Plan de igualdade de Malpica de Bergantiños

Page 1

revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Pรกgina 1


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Pรกgina 2


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 3

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

INTRODUCIÓN

A elaboración do III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños é a aposta do Goberno Local para consolidar una política pública que favoreza o avance cara á igualdade de xénero para o período 2014-2017.

Tras dous plans de igualdade previos con avaliacións de impacto non moi favorables, esta vez decídese cambiar o enfoque na elaboración do mesmo, poñendo a énfase na promoción da participación activa de todos os actores sociais, políticos, económicos e culturais de Malpica durante todo o proceso de elaboración. O obxecto é que toda a sociedade se sinta protagonista no deseño e implementación desta política pública. Deste xeito, en xuño de 2013 realizouse a Diagnose de Igualdade de Xénero de Malpica de Bergantiños recollendo e analizando toda a información cuantitativa e cualitativa relevante en materia de igualdade de xénero. Con este estudo conseguíronse dous obxectivos importantes: visibilizar a situación real de partida do concello, por un lado, e mobilizar á sociedade para a súa participación na elaboración dun futuro Plan de Igualdade.

Unha vez obtida esta imaxe da situación que vive a nosa sociedade, resulta pertinente a elaboración do Plan de Igualdade poñendo o foco no mesmo factor: a participación activa de todos os actores implicados e a consecución do seu compromiso na futura execución do mesmo.

Esta Diagnose de Igualdade é o piar sobre o que se sustenta o Plan de Acción aquí presente, podendo destacar brevemente as seguintes conclusións de carácter xeral do estudo: 1) A ausencia dunha praza de Axente de Igualdade con continuidade ao longo do ano resulta ser unha traba fundamental de cara a introducir o mainstreaming de xénero no seo do Concello, así como de cara a manter un servizo permanente de asesoramento para as mulleres de Malpica.

2) A importancia de traballar transversalmente o enfoque de xénero en todos os departamento da institución, xa que se traballa dunha maneira moi estanca desde o departamento de Servizos Sociais.

3) O nivel de participación e dispoñibilidade dos actores clave implicados na realización desta Diagnose é elevado e moi proactivo. Para evitar que estes esforzos iniciais non cheguen a plasmarse en acordos e accións concretas, recoméndase continuar con esta labor de traballo participativo no curto prazo. Este foi un dos motivos que propiciou a elaboración deste Plan de Igualdade neste momento. 4) A existencia dunha ampla variedade de iniciativas xa en marcha por outros actores no municipio, as cales deben de ser tidas en conta para crear sinerxías e mellorar o impacto das actuación do Plan de Igualdade. 3


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 4

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

Asemade, no apartado 4 deste estudo inclúense as conclusións obtidas en cada unha das áreas, presentadas coa ferramenta dos DAFO.

MARCO NORMATIVO

Este Plan de Igualdade se enmarca no contexto global de promoción da igualdade de xénero. Asumindo o consenso internacional na materia, o Plan emprega un dobre enfoque: por un lado, recolle medidas específicas a prol da igualdade (accións positivas) e, por outro, pon o foco na transversalización do enfoque de xénero (gender mainstreaming) en todas as políticas públicas municipais. Deste xeito lógranse adoptar os beneficios de cada un dos dous enfoques para facer máis doada a consecución da igualdade real de mulleres e homes.

Todas as ferramentas empregadas a favor da igualdade están recollidas nunha ampla lexislación a todos os niveis: internacional, europeo, estatal e autonómico. Partindo da base de que a propia Constitución Española recolle, no seu artigo 14, a igualdade ante a lei de toda a cidadanía (con independencia do seu sexo, lugar de nacemento, relixión, raza, opinión ou calquera outra condición), o marco normativo estatal e autonómico a destacar é:

 A Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes

 A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero  A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para igualdade efectiva de mulleres e homes

 A Lei 2/2007, do 28 de marzo, galega do traballo en igualdade das mulleres de Galicia

 A Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero Todo este marco normativo dota as políticas públicas de igualdade, e polo tanto a este Plan de Igualdade, dunha ampla lexitimidade para o seu deseño e implementación. De maneira específica, a ferramenta dos Plans de Igualdade regúlase na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, (nivel estatal) e na Lei 2/2007, do 28 de marzo, (autonómica) para a súa aplicación obrigatoria nas Administracións Públicas e obrigatoria ou voluntaria nas empresas, en función do número de persoas traballadoras que teñan.

No que abrangue as Administracións Públicas, os Plans de Igualdade enténdense dunha forma máis complexa que nas empresas. Son un “conxunto ordenado de medidas, adoptadas despois de realizar unha diagnose de situación, tendentes a alcanzar a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes e a eliminar a discriminación por razón de sexo” (Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo). Pero ademais os Plans de Igualdade das Administracións desenvolven políticas públicas que afectan ao conxunto da cidadanía, polo tanto a súa capacidade de incidencia é moito máis ampla que os plans de empresas. Por elo, as Administración Públicas teñen a obriga ética de ser referente e exemplo de boas prácticas. 4


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 5

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

METODOLOXÍA

A metodoloxía empregada para a realización de este Plan de Igualdade adáptase á perfección aos requisitos incluídos na diferente lexislación vixente na materia: a Lei 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes; a Lei 2/2007 do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia; e a Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

O primeiro a destacar da nosa metodoloxía é que, ao igual que na elaboración previa da Diagnose de Igualdade de Xénero de Malpica, a participación activa de todos os actores implicados é o piar fundamental sobre o que se sustenta. Dende o noso punto de vista, acadar a implicación de todos os actores políticos, económicos e sociais na futura execución do PIOM convértese no factor chave de éxito para acadar os obxectivos propostos. E para lograr isto, todas estas entidades deben sentirse protagonistas en todas as fases do mesmo, desde a mesma elaboración. Esta metodoloxía pode desagregarse nos seguintes pasos:

1º PASO: Recolección e análise de toda a información relevante

Unha vez elaborada a Diagnose de Igualdade de Xénero no mes de xuño de 2013, empregamos ese estudo como punto de partida. Analizando toda a información cualitativa e cuantitativa nel recollida, realízase un DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas, Oportunidades) de cada unha das áreas incluídas neste plan: 1) Funcionamento interno no Concello 2) Educación en igualdade 3) Participación económica 4) Participación social 5) Violencia de xénero

2º PASO: Elaboración de propostas de actuación

Partindo de cada un dos DAFO elaborados por área, deséñanse as liñas de acción principais nun traballo conxunto co persoal técnico da Concellaría de Servizos Sociais. O obxectivo desta fase é adaptar ao máximo as actuacións do PIOM ás necesidades reais da poboación de Malpica, así como ás súas potencialidades específicas.

Búscase establecer medidas realmente asumibles no período de tempo que abrangue o Plan, 2014-2017, así como a súa desagregación en actuacións moi concretas para favorecer o seu seguimento e posterior avaliación. 3º PASO: Debate e aprobación das propostas definitivas

Con estas primeiras propostas, organízanse catro mesas de traballo (unha por áreas de actuación) convocando aos mesmos actores que xa participaran na elaboración da Diagnose de Igualdade. 5


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 6

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

Empregando a ferramenta dos “Grupo de Discusión”, debátense as propostas e péchanse os acordos das medidas a incluír. Do mesmo xeito, e como aporte de valor, todos e cada un dos actores participantes asumen a súa parte de responsabilidade na futura execución do PIOM. Cando as persoas se senten protagonistas dunha política, non só persoas beneficiarias, ao final o seu nivel de implicación para acadar os obxectivos é moito maior. E este elevado nivel de implicación está moi presente en todo o Plan de Acción deste PIOM. 4º PASO: Deseño e redacción

Realízase un traballo de análise da viabilidade e clasificación de todas achegas recollidas nas mesas de traballo, contando coa participación do persoal técnico de todos os departamentos do Concello. Deste xeito, redáctase o versión definitiva do Plan de Acción coa súa temporalización e persoas responsables.

5ª FASE: Aprobación política e presentación

Entendemos o III Plan de Igualdade de Mulleres e Homes de Malpica como a política pública municipal en materia de igualdade para o período 2014-2017, por elo, a súa aprobación en pleno municipal é un requisito indispensable. Deste modo, garántese a súa continuidade no catro anos sucesivos máis aló de posibles cambios de goberno.

SEGUIMENTO E AVALIACIÓN

Unha das medidas incluídas neste Plan apunta directamente a conformación dunha Comisión Técnica de Igualdade encargada do seguimento e avaliación do PIOM. Esta Comisión estará nomeada formalmente pola Alcaldía e a conformarán o persoal técnico dos diferentes departamentos implicados na execución do Plan.

Esta Comisión debe reunirse, a lo menos, dúas veces ao ano para analizar o grao de cumprimento das actuacións propostas. Asemade, pode tomar as accións que estime oportunas para reconducir as actividades co fin de acadar os obxectivos establecidos.

Para facer máis doado este labor, inclúese un modelo de ficha de seguimento para as actuacións recollidas no PIOM (ver Anexo), a cal deberá ser cumprimentada pola persoa responsable da súa realización e remitida á Axente de Igualdade (ou, no seu caso, ao Departamento de Servizos Sociais que será o encargado de coordinar esta tarefa).

En canto á avaliación, establécese unha intermedia tras os dous primeiros anos de execución (decembro 2015 - xaneiro 2016) co propósito de verificar a adecuación dos obxectivos establecidos ás novas circunstancias que poidan xurdir.

Por último, precísase dunha avaliación final en xaneiro de 2018 na se analizará a consecución dos obxectivos a partires das memorias e informes de seguimento elaborados, a cal deberá servir de base para o deseño das futuras políticas de igualdade do Concello de Malpica. 6


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 7

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

ANÁLISE DA SITUACIÓN: DAFOs POR ÁREA

Para a realización deste Plan de Igualdade tómase como punto de partida toda información recollida na Diagnose de Igualdade de Xénero de Malpica realizado en xuño de 2013. A partires de aí, realízase unha análise da situación de partida inicial por cada unha das áreas priorizadas.

As conclusións deste traballo preséntanse de maneira visual nos catro seguintes DAFO, sendo esta ferramenta a empregada para elaborar as propostas de actuación incluídas no Plan de Acción. Cabe sinalar que o Concello como institución foi sinalada como o ámbito interno da análise, e todos os demais actores (do municipio e de fóra) como ámbito externo.

DAFO DA ÁREA 1. ENFOQUE DE XÉNERO NO FUNCIONAMENTO INTERNO DO CONCELLO FORTALEZAS

OPORTUNIDADES

· Composición paritaria do Goberno · Vontade política para traballar a igualdade · Implicación e dispoñibilidade do persoal técnico do Concello na elaboración e execución do PIOM · Crenza xeneralizada por parte persoal da necesidade de mellorar en igualdade · Disposición do persoal para mellorar os procesos de coordinación interna · Interese manifesto do persoal en recibir formación en igualdade · Varias actuacións xa en marcha que apuntan á igualdade · Existe unha axente de igualdade

· Lexislación vixente en materia de igualdade de mulleres e homes · Importante participación dos actores sociais, económicos e culturais de Malpica na realización da Diagnose e compromiso de mantela durante a vixencia do PIOM · Acordo formal interinstitucional para a creación dunha gardería pública· Liñas de subvencións periódicas

DEBILIDADES

AMEAZAS

· División departamental do Goberno en función dos roles tradicionais de xénero · Menor partición política activa entre as mulleres · O departamento de Servizos Sociais traballa de maneira estanca a igualdade · A presenza da Axente de Igualdade é temporal ao longo do ano · Ausencia dunha coordinación interna entre departamentos na planificación das súas actividades · Escasa difusión dos anteriores PIOM entre o persoal e público en xeral · Certo grao de reticencia xa que o 30% do persoal do Concello

· Recortes en todas as Administracións Públicas nas partidas relacionadas coa igualdade · Dependencia, nalgúns momentos, dos requirimentos doutras Administracións · Mantemento xeralizado dunha visión patriarcal entre a sociedade de Malpica

7


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 8

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

· Escasa difusión dos anteriores PIOM entre o persoal e público en xeral · Certo grao de reticencia xa que o 30% do persoal do Concello pensa que non é preciso outro PIOM · Escasa formación en materia de igualdade do persoal · Emprego dunha linguaxe sexista na comunicación interna e externa do Concello

DAFO DA ÁREA 2. EDUCACIÓN EN IGUALDADE FORTALEZAS

OPORTUNIDADES

· Interese en crear o Consello Escolar Municipal · Promoción dun foro de educación xunto con outros concellos · Realizadas actuacións en materia de igualdade nos diferentes centros educativos · Actuacións en marcha que apuntan a promoción da igualdade (exposicións, actividades escénicas,...) · Promoción de equipas mixtas no eido deportivo · Apertura ao cambio dende os distintos departamentos do Concello

· Existencia da Escola de Pais nun centro educativo a ter en conta como boas prácticas · Alta implicación do profesorado representante dos centros educativos na elaboración do PIOM e compromiso para participar na súa futura execución

DEBILIDADES

AMEAZAS

· Ausencia dunha persoa do Concello que coordine de forma continua as actuación de fomento da igualdade entre a sociedade en xeral · Non existe un punto de atención continuado ás mulleres de Malpica. · Escasa coordinación interna e cos actores implicados no eido educativo

· Algúns dos datos oficiais en materia de educación non están actualizados · Diferenzas significativas entre homes e mulleres en canto o nivel de analfabetismo · Mantemento dos roles de xénero tradicionais á hora de escoller estudos · Baixa implicación dalgunha parte do profesorado no tema da igualdade · Falta de coordinación ao tratar o tema da igualdade entre os distintos axentes implicados

8


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 9

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

DAFO DA ÁREA 3. PARTICIPACIÓN ECONÓMICA FORTALEZAS

OPORTUNIDADES

· Existencia dunha liña de colaboración do Concello coa Cámara de Comercio de Coruña-Antena de Carballo · Oferta dun servizo de ludoteca xestionado polo Concello · Axente local de emprego sensibilizado en materia de igualdade · Existencia dun polígono industrial de recente creación

· Boas prácticas previas en asociacionismo feminino · Creación de novas empresas no sector hostaleiro · Estabilidade económica no sector comercio · Posibilidade de acceder ao programa formativo da Cámara de Comercio en materia de emprendemento · Alta implicación dos axentes económicos na redacción do PIOM e compromiso de participación activa na súa execución · Amplo apoio institucional cara o emprendemento feminino · Apertura a colaborar do Consorcio (Plan de Inclusión Sociolaboral) en busca de sinerxías · Servizo específico a mulleres emprendedora (PAEM) da Cámara de Comercio · Previsión de próxima apertura dunha gardería pública

DEBILIDADES

AMEAZAS

· Alto índice de desemprego entre as mulleres · Non adecuación dos horarios do Concello as necesidades cidadanía para conciliar a vida persoal, familiar e laboral · Falta de adecuación dos horarios de servizo da ludoteca · Masculinización da formación para o emprego

· Falta de datos estatísticos oficiais actualizados · Mercado laboral masculinizado · Evidencia dunha forte segregación horizontal no ámbito laboral · Escasa diversificación do tecido económico · Desaparición de empresas por mor da crise · Reticencia de contratación de mulleres pola posibilidade dunha futura maternidade · Ausencia de grandes empresas no Concello

DAFO DA ÁREA 4. PARTICIPACIÓN SOCIAL FORTALEZAS

OPORTUNIDADES

· Xestión dunha ampla rede de Centros Cívico para fortalecer o traballo do tecido asociativo · Existencia dunha liña de axuda económica ás asociacións

· Alta implicación da sociedade en xeral nas actividades culturais · Existencia de boas prácticas fóra do municipio en temas de asociacionismo feminino

9


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 10

FORTALEZAS

OPORTUNIDADES

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

· Apoio na difusión das actividades organizadas polas asociacións · Asesoramento técnico as asociacións

· Presenza de asociacións de mulleres con repercusión no eido económico (redeiras, oleiras

DEBILIDADES

AMEAZAS

· Liderado débil por parte do Concello para coordinar as actividades das distintas entidades no eido cultural · Inexistencia dunha promoción específica desde o Concello ao asociacionismo feminino

· Pouca apertura de determinadas asociacións en traballar en materia de igualdade · Forte masculinización do tecido asociativo en diversos ámbitos (deportivo,...) · Carécese un asociacionismo específico a prol da igualdade de homes e mulleres · Pouco calado da promoción da igualdade no seo das asociacións

DAFO DA ÁREA 5. VIOLENCIA DE XÉNERO FORTALEZAS

OPORTUNIDADES

· O Departamento de Servizos Sociais atende en primeira estancia ás mulleres vítimas · As cifras oficiais de violencia de xénero non son moi elevadas · Actividades puntuais do Concello en materia de prevención da violencia de xénero · Realización da campaña contra a violencia de xénero do 25N

· Marco lexislativo actual · Apoio do CIM de Carballo en materia de violencia · Algún centro educativo realiza accións de prevención da violencia de xénero

DEBILIDADES

AMEAZAS

· Non existe un punto de atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero no municipio · Non existe un protocolo interinstitucional de atención ás mulleres vítimas de violencia · Leve aumento das denuncias e do número de delitos nos últimos anos

· Ausencia de datos estatísticos públicos oficiais · Pouca apertura dos actores implicados para coordinarse · Reticencia xeralizada das mulleres a denunciar os casos de violencia de xénero por medo ao estigma social · Mantemento dos valores patriarcais entre a sociedade

10


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Pรกgina 11


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Pรกgina 12


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Pรกgina 13


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Pรกgina 14


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 15

RESUMO DO PLAN DE ACCIÓN

ÁREA 1. ENFOQUE DE XÉNERO NO FUNCIONAMENTO INTERNO DO CONCELLO OBXECTIVOS: 1 MEDIDAS: 6 ACTUACIÓNS: 19 ÁREA 2. EDUCACIÓN EN IGUALDADE OBXECTIVOS: 3 MEDIDAS: 6 ACTUACIÓNS: 19

ÁREA 3. PARTICIPACIÓN ECONÓMICA OBXECTIVOS: 3 MEDIDAS: 7 ACTUACIÓNS: 23 ÁREA 4. PARTICIPACIÓN SOCIAL OBXECTIVOS: 1 MEDIDAS: 2 ACTUACIÓNS: 8 ÁREA 5. VIOLENCIA DE XÉNERO OBXECTIVOS: 1 MEDIDAS: 2 ACTUACIÓNS: 6 TOTAL

5 ÁREAS 9 OBXECTIVOS 23 MEDIDAS 75 ACTUACIÓNS

15


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 16

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

ÁREA 1. Enfoque de xénero no funcionamento interno do Concello OBXECTIVOS

O1. Acadar a transversalidade de xénero en todos os departamentos do Concello

MEDIDAS

M1. Crear unha Comisión Técnica de Igualdade no Concello para a execución e seguimento do PIOM

M2. Empregar o PIOM como ferramenta de traballo en toda a planificación do Concello M3. Mellorar o grao de formación e sensibilización do persoal do Concello en materia de igualdade

M4. Integrar o emprego dunha linguaxe e imaxe non sexista na comunicación interna e externa do Concello M5. Fortalecer un servizo continuo de atención ás mulleres

M6. Presentar os datos estatísticos do Concello desagregados por sexo

ÁREA 2. Educación en igualdade OBXECTIVOS

MEDIDAS

O1. Fomentar a asunción de roles igualitarios desde o sistema educativo formal

M1. Coordinar e fortalecer as diferentes actividades de coeducación que levan a cabo nos centros. M2. Crear e manter un Concurso ou Premio intercentros que xire en torno á igualdade de xénero. M3. Fomentar á transmisión de valores igualitarios desde as familias.

O2. Mellorar a capacidade dos centros educativos para traballar a igualdade de xénero de maneira transversal

M1. Mellorar a formación do profesorado en materia de igualdade M2. Mellorar os recursos didácticos dos centros en materia de coeducación.

O3. Fortalecer a coordinación dos diferentes actores implicados na educación a nivel municipal

M1. Crear e consolidar o Consello Escolar Municipal como foro de encontro dos axentes educativos

16


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 17

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

ÁREA 3. Participación económica OBXECTIVOS

MEDIDAS

O1. Mellorar a inserción laboral das mulleres, así como eliminar a segregación horizontal que se manifesta no ámbito laboral

M1. Mellorar a empregabilidade das mulleres de Malpica M2. Reducir a segregación horizontal das mulleres no tecido económico

O2. Favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral; así como avanzar na corresponsabilidade

M1. Reforzar os servizos de apoio á conciliación do Concello M2. Promover a conciliación e corresponsabilidade entre a sociedade de Malpica

O3. Promover a inserción laboral das mulleres pola vía do emprendemento

M1. Estudar e analizar os sectores económicos con máis potencial para emprender M2. Asesorar e formar ás mulleres con inquedanzas emprendedoras M3. Visibilizar as boas prácticas existentes en temas de autoemprego feminino

ÁREA 4. Participación social OBXECTIVOS O1. Acadar unha participación activa das mulleres no tecido asociativo do municipio

MEDIDAS M1. Fomentar o xurdimento de asociacións ou grupos de mulleres en Malpica M2. Fortalecer o compromiso do tecido asociativo na consecución da igualdade

ÁREA 4. Violencia de Xénero OBXECTIVOS O1. Establecer unha estratexia de sensibilización e prevención da violencia de xénero para a poboación

MEDIDAS M1. Fortalecer as actuacións do Concello en materia de violencia de xénero M2. Sensibilizar á sociedade na prevención da violencia de xénero

17


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 18

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

ÁREA 1. ENFOQUE DE XÉNERO NO FUNCIONAMENTO INTERNO DO CONCELLO

OBXECTIVO 1. Acadar a transversalidade de xénero en todos os departamentos do Concello

M1. Crear unha Comisión Técnica de Igualdade no Concello para a execución e seguimento do PIOM A1.1. Nomeamento formal por parte da Alcaldía do persoal integrado na Comisión responsables: Alcaldía tempo: 1º semestre 2014

A1.2. Mellorar as capacidades e a motivación do persoal para o traballo en equipo con actividades formativas responsables: Alcaldía / Todos os departamentos tempo: 2014

A1.3. Establecer as pautas de organización e funcionamento da Comisión responsables: Axente Igualdade tempo: 1º semestre 2014 A1.4. Realizar, a lo menos, dúas reunións de planificación anuais responsables: Todos os departamentos tempo: 2014 / 2017

A1.5. Realizar, a lo menos, unha reunión anual para avaliar o grado de execución do PIOM responsables: Todos os departamentos tempo: 2014 / 2017

M2. Empregar o PIOM como ferramenta de traballo en toda a planificación do Concello

A2.1. Organizar un acto público de presentación e difusión do PIOM para todo o público en xeral responsables: Axente Igualdade tempo: 1º semestre 2014

A2.2. Presentar o PIOM a todo o persoal do Concello aproveitando as reunións, xuntanzas,… que se realizan responsables: Axente Igualdade / Todos os departamentos tempo: 2014

18


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 19

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

A2.3. Realizar unha análise de mellora de todos os departamentos atendendo á perspectiva de xénero responsables: Axente Igualdade / Todos os departamentos tempo: 2014

A2.4. Establecer un mecanismo de consulta e asesoramento á Axente de Igualdade para mellorar as actuacións xa en marcha responsables: Todos os departamentos tempo: 2014 / 2017 M3. Mellorar o grao de formación e sensibilización do persoal do Concello en materia de igualdade A3.1. Realizar unha xornada anual de sensibilización en materia de igualdade para o persoal responsables: Axente Igualdade / Servizos Sociais tempo: 2014 / 2017

A3.2. Deseñar unha programación anual de formación para o persoal técnico en función das súas necesidades responsables: Axente Igualdade / Servizos Sociais tempo: 2014 A3.3. Implementar a programación de formación con, a lo menos, dúas actividades ao ano responsables: Todos os departamentos tempo: 2014 / 2017

M4. Integrar o emprego dunha linguaxe e imaxe non sexista na comunicación interna e externa do Concello A4.1. Elaborar un documento de difusión das pautas a seguir para empregar unha linguaxe non sexista (díptico, tríptico,…) responsables: Axente Igualdade / Servizos Sociais tempo: 2º Semestre 2014

A4.2. Actividades formativas en linguaxe inclusiva para o persoal técnico responsables: Axente Igualdade / Servizos Sociais tempo: 2014 / 2015

19


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 20

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

A4.3. Revisar e modificar a documentación interna do Concello (expedientes, formularios,…) responsables: Axente Igualdade / Todos os departamentos tempo: 1º Semestre 2014 M5. Fortalecer un servizo continuo de atención ás mulleres

A5.1. Mantemento da subvención para a contratación dunha persoa como Axente de Igualdade responsables: Alcaldía / Servizos Sociais tempo: 2014-2017

A5.2. Analizar a posibilidade de incluír na oferta de postos de traballo do Concello a praza de Axente de Igualdade responsables: Alcaldía / Servizos Sociais tempo: 2014-2017 M6. Presentar os datos estatísticos do Concello desagregados por sexo

A6.1. Revisar os formularios de recolección de información para incluír a variable sexo responsables: Axente Igualdade / Todos os departamentos tempo: 2014

A6.2. Desagregar por sexo a participación nas diferentes actividades organizadas polo Concello responsables: Axente Igualdade / Todos os departamentos tempo: 2014 / 2017

ÁREA 2. EDUCACIÓN EN IGUALDADE

OBXECTIVO 1. Fomentar a asunción de roles igualitarios desde o sistema educativo formal

M1. Coordinar e fortalecer as diferentes actividades de coeducación que levan a cabo nos centros

A1.1. Crear un grupo de traballo para compartir e coordinar as actividades que os centros xa teñen en marcha responsables: Educación e Cultura / Axente de Igualdade / Outros axentes: Centros Educativos tempo: 1º semestre 2014 20


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 21

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

A1.2. Realizar actividades lúdicas que promovan valores igualitarios entre o alumnado (contacontos, teatro, xogos,…) responsables: Educación e Cultura / Deportes / Axente de Igualdade / Outros axentes: Centros Educativos tempo: 2014 -2017

A1.3. Organizar xornadas deportivas nos centros para romper os roles tradicionais na elección de actividades deportivas responsables: Deportes / Axente de Igualdade / Outros axentes: Centros Educativos tempo: 2014 / 2017

A1.4. Implementar unha campaña nos centros de “economía doméstica” para sensibilizar ao alumnado no reparto igualitario das tarefas domésticas e de coidado responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais / Outros axentes: Centros Educativos tempo: 2014 / 2017

A1.5. Publicar unha memoria anual coas boas prácticas e experiencias realizadas en materia de igualdade nos centros educativos responsables: Educación e Cultura / Axente de Igualdade / Outros axentes: Centros Educativos tempo: 2014 / 2017 M2. Crear e manter un Concurso ou Premio intercentros que xire en torno á igualdade de xénero

A2.1. Negociar e establecer as bases do Concurso entre todos os actores implicados responsables: Educación e Cultura / Axente de Igualdade / Outros axentes: Centros Educativos tempo: 2º Semestre 2014

A2.2. Convocar o Concurso de maneira anual e difundilo nos centros educativos responsables: Educación e Cultura / Axente de Igualdade / Outros axentes: Centros Educativos tempo: 2015 / 2017

A2.3. Organizar un acto de entrega conxunto con actividades lúdicas a prol da igualdade de xénero responsables: Educación e Cultura / Axente de Igualdade / Outros axentes: Centros Educativos tempo: 2015 / 2017

21


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 22

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

M3. Fomentar a transmisión de valores igualitarios desde as familias

A3.1. Enviar a nais e pais de maneira periódica información sobre as boas prácticas postas en marcha en materia de igualdade de xénero responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais / Outros axentes: Centros Educativos tempo: 2º Semestre 2014

A3.2. Organizar actividades e obradoiros para as nais e pais sobre a importancia da igualdade e a transmisión de valores igualitarios responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais / Outros axentes: Centros Educativos / ANPAs tempo: 2015 / 2017

OBXECTIVO 2. Mellorar a capacidade dos centros educativos para traballar a igualdade de xénero de maneira transversal

M1. Mellorar a formación do profesorado en materia de igualdade

A1.1. Recoller as necesidades do profesorado en canto a inclusión da igualdade no seu labor nas aulas responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais / Educación / Outros axentes: Centros Educativos tempo: 2º semestre 2014

A1.2. Realizar actividades formativas anuais ao profesorado para mellorar as súas ferramentas para traballar a coeducación responsables e tempo: Axente de Igualdade / Servizos Sociais / Outros axentes: Centros Educativos tempo: 2015 / 2017 M2. Mellorar os recursos didácticos dos centros en materia de coeducación

A2.1. Elaborar un catálogo de recursos bibliográficos e audiovisuais en materia de coeducación responsables: Axente de Igualdade tempo: 1º semestre 2014

A2.2. Establecer unha partida orzamentaria anual do Concello para reforzar os recursos das bibliotecas dos centros nesta materia responsables: Axente de Igualdade / Educación e Cultura tempo: 2014 / 2017 22


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 23

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

OBXECTIVO 3. Fortalecer a coordinación dos diferentes actores implicados na educación a nivel municipal

M1. Crear e consolidar o Consello Escolar Municipal como foro de encontro dos axentes educativos

A1.1. Realizar as reunións previas de organización para a creación do Consello Escolar Municipal responsables: Axente de Igualdade / Educación e Cultura / Outros axentes: Centros Educativos / ANPAs tempo: 1º semestre 2014

A1.2. Aprobar e constituír formalmente o Consello Escolar Municipal, incluíndo a promoción da igualdade como un eixo fundamental de actuación responsables: Alcaldía / Axente de Igualdade / Educación e Cultura / Outros axentes: Centros Educativos / ANPAs tempo: 2014 A1.3. Establecer un grupo de traballo en materia de coeducación responsables: Axente de Igualdade / Educación e Cultura / Outros axentes: Centros Educativos / ANPAs tempo: 2014 / 2017

23


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 24

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

ÁREA 3: PARTICIPACIÓN ECONÓMICA

OBXECTIVO 1. Mellorar a inserción laboral das mulleres, así como eliminar a segregación horizontal que se manifesta no ámbito laboral

M1. Mellorar a empregabilidade das mulleres de Malpica

A1.1. Realizar accións formativas en habilidades sociais para a busca de emprego e autoestima para as mulleres responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais / Outros axentes: Cámara de Comercio Consorcio (Plan de Inclusión Sociolaboral) tempo: 2º semestre 2014 / 2107

A1.2. Formar en novas tecnoloxías para a busca de emprego ás mulleres responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais tempo: 2º semestre 2014 / 2107

A1.3. Establecer medidas que fomenten a participación das mulleres na formación para o emprego que oferta o Concello responsables: ADL / Axente de Igualdade tempo: 1º semestre 2014

A1.4. Bonificar a aquelas empresas que na súa contratación inclúan a máis dun 50% de mulleres (redución de taxas como o pago de imposto de matriculación de vehículo, tarifa de auga e rede de sumidoiros, taxas de licenza de apertura de novos negocios,…) responsables: Alcaldía (Concellería correspondente) / Axente de Igualdade / Servizos Sociais tempo: 2015 / 2017 A1.5. Deseñar un programa de prácticas en empresas para as mulleres en busca de emprego como formación certificada e non remunerada responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais / ADL / Outros axentes: Consorcio (Plan de Inclusión Sociolaboral) / Asociacións Empresariais tempo: 2015 / 2017

24


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 25

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

M2. Reducir a segregación horizontal das mulleres no tecido económico

A2.1. Difundir nos centros educativos a figura de mulleres en profesións masculinizadas e de homes nas feminizadas responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais / Outros axentes: Centros Educativos / Tecido Económico Asociativo tempo: 2014 /2017

A2.2. Establecer bonificacións do Concello para as empresas que contraten mulleres para profesións masculinizadas e homes para as feminizadas (redución de taxas como o pago de imposto de matriculación de vehículo, tarifa de auga e rede de sumidoiros, taxas de licenza de apertura de novos negocios,… responsables: Alcaldía (Concellería correspondente) / Axente de Igualdade / Servizos Sociais tempo: 2015 / 2017

OBXECTIVO 2. Favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral; así como avanzar na corresponsabilidade

M1. Reforzar os servizos de apoio á conciliación do Concello

A1.1. Crear e consolidar o servizo de gardería público responsables: Alcaldía (Concellería correspondente) / Axente de Igualdade / Servizos Sociais tempo: 2015 / 2017

A1.2. Reestruturación dos servizos da Ludoteca en determinados períodos do ano (verán, Nadal,…) responsables: Alcaldía (Concellería correspondente) / Axente de Igualdade / Servizos Sociais tempo: 2015 / 2017

A1.3. Pór en marcha un servizo de “canguraxe” (de menores e maiores) para facilitar a participación das mulleres nas actividades ofertadas polo Concello responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais / Outros axentes: Consorcio (Plan de Inclusión Sociolaboral) tempo: 2014 / 2017

25


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 26

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

M2. Promover a conciliación e corresponsabilidade entre a sociedade de Malpica

A2.1. Organizar campañas de fomento da corresponsabilidade para homes e mulleres responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais tempo: 2014 / 2107

A2.2. Realizar actividades de fomento dun reparto igualitario das tarefas domésticas e de coidado nos centros educativos responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais / Outros axentes: Centros Educativos tempo: 2014 / 2107 A2.3. Difundir entre o empresariado de Malpica a importancia de incluír medidas de conciliación nas súas empresas responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais / Outros axentes: Asociacións Empresariais tempo: 2014 / 2105

A2.4. Constituír un recoñecemento público do Concello para aquelas empresas que teñan boas prácticas en materia de conciliación responsables: Alcaldía (Concellería correspondente) / Axente de Igualdade / Servizos Sociais tempo: 2015 / 2017

26


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 27

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

OBXECTIVO 3. Promover a inserción laboral das mulleres pola vía do emprendemento

M1. Estudar e analizar os sectores económicos con máis potencial para emprender

A1.1. Crear un grupo de traballo cos diferentes actores económicos do municipio para analizar as potencialidades do territorio responsables: Alcaldía (Concellaría correspondente) / ADL / Axente de Igualdade / Outros axentes: Tecido económico asociativo / Cámara de Comercio tempo: 1º semestre 2014

A1.2. Realizar varias sesións de traballo conxunto para recoller os aportes do sector económico responsables: Alcaldía (Concellaría correspondente) / ADL / Axente de Igualdade / Outros axentes: Tecido económico asociativo / Cámara de Comercio tempo: 2º semestre 2014 A1.3. Elaborar, publicar e difundir as conclusións entre a poboación de Malpica responsables: Alcaldía (Concellaría correspondente) / ADL / Axente de Igualdade tempo: 2015 / 2117

M2. Asesorar e formar ás mulleres con inquedanzas emprendedoras

A2.1. Manter o servizo de asesoramento ao emprendemento do Concello e fortalecelo cos servizos da Antena Carballo da Cámara de Comercio de A Coruña responsables: ADL / Outros axentes: Cámara de Comercio tempo: 2014 / 2017

A2.2. Potenciar a participación das mulleres de Malpica nas actividades formativas da Cámara de Comercio Antena Carballo responsables : ADL / Axente de Igualdade / Serizos Sociais / Outros axentes: Cámara de Comercio tempo: 2014 / 2017

A2.3. Realizar actividades e obradoiros de xeración de ideas e fomento do espírito emprendedor para mulleres responsables: ADL / Axente de Igualdade / Serizos Sociais / Outros axentes: Cámara de Comercio tempo: 2015 / 2017 27


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 28

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

M3. Visibilizar as boas prácticas existentes en temas de autoemprego feminino

A3.1. Organizar actividades de difusión de experiencias de mulleres emprendedoras da zona (mulleres redeiras, oleiras,…) responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais / Outros axentes: Tecido Económico Asociativo tempo: 2014 / 2107

A3.2. Realizar actividades nos centros educativos nas que se difunda a acción das mulleres emprendedoras responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais / Outros axentes: Centros Educativos tempo: 2014 / 2107

A3.3. Organizar e convocar un Premio anual de emprendemento en femenino para as mulleres de Malpica responsables: Alcaldía (Concellaría correspondente) / ADL / Axente de Igualdade / Servizos Sociais Outros axentes: Cámara de Comercio tempo: 2016 / 2107

ÁREA 4: PARTICIPACIÓN SOCIAL

OBXECTIVO 1. Acadar unha participación activa das mulleres no tecido asociativo do municipio

M1. Fomentar o xurdimento de asociacións ou grupos de mulleres en Malpica

A1.1. Deseñar e implementar un programa de actividades formativas e lúdicas co obxecto de promover o empoderamento das mulleres responsables Axente de Igualdade / Servizos Sociais tempo: 2014 / 2017

A1.2. Crear un espazo de participación aberto para compartir experiencias, problemáticas e inquietudes entre as mulleres responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais tempo: 2014 / 2017

A1.3. Organizar actividades de información e asesoramento sobre os dereitos das mulleres responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais tempo: 2015 / 2017 28


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 29

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

A1.4. Prestar apoio e asesoramento técnico a aqueles grupos de mulleres que desexen constituírse como asociación responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais tempo: 2014 / 2017

A1.5. Establecer unha liña de subvención para fortalecer o labor das asociacións de mulleres responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais / Educación e Cultura tempo: 2015 / 2017

A1.6. Colaborar na difusión das actividades das asociacións de mulleres responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais tempo: 2014 / 2017

M2. Fortalecer o compromiso do tecido asociativo na consecución da igualdade

A2.1. Apoio técnico e loxístico desde o Concello a aquelas Asociacións que desenvolvan algunha actuación incluída neste PIOM responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais / Educación e Cultura tempo: 2014 / 2017

A2.2. Promover a conformación de equipas directivas equilibradas segundo sexo, téndoo en conta como criterio de cara a obtención de subvencións municipais responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais / Educación e Cultura tempo: 2015 / 2017

29


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 30

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

ÁREA 5: VIOLENCIA DE XÉNERO

OBXECTIVO 1. Establecer unha estratexia de sensibilización e prevención da violencia de xénero para a poboación

M1. Fortalecer as actuacións do Concello en materia de violencia de xénero

A1.1. Manter de forma anual a campaña contra a violencia de xénero en torno ao 25N responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais tempo: 2014 / 2107

A1.2. Difundir os recursos existentes para as mulleres vítimas de violencia de xénero, así como os seus dereitos responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais tempo: 2014 / 2107

A1.3. Sentar as bases para o establecemento dun servizo de atención especializado de información e orientación ás mulleres responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais tempo: 2014 / 2107

A1.4. Formar de maneira específica ás persoas implicadas na atención e tratamento da violencia de xénero (Servizos Sociais, Policía Local,...) responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais tempo: 2014 / 2107

30


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 31

· III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Malpica de Bergantiños ·

M2. Sensibilizar á sociedade na prevención da violencia de xénero

A2.1. Posta en marcha dun programa de prevención da violencia de xénero nos centros educativos responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais / Educación e Cultura / Outros axentes: Centros Educativos tempo: 2014 / 2107

A2.2. Realizar obradoiros de novas masculinidades entre a poboación masculina responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais tempo: 2016 / 2107

A2.3. Organizar actividades de difusión no eido da prevención da violencia entre o tecido asociativo responsables: Axente de Igualdade / Servizos Sociais / Educación e Cultura tempo: 2015 / 2107

31


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Pรกgina 32


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 33

ANEXO. FICHA DE SEGUIMENTO DO III PIOM DE MALPICA ÁREA:

OBXECTIVO: MEDIDA:

ACTUACIÓN: DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE DESENVOLVIDA: PERSOAS RESPONSABLES DA EXECUCIÓN:

PERSOAS BENEFICIARIAS / PARTICIPANTES:

DIFICULTADES ATOPADAS:

VALORACIÓN XERAL DA ACTUACIÓN:

FACTORES A TER EN CONTA PARA O FUTURO:

Asdo.:

Data:

INICIO: FIN: ORZAMENTO:


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Pรกgina 34


revista 2.qxp_igualdade 25/06/14 13:31 Página 35

ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN ............................................................................................................................................................................................................................................................................................3 2. METODOLOXÍA ..........................................................................................................................................................................................................................................................................................5 3. SEGUIMENTO E AVALIACIÓN ..............................................................................................................................................................................................................................................6 4. ANÁLISE DA SITUACIÓN: DAFOs POR ÁREA DE ACTUACIÓN ..........................................................................................................................................7 5. PLAN DE ACCIÓN

.................................................................................................................................................................................................................................................................................

13

ÁREA 1. Enfoque de xénero no funcionamento interno do Concello ........................................................................................................18 ÁREA 2. Educación en igualdade

............................................................................................................................................................................................................................

ÁREA 3. Participación económica ÁREA 4. Participación social

ÁREA 5. Violencia de xénero

.........................................................................................................................................................................................................................

...........................................................................................................................................................................................................................................

20 24 28 30

.........................................................................................................................................................................................................................................

ANEXO. FICHA DE SEGUIMENTO ........................................................................................................................................................................................................................................33


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.