súa banda, Joao Morales rematou segundo en H12 da proba longa.

4 Desafío Solidario O domingo 17 de maio terá lugar en Castro de Escuadro (Maceda) o V San Mamede Desafío Solidario. Trátase dun evento solidario a beneficio de Cruz Vermella que abrangue dúas probas: andaina e carreira de montaña. As inscricións están abertas ata o día 14.

DEPORTES / OCIO E CULTURA

18 anos da andaina de Allariz

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

4 Celebrarase o sábado 23 de maio.

Agrádame que os amigos de verdade non teñan reparos en espetarme, sen ningún complexo, o que lles peta, opinando sobre os meus escritos aquí, neste xornal milagroso que sobrevive aos golpes da crise. Coinciden moitos en que son demasiado patriota do meu pobo, un nostálxico anticuado, que non vexo mais alá que Verín. Coitados, están no certo, mais esas afiadas e cariñosas verbas non fan dano algún ao meu espírito, nin sequera me extremecen no interior. Como non vou querer se é a nai de todos nós, unha vila noble e señorial, antiga e desgastada, que acouga paciente, do traxín vivido ao longo dos séculos, ollando batallas de principio a fin. No cumio, en Monterrei, xurdiron os tesouros máis fermosos dun patrimonio único que atraeu a moitos para pisar estas terras. Aquí prendeu a lenda de Viriato, o caudillo da gran resistencia a Roma, que no escudo da vila quedou plasmado co nome de Viriatus. Outros, como o Rei Fernando o Católico, que aposentou no Pazo do Conde de Monterrei, cando ía camiño da Coruña para embarcar cara a Inglaterrra. Don Pedro, Rei de Castela, que unha noite de luxuria seduciu á condesa, sendo sorprendidos no seu pecado e provocando a fuxida da adúltera dama, que como penitencia, emprendeu peregrinación á

Redacción Este ano cúmprense 18 anos da andaina de Allariz, a máis antigas das realizadas en Galicia. A concellería de Deportes de Allariz ten aínda aberto o prazo de inscrición para participar nesta andaina, que se celebrará o vindeiro 23 de maio. Desde que se celebrou por primeira vez no ano 1998 medrou en popularidade acadando nas úl-

timas edicións unhas cifras de participación que rondan os 800 inscritos. A proba terá un importante compoñente medioambiental porque discorrerá pola práctica totalidade dos camiños naturais que cruzan a Reserva da Biosfera “Área de Allariz”, evitando o asfalto.

A de Allariz é a máis antiga das andainas galegas

O Verín loitará polo ascenso Redacción O Verín CF da Rexional Preferente Sur ten asegurado loitar polo ascenso a Terceira División. A falta de dúas xornadas os do Támega son terceiros. Os dous primeiros ascenden directamente e o terceiro e cuarto xogarían unha promoción. O equipo dirixido por Iván González ten asegurada unha das posicións de promoción e atópase a tres puntos do segundo clasificado (Portonovo) e a catro do primeiro (Bar-

Verín CF. co). Nas dúas últimas xornadas tentará coarse nas dúas primeiras prazas, aínda que sabe da dificultade. O seu próximo choque é contra o Pontellas, mentres que Barco e Portonovo xogan coma visitantes fronte a Alertanavia e Atios, respectivamente.

Esta xornada recibe ao Pontellas

4Marcha BTT O Club BTT Verín e o Concello de Verín organizan o 31 de maio a VIII Marcha BTT Val do Monterrei. Están previstos tres itinerarios de 20, 35 e 60 quilómetros, con saída todos eles da zona deportiva da Granxa ás 9:30 horas. As inscricións poden realizarse en bttverin@gmail.com.

4Andainas da Cruz Vermella Para promocionar o Sorteo do Ouro a Cruz Vermella organiza andainas solidarias en toda a provincia. En Xinzo será o 28 de xuño e en Verín o 5 de xullo, xunto ao Día da Bici.

btt

Unha avaría afasta a Brais Sendín do podio Redacción O corredor macedán Brais Sendín do Club Ciclista Maceda sufríu unha avaría na última proba do Open de España de BTT, disputada en Alto Campo. Era a cuarta proba puntuable do Open e o ourensán chegaba como segundo da xeral júnior. Unha rotura na cadea fixo impediulle loitar polas primeiras posicións.

Ao final logrou rematar décimo e baixa ao terceiro posto no cómputo global do campionato. En canto aos outros ourensáns, Abel Franco remataba oitavo en cadetes, Xiana Conde, quinta en júnior e Raúl González, 27º en elite pro. Bembrive Os pequenos da escola JA Hermida participaron a pasada fin de semana no 2º Mini BTT de Bembrive. Entre todos lograron oito podios, acadando a vitoria Carlos Canal e Antía Martínez en infantil e Breogán Diz en alevín.

Verín, tesouros agochados

“Esta vila non é só un montón de ladrillos, aquí as pedras falan”

Terra Santa. Tirso de Molina, fraile mercedario, acollido por un tempo no emblemático convento de Verín, o cal conta cun claustro máxico, unha xoia arquitectónica do século XVIII, onde posiblemente, xurdiron as estrofas dunha dramaturxia cómica de enredo, que puidera ser reflexo do noso entroido. Santiago Ramón y Cajal, premio Nobel de fisioloxía e mediciña estivo no Gran Hotel de Cabreiroá, deixando constancia por escrito do seu encanto por esta terra, como tamén o fixo Isabel de Borbón y Borbón, coñecida como “La Chata”, Infanta de España, Princesa de Asturias e Condesa de Girgenti, filla da Reina Isabel II, entre outros moitos personaxes historicos e célebres, que por aquí pasaron. Esta vila non é só un montón de ladrillos e tellas, aquí as pedras falan e marcan un camiño que xamais deberiamos esquecer. Xurdiu tamén aquí, nestes lares, a primeira imprenta de Galicia en 1492, onde se imprimiu outro tesouro máis: “O Misal Auriense”, impreso en pergamino, peza única creada en Monterrei, arrincada do seu berce e custodiada na catedral de Ourense dende fai seis séculos. Tamen baixou de Monterrei o Cristo das Batallas, fermosa escultura dun Cristo agonizante, de autor descoñecido, que presidiu a capela do convento xesuita séculos atrás, e agora ilumina a bóveda da igrexa parroquial Santa María A Maior. Por certo, igrexa coa fachada principal oculta, e que moitos de nós aínda non poidemos ollar. Outro tesouro en decadencia son as casiñas bla-

sonadas con pórticos monumentais e escalinatas de anchos pasamáns, con escudos heráldicos, que silenciosos relatan a nosa historia, con sinais de identidade inconfundibles. Un berro agonizante escoitase de fondo, a vila reclama axuda. A historia dun pobo vai de dentro cara a fóra, porque no corazón está o inicio de todo. Colgando das fachadas antigas e virtuosas aínda se conservan algúns dos blasóns heráldicos das distintas familias, resistindo inmutables o castigo imparable do tempo. Quizais pasedes por baixo deles, e non vos percatedes da sobria elegancia de algo propio. Neles están os mitos e as lendas. Os roeles dos Castros, as lousas e os lagartos dos Losadas, as follas de figueira dos Figueroas, espadas entre roeis dos Feijoos, os páxaros picoteando no saleiro dos Salgados, as estrelas dos Fonsecas, as táboas dos Taboadas, os escaques dos Ulloas, lobos e acebos dos Acebedos, ilustres apelidos galegos que perduran ao longo dos séculos. Nas rúas do Verín antigo pálpase aínda o orgullo e a fidalguía dunha vila noble, marcada por unha incrible historia real, que con infinito agarimo e refinada intelixencia urxe que por parte dos nosos representantes comencen a ter en conta todos estes agasallos que temos agochados, para que poidan ser ollados e valorados por veciños e visitantes, e que se percaten que Verín, cidade en tempos amurallada e de portazgo, ten cousiñas sinxelas, que cun pouco de esforzo, poderían formar parte, xunto cos balnearios, dunha ruta turística atractiva e fermosa. Miguel A. Prieto “Chita”


OCIO E CULTURA

Degustación de pizza no Restaurante Río Salas Se o vindeiro xoves 21 de maio a partir das oito da tarde pides unha consumición no Restaurante Río Salas de Xinzo poderás degustar de balde as súas xa famosas pizzas mexicana, Río Salas, mafiosa, capricciosa ou campesiña, entre outras moitas especialidades da casa. Esta é a primeira degustación doutras que xa están preparando. Neste local, ademais da ampla carta de pizzas, tamén atoparedes hamburguesas, bocadillos quentes e fríos, ensaladas, sandwichs e pratos combinados do máis variado.

Reizentolo encárgase da imaxe da Festa do Boi 4 Do 30 de maio ao 7 de xuño. Redacción Ás portas dunha nova edición da Festa do Boi de Allariz, a Asociación Xan de Arzúa e a empresa Reizentolo presentaron o convenio que une dende este ano á coñecida marca galega de deseño cunha das festas máis emblemáticas do noso país. Esta colaboración pretende dar visibilidade a unha festa declarada de interese turístico de

Galicia, e das máis antigas, pois está a piques de cumplir o seu 700 aniversario. Reizentolo encárgase da gráfica desta edición e do merchandásing da Festa do Boi, e cede espazo nas súas tendas para a venda destes produtos. Todo en prol do financiamento e difusión duns festexos que se celebrarán en Allariz do 30 de maio ao 7 de xuño.

Aberta a inscrición para o “Rural Camp” en Allariz A Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz organiza este verán unha nova edición dos “Rural Camp”, campamentos de 7 días de duración que teñen como obxectivo que os rapaces e rapazas entren en contacto coa natureza e o mundo rural a través de xogos, actividades de lecer e obradoiros.

“A nosa é unha proposta alternativa, educativa e lúdica”, indican os seus organizadores. Inclúe actividades de sensibilización ambiental, con visita ao Centro de Educación Ambiental do Rexo e á granxa de ovellas, saída á vila de Allariz, sesións de baño e diversión na piscina, xogos e cancións, artes escénicas, veladas, paseo no picadei-

[Consulta o programa en www.festadoboi.gal]

BARRIOS Maio de 2015

21

ro a cabalo, tiro con arco, orientación, actividades e obradoiros de horta, e “Let´s run. It´s raining!”. Todas as actividades adaptaranse ás idades dos participantes. A programación escollida fomenta valores como o respecto e o compañeirismo, a igualdade, a solidariedade, a concienciación ambiental e o coñecemento da vida no rural. Características O “Rural Camp” está dirixido a menores entre 8 e 14 anos repartidos en quendas diferentes. Quedan prazas dispoñibles para o campamento do 6 ao 12 de xullo e o do 13 ao 19 de xullo. O prezo é de 200 euros e hai un desconto de 20 euros para cada un dos irmáns que asistan. [+ info no 988 436182 e en info@fundacionrgf.org]

Xogos nunha edición anterior do “Rural Camp”.

O campamento promove a concienciación ambiental


22

BARRIOS Maio de 2015

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

EN BREVE

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

4 Visitas á Fundación Curros

4 Letras galegas en Maceda

Ata xuño a Fundación Curros Enríquez acolle a grupos de escolares para realizar o programa ‘Ven coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio’, que combina as visitas á Casa dos Poetas, Mosteiro de San Rosendo, Vilanova dos Infantes (con acceso este ano á Torre da Homenaxe a á Cova de San Vivián) e a Castromao, e cun percorrido urbano a través da poesía dos escritores da vila. Na actualidade, cando aínda se continúan a recibir solicitudes, a Fundación ten confirmada xa a visita de 41 centros de toda Galicia, cunha previsión de 1.780 alumnos.

A Asociación Cultural Aira das Mantas de Maceda organiza a 6ª Feira do Libro en galego e da Artesanía galega este domingo 17 de maio. Desde ás 12:30 horas na praza das Toldas haberá venda de libros e artesanía, ademais de actuacións dos grupos Chouteiros, Debanadoira, Maçaeda de Limia a mediodía, e da banda de gaitas Os Xuncos e de Maceda, as pandereteiras Da María, e o contacontos Fran Guede pola tarde.

4 Cine en Allariz A Fundación Vicente Risco acolle este 14 de maio ás 20:30 horas a proxección, de balde, do filme “9 ondas”, dirixida por Simone Saibane. Ao remate haberá un coloquio co cineasta, que adiantará novidades do seu próximo proxecto, “Pelerinaxes”, película de ficción documental inspirada no libro de Otero Pedrayo.

4 Inscricións na ludoteca Xa está aberto o prazo de inscrición na ludoteca de verán organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín. Este servizo comezará o 22 de xuño e finalizará o 9 de setembro. Levarase a cabo de luns a venres, cun amplo abano de horarios e de actividades e distribución por idades.

4 Cea fusión no Parador de Verín Este 16 de maio o Parador de Verín acolle, coa colaboración da adega Crego e Monagillo, unha cea fusión na que non faltarán produtos galegos de primeiro nivel, acompañados da especialidade de viño de Monterrei máis axeitada. A cea custa 30 euros e as reservas realízanse en verin@parador.es ou no 988 41 00 75.

4 Portas abertas en Monterrei A Axencia Turismo de Galicia promove as V Xornadas Portas Abertas na Ruta do Viño de Monterrei os días 30 e 31 de maio. As xornadas permitirán percorrer as adegas da D.O. en autobús de xeito gratuíto, con degustacións e outras actividades de ocio e culturais como visitas a lugares de interese ou concertos. As reservas realízanse no 679 922 588.

4AXENDA

Alimentación saudable Lémbrase do pan centeo das nosas avoas? Comer pan de centeo é froito dunha tradición popular do tempo das nosas avoas. Nesa altura era cocido en fornos de leña comunitarios en condicións que o tornaban moito máis saboroso. Feito de centeo puro, amasado á man e cocido con fariña e fermento natural. O pan negro retén unha gran cantidade de nutrin-

tes ausentes no trigo. Este é sempre confeccionado con fariñas refinadas e o seu consumo regular provoca o aumento de glicosa e estrinximento. Contrariamente, o centeo é excelente en manganeso e moi bo en magnesio, fibras, selenio e fósforo, características que o tornan indicado para o sistema cardiovascular. Combate o cancro do colon e axuda a baixar a tensión arterial. Que bos momentos

aqueles cando a miña avoa me daba unha rebanda de pan centeo frito na tixola con aceite! Actualmente, é de louvar, en Montalegre, capital do Barroso, a iniciativa de João Carlos Castro. A súa nai está a cocer o tal histórico pan centeo integral das nosas avoas e pode adquirirse na casa Orixes, na rúa Dereita en Montalegre. João Damião

4HISTORIAS DE MONTERREI

Viriato Viriato: en latin Viriathus, pastor e líder lusitano que loitou contra a expansión de Roma na península Iberica. Nado en Verin, o seu nome significa “in Verín natus”. Dende pequenos todos oímos a sua lenda, temos unha rúa co seu nome, aparece no escudo do Concello de Verín e incluso nalgunhas maquinas expendedoras de tabaco. Pero naceu realmente Viriato en Verin? Todo o que se sabe sobre Viriato é grazas ás fontes romanas, nelas non aparece nin o ano nin o lugar do seu nacemento, pero si o ano no

“Nin era de aquí nin veu á festa, Viriato naceu e viviu ao sur da península Ibérica”

que faleceu: 139 a. c. Polo que se sabe da romanización da península Ibérica, cando morre Viriato aínda faltaban dous anos para que Décimo Xunio Bruto penetrara no territorio dos Callaecci dando comezo ao período de romanización da Galaecia. De maneira que Viriato morreu antes de que os romanos chegaran á nosa comarca. Esto non tería máis importancia se non fora porque Verín é unha poboación que naceu dun pequeno “Vicus” romano e polo tanto bastante posterior á morte de Viriato, polo que non puido ter nacido nun sitio que aínda non existía. Pero, se Viriato non naceu en Verín, puido alomenos nacer na nosa comarca? Pois todo parece indicar que non. En todas as fontes clásicas dise que Viriato era lusitano (non

confundir con portugués), e os lusitanos habitaban ao sur do río Douro, é dicir, calquera lusitano que se precie debería de ter nacido como mínimo a 100 quilómetros ao sur de Verín. Pero ademais todas as batallas e vivencias que se escribiron sobre Viriato transcorreron a centos de quilómetros da nosa comarca. Nin era de aquí nin veu á festa, Viriato naceu e viviu ao sur da península Ibérica, pero entón, cal é a razón de que exista esta lenda? Pois posiblemente a súa razón de ser estea motivada por unha mente de gran imaxinación e por un impulso romanticista en busca dun pasado máis glorioso para a nosa vila Andrés Diz historiamonterrei. blogspot.com.es

Exposicións - Ata o 14 de maio “Museos etnográficos de Ourense” - Sala de exposicións de Verín Música - 15 de maio - Concerto de Konflikto + Bergallazo - 21:30 h - Sala Urban Place de Xinzo - 16 de maio - Coral polifónica Albricias e A.C. e Musical Os do Fuelle - 20 h - Igrexa das Neves de Maceda Cine - 14 de maio - “9 ondas” - 20:30 h - Fundación Vicente Risco de Allariz Espectáculos - 15 de maio - Contacontos infantil “Babamor” - 18 h- Biblioteca de Verín Deportes - 30 de maio - Andaina solidaria e Paseo fotográfico - 18 h - Pavillón de Deportes de Verín Feiras e festas - 14, 15, 16 e 17 de maio - Festas da Ascensión en Baltar 15 de maio - Feira en Allariz - 17 de maio - Apertura do Festival Internacional de Xardíns de Allariz - 18 de maio - Feira en Cartelle - 18 de maio - Feira en Cualedro - 20 de maio - Feira en Maceda - 23 de maio e 3 e 11 de xuño - Feira en Verín - 26 de maio - Feira en A Merca - 27 de maio e 14 de xuño - Feira en Xinzo -Do 30 de maio ao 7 de xuño - Festa do Boi en Allariz - 2 de xuño - Feira en Baños de Molgas e Calvos de Randín


CLASIFICADOS

BARRIOS Maio de 2015

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz. Nº13 - Ano: X - Maio 2015 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA Alúgase piso amoblado con calefacción e garaxe pechado, preto ponte Milenio.Tel. 637 00 59 101 Alúganse 2 oficinas en r/Progreso, amobladas, ao lado Pazo de Xustiza. Tel. 637 00 59 101 Véndese casa a restaurar en estrada de Santiago con finca. Tel. 637 00 59 101 Vendo finca pequena ao carón de parada de bus, preto de Ourense (350 metros cadrados). Prezo 5.900 euros. Tel.: 606 422 543. Vendo finca de 2.000 m2 edificable con auga e luz, a 10 km de Ourense. Tel. 600 51 25 59. Vendo apartamento en praia América, 2 habitacións, a 5 minutos da praia e 10 minutos de Vigo. Tel.636 422 497 Alugo apartamentos de 1 e 2 habitacións en Montalvo, Sanxenxo, fronte á praia, axardinados, zona aparcamento e barbacoa. Tel. 607 27 19 16. Vendo en piso en praza España, Vigo, 3 dormitorios, 1 baño, 1 aseo, salón, cociña, rocho e garaxe. Tel. 639 81 62 09.

VENDAS Vendo alpacas, abonos e cereais, Tel. 629 319 269 Vendo sensores de aparcamento con pantalla LED que indica distancia e lado de colisión (varias cores) e regalo instalación en Ourense. En 3 horas telos instalados con acabado profesional garantido por 40 euros. Tel/Whatsapp 667 830 310. Vendo vestidos de bautizo, comuñón e arras, novos, ao 50%,do prezo de custo.Tel. 686 03 49 76 Vendo estanterías metálicas de varias medidas e dúas básculas. Tel. 679 04 06 04. Vendo 8 focos de baixo consumo a bo prezo. tel. 675 63 10 11 Compro ventás de aluminio con cristal sinxelo, todas iguais, mesma cor e mesmas medidas. Tel. 658 05 69 22. Véndese leña de carballo a bo prezo. Tel. 630 521 448. Vendo moto 125 cc a bo prezo. Tel. 630 521 448. Vendo 600, azul turquesa, matrícula 9644-Ou, 1.995 euros negociables. Tel. 639 81 62 09 Vendo casco de moto modelo Coolmax Linine Pr 2000 XS 1550. Tamén vendo garrafóns de 16 litros. Prezos a negociar. Chamar ao 988 21 35 56 de 15:30 a 18:30 ou a partir 21 horas. Vendo calefacción de gas cidade seminova e sofá. Tel.637 00 59 101 Vendo Citroën C4 Aircross Exclusive HDI150cv. todos os extras. Só 7.000km. Tel.684 214 079. Véndese Opel Astra 1.9CDTI 120cv. Sport. Só 50.000km. Tel 684 214 079.

Vendo xerseis feitos a man por encargo 10 euros, e bolsos de trapillo a 3 e 5 euros. Tel. 664 09 69 53. Vendo Seat Leon 1.6TDI 105cv. ano 2011. Llantas aluminio, climatizador, radio USB... , tel. 684 214 079. Véndese Volkswagen Golf4. Aire acondicionado, llantas aluminio... Tel. 684 214 079.

Vendo Suzuki Vitara 2.0 HDI 90cv. con aire acondicionado, gancho remolque... ideal para caza ou pesca Tel. 684214079.

EMPREGO Ofrécese modista para particulares. Bo prezo. Calidade. Tel. 988 255 302. Desbrózanse fincas e fanse transportes e mudanzas, tel. 629 319 269. Moza busca traballo coidando persoas maiores, nenos ou realizando labores de limpeza no fogar. Tamén como coidadora de noite en hospital ou en casa particular. Ampla experiencia a través de axencias de axuda a domicilio. Tel. 661 08 09 62. Ofrécese mozo responsable, meticuloso, ledo, para traballar en departamento administrativo ou como dependente. Ampla experiencia. Tel. 629 154 995. Señora de 48 anos ofrécese para traballar por horas, en limpeza na zona de Allariz. Tel. 652 783 897. Ofrécese señora mediana idade, galega, para as tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tlf: 659 129 142 Moi económico, fanse reparacións en fogar e negocios, carpintaría, persianas, mobles, etc. Tel. 656 782 460. Licenciada en Traducción e Interpretación dá clases de inglés e francés, todos os niveis, individuais ou grupos reducidos. Tel. 664 59 06 04. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Photoshop e deseño gráfico, clases particulares, todos os niveis, 20 anos de experiencia. Tel. 667 508 333. Piano e voz para eventos. Repertorio variado. Clases particulares de piano, solfeo e canto. Tlf. 663 733179 (WhatsApp), duopianovoz@gmail.com, Facebook e Youtube: dúo piano voz. Fanse desbroces con tractor e a man. Tel. 630 521 448

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


BARRIOS Abril de 2015


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.